Sentímolo retraso, outra vez, na publicación da afeccionada da semana, pero é que Cisco entre a hostelería e as mulleres non ten tempo de deleitarnos coas súas aportacións, así que volveremos a prescindir del pra elexirmos á afeccionada desta semana. A noticia é que a nosa páxina contará en breve(en canto Pechu nos poña o link, á dereita destas liñas) cunha sección independente dedicada á afección, a todo o relacionado co Frente Aurinegro, e como non á afeccionada da semana, que causa furor e expectación nos que coñecen esta páxina (sobre todo Nikki, senón que lle pregunten a máis dun rival. Por iso cando veñen a Baltar miran moito pra as bancadas... buscan a Nikki).
+.- Nun futuro tamén contaremos cunha sección dedicada á historia deste grandioso clube que enche os corazóns e desperta paixóns entre os seus siareiros (en canto Luigi me pase ós arquivos secretos que ten gardados na caixa forte).
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar