miércoles, diciembre 29, 2010

Estamos no Feisbur

Os avences tecnoloxicos chegan o Libertad, que dende hoxe xa ten perfil de feisbur.

martes, diciembre 28, 2010

Reforzos de inverno.

Despois do apaixoante derbi do domingo, diversas circunstancias internas do Portonovo desencadearon nun profundo malestar en dous dos seus xogadores, que nestes intres estan a negociar a baixa do clube arlequinado.

O primeiro destes xogadores e o xoven meañes Jorge, vello coñecido por todos e que ven asi a reforzar a dianteira aurinegra.O xogador, o cal lle prometeron minutos no primeiro equipo, non entra dentro dos plans de J.Molina tecnico portonoves, de feito hai unhas semanas coa chegada do ariete africano Douglas, non entra nin na convocatoria, o que fai que o xogador non se sinta valorado e opte por abandonar o barco blanquiazul, para mais inri a ridicula cantidade economica que percibe como salario enfronte doutras nominas estratosfericas da maioria dos seus compañeiros, deixan claro o pouco interes amosado polo clube.


O outro caso, mais chamativo si cabe, e o desexo de Velay, por voltar a vestir a elastica aurinegra.A boa relacion coa directiva e a plantilla na seu anterior paso polo noso clube, xunto co malestar no Portonovo, estan a facilitar a marcha de este gran xogador e mellor persoa.A pesares de que se lle prometeu que non ian a fichar mais porteiros, a chegada dun novo porteiro, suplente do Pontevedra B con dudosas cualidades, eso si apadrinado polo tecnico facian caer en saco roto as promesas de pretempada.
Nembargantes a gota que colmou o vaso, foi, a negativa da directiva arlequinada para que Velay non poidese xogar o pasado derbi, o que lle facia unha especial ilusion.

Dende o Libertad agardamolos cos brazos abertos e esperamos que as negociacions cheguen pronto a bo porto.

domingo, diciembre 26, 2010

Libertad 1 - Portonovo B 1.


Disputado encontro, o que poidemos ver na tarde de onte na Lanzada.
Unha agradable temperatura e un ambiente festivo, fixo que nas bancadas deranse cita, preto dun centenar de siareiros, na sua maioria aurinegros, para presenciar este primeiro derbi entre o Lbertad e o Portonovo.

No estrictamente deportivo, o choque, tivo duas fases ben distintas, unha en cada parte.
Asi pois nos primeiros 45 min, o Libertad saiu sen complexos a polo partido, o que se trasformou nun dominio evidente, con chegadas perigosisimas as inmediacions da meta de Andro tras boas triangulacions entre Fer, Bujy e Beiro, que ben por merito de Andro o fallos propios foronse o limbo.
Este aparente dominio, non impedia alguna contra arlequinada, buscando a rapidez de Ricardo ou Gandara, ante unha defensa que notou as baixas de Makaay e Lino.Sen embargo seria a balon parado, cando mediada a primeira metade, Borja Lopez, executa maxistralmente, un libre directo, introducindo o esferico por toda a escuadra de Cadornas.
O gol non se fixo notar na moral dos nosos que dispuxeron das mais claras, memorable una xogada de Beiro, o mais puro estilo Messi, arrancando na metade do campo tras un control de luxo, e despois roperlle a cintura a Alex, sae do regate cun autopase, librandose do ultimo defensor para encarar a placer a Andro, sen embargo chegado o mmomento clave ,o que o poidera encumbrar coma un mito inmortal, tira un cacajuete herencia de Nachito Maraxe que se vai fora!!!

Co resultado de 0-1, chegariase o descanso, e tras a reanudacion o partido voltariase tolo pero cheo de emocion.
O corazon impuxose a razon, e as ocasions sucedianse nas duas areas.
O mister move o banquillo coa intencion de asentar o equipo e recuperar a posesion, pero o tempo corre e o partido escapase.
Animados dende as bancadas co grito de guerra: HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!! os xogadores o borde do desfalecemento, sacaron forzas de flaqueza, e nunha demostracion epica, de valentia e sacrificio, lograban a igualada coa reaparicion inesperada dun xogador dilapidado, Pablo Yerai Alvarez Alvarez erexiase protagonista, para encumbrarse no olimpo aurinegro, 1-1 no minuto 82.Cabe recordar que a xogada nace, dun balon que habilmente Pechu foi buscar afora para darllo a Cadornas.

Finalmente non daria tempo a culminar a remontada e cun empate os dous equipos hermanados, abandoaron o terreo despois de ofecer o respetable un bonito espectaculo.

Moi bo traballo do Libertad, que fixo mais meritos, ante un rival con xogadores habituais de Terceira division coma Andro, Gandara ou Felix incapaces de doblegar o espiritu aurinegro.

Hai un equipo que vale un collón!!Libertad!!

NON TE PERDAS:
Martes pachanga en Noalla as 21:15
Cena de Nadal Sabado 8 de Xaneiro.


Libertad: Cadornas, Pedro(Pechu min.74, Gainza, Rodri, Lemos, Suso(Vicen min77),Dorado, Fer(Yerai min.68), Adri, Bujy e Beiro.

Portonovo:Andro, Ivan, Kike(Ivo min.61),Alex, Toño(Sergio min.46), Diego, Alejandro, Felix(Vilas min.84), Gandara, Ricardo, Borja Lopez(Jose Antonio min.68)

viernes, diciembre 24, 2010

BO NADAL.

Deixando rivalidades aparte, esta noite e Noiteboa e mañan Nadal, asi me lo aprendi yo!!

Asi pois dende aqui desexamosvos a todos, un bo Nadal e un próspero Ano Novo, que veña acompañado de victorias, pero sobre todalas cousas que sigamos sendo este grupo de amigos caralludos, que apesares de estar ultimos, non falta o compañerismo o bo rollo e o afan de superacion, imprescindible para ser un equipo dentro e fora dos terreos de xogo, e do cal sintome especialmente orgulloso.

Alegranos tamen, saber que Javi xa esta ben e poderá pasar as festas na casa cos seus, ainda que so poida chupar aljunha patiña de momento...un abrazo campeon!!!

E como nestes dias vai un frio de carallo, aqui vos deixo unha postaliña para ir entrando en calor.


E para que non digan que somos machistas, tamen vos poño este escultural Santa Claus para gusto e disfrute das mais fieles seguidoras aurinegras, especialmente dedicado para aquelas as que non fallan a ningun partido: a Presi Loli, Yoli e a moza de Lino.

Espero que vos guste...








Bueno e recordade que este domingo temos unha cita na Lanzada a partires das 16:00, felis navida ho ho hoooooo!!!!

lunes, diciembre 20, 2010

Domingo 26, derbi, Libertad - Portonovo B.

Vuelve a casa por Navidad.

Como o turrón, este primeiro clasico da historia estará cheo de reencontros,emocion e porque non, moito morbo.

En primeiro lugar, regresan a que fora a sua casa, os dous tecnicos do Portonovo B, Javilans e Alvaro, voltan o equipo que os viu nacer como entrenadores, onde acadaron a sabiduria o saber estar no futbol profesional, e que despois os catapultaria a grandes equipos da bisbarra...

Regreso tamen de xogadores coma Andro o Velay, que pasaron con nos unhas das suas mellores tempadas como profesionales.
Outro caso distinto e o regreso de Borja Lopez, que chegou o Libertad na pasada campaña, desauciado polo Xil, e nunhas condicions fisicas deplorables para a competicion a alto nivel.Sen embargo dende a directiva e corpo tecnico, brindouselle toda a confianza necesaria e impuxoselle un plan especifico de entrenamentos que o rehabilitou para a prectica do futbol, convertendoo nun valor en alza na dianteira aurinegra, mimado polos adestradores o maximo, que superon administrar e revalorizar as suas virtudes fisicas e tecnicas.Nembargantes o da Florida, terminada a campaña sorprendeu a propios e estranos cando decide abandonar o clube, para marchar o Portonovo por uns miseros euros, amosando asi a sua gratitude coa entidade aurinegra que puxo tanto esforzo e empeño por recuperalo xa non solo como futbolista senon tamen como persoa.

Sen embargo o caso que mais espectacion e indignacion esta a levantar e a volta de Anxo.O pequeno dianteiro afincado en Bascuas, criado na canteira aurinegra coma un fillo propio, creceu(ainda que non en altura) rodeado de mitos coma Cisco, Penoucos, Jandro, Rai, Javi Cons, Nito, Padin, David Caballero, Banana, aprendo deles os mais profundos secgredos balompedicos, elevado a estatus de crack, abandonou o clube a pasada campaña pola porta de atras.As suas pretensions economicas pero sobor de todo o seu enorme ego, fixeron que non se entendera con, casualidades da vida, Javilans, o seu actual adestrador e decidiu poñer fin a sua dilatada relacion coa entidade aurinegra, doido e con moito rencor pola maneira en que se tratou a sua marcha.
En declaracions telefonicas a este medio, un Anxo moi moitivado, asegurou que daria o 200% para reivindicarse, e no caso de marcar,"... estade seguros de que o celebrarei como se fora a final do mundial..."

O certo e que na orbita arlequinada, respirase un certo aire de optimismo e superioridade, comentarios estilo: nos estamos noutra liga..., para nos esto e un tramite... fan crecer en intensidade o choque.

Dende as casas de apostas, o favorito para levarse o derbi esta claro, en Betaffaire a victoria do Libertad pagase un 99 a 1, un empate a 54/1 e una victoria do Portonovo pagariase a un irrisorio 0,5 a 1.

Dende o eido meramente deportivo os dous conxuntos chegan en horas baixas en canto a resultados, sen embargo no xogo, o equipo aurinegro, en clara progresion ascendente a dia de hoxe semella capaz de dar a sorpresa.

HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLON!!!

Entrenase martes e xoves, e xogarase o domingo as 16:00 na Lanzada

domingo, diciembre 12, 2010

Zacande 3 - Libertad 2.

Nova derrota, ante un aspirante o ascenso que as pasou canutas para levarse o tres puntos.
A mellora no xogo dos aurinegros nas ultimas xornadas e evidente, pero a mala sorte e a pouca efectividade cara o gol, estanos a privar de arrancar algun puntiño.
Nesta ultima xornada, un empate seria o xusto.
Nunha primeira metade onde o Libertad foi mellor, supo repoñerse dun 2-0, conseguindo a igualada co doblete de Adrian, que tamen tivo nas sus botas a oportunidade mais clara mandandoa o limbo.Antes do descanso, unha xogada que marcaria o desenrolo do partido, foi a expulsion do local Edu por protestar.
Xa na segunda, o arbitro viuse na obriga de compensar, e o Libertad tampouco soubo sacar proveito dun Zacande en inferioridade e necesitado dos tres puntos.
No min.75 do partido, o colexiado sinala un penalti inexistente, que lle daba a victoria os de Mosteiro, que tiveron que dar o 100% e axudarse do arbitro para doblegarnos.

Xornada de reflexion, que chega nun momento claramente ascendente no xogo e na moral, que esperemos sirva de aliciente para afrontar o derbi co Portonovo B coas maximas expectativas.
O que esta fora de toda dubida, e que xogando a este nivel sacaremos puntos a calquer equipo.

Non se olvidar, dos entrenos que aljun esatase facendo de rojar, non vou a decir nomes, entrenase martes, xoves e venres como de costume.

Recordade tamen que estamos na recta final para facer os socios e poder levarse o estupendo portatil, de momento Lemos segue o frente, pero e unha cifra moi asequible...veña hai que votar unha man!!!

jueves, diciembre 09, 2010

Aplazamos a cena.


Ata que se recupere ó 100% Javi, aplazamos "sine die"(sin fecha fija, Makaay!!) a mariscada de Nadal.
Recuperate pronto campeón!!

Os que leven toda a semana a dieta para atacarlle o marisco, que non se preocupen, xa que como medida extraordinaria, a presidenta fara entrega a quen o desexe dun exquisito bocata de mortadela con aceitunas e unha varita Krisia de queimacasas, despois do entreno.


Noutro orde de cousas, o domingo xogamos contra o Zacande, segundo clasificado ata o momento, o partido disputarase o domingo as 16:00 no campo do Puentearnelas, xa que lle estan replantando o cespede no seu.

lunes, diciembre 06, 2010

Libertad 0 - Amanecer 1.

Bo partido do Libertad, que ofreceu resistencia e bo xogo ante o lider da categoria.

Meritorio encontro dos aurinegros, que amosaron unha das suas mellores versions, confirmando a liña ascendente e a axuda divina das ultimas xornadas.
A primeira parte foi para os locais que dominaron e dispuxeron de tres claras ocasions, un man a man de BR7(Beiro) e dous postes; un de Bujy e outro de Dorado que a piques estan de cambiar o signo do partido.
Xa na segunda, condicionados tamen polo vento en contra, as forzas igualaronse, ata que no min.70 o Amanecer consigue batir a Javi, que mais tarde, protagonizaria o susto da xornada, o recibir un forte golpe na faciana, o que facia que se tivese que retirar do terreo de xogo, para dar paso a Pedro(non o porteiro) que resolveria ben a papeleta.

En defenitiva, un partido que escapasenos inxustamente, cando por xogo, actitude e ocasions deberia ser aurinegro.

Para tranquilidade de todos, Javi atopase ben, dentro do forte golpe que levou.

Entrenamos martes e venres en Noalla, ademais o venres despois de entrenar facemos cena de Nadal, na de Pedro, que non poida vir que avise, e tranquilos e jratis.

Moitas gazas a todos polo apoio, xa sabedes...estoume a emocionare...
Vemonos na cena!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com