lunes, diciembre 31, 2007

FELIZ NAVIDÁ E PRÓSPERO ANO NOVO


Dende a páxina oficial do Libertad Sporting Club de Sanxenxo queremos desexarlle a tódolos socios e simpatizantes que pasedes unhas boas festas cós vosos e que para o ano todo vaia a mellor.Saúdos!

lunes, diciembre 17, 2007

Puntos Master contra o Verducido

Fenomenal tarde de Domingo en Baltar "de arriba" onde vimos o mellor partido do Libertad no q vai de tempada, e ademáis xa están a disposición dos siareiros as novas bufandas (10 €). Xogouse con enerxía e alegría, ben posicionados e con moixa axuda dos dianteiros, sobre todo un Javi Cons que queremos sigua así sempre.

Maza.-1...aburrido, tan só se tivo q tirar unha, no gol, que pouco máis podía facer.
Gandara.-1...na 1ª subiu precipitadamente varias veces, logo decicouse a defender ben.
Cris.-3...muro. Sen problemas a pesar da torpeza do dianteiro.
Iván B.-2...sobrio. Tamén tapou o pouco q crearon os dianteiros do Verducido.
Makaay.-1...desconcentrado, parecía q tiña a cabeza fora do partido.
Jandro.-2...aportou profundidade e velocidad mentras estivo no campo.
Jorge.-2... Gran retorno, aguantando e xogando tranquilo,moi ben.
Ivan.-2... rematou a faena inicando e finiquitando cunha gran xogada.
Fernando.-1'5...mellorando, inda q non estivo moi precido meteu un gol e correu a reo.
Javi Cons.-3...Impresionante, como sega así imos chamarlle o "mariscal".
Santi.-2...volveu marcar e antivo bastante listo, inda q como siga perdendo velocidade vai ter q xogar ó lado do porteiro rival.
------------
Alex.-1'5...interior, xogou mais tranquilo e facil.
Nagüel.-2...activo, intentouno coa esquerda e levou leña de carayo.
Pedro.-2,5...Golazo d vaselina, e o lateral rompía o fora d xogo, sí. Loitador e preciso.
Pechu.-1...aiiii esta asistencia de tacón q case sae...

Libertad 6 - Verducido 1.

O Libertad volve a senda da victoria cun contundente 6-1, ante un floxo Verducido.
Saltaba de inicio un once renovado polas baixas, con Maza baixo paus, liña de 4 con Gandara,Cris,Ivan B. e Makaay, doble pibote para Ivan e Jorge, extremos Jandro e Fernando e en punta, inedita dianteira con Javi e Santi, ante a baixa do duo sacapuntos Anxo e Migue(anque ultimamente non as cheiraban).Esperaban a sua oportunidade Alex,Pedro,Angel e Pechu.
Para non variar seria o Verducido o primeiro en adianterse, cando non se levaban nin 5 min. ante una defensa descordinada nos primeiros compases.
Pero a reaccion non se fixo esperar, intres despois, un inspirado Javi Cons levaba a igualada o marcador.A partir de ahi o equipo da mostras evidentes de melloria, movendo con mais critereio o balon, o que se traduce en constantes chegadas as inmediacions do area.Nunha destas, boa individualidade de Fernando(Dena) que cun bo disparo co exterior consegue meter o balon axustadiño o pau no fondo das mallas(2-1).
Mais tarde seria Santi con outro gran gol, un chupinazo dende fora do area o que colocase o 3-1 no marcador.
O Libertad non baixou a intensidade e antes do descanso novamente Javi, tras una bonita triangulacion polo centro do area grande deixaria o electronico en 4-1, esta xogada costarialle a posteriori o troco a Javi Cons, tras o encontronazo co porteiro.
Xa na segunda, sen o lesionado Javi anque manifestamente contento tras o doblete(facia 30 anos que non marcaba dous goles nun partido) os aurinegros foron dando entrada os suplentes sen perder protagonismo no encontro.Seria Pedro, estrenandose como goleador lilaino, o encargado de subir o 5-1 o marcador tras una bonita vaselina, e xa nos intres finais Ivan volveria a batir por alto o desesperado gardamallas visitante e que deixaba o resultado final no 6-1.

Imos tentar seguir nesta liña, e para iso necesitamos do apoio de todolos compañeiros, aproveitamos dende aqui para mandarlle animos o lesionado Charlie, e animo tamen a Cristian que anda bastante baixo de moral estas ultimas semanas.Forza rapaces, que para a semana tocanos un oso duro de roer o Combarro.

O que non veña a entrenar queda sin chandal!!,avisados.
Hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD!

martes, diciembre 11, 2007

Puntos Master do partido contra o Barro

Mala racha que atravesa o equipo, inda que esta vez douse mellor imaxen ca nos dous anteriores partidos, a verdade é que o Libertad non chegou a dominar claramente o partido en ningún momento, debido a falta de presencia do medio campo en xeral, que moitas veces non gardaba a liña defensiva e outras deixaba demasiado solos ós dianteiros, e a falla de puntería cara gol.

Maza.-2...volveu facer uns cuantos paradons, aínda que nas saídas segue flaqueando.
Makaay.-1...ben en defensa, non atacou. Coa sua saída chegaron os goles.
Cris.-1...2 penaltis non pitados que fixo, aínda así omnipresente en defensa.
Iván.-1...ben colocado, coma Cris todo o partido pendente das contras.
Charly.-1...marcou o gol aurinegro (creo q se estrena). Pena de lesión, que non sea nada.
Jandro.-1...correu e loitou coma sempre ata que se retirou lesionado.
Rodri.-0.5...o mesmo da xornada pasada, perdido na media, nin gardou marcas nin sacou o balón con claridade. Necesitamos outra vez ó Ministro.
Iván.-0.5...a rachas. Desquiciado nalgúns momentos e ben outros, pode facelo mellor.
Santi.-0...cada vez con menos sangue. Ten que ter máis recorrido, crear perigo na banda e apoiar en defensa.
Anxo.-0.5...cada vez máis lento, nos recortes, pra dar o pase e pra encarar. Ten que volver a ser o que era e Migui máis él deben entenderse mellor no campo.
Migui.-0...fatal. Non lle sae unha. Ten que coller a forma rápido e protestarlle menos ós compañeiros, facer desmarques e non pedir o balón ó pe sempre, e desbordar que capacidade ten pa comerse ós defensas desta categoría.
--------------------------
Gandara.-0...entrou de lateral e foi unha coladeira, os dous goles chegaron por ahí.
Fernando.-0...non lle saiu nin unha. Pa máis inri fixo a xogada do 2-1.
Alex.-0...nada, hai que xogar como se entrena o mércores.
Javi Cons.-0.5...esta vez non acabou de meterse no partido xogando de medio, e perdía sempre a marca en defensa.


Veña, ánimo rapaces que non me gusta nada poner estas puntuacións...pero non me dades alternativa. Calidade hai de sobra pra estar cos mellores da categoría, pero hai xogadores importantes que deben coller a forma se queren chegar ó 1, e no campo hai que compenetrarse máis, volver a xogar coma un bloque.
Ánimo tios, que como mínimo, cuartos.
Hai un equipo que vale un collón!!!
LIBERTAD!

lunes, diciembre 10, 2007

Barro 2 - Libertad 1.


Terceira derrota consecutiva para o Libertad, que non acaba de despertar do pesadelo do Eiriña.
Apreciose certa melloria na actitude dos nosos, pero o final non fomos quen de aguantar a minima ventaxa coa que se foi o descanso(1-0).
Xogaron de inicio Maza, Makaay,Cris,Ivan B. e Charlie na zaga, no medio centro Rodri e Ivan, nas bandas Jandro e Santi, e na punta Anxo e Migui.Na segunda saltaron Fernando,Gandara,Cons e Alex.
Foi Charlie o que adiantou os aurinegros os 5 min. cun bo remate de cabeza o saque dun corner, intres despois puidemos facer o 0-2, pero a fortuna esrta vez estivo esquiva.O Barro non se desanimou e seguiu dando a cara, dificultando moito a saida do balon por parte do Libertad, que tampouco facia por circular o esferico con criterio, cun futbol bastante emnarullado.Asi e todo chegouse o descanso co 1-0.
Arranca a segunda como a primeira, chegando o Libertad con certo perigo.No saque dunha falta o borde do area, despois de dous rexeites o balon traspasa a liña de meta, sen embargo e empanado do arbitro non se entera e non concede o gol.Estas son as imaxes do gol pantasma.

Da posible sentencia co 0-2, o Barro puxo mais ca nos e apesar de ir aguantando daquela maneira, mediada a segunda metade en 7 minutos fatidicos, pasamos do 0-1 o 2-1, despois de varios paradons de Maza.
E asi acabou o conto outra vez, dispuxose dalguna chegada o final, una man dentro do area que non volve a ver o trencilla e una posible lesion seria de Charlie no xeonllo, tras levantar 1 metro no aire a un xogador local.
Hai que seguir traballando, para encontrar o xogo que nos leve a senda da victoria.Animo chavales.

sábado, diciembre 08, 2007

Puntos Master contra o Cerponzones

Partido decepcionante que hai que olvidar, quedámonos tan fríos coma ós nosos pistoleiros.

Maza.-1...baixo porcentaxe de paradas.
Makaay.-2...loitador, segue mellorando.
Cris.-2...duro coma sempre, aínda que dous erros de cordinación foron os 2 goles.
Ivan Berreco.-2...ben seguro e cordinado con Cristof pero coma dixen 2 veces q faiaron 2 goles.
Pechu.- - ...inédito. Lesionouse case de inicio.
Rodri.-1...perdido, nostouselle incómodo e desquiciado. Ten que facerse amo da media coma facía na defensa.
Anxo.-1...desaparecido. Tampouco se lle veu moito nesa nova posición para él.
Jandro.-2...creou perigo pola súa banda e estivo moi activo.
Fernando.-1...debut de titular, non desentonou. Parece que vai collendo o "collón".
Migui.-1...non participou na 1ª metade, e na 2ª intentouno pero con moi pouco acerto.
Santi.-1...a menos. Parece falto de forma, foi a de máis a menos o longo do partido.
-----------------
Alex.-1...mellorando. Sustituiu a Pechu e non o fixo mal aínda que axudou ós erros dos goles.
Ivan.-2...xogou pola banda tras sustituir a Jandro e entendeuse moi ben con Cons.
Javi Cons.-2...revulsivo. Creou boas xogadas e participou en ataque aínda que sen acerto a porta.
Pedro.- - ...case sen tempo esta vez.


"bonita" cena no forno (as bebidas, confirmado, "coma o red bull"). Gran festa e xolgorio, xa sabedes bastante de coma acaba, engadir que o pobre Makaay escachou un dente reproducindo unha xogada do Domingo, a fin de mellorar nos seus erros evidentemente.

Tamén firmamos un contrato coa nosa nova colaboradora Susi Reche que a partir de agora virá a animalas festas familiares, así que os que arrugaron... xa saben pa próxima.

todo moi bien. Ata o final, moi ben.

viernes, diciembre 07, 2007

Cena de conciliacion.


Tras os malos resultados obtidos nas duas ultimas xornadas, e a baixa moral da plantilla, o clube opta por convocar unha cea co obxetivo de crear bo ambiente no vestiario.
A cita tivo lugar o pasado mercores no Meson O Forno, tras a charla-entrenamento en Meaño.
Asistiron un total de 16 persoas, entre xogadores, o mister e colaboradores do club, que deron boa conta das excelentes viandas ali servidas, ainda que o tinto(Barrante´s Fighter)deixaba bastante que desexar.
Eiqui temos o protagonista do entreno previo e a cena.
Houbo tempo na sobremesa, para que os pelotilleros, fixeran o seu traballo, intentando gañarse a titularidade.
Despois da cena, que rematou a eso das 2 da mañan, os mais animados seguiron de festa ata altas horas da madrugada polos locais de Portonovo(Transno Rock) rematando no Pilon en Cambados, ata onde eu sei(conmigo voltaron as 6 a.m. Ivan,Javi e Santi, ali quedaron babexando co striptease de Susana Reche; Ivan Berreco,Cristian,Charlie,Pedro,Makaay,Emigdio e Marcos, e dicir os solteiros excepto un...)Spree Forever ten as fotos que o testemuñan, hai hai hai yayayai! aqui hai tomate!!!

Libertad 0 - Cerponzons 2.


Dura derrota a do domingo pasado no Baltar de arriba, a que sufriron os homes de Tomas Abal.
O Libertad, moi lexos do equipo que debe ser, afundeu na segunda parte con dous goles de tres tiros a porta que fixeron os visitantes en todo o partido, ocasions ademais regaladas pola zaga.
Pouco mais que contar dun desmotivado Libertad, mal en todalas liñas, e que apesar de crear mais peligro que os rivais, non hai Cristo que lle pegue a dentro...
O dato; primeira derrota na casa dos aurinegros.Esperemos que non sirva de precedente, e apesar de encarrilar duas derrotas consecutivas mantemonos na misma posicion na taboa clasificatoria.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com