lunes, octubre 30, 2006

Unión B 5 - Libertad 0

Derrota clara do conxunto aurinegro, que o intentou pero recibiu un castigo demasiado severo. Baixo un solaso de vran que se botaba de menos, saíron os equipos ó campo tras quentar ó son do rejjeton, arroupados os nosos por uns 25 siareiros, e dende o comezo se vía que algún dos nosos lle ía afectar demasiado o sol (que non se den por aludidos Fox e Cons...xa o digo eu). O Unión saiu con intención de tocala, mentras o Libertad agardaba coas liñas xuntas pra saír á contra; o equipo inicial foi: Maza na portería, Fer e Makaay laterais, Rodri e Cris centrales, Ivan e Jorge na medular, Fox e Migui polas bandas e Javi Cons e Gus arriba. A bola comezou sendo de dominio local, pero pouco a pouco vendo que non eran capaces de face-lo tiki-taka ante a repregada e ordeada defensa visitante, comezaron a buscar case sempre balóns longos pra os dianteiros...o mellor do Unión xunto cun Nacionalizado que tamén foi bastante maleducado; balóns que eran atrapados sen moitos problemas pola defensa ou por Maza, mentras o noso equipo creou nos primeiros 25 minutos 4 contras tradusidas en claras ocasións erradas. Así, cando mellor defendía o Libertad e máis perigo creaba e fallaba, o árbitro (aquel amigo de Jandro que lle metera 5 partidos por protestar en Romai) cambiou o signo do encontro ó sacarse un penalti da chisteira ó despexar Maza un balón raso e despois arrollar ó dianteiro (el mesmo reconoceu despois que non fora penalti). Penalti, amalela e 1-0. Seguinte xogada, recupera o balón o equipo local que busca en longo ó seu dianteiro e tras facer 3 controles sen que caese a pelota, sacase unha volea cruzada que se cola na portería pegada ó pau, un golazo. 2-0 e o Libertad que segue intentándoo, cun Gus e Migui voluntariosos pero pouco afortunados, Cons reventado, Fox acojonado...chégase así o descanso, no que Gerardo Duromar cambiaría a Cons por Emy (adiantando a Fer ó interior dereito) e Nagüel por Migui (cambio criticado pola afección pois se non ai ningúen intocable Fox non se merecía seguir no campo e Migui polo menos estáballe botando collóns). No minuto dous desta 2ª, escapada por banda por velocidade, e é que cómo corrían os condenados, nótase que entrenan duro, é o forte centro introdúceo Ministro pola mesma escadra ó intentar despexar. Aquí acabouse o partido, xa era moi complicado ainda que se intentou deixar unha boa imaxe, Fer errou un penalti e o seu rechace (frontal, só había que empuxalo e non controlalo), e acabaron caíndo dous goles máis. Tamén xogaron Nacho e Jandro que entraron por Fox e Iván.
En resume, partido demasiado fácil pro Unión gracias a un arbitraxe caseiro (2-6 en tarxetas amarelas, o nº 9 debeu ver a 2ª amarela por 2 veces e pasou del, e ninguen se cortou a dar leña a medida que crecia a frustración dos aurinegros) e ós fallos dos nosos dianteiros co 0-0 no marcador, pero non ai máis que obxetar...simplemente aplaudirlle ó esforzo a todos, que seguro que se volve á coller unha nova racha con esta actitude.
Hay un equipo que vale un collón!!! LIBERTAD!

jueves, octubre 26, 2006

A seguir polo bo camiño! proxima parada: O Grove, contra o Union B

Tras un dubidoso comezo, o equipo aurinegro parece que vai atopando o seu sitio, e pra corrobora-lo nada mellor que asaltar o feudo do que posiblemente sexa o mellor equipo da categoría, o Unión B (descendidos o ano pasado de 2ª, pero polo parecer saben onde teñen que estar no campo, como moverse e o que ten que facer cada un), polo que non será un partido sinxelo...ou polo menos non llo imos por nada sinxelo, terán que demostrar que son os mellores se queren sacar algo bo da nosa visita. Esperamos que o Fronte aurinegro volva a acudir en masa pra non quedarnos en inferioridade, así que xa sabedes, aproveitade que o Domingo vai facer bo día e achegádevos a ver un dos mellores partidos da categoría. Necesitarán o noso apoio.

Polo de pronto o Libertad encadea una racha de 3 victorias consecutivas, e ai que aproveitar o empuxón moral da espléndida victoria no derbi da pasada semana fronte o Dorrón (jojo....e pa casa), e como vedes xa nos imos achegando ós postos de arriba. Se contamos ademáis que moitos xogadores aínda non puideron asistir regularmente (Gus baixo d forma, Gándara tamén, Emi cortando sijalas, Anxo non sei, Jandro con compromisos familiares...) pódese pensar en algo grande...e pa iso ai que seguir esforzándose así...e si cabe un pouco máis, pa demostrar dunha vez por todas que...
HAY UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!!

martes, octubre 24, 2006

Falan ben de nos, no Diario de Arousa


El Libertad acaba con la imbatibilidad del Dorrón

El Libertad ha sido el equipo capaz de acabar con la imbatibilidad del Dorrón al ganarle por 2-0 en el derbi de Sanxenxo. Los granates sucumbieron en la jornada ocho tras un comienzo espectacular de Liga. Dos goles en los inicios de cada parte sentenciaron un partido en el que el Dorrón tuvo ocasiones, pero no se mostró como el líder sólido que era, gracias en parte al buen hacer del Libertad que mostró una buena cara.
(esta ben eh, ainda que solo sea "en parte")

REDACCIóN > VILAGARCíA


El Unión B no pudo recortar distancias al aplazarse el derbi frente al Amanecer en As Lampáns debido a las lluvias que hicieron impracticable el terreno de juego, lo mismo sucedió en el encuentro que debía enfrentar al Drakkar con el Armenteira.

Otro de los partidos interesantes de la jornada fue el que enfrentó al Deiro con el Sobradelo y que suponía el debut de Ricardo Dios en el banquillo del San Miguel. El partido concluyó con una cómoda victoria de los locales.

El Zacande goleó al Bamio a domicilio en un partido que los de Mosteiro encarrilaron en la primera mitad en un campo que estaba impracticable.

El Xil también perdió en su campo ante el Vilanova en un partido en el que hubo siete goles. Los locales protestaron la labor arbitral al entender que los dos penaltis señalados a su rival no fueron y que marcaron un gol con la mano.

El Spórting Portonovo se impuso al Salnés en un vibrante partido con 5 goles, mientras que el Umia y Rubiáns protagonizaron el único empate a un tanto.

Si señor, ver para creer, que vos parece; fuente Diario de Arousa 24/10

domingo, octubre 22, 2006

Hai un equipo que vale un collón.


Gran victoria do Libertad,por 2-0, ante un desdibuxado Dorrón, que nunca fixo frente a entrega local.
O encontro comenzou puntual, apesares do diluvio universal que caia intres antes do derbi.
Ainda que o tempo non acompañaba, foron mais dun centenar de siareiros, os que se deron cita no Municipal de Baltar, que se fixeron oir e trasmitiron animos o equipo.Gracias, a todos e cada un deles por estar cada domingo, chova ou trone, animando o Libertad.

O equipo titular era; Maza na porteria, Makaay,Rodri,Cris e Pechu na zaga, Xurxo e Zivan na medular, nas bandas Fox e Migue, e en punta, novamete os pesos pesados Javi e Gus.Esperando a sua oportunidade, Fer,Angelito,Nacho,Jandro e Pituco.Caeronse da convocatoria por diversos motivos Pedro,David,Emi e Chuma.

Do encontro podemos decir, que ainda que non foi un partido brilante, o Libertad foi sempre superior, deixando ver, sobretodo na primeira metade, algun destello de calidade.
O descanso foise con 1-0 gol de Migue, axudado por un defensa visitante que desviou a traxectoria, e foron varias as ocasions que se desaproveitaron, mentres que o Dorron non inquietaba nin a Juan Pereira, que non chegou a disparar nin unha vez entre os tres paus.
Na segunda, o Libertad sae moi concentrado agardando que o Dorron dese mostras de querer levarse o partido, pero nin con esas, o pouco da reanudacion, Gus volvia a batir a Losada, con algo de fortuna tras un rebote, e que situaba o marcador no 2-0 definitivo.
Un Dorron, gris e espeso como a tarde, veia como se lle acababa a racha de victorias ante un Libertad, que, anque o mellor non tan bo tecnicamente, deulle unha leccion de sacrificio, loita, entrega e honra.
Cabe destacar o bo comportamento en xeral, de xogadores e afeccionados polas duas partes.

Creo que quedou demostrado que si lle poñemos estes collons sempre podemos aspirar a todo.Asi si que se pode dicir eso de que HAY UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN,LIBERTAD

Por certo, eu non vou a estar en duas semanas, espero que gañemos e que os colaboradores movan algo a paxina.

jueves, octubre 19, 2006

A por eles, ooe!!


Este sera o grito, que recorra todalas bancadas este domingo no Baltar de Arriba.
O Libertad que non podera contar co seu adestrador Gerardo Duro para este derbi por motivos persoais, verá na figura de Nito Peon, un bo candidato para solventar a papeleta.
Outra baixa case seguro será Anxo, que perderase o encontro pola sancion do domingo pasado(por papán)en Armenteira, e que negouse a dar explicacions a esta redaccion.
Do resto, excepto problemas de ultima hora, o adestrador tera a toda plantilla a sua disposicion.
Por outro lado son moitas as mostras de apoio que nos chegan, incluso dende donde menos se espera, o bando cotrario.
Asi pois, o mitico xogador David Mara, agora en horas baixas, manifestaba nesta web o seu interese por que o Libertad volvese a gañar o derbi e se se repetia o 4-0 do ano pasado, mellor que mellor.
O xogador granate, discriminado polo seu clube, non se corta un pelo nas suas declaracions amosando un gran malestar co Unitede, o que lle exixe o traspaso e as botellas de Licor Cafe que lle deben.
Esta e parte das duras declaracions:
"Tendes que baixarlle os fumes a esta xente, o final cada un tera o que se merece.Estes son como a jasiosa, o principio empezan con forza pero despois, nada, quedaremos como sempre as portas do ascenso, con cara de parvos"
Mara reuniase esta semana con xogadores aurinegros, presuntamente desvelando os secretos da inbatibilidade do Dorrón.

Estamos convecidos de que estes consellos serviran de algo e de que o Libertad, acabara coa racha do Dorrón, por que hai un equipo que vale un collón, e non é o Dorrón, ainda que rime.

domingo, octubre 15, 2006

Armenteira 0 - Libertad 2 .


Partido de moita fisica, e dicir, patapum pariba e correquetecagas, donde o Libertad por primeira vez na tempada manten a sua porteria invatida.
O once inicial era Maza(jolkiper), Makaay,Cris,Rodri e Pechu na zaga, Ivan e Jorge na medular asistidos por Fox e Naguel nas bandas, e en punta, a dianteira con mais "peso" do Libertad, Cons e Gus.No banco quedaban Gandara,Nacho e Anxo(castijado por mona).
O encontro comenzaba as 16:30 nunha tarde nublada con boa entrada de publico, cando nos primeiros intres, na tipica xogada de pilleria o saque dunha falta, na que sempre nos collian en brajas, por unha vez fumos nos os que sacamos rentabilidade deste tipo de lances, cando Ivan moi rapido(raro en el), sacaba unha falta na frontal, sen dar tempo a colocar a barreira, e o balon que ia os pes de Naguel que libre de marca, batia o porteiro.
Chegabase o descanso co 0-1, e ante un Armenteira que escepto a balon parado non chegaba a inquietar a Maza.
Na reanudacion procducense os trocos, Gandara por Makaay, Anxo por Cons e mediada a segunda parte Nacho por Fox.
O partido volveuse bastante mais rudo que na primeira metade, cun Armenteira buscando o empate ante un Libertad que botaba o resto tratando de aguantar as acometidas, que a excepcion dun econtronazo do dianteiro con Maza tampoco foron moi claras.Nos ultimos minutos Anxo e expulsado(auto-expulsado se cabe) o ver o segundo carton marelo por tirar a porta co encontro detido, e pouco despois nunha contra mortal Jorge asiste a Gus, que arrancando dende o propio campo, galopa en solitario ata plantarse diante do porteiro e tras errar no primeiro disparo, recolle o rechaze e tras volver a driblar o portero coloca o esferico no fondo das mallas.
O final 0-2 e contetiños pa casa, coa moral ben alta a espera do gran derbi do proximo domingo Libertad-Dorrón.
Asique xa sabedes, o martes as nove no pabellon, sen falta, porque parece que ser que isto de entrenar e verdade, o final sirve de aljo.
Vamos ostia, o domingo a dar a campanada.Hay un equipo que vale un collón,LIERTAD!!

sábado, octubre 14, 2006

PRÓXIMO PARTIDO!


O próximo partido do Libertad será o domingo ás 16.30 h. no campo da Armenteira,con entrada gratuita para tódolos afeccionados,a non ser que puxeran porta(fai tempo que non vou).Acudide a animar ó voso equipo!

miércoles, octubre 11, 2006

Entrenamento o Venres.

Ante a festividade do Pilar, coicidindo co dia habitual de entrenamento(xoves, por se aljun non o sabia) , este trasladase para o Venres 13, as 21:30 en Baltar.
Hai van algunas das imaxes da merenda na Cafeteria JARDIN

domingo, octubre 08, 2006

Ansiada victoria.


Por fin, tras varias xornadas de mal xogo e resultados, parece asomar a luz o fin do tunel.
O equipo empeza a encontrarse comodo no campo, tanto fisicamente como tacticamente, incluso por primeira vez, hai descartes na convocatoria, e isto traducese en resultados, concretamente, nun axustado 2-1, que quizais debeu ser mais amplo a tenor das ocasions erradas man a man co porteiro.
O Libertad formaba con Maza na porta, Makaay, Rodri, Cris e Pechu na zaga, na medular Yorch(Jorge), Zivan, Fer e Fox, e en punta Cons e Gus.Esperaban a sua oportunidade; Jandro, Pedro, David, Migue e Chuma.Caeronse da convocatoria Nacho, Anxo,Emi,Angel...
O encontro arrancaba as 16:30, cun Libertad disposto a morrer no campo ante un Vilanova que non viña de paseo.
Os primeiros compases son de color aurinegro, e froito deste dominio chega o gol de Fer a pase de Fox, nunha bonita xogada de pizarra.
Co paso dos minutos o Vilanova empezase a atopar mais comodo e distribue o xogo con criterio.Pero seria no saque dun corner e tras un erro de Maza, o balon tras tocar de cabeza nun xogador deles, rebota nos brazos do cancerbeiro e sobrepasa por pouco a liña da porteria, gol que sube o seu marcador situandoo no 1-1 co que se chega o descanso.
Na segunda parte restructurase un pouco o esquema, dando entrada a Chuma no medio da zaga e adiantado a Rodri.
Asi, pouco a pouco, con mais corazon que cabeza, os lilainos apretabamos ,levados por a numerosa afeccion que chegou no descanso(para non pajar entrada(e un dicir)), e asi, tras unha falta sacada con rapidez e picardia por Pechu, e tras peinar un defensa vilanoves, bate o seu porteiro e caelle franca a Rodri que remata a porta vacia, mentres a maioria dos xogadores visitantes todavia estaban colocandose.
Finalmente o marcador non se moveria mais e cun 2-1, felices e contentos fomos todos de merendola a Cafeteria JARDIN.Estas imaxes atestiguano.(estou intentando poñelas)

Proximo encontro Armenteira - Libertad, a seguir asi rapaces, e o martes todos a entrenar.

sábado, octubre 07, 2006

Este Domingo Libertad - Vilanova

O domingo 8 a partires das 16:30, no municipal de Baltar de Pedra duelo fraticida entre o Libertad e o Vilanona, un dos novos equipos da categoria, empatados a puntos con nos, e xunto co Sobradelo, "amos y señores" da parte baixa da taboa.
So queda unha, a gañar, e gañar.E para iso prevese por primeira vez a presencia da plantilla completa e a escopeta cargada, de goles.
Para mais, a cafeteria Jardin en Portonovo rexentada por Fernandito, ofrece unha merendola se nos alzamos coa victoria, a que quedaran convidados os afeccioados que o desexen, "que sexan socios", e que asistan en masa para ver de seguro a primeira victoria como local deste noso LIBERTAD.
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN

martes, octubre 03, 2006

Fichaxe de última hora!!!


Despois dunha reunión co mister prá estudar as necesidades do equipo, o vicepresidente Alejandro Jorquera "Jandrito" cerrou a contratación de Carmela como masajista do equipo.O mister Gerardo dicía: "os xogadores saen moi tensos ós partidos, con esta rapasa intentaremos relaxalos a base de masaxes.É boa chavala e ten uns ollos moi bonitos".
Carmela estudiou fisioterapia pero non acabou porque "só deixaban facer masaxes coas máns e a mí gustame utilizar todo o corpo".
A foto corresponde a presentación oficial na praia de silgar, donde mostrou as súas duas boas razóns e as galletas maría.
Damos a benvida a Carmela a nosa entidade e desexamoslle moita sorte.

lunes, octubre 02, 2006

Xil 1 - Libertad 0


Nova derrota, ante un rival, en teoria asequible, sen escusas esta vez por falta de xogadores, e que nos afunden na parte baixa da taboa.
Unha victoria e tres derrotas, duas delas ante equipos de escasa entidade, e o bagaxe deste Libertad que clamaba un cambio xa.
A situacion non e nada favorable para desenvolver o novo proxecto coa tranquilidade necesaria, sen embargo hai tempo para recuperar os puntos perdidos.
A dicir verdade, e complicado arrancar a pretemporada na mesma semana que comenza a liga, e mais ainda cun novo adestrador, novos xogadores, que apenas sen conocelos ten que ir probando sisitemas, sen marxe para o error, xa que todolos partidos puntuan.
Si se fixeran as cosas como se debera, e dicir unha pretemporada dun mes, teriase tempo para facer experimentos, e comenzar a liga cun esquema e cun once de base.Pero ahora xa esta, e hai que tirar para diante.
Ademais dos xa sabidos entrenamentos, non se pode ir 8 a entrenar e o domingo 15 xogadores distintos a xogar cada semana.Vale que tamen non se ten un campo de verdade para entrenar en condicions, pero admitamolo, os xogadores estamos moi mal acostumados.
A maioria dos equipos da metade pa riba da taboa entrenan 3 veces a semana, e se hai entrenamento, me cago na ostia, hai que ir, a cojones.E que ainda que pensedes que non e verdade, de momento, a unica maneira de mellorar, que eu sepa,e entrenar , entrenar e entrenar.O pro-evolusion esta moi ven ou ir tomar unhas cañas ou quedarse a ver a champions, pero realmente, non vos engañedes, eso non fara que xoguemos mellor cada domingo.
Solo pido mais compromiso e mais ganas, e cambiar esa mentalidade de ir a xogar os domingos porque xa non estan os dias de praia, señores estamos a tempo de cambiar esto e xa se demostrou algunha vez, que temos equipo e afeccion para estar mais arriba.Solamente estamos a catro puntos do 6º
Sigo creendo que hai un equipo que vale un collón.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com