domingo, octubre 30, 2005

LIBERTAD-2/AMANESER-1

Tediosa tarde soleada de domingo, no Baltar de Arriba, donde se poido ver pouco fútbol, pero moitas ganas.
O encontro comenzou algo tarde, xa que Fofo, ainda non sabe manexar con soltura a complexa maquina de marcado do campo.
O equipo visitante saia con ganas e con algo de prepotencia o recriminarlle o colexiado que revisase ben a nosa alineacion por posible alineacion indebida.Asi, nos primeiros compases do partido,un despiste dos nosos centrais prociciaba o primeiro tanto para o Amanecer nunha xogada con algo de fortuna tras o rexeite en primeira instancia de Maza.
Tras uns minutos de control meco,cambiaronse as tornas e foi o Libertad quen se fixo amo do balon, anque sen chegar a dominar con claridade debido as moitas faltas cometidas.Houbo varias chegadas con moito perigo por parte de Gus, Fer e Fox, pero seria o de Raxó quen se levaba o gato o auga tras un gran pase medido de Borja.
Co empate a un chegabase o descanso, e na reanudacion mais do mesmo.Partido moi bronco, moi trabado, donde a victoria podia caer de calquer lado en xogadas aisladas.Finalmente foi Anxo, que acababa de incorporarse, o que materializaba o gol da victoria tras unha gran asistencia o oco de Gus.Os ultimos 15 min. foron de moita patada, moita protesta o arbitro, pero pedindo o tempo o Libertad conseguia manter o resultado, e con elo a segunda victoria da tempada e a segunda cena(disque).

----------------PUNTOS MASTER----------------
-Maza: 2, acertado.
-Cris: 1, ahi que sair os venres,non os sabados.
-Ivan: 2, serio.
-Rodri: 2, un puntal.
-Pechu: 2, cumpliu, si outra ves.
-Fox: 2, incisivo.
-Borja: 2, que pase, meu!
-Jandro: 1, faise a picha un lio no medio.
-Fer: 2, con chegada, anque demasiado picado.
-Migui: 1, intentouno pero a medio gas.
-Gus: 2, sempre esta ahi.
-Tono*: 1, desapercibido.
-Anxo*: 2, o gol, pero faltanlle moitas ganas.
-Emi*: 1, sen opcions.
--------Zona Tecnica--------
-Nito: 1, jodón.
-Tono J.: 2, saber estar.
-Pereira: 2, faltaba ajua.

sábado, octubre 29, 2005

Diego xogou no Libertad!


Recopilando informacion sobre o noso clube, atopeipe con este valiosisimo documento que certifica que Diego Armando Maradona xogou no Libertad.
Segun contan os vellos do lugar, os que ainda se lle enchen os ollos de bagoas o lembralo, Maradona chegou o Sanxenxo de carambola, pois o Barcelona cando conseguiu fichalo xa contaba con outro xogador de mais nome para a sua posicion, e asi foi como decidiron cedelo a outro equipo mais pequeno para que se fose adaptando o futbol continenetal.Nun principio o Pontevedra (que daquela era un "grande")puxou forte polo Pelusa, e con todo atado para levar acabo a sua cesion, Diego desplazase ata Galicia en avion para ver insitu o clube polo que ficharia.
Sen embargo ese viaxe en avion, cambiaria o rumbo da historia, xa que o piloto era, nin mais nin menos, que "O Aviador Piñeiro" e durante o traxecto foi convencendo a Maradona para que fichase nun humilde clube dun pequeno pobo chamado Sanxenxo.
E asi foi como o aterrizar no aeropuerto da Lanzada Diego Armando Maradona foise enamorando da beleza do noso lugar e asi decidiu vir cedido unha temporada.
Ainda que non lle foi sinxelo adaptarse o noso futbol, todos o recordan como unha gran persona, algo festeiro para a epoca pero bo rapás

A AFECCIONADA DA SEMANA


Teño o gusto de presentarvos unha nova sección semanal da nosa web.Nela coñeceremos a verdadeiras afeccionadas do noso clube tras unha longa e profunda entrevista cun servidor de todos vos.Agardamos que vos guste. ¡ Faite socio !

TOMASA
Tomasa di que afeccionada como ela non hai.Encántalle todos os xogadares pero especialmente Gustavo, " vese sempre tan limpiño ".Tomasa mostrouse voluntaria para limpiar os vestuarios os venres a noite e así poder nós entrenar un pouco maís, " hai rincóns onde non chego ben,precisaría axuda ".Tras estas declaracións, Juan Pereira dixo : " por el club lo que haga falta,como si hai q quedarse toda la noche, iiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaaaaa!!!O Presidente Diego " Pucheto " esta en conversacións co concello e con Tomasa para que comeze canto antes, " o vestiario vese moi porco,fai falla unha boa limpeza e esta muller vese que disto entende " dixo o Presi en declaracións a esta web.

Asdrubal subese o carro


O xogador do Xil parece desestimar a oferta do Sporting Portonovo, xa que segundo verbas textuais, no Portonovo non teria opcions de gañar ningun titulo, excepto unha etiqueta de Loach Castle.
Asi pois o xogador do vicaño como se aprecia na fotografia(coa camiseta do Libertad firmada por Gustavo) amosaba o seu entusiasmo por recalar na disciplina Aurinegra, pagando incluso el mesmo a sua clausula de rescision.
Sen embargo dende a directiva lilaina acalase este rumor argumentando que: -"...non o quero nin rejalado".A estas declaracions hai que sumar as do vicepresidente Jose Carlos Garcia "Keita" nas que manifesta que: "...se quere vir que veña,pero para recoller os balons e marca-lo campo".
Dende esta paxina mandamoslle o noso ánimo a Asdrubal e sentimos que finalmente non se poida cumplir o seu soño.

viernes, octubre 28, 2005

Saltou a bomba informativa


En recientes declaracions o xogador de Reis, Isaac Cacheda , que milita actualmente no "Deportivo Grove" en categoria preferente, amosou o seu malestar co equipo xa que di que non se da adaptado a vida na Peninsula do Grove dado as dificultades co idioma meco e a sua climatoloxia adversa.
Estas duas causas fan que "Copito" reconsidere o seu futuro na entidade meca.
Asi o fixo ver, en declaracions filtradas a este medio, que estaria encantado de recalar nas filas aurinegras:-"seria un soño poder chegar a xogar no Libertad".
Dende a directiva lilaina estan estudiando as todalas opcions para levar acabo o seu fichaxe, ainda que din que as negociacions seran largas e duras ,e posiblemente incluian algun xogador da actual plantilla.Os que mais papeletas teñen para servir como moeda de cambio a priori ,son os dous laterais dereitos Zusko e Wes, xa que na actual plantilla hai "overbooking" neste posto.
O entrenador Nito Peon amosou a estar conforme coa posibilidade de que Cacheda poda recalar no noso clube, ainda que advirte que primeiro deberia pasar as pertinentes provas fisicas xa que di que non e facil adaptarse as cualidades tecnicas que require a nosa categoria.
Recordamoslle os afeccioados que de levarse a cabo a transferencia, esta non seria a primeira vez que Isaac vestiria a elastica aurinegra, xa que hai duas tempadas xogou como cedido en dous encontros.

lunes, octubre 24, 2005

"Eu non sabia nada da sena!"


Fontes moi cercanas o vicepresidente Jose Carlos "Keitas", aseguran que este, esta moi doido pola actuaccion do resto da directiva aurinegra, o organizar unha jran cena as suas espaldas.
Como xa se fixo eco neste medio, o Libertad celebrou este sabado a sua primeira cena da temporada ante a boa racha de expulsados.
O acto tivo lugar no prestixioso salon "O Calabozo" que a familia Alonso-Jorquera posue no casco vello da vila.O catering foi acargo do recoñecido restaurante "Casa Rotilio" que preparou as suas mellores viandas para a ocasion.Hai que mencionar que se contou e de maneira totalmente altruista cos cheff´s locais Luiggi e don Diego Puchetto que sin duda agradeceron os padais do convite.
Asi se degustou unha gran variedade de aperitivos(cabe destacar o rico sabor agridulce das "ostias en vinajre"), diferentes variedades de marisco da ria(caramuxos,lapas,...) e como plato estelar "arrós con bobajante", todo elo regado cos mellores caldos da comarca(don simon en tetrabrik,el campeador...).
Ante tales manxares e fartura, a reaccion do vicepresidente o decatarse desta situacion era de esperar:
-"Eu non sabia nada, ehh!,non sabia nada.Non tes un pitilliño por ahi?
Asi pois noutras declaracions,que non reproduciremos,Keitas esperaba a proxima xunta de accionistas do clube para que se aclarase o ocurrido,e de non quedar satisfeito co que ali se falase estaria disposto a poñer o seu cargo en mans da directiva.
Dende aqui esperamos que todo se resolva satisfactoriamente e que estas circunstancias non afecten o rendemento do equipo.

domingo, octubre 23, 2005

Evolución favorable de Ivan


Tras os ultimos partes medicos emitidos e as propias verbas do xogador, parece ser que o de Raxo ve o fin luz o final do tunel.
Despois da delicada lesion sufrida mentres traballaba, e superado o susto inicial,o persoal do Jolgorio Marañón procedian a examinar o extraño caso da "soldadura de juevo".As primeiras impresions non eran moi alentadoras e asi o ciruxano xefe facia esta declaracion no primeiro parte medico: -"eu nunca tal che vin".
Sen embargo o percance foi acertadamente tratado polo persoal sanitario do hospital, e tras unha semana de convalecencia podera incorporarse de novo a disciplina aurinegra.
O ultimo parte resalta que nos proximos dias sufrira algun trastorno post-operatorio como a "leve" inchazon da zona sometida, asi como tamen advertia que o principio camiñaria lixeiramente escorado a dereita polo contrapeso.
A moral do xogador tras a exitosa intervencion veuse reforzada, e sintoma do bo humor,facia estas primeiras declaracions: -"... e se se me puxese o outro ijual non era malo".
Dende esta paxina queremos mandarlle un mensaxe de animo a Ivan e a Silvia.Arriba Ivan,que hai un equipo que vale un collon!(nunca mellor dito).

Primeira paparota da tempada.


Arjiñano en accion


Marisco a escachar


A vella guardia


-Como lle toques o centolo, ríllote!!

jueves, octubre 20, 2005

Configuración plantel 2005/06


Xa cerrado o plazo de fichaxes imposto pola Federacion Galega de Fútebol(FGF) esta é a configuracion actual da plantilla do Libertad S.C. a espera dalgunha nova incorporación no mercado de inverno:

--------------------------------ALTAS----------------------------

-Candi: centrocampista imprevisible e imaxinativo,19 anos procede do Poio C.F.
-Esteban(Fox): extremo habilidoso no regate,faltalle mais determinacion no area.20 anos cedido polo S.D.Portonovo con opcions de compra.
-Vieitez: todoterreno, xogador de raza moi traballador,as veces moi vehemente.19 anos procede do Poio C.F.
-Borja(Pitu): extremo dcho.,xuventud e experiencia unida a un gran remate.20 anos,regresa o futbol activo cedido polo R.C.Mallorca
-Mario: lateral zurdo,fisico imponente e bo remate de cabeza,19 anos procede do Poio C.F.
-Cristian: lateral polivalente,excelente condicion fisica e boa presencia en banda,moi peleón.21 anos procede do Skonto de Riga.
-Emigdio: lateral dcho.move ben o balon dende a zaga,rapido no corte.22 anos cedido polo S.Portonovo.
-Josiño: porteiro de gran axilidade e reflexos.22 anos cedido polo Imperator (prefe)
---------------------BAIXAS-------------------------
-Banana: traspasado o Nastic de Tarragona por 2 tempadas.
-Penoucos: cedido o C.X. Sanxenxo por Maza e duas tempadas.
-Angelito: transpasado o Fabril.
-Sartages: retiro obligado polas forzas da lei e o orden.
-J.Cons: vendido o Dorron U. por unha caixa de Radio Salil en spray.
-Edu: votarono fora.Agora xoga os dardos(como diana)
-Miguel(o de villalonga): traspasado o Niupi 2 campañas, xogara o lado de Benji e Oliver Aton,un soño feito realidade.
-Alvaro(o de pontevedra):quen é ese?

miércoles, octubre 19, 2005

Apestados na rede


Estos dias dando voltas pola rede pola publicacion desta paxina,topeime cun foro sobre a terceira rexional,cal foi a miña sorpresa,o comenzar a ler os comentarios que en varios deles eramos os protagonistas,pero como nos poñian,sobretodo afeccionados ou xogadores do Deiro, comentarios os que despois apuntillaban dende moitos outros equipos como o Bamio,Rubians,Salnes,S.Portonovo...
Estas son algunhas das citas textuais que se publican:
-"Os do Libertad é ó que se dedican, a arma-lo lío. E o peor son os papáns que teñen por aficionados."
-"A verdade e que non é a primeira vez que os catro tontos que acompañan ó Libertad polos campos adiante fan o indio, pero bueno é o que hai, acabarán por ser botados dos campos da bisbarra que é o que se merecen!!!
Podedes visitar a web www.arosafutbol.com e comprobar por vos mesmos esta persecucion do libertad por parte "daljun papán";falando claro, e ademais recordarlles que por exemplo o DEIRO rapou 5-1 o ano pasado, o BAMIO 6-1(vaia chosca),... e se ainda asi seguen pensando igual, entonces o dia que os arbitros nos deixen tranquilos e tomemonos a liga mais en serio, entonces vai ser mellor que varios destes equipiños monten UN CLUBE DE CANICAS OU TROMPOS.
Sen mais, dicirvos que todas estas trapalladas o que fan e mais grande o mito deste clube(que xa ten anos), e como tendo todo encontra,co apoio da afeccion sempre saimos adiante porqueHAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN,LIBERTAD!

domingo, octubre 16, 2005

Primer atraco de la era Nito

"Arbitro que cojones pitas,burro!,que tienes cara de burro!!
Este foi o comentario do novo entrenador Nito Peon,que reflexou o cloexiado J.Carlos Garcia Treviño, na acta do partido deste domingo contra o C.D.Bamio e que lle costou a sua primeira tarxeta vermella como entrenador e a sua conseguinte expulsion.
Atraco e a palabra que pode definir este encontro, que rematou coa victoria local por 4-2 e con catro expulsados por parte do noso equipo.
O partido pintaba ben no seu inicio, con claro dominio aurinegro que culminaba co gol de Rodri no minuto 7 de partido.Pouco despois comenzaba o declive para os nosos xogadores e afeccionados que presenciaron un espectaculo esperpentico dirixido polo Sr. colexiado, asi pois Candi na tipica xogada que lle caracteriza propinaba unha patada o tobillo dun contrario sen a disputa do balon que o arbitro tasou excesivamente con carton vermello que desquiciou o novo mister, facendo os anteriormente citados comentarios e que tamen lle costaba a expulsion.Ainda asi o equipo aguntou nun principio o tipo, pero ante a actuacioon chulesca do colexiado que no min.25 volvia a expulsar a outro xogador lilaino,Vieitez(curiosamente de Poio tamen)por comentarlle a un contrario que lle iba a partir a cara, o mister xa dende as bancadas decidia facer cambios, e asi, sustituia a Chema por Jandro ante as excesivas ganas do de Fontoira que xa vira anterirmente unha amarilla.Sen embargo estes cambios non deron resultado e foise o descanso co empate a uns no marcador.
Mais cambios no descanso, pero non se conseguia o obxetivo xa que na reanudacion adiantabase o Bamio(2-1).Pese a estar con dous homes menos a actitude dos nosos foi intachable, e fruto da entrega Rai, executando unha maxistral falta colocaba novamente a igualada no marcador(2-2).A ledicia nos xogadores duraba pouco xa que se volvian a adiantar os vilagarcians pouco despois(3-2).Ainda que o campo era como unha caixa de mistos, os ocos na zaga eran evidentes, e os locais dispuxeron de claras ocasions, pero Maza moi acertado mantiña esperanzas de que se obrase o milagro.Finalmente non foi asi xa que no min.80 Rodri era expulsado por dobre amonestacion pouco despois chegaba o cuarto gol local e puña fin, anticipadamente(xa que rematou 8 min.antes do tempo regulamentario) a o esperpentico recital do arbitro que facia retornar os nosos xogadores abatidos moral e fisicamente tras unha gran entrga.
En fin,este supon o primeiro tropezo do Libertad na era Nito(ou post-Alvaro) e acaba coa boa racha colleitada hasta o momento.Esperemos que volvan os bos resultados,porquehai un equipo que vale un collon,LIBERTAD!!

Puntos MASTER do partido

O finalizar cada xornada puntuaremos os nosos xogadores en funcion de diferentes varemos.
A puntuacion vai dende 1 a 3.
O remate de cada mes daremos os resultados dos xogadores mais valorados.
Asi pois os puntos Master desta xornada son:
Maza:.....2...fixo o que pudo
Cris......3...peleon
Emi.......1...parece que chove
Rodri.....2...polivalente
Chema.....1...o de sempre
Candi.....0...sin tiempo
Vieitez...1...ou vai ou reventa
Fox.......1...vai chover
Migui.....2...sin pegada
Rai.......3...un baluarte
Gus.......2...assucaaaar!
Jandro'(35)..2...arriba e abaixo
Pechu'(46)...2...cumplio
Anxo'(60)....1...sin sangre
Borja'(65)...1...intentouno

------Tecnicos-----
Nito....1...desquiciado polo arbitro
Tono J...0...non veu
Pereira..3...que chova,non hai frio


Espacio ofrecido por Discotecas moviles MASTER

viernes, octubre 14, 2005

Habemus web



Por fin , tras moito esforzo e duras negociacions sae a luz a paxina oficial do Libertad Sporting Club de Sanxenxo, para deleite dos miles de siareiros que en todo o mundo ansian ter informacion de primeira man sobre tan glorioso clube.
Desde aqui sudos cordiais a todos e a disfrutar de este novo espacio.

Faite socio


Se ainda non eres socio deste mitico clube, a que esperas, por tan so 20 euros,colabora con nos e ademais desfruta de todalas ventaxas que che da a nova tarxeta de socio do libertade;importantes descontos, atencion personalizada, sorteos, viaxes...
Se queres formar parte do noso clube pide mais informacion no apartahotel Trisquel ou no pub La Menta
Estate atento a esta web,onde vos manteremos informados de todolos premios.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com