sábado, abril 28, 2012

Vilanova 4 - Libertad 0.

Ultimo partido da liga regular, de moi pouca trascendencia, pois os aurinegros chegabamos coa clasificacion matematica para os playoffs. O equipo, con so 12 efectivos para este encontro e moi mermados polos efectos da cena do equipo celebrada na vispera, fixeron que o Vilanova levarase un comodo triunfo. A pesar de todo isto, na primeira parte plantouselle cara, pero xa na segunda os folgos non daban para mais, e sabendo que xa estabamos clasificados para a fase o equipo deixouse ir, ofrecendo a peor imaxe de toda a tempada. Pero ahora e tempo de facer borron e conta nova, por primeira vez na historia o Libertad loitara por ascender de categoria e necesitamos o apoio de todos vos. Hai un equipo que vale un collon, LIBERTAD!!!

lunes, abril 23, 2012

Libertad 1 - Deiro 0.

Tarde histórica en Baltar, clasificados para a fase de ascenso a falta dunha xornada. En breve a cronica... Gol de Ruben "Bizcochito/Jusanito".

viernes, abril 20, 2012

A fase de ascenso en xogo: Libertad - Deiro

Este domingo no Municipal de Baltar a partires das 17:00 hrs, duelo por conseguir unha plaza na fase de ascenso.

Tras o tropezo copeiro, todas as nosas forzas dirixidas nun unico obxetivo, lograr matematicamente entrar nos play offs, para elo deberemos desfacernos dun rival directo o Deiro.

Este domingo necesitamos todo o voso apoio, estamos a un pasiño de facer historia, e cunha afeccion como esta non fallaremos.

Hai un equipo que vale un collón, Libertad!!!

Libertad 1 - A Lama 2.

Onte a noite, a pesar do gran esforzo non puido ser, e quedamos apeados da Copa Diputacion ante a S.D. A Lama que en ningun momento foi mellor co Libertad, e que contou coa fortuna e dous erros puntuais en defensa para gañar o partido no tempo de desconto cun 1-2. Agradecer os preto de 50 afeccionados que apesar da hora intempestiva e do tempo chuvioso deronse cita no Revel, e que non pararon de animar o seu equipo ata o final. Cunha afeccion asi, de verdade que sera complicado que nadie nos gañe. O dato para a historia, o Libertad perde o seu primeiro partido dende o 11/12/2012, mais de catro meses sin coñecer a derrota. Hai un equipo que vale un colló

lunes, abril 16, 2012

Partido de Copa: Libertad - A Lama, este xoves.

Este xoves as 21:00 no Municipal do Revel, partido de segunda rolda da Copa Diputacion, Libertad - A Lama.

Pasa una noitiña diferente con nos, e disfruta do autentico futchibol, musica, sorteos... e moitas cousas mais.

Non nos falles.

Hai un equipo que vale un collón, Libertad!!!

Chispa-1 Libertad-4






O Libertad impuxose a un Chispa que plantou cara na primeira metade, adiantouse no marcador e destragou un penalti que Cador detivo e poidera ser o 2-0.

No fio do descanso, nun saque de esquina, Pechu en semichilena leva a igualada o marcador 1-1.

Xa ne segunda, Ricardo en xogada personal fusila dende a frontal o meta local, e a partir de ahi o partido puxose costa abaixo para os nosos.
Beiro moi incisivo durante o partido, faria o terceiro a pase de Andresito, e este ultimo cerraria a goleada trasformando una pena maxima cometida sobre "Jussanito Rubben".

Con este resultado estamos a un pasiño de entrar no play off de ascenso, por primeira vez na historia do clube.

Este domingo as 17:00 en Baltar, esperanos un rival directo na nosa loita, o Deiro, cun empate bastarianos para entrar na fase matematicamente.

Libertad: Cador, Marcos(Mackaay m.71), Lemos, Rodri, Pechu(Gandars m.46), Arnold, Fran(Sergio Olimpito m.67), Andresito, Ricardo, Beiro(Rubben m.74) e Carlitos(Jorge m.46).

Hai un equipo que vale un collon, Libetrtad!!!

sábado, abril 14, 2012

Chamamento a afección!!!

Mañan domingo as 16:30, no campo do Chispa en Corón (Vilaxoan, enfronte da rotonda da praia das Sinas), Chispa - Libertad.

Entrar na fase de ascenso, pasa por gañar mañan neste dificl campo, cunha afeccion local que apreta, pero para combatilos contamos con todos vos, fieis seguidores, e convertir as gradas nunha festa aurinegra para levar o equipo en volandas cara a sua historica clasificacion para a fase de ascenso

E seguindo o desexo de moitos siareiros, xa estan a venta polos e camisolas co noso grito de guerra!! o modico prezo de 10 €.

Hai un equipo que vale un collón, Libertad!!!


martes, abril 10, 2012

Cuadro cruces Copa Diputacion Pontevedra 2012

Libertad clasificado para segunda ronda.

Na primaveral tarde do domingo, o Libertad clasificouse para a segunda rolda da copa Diputacion, tras derrotar na tanda de penaltis o San Andres.

O Libertad, que xogou un dos seus peores partidos da tempada, quizais pecando dun exceso de confianza polo boa racha de resultados anteriores, non foi capaz de apuntillar o partido, despois de que RK9, adiantase os nosos o pouco da reanudacion.
O San Andres, cada vez achegabase mais a meta de Kador, e xa no tempo de desconto no saque dunha falta conseguian os locais a igualada.

Xa na tanda de penaltis, os aurinegros non erraron ni un so disparo, quedando a eliminatoria nun 3-5 que nos daba o pase a seguinte rolda, onde nos espera a S.D. A Lama de segunda rexional, que derrotou por 0-5 o Xeve.

Este domingo, volta a liga, as 17:00 esperanos o Chispa no seu campo, na loita definitiva por entrar na fase de ascenso...

Hai un equipo que vale un collón, Libertad!!

jueves, abril 05, 2012

Copa Diputacion

Este domingo dia 8 de Abril arranca a Copa, San Andres - Libertad, as 18:00 en Placeres, Marin.

Eliminatoria directa a un solo partido, esperemos seguir coa boa racha e pasar esta primeira ronda.

Estamos a traballar para organizar unha quedada aurinegra o remate do partido e subir todos afeccionados e xogadores a pasar a noite na Armenteira...

Hai un equipo que vale un collon!!!LIBERTAD!!!!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com