Sairon de inicio: Andro na porta; Lemos lateral dereito, Pedro lateral esquerdo, e Cristof e Ministro como centrais; Victor e Juan M. na medular, con Migui en banda dereita e Tafá pola esquerda; Beiro e o retornado Jorge en punta. Tamén Xogaron: Iván L., Makaay, Fernando, Yerai e Charlie.
O encontro comezou moi disputado, con internadas de Jorge, Tafá e Beiro que non conseguían conectar o último pase. Despois dunha gran ocasión do Libertad, na seguinte un mal despexe acaba co balón nos pes do dianteiro pontevedrés dentro da área que fusila ó debutante Andro. O Libertad intenta repoñerse e xusto cando volve a coller o peso do partido outra contra "de pro" convértese en asistencia e gol a placer. O Libertad seguiuno intentando, cun Jorge moi loitador, igual ca Tafá, Beiro participativo e un inconmensurable Juan na media...pero o gol non chegou, e así, 2-0 chegouse ó descanso.
Na reanudación o Libertad mostrouse máis seguro atrás, xogando a maior parte do tempo no campo contrario, mentres o rival buscaba saídas rápidas que ben lle funcionaran na 1ª metade. Por máis que se intentaba o Estación cerrábase ben atrás e o gol non daba chegado, ata que pasado o medio tempo chegaría a sentencia nunha nova contra que colleu a defensa descolocada.
Dende ahí ata o final, aínda que se seguiu intentando xa non foi co mesmo ímpetu, xogaron todos os suplentes, incluido Charlie que acaba de sair dunha lesión, e non houbo que lamentar ningún incidente. Arbitraxe caseiro como é típico, pero é normal xa que o rapaz debía ter uns 16 anos, como pra compricarse coa chea de tolos que hai nesta categoría.
Hay que levantarse deste golpe, entrenar máis duro pra acadar ó nivel físico dos rivais da zona alta e demostrar que hai moito marxe de mellora.
Próximo partido na casa contra o Barro, rival duro.
A por todas rapaces, que aínda están os cochinillos en xogo!!!
Hay un equipo que vale un collón!
LIBERTAD
LIBERTAD
Perdoade polo retraso pero esta semana estiven máis liado do que me gostaría e non había ninguén máis pra facela crónica. Tiven tempo o Domingo pola noite pero...
ResponderEliminar¿Porque pon no correo gallego que o partido contra o barro foi anulado?
ResponderEliminarAdiante esa cronica.
O partido acabou coa victoria do Libertad por 2-1 e non pasou nada raro nin durante o encontro nin despois
ResponderEliminarPois non a saber... andan parvos.
ResponderEliminar