miércoles, diciembre 28, 2005

PENOUCOS, FICHADO!!

Saltou a bomba informativa no Baltar de Arriba, onde esta xa confirmado o traspaso do ex-aurinegro Toño "Penoucos".
A operacion levouse acabo despois da ultima xornada ligueira antes das vacacions de nadal.
O xogador da Barrosa, non se atopaba a gusto no vestiario do Xuventud Sanxenxo, xa que dende o principio desta tempada non sintonizaba coas ideas do novo corpo tecnico dirixido por "Luis Basurilla".
Asi pois, lentamente foise xestando esta nova incorporacion, xa que apesar de estar xogando en primeira rexional e cobrando algo mais que no Libertad, sair cada domingo a defender uns colores que non sentaia como propios, e facendo un xogo sen ningunhas aspiracions: -"...pa eso vou po Libertad, que polomenos,pasamolo ben".Estas eran as verbas coas que Penoucos sentenciaba antes de firmalo seu novo contrato como aurinegro.
Penoucos de 24 anos de idade regresa o equipo que o veu nacer como estrela mediatica, despois dunha tempada no Xuventude Sanxenxo, salvandolle o cu do descenso.
Con esta incorporacion, hai que lamentar a saida do gardamallas titular, David Maza, que e repescado polo Sanxenxo, xa que con Toño na plantilla non ia a desfrutar de moitos minutos, ademais o de fontoira viñase atopando algo incomodo no clube, xa que realmente non se cumprian as espectativas creadas.
Desxamoslle o mellor a Maza e porsuposto, estamos ansiosos de volver a desfrutar dos show´s de Penoucos defendendo a porteria do Libertad Sporting Club.

sábado, diciembre 24, 2005

FELIS NAVIDÁ


Dende o Libertad Sporting Club de Sanxenxo, coa oportunidade que nos brinda este medio, e nunhas datas tan sinaladas, queremos desexarlles a todolos socios, afeccionados, patrocinadores, xogadores e directivos unhas felices festas.
Asi que a pasalo ben, todo o mundo, e bebere con moderacione, que a volta destas festas, temos que dalo todo para conseguir algo importante, que esta tempada, mais que nunca, parece que se pode lograr.
Felis Navidade, porque hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD!!

P.D.:o mercores as nove da noite, vemonos todos, na pachanga de nadal en Meaño.

jueves, diciembre 22, 2005

Deporte Solidario

O Venres día 30 de decembro celébrarase un torneo de 3x3 de baloncesto no pavillón de Baltar coa fin de fomentalo deporte e á vez darlle unha pequena axuda ós máis necesitados. Os equipos podrán ser de 4 xogadores (1 suplente máximo) e a cuota de incripción simplemente é colaborar: colaborar levando alimentos non perecedeiros (conservas, legumbres, e todo o q non caduca en pouco tempo...) que serán recollidos por unha ONG que os levará donde máis se necesiten. Tedes tempo a inscribirvos ata o día mesmo do torneo (30 de decembro).
A ver se esta vez acude a xente... porque este mércores algúen, que xa lle valeu de carallo, quedou co ex-coach Álvaro pra ir xogar un partido de baloncesto a éste mesmo pavillón, ás 22:00, e alí non apareceu nin o implicado nin toda a xente disposta a ir según él, que ademáis eran antigos xogadores de basket e que xa estiveran presentes no homenaxe a Don Mamón.
Seriedade joder...avísase.

miércoles, diciembre 21, 2005

A afeccionada da semana cambia de ubicación.

Sentímolo retraso, outra vez, na publicación da afeccionada da semana, pero é que Cisco entre a hostelería e as mulleres non ten tempo de deleitarnos coas súas aportacións, así que volveremos a prescindir del pra elexirmos á afeccionada desta semana. A noticia é que a nosa páxina contará en breve(en canto Pechu nos poña o link, á dereita destas liñas) cunha sección independente dedicada á afección, a todo o relacionado co Frente Aurinegro, e como non á afeccionada da semana, que causa furor e expectación nos que coñecen esta páxina (sobre todo Nikki, senón que lle pregunten a máis dun rival. Por iso cando veñen a Baltar miran moito pra as bancadas... buscan a Nikki).
+.- Nun futuro tamén contaremos cunha sección dedicada á historia deste grandioso clube que enche os corazóns e desperta paixóns entre os seus siareiros (en canto Luigi me pase ós arquivos secretos que ten gardados na caixa forte).

domingo, diciembre 18, 2005

Gran cena de Navidad do Sporting Club Libertad.

Multitudinaria cena celebrada no "calabozo, na que non faltou de nada. Afeccionados, xogadores e directivas todos xuntos, grandes risas e gran cantida de de boa comida e bebidas. Darlle a noraboa ós cociñeiros o Presi Diego Pucheto e a Luigi pola deliciosa paella e fideuá iepa, a Jandro pola Bebida, a Rotilio polo queixo e o membrillo, ó trisquel pola empanada, e a todos os que aportaron a ter tan bo ambente.
A cena incluso contou coa intervención dun striker, que despois de acabarnos co queixo e o membrillo, dounos un par de leccións sobre a vida en plan sabio ata que empezou a ratear viño e tivemos que simular que "pechaba o garito" pa que se fora.
O fin da noite coa afeccionada da semana gardámolo nos archivos privados do clube.
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!!! LIBERTAD!!!


Aquí vemos á directiva levantando o trofeo gañado pola sección de baloncesto do clube.



Esta é a entrada desconcertande do "striker", diciendo "eu non... eu non..."


menuda enchenta, dpm!

Puntos Master do derbi contra o Sporting


1.- Maza...2.5_____Frío, o que pasou na 1ª metade pero salvou ó equipo nun par de accións. Ese saque Maza...
2.- Wes...3_______Revelación, vaillo poñer difícil a Pechu, ¿terá que asumir éste a súa suplencia?
3.- Iván...2.5______Seriedade. Fixóo ben pero non conseguiu que Emigdio o escoitara.
4.- Rodri...3_______si, señor Ministro. Impecable.
5.- Emi...3________nin unha vez o nº7 nin o cuñado do ex-mister Calucho foron capaces de rompe-la súa defensa, ademáis intentou prodigarse en ataque máis que de costume.
6.- Candi...2_______Falto de ritmo pero dando criterio no medio, retirouse lesionado.
7.- Fer...3________Afamado, loitou todo o partido e abriu o marcador nun partido de tanta relevancia.
8.- Fox...2________mentalizado. Púxolle o balón na cabeza de Fer no 1º gol e entregouse todo o partido. Aínda así ten que dar máis.
9.- Migui...2.5_______errou unha clara ocasión na 1ª metade pero botoulle collóns e veuse un bonito duelo con panadeiro.
10.- Anxo...3+1 pola asistencia a Jou en lugar de metela___Gran partido. Foi o que máis perigo creou coa súa velocidade. Bonito sombreiro.
11.- Gus...2.5_______intentouno todo pero estrelouse coa boa defensa rival, faltoulle sorte para logralo gol.

12.- Borja...1_______mordiente, non andivo tan fino coma outras veces.
13.- Angel...2_______reaparición. Tras perderse varios partidos pola lexanía da súa nova residencia, aportou calma e sentido ó ataque, mellor do esperado.
14.- Mario...0_______Zusco. Non lle dou tempo a facer nada, se eres expulsado que sexa non por empuxar a un contrario, aínda que che dera unha chapada.
15.- Jou...2________ésta vez meteu a perna e... gooool, o seu estreno da tempada, quere calar bocas.
16.- Tono...1_______Frouxo. Nótaselle a falta de entrenamientos.

Nito e Tono J. ...3____volveron pra romper outra racha negativa que tiña o Libertad.

Afección...3________descordinada, pero con corazón. Hai un equipo que vale un collón!! Libertad!!! oe, oe oe, oe o.., o...,..

Tarde de festa no municipal de Baltar de arriba.

Tarde de festa no campo do Libertad, que o fin conseguir rompe-lo malefio e gañarlle ó seu gran rival o Sporting Portonovo, levándose o encontro cun 2-0 final que aínda que reflexa o dominio local non foi sinxelo de conseguir.
Os problemas coa fixación da data do partido fixeron que deixase de acudir moita xente por parte do equipo visitante, pero aínda que a taquilla non puido ser todo o que se esperaba dun encontro tan atractivo as bancadas fixéronse escoitar polos numerosos siareiros do Libertad que animaron con forza ó noso equipo ata acabar con máis dunha afonía.
O encontro comezou coma un típico derby, con moita tensión e un xogo con pouco orden e moito corazón. Cun Sporting q saiu moi ben colocado, esperando atrás mentras o que o Libertad era dono do balón pero sen chegar a perfora-la portería de Damián nun par de claras ocasións, e intentando saír á contra con balóns largos que pouco superon aproveitar os dianteiros do Sporting.
Así chegouse ó descanso cun 0-0 que á reanudación continuaría a liña da 1ª metade. Pero tanta insintencia tiña que ter ó seu premio e arredor do minuto 25 da segunda metade chegou o 1º gol do Libertad: xogada a balón parado que Fox bota, ante as ordes que di recibir de Nito, e coloca perfectamente para a entrada de Fer que aboca o 1-0 e descorcha a 1ª botella de cava do día nas gradas.
Tra-lo gol o Sporting intentou virse arriba e entrouse nunha fase de toma e daca e bimba sinsán zás dalle parriba que acabou con Josetxu polo Sporting e Mario polo Libertad expulsados tras unha falta non sinalada a Mario e posterior debote do portonovés, fruto da tensión e os nervos e a impotencia visitante de batir a Maza. O Libertad tiña as ocasión máis claras á contra pero os visitantes chegaban cada vez con máis perigo, con moitas xogadas a balón parado, ben atalladas pola defensa local. Así na penúltima xogada do partido o Libertad rouba un balón por medio de Jou que dobla a Anxo e éste devólvella cunha espectacular asistencia para que Jou puxese o 2-0 no marcador levantando o esférico por enriba do porteiro visitante.
Así se chegou ó final do encontro, rompendose outro maleficio de equipo imbatido como lle ocorreu ó Dorrón non fai moito. Bo partido rapaces, e gracias á afección polo apoio incondicional.

viernes, diciembre 16, 2005

Dichoso derbi

Sinto ter que confirmar a noticia anterior, de que o derbi xogarase o Sabado, xa que apesares dos rumores vertidos por xogadores/directivos dos dous equipos en varios foros de internet, facendo alusion a posible suspension do partido e aplazo para outra data, carecen de rigurosidade, xa que enviouselle a federacion un fax co cambio do domingo para o sabado, coa aprobacion dos directivos dos dous clubes, desoindo as opinions de xogadores e afeccionados.
Non sei quen e o presidente do Sporting, pero sei que Jandro falou o Miercoles con el(que estaba en Soria ou Segovia) e aceptou o troco de datas, xa que o que lle interesaba os de Portonovo era non xogalo domingo tan tarde, non pola iluminacion, senon porque teñen xogadores que teñen que marchar a estudiar ou traballar fora(ou algo asi) e faciaselle moi tarde.
Asi que non queda outra que joderse e xogar o sabado, sempre e cando a Federacion deselle por leelo fax e non limpialo cu con el, cousa habitual neles.
Debido a que na sede do Libertad escarallouse o fax, gustariame que si alguen do Sporting ten notificacion escrita do cambio da fecha por parte da Federacion nolo fixera saber, gracias.

jueves, diciembre 15, 2005

A afeccionada da semana









Sentimos o retraso na publicación da afeccionada desta semana, dámola vida polo Libertad, pero para seguir vivindo hay que cumprir outras obrigas.

Co fin de que se abarroten as gradas o sábado pola tarde, nada a faría máis feliz, e como recompensa pola gran actitude dos nosos siareiros (apartando un pouco ós folloneros, como dí Pucheto, Chicho e Álvaro) e as numerosas peticións que fixéchedes.....SÍ, a afeccionada desta semana volve a ser Nikki. E aquí vos deixo unhas cantas fotos que esperamos vos gusten tanto cómo a nos facelas.

Non vos olvidedes de acompañar a Nikki e ó noso equipo para que ó fin se consigua batir ó Sporting o próximo sábado ás 19:00 horas, ela promete facer un pequeno show para os siareiros e xogadores se ó descanso se vai gañando 3-0....ánimo Libertad, todos queremos ver qué nos garda Nikki.

miércoles, diciembre 14, 2005

O derbi xogarase o SABADO

Ante a negativa do Sporting Portonovo de disputalo encontro o domingo as 6 da tarde, reuniuse de emerxencia o comite de competicion do Libertad, para atopar unha solucion de mutuo acordo.
Polo tanto, e a falta de confirmacion pola Federacion, o partido xogarase o Sabado as 7 da tarde.

Preludio dun derbi

Este domingo, no Baltar de arriba, apartires das *18:00 hrs.(a falta de confirmacion oficial) viviremos "o outro" Gran Clásico da categoria; Libertad Sporting - Sporting Portonovo.
A traxectoria dos dous clubes no ultimo tramo da 1ª volta e ben distinta.
O S.Portonovo esta a travesar unha crise de mal xogo e resultados, onde o seu adestrador viuse superado polas circunstancias e puxo o seu cargo a disposicion da directiva.
Pola contra o Libertad esta na situacion oposta, e dicir, desenrolando un bo sistema de xogo e colleitando unha boa racha de resultados, 18 ptos. de 21 posibles nas 7 ultimas xornadas con 23 goles a favor, o que nos situan a tres puntos do cuarto clasificado.Si temos enconta, que ademais comenza a segunda volta, onde por costume e historia, o Libertad sempre consigue mellores resultados, ¿ a dónde podremos chegar este ano?.
En fin deixandonos de conxeturas, porque un derbi e un derbi, e non se sabe o que pode ocurrir, emplazo a todolos afeccioados a asistir a este gran espectáculo e vivir o encontro como unha gran festa na grada, respetando a todo o mundo, porque
hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD!!

martes, diciembre 13, 2005

Puntos Master do partido contra o Drakkar

1.- Maza...2______o pouco que tivo que facer fíxoo perfecto.
2.- Pechu...-3(petición popular)____anarquista. quíxose lucir e acabou abucheado.
3.- Ivan...2_______fica Ivan. Ben en defensa, pero demasiadas bicicletas preto da área local.
4.- Rodri...3______inconmensurable. Fíxose o dono do mediocampo na 2ª metade tra-la expulsión de Vieitez, motor da reacción do Libertad, apareceu en tódalas xogadas de perigo en ambas áreas.
5.- Emy...2_______Aburrido, partido pra aproveitar é subirse ó ataque, cando o faga levará un 3.
6.- Borja...1_______peleón, non lle saíron as cousas en ataque, pero levou e repartiu durante todo o tempo que estivo no campo.
7.- Vieitez...0______reventado. aínda se ten que recuperar das dúas semanas de baixa vacacional, di que vai ser o regalo de Reis.
8.- Fox...1________ni fu ni fa, intentou cousas, pero parece cagao, fallaba o máis fácil e facía o difícil.
9.- Migui...2.5_____ave fénix. Non sei de onde sacaría as forzas pa correr pero moi bo partido, desbordando en ataque, atopou a súa recompensa co 4-0.
10.- Anxo...2.5______gustándose. Moi bo partido, fixo o que quixo coa defensa rival que só o parou con faltas. Vaia jolaso o 3-0 tras levarse a 4 dende o mediocampo.
11.- Gus...2________perdido e desquiciado na 1ª metade, deuse conta de que tiña que reaccionar na 2ª, abriu o marcador e volveu a ser decisivo.

-------------------------------

12.- Wes...1________correcto Mr. Watson, aínda sin ser o seu mellor día, nunca é un coladoiro.
13.- Mario...2_______o seu mellor partido de aurinegro. Case mete un gol de xogada personal e en defensa bastante ben, o novo Zusco.
14.- Joe...s.c._______que comente o pai de Fer, que eu cando me din conta que estaba no campo xa non lle dou tempo a tocar bola.

Nito e Tono... .......andandarán?

lunes, diciembre 12, 2005

LIBERTAD 5 - DRAKAR 0


Nova goleada do Libertad que suma nos tres ultimos encontros 13 goles a favor e 2 encontra.
A primeira metade foi a mais penosa do noso equipo esta tempada, os xogadores desmotivados e faltos de intencions ante a ausencia dos dous tecnicos, que propiciaba un pauperrimo espectaculo no campo.O Drakar o equipo mais floxo o que nos enfrentamos ata o momento, mantivo o encontro en tablas(0-0) hasta o descanso o que chegabamos con un home menos o ser expulsado Vieitez(o de sempre) en duas entradas a destempo.
Ante este cumulo de despropositos, Jandro en funcions de "entrenador" puxose en contacto con Nito via videochamada Vodafone-3G e decidiu facer cambios tacticos e darlle un aire mais ofensivo o equipo ainda que asumindo riscos na zaga o pasar a xogar con tres defensas.
Pero isto, sen duda deu bos resultados.A incorporacion de Rodri na medular fixose notar e xogando con so tres defensas e un home menos o Libertad reaccionou.
Asi pois os engranaxes empezaror a funcionar, Gus e Anxo comenzaron a moverse e conseguiuse gañar comodamente a un moi floxo Drakar por 5-0 con goles de Gus, Rodri(2), Anxo e Pechu(de penalti).
Continua polo tanto a boa racha de resultados, ainda que o futbol deste domingo foi bastante escaso.
A afeccion respondeu bastante ben apesares do frio nas gradas, e so queda citalos para o proximo domingo para desfrutar doutro trepidante derbi contra o Sporting Portonovo.Esperemos que a xente acuda en masas para animar o noso equipo.
Hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD!!

jueves, diciembre 08, 2005

D.Ramón: 50 anos de aurinegro


Como xa anunciabamos, hoxe celebrouse o gran homenaxe o noso "queridisimo" párroco D.Ramón, que servia tamen como pistoletazo de saida ao proxecto da creación dunha sección de basket dentro do noso laureado club.
O evento tivo lugar esta mañan no pavilon de baltar, ante un espectante público cheo hasta a bandeira que esperaba ver un bo espectáculo.
E asi foi, ainda que o encontro comenzase con algo de retraso, por culpa do presidente do Libertad Diego Villalustre "Puchetto"(pejaronselle as sabanas) todo saiu a pedir de boca.
Por parte do Libertad Basket Club, formaron; Maza,Wes,Kiko Bea,Lasita e Berto.E por parte do Sanxenxo AllStar 80´s: Martin Lopez,Jorge Lopez,Piuco,Quique e como non Manuel Valle, que a posteriori seria elexido como M.V.P do partido.
O encontro foi vibrante e moi axustado no marcador, anque o operario do elctronico non se enteraba moito(puchetto) e chegouse o final cun axustado 70-68, que daba a victoria o Libertad, como non.
Despois ambos equipos posaron con D.Ramon(que chegou con retraso pola culpa da festa das fabas) ante os numerosos medios de prensa que acudiron o evento e finalmente asisteuse a un pequeno cocktail cortesia de Casa Dionisio.
En resume, un dia historico para os afeccioados deste clube que ainda teran outra opurtinidade de disfrutalo se non poideron asistir, xa que esta prevista para este sabado unha gran recepcion e entrega de premios a todolos participantes neste homenaxe, que terá lugar no Club Nautico de Sangenjo a apratires das 18:30 hrs ante diversos persoeiros de relevancia no ambito nacional.

miércoles, diciembre 07, 2005

O Libertad Sporting crea a sua seccion de Basket

Por fin, tras moitos esforzos, durante un longo ano onde se estudou a sua viavilidade, sae a luz o proxecto, da creacion dun equipo de baloncesto, dentro do organigrama Aurinegro.
Para celebrarlo D.Jorge Lopez("justito"), un dos principais impulsores deste proxecto, organizou para mañan xoves un "partido-show-exibition" entre os integrantes do estreado Libertad Basket Club e o Sanxenxo AllStar 80´s que terá como gran estrela o xa retirado e mítico Manuel Valle("cabezón").
Por outra banda, aproveitarase o "boom mediatico" deste evento para render unha homenaxe o sr.D.Ramón cura da parroquia e socio nº:001 do Libertad Sporting Club no ano 1934, que efectuara o saque de honor.
Asique xa sabedes, se non vos queredes perder esta cita coa historia, asistide mañan Xoves 8 as 12:30 hrs. da mañan no pabellón de Baltar.A entrada e gratuita e entre os asistente sortearase un litro e medio de ajua bendita, ideal para sarpullidos, infeccions, soriasis, verrujas...
Non faltedes, vai en serio.

A afeccionada da semana






Ésta semana congratúlanos presentarvos a Violeta, unha nova fichaxe da cúpula directiva, coa que se pretende preparar ó plantel aurinegro para aguantar ó ritmo da competición e manter ésta boa racha de resultados. A Violeta encántalle o fútbol e o atletismo e para ela o mais importante para que as cousas vaian ben e os xogadores estén a gusto é conseguir uns músculos firmes e resistentes; por iso xa ten preparado un plan de entrenos co que prentende facer correr, a base de exercicios anaeróbicos, co fin de aumentala capacidade pulmonar dos nosos xogadores e a súa resistencia para resistir éste ritmo o resto da tempada. A súa fichaxe foi rápida e un pouco por casualidade, pois Violeta é coñecida de Alfonso "Lasa"( algunha vez o noso delegado de seguridade e que xogou un par de partidos o ano pasado, por se algúen non se acordaba), xa que está no último ano de INEF, pero despois de comentarllo ó Presidente Diego Pucheto e acordar unha reunión coa implicada, ambos asinaron o contrato sen dubidalo, ademáis este cargo serviralle para reflexar un cargo de nivel no seu curriculo.

---------------------------------------------------------------------

Por outra parte Nikki quere avisar á afección de que o domingo 18 será o derby contra o Sporting Portonovo, e que espera que non haxa sitio vació nas gradas. Ademáis vai prepararanos unha tarta que degustaremos na cena do Venres para celebrar as últimas victorias e os MVP's do último mes, como agradecemento por gustarlle tanto á afección e xogadores.

lunes, diciembre 05, 2005

Puntos Master do partido contra o Umia

1.- Maza...3______ control. Ou durex ou o que se queira pero segurísimo contra as vigas do Umia que non se cortaron en ir contra él, incluso atallou un penalti con 2-4 e 10 min. pra o final.
2.- Pechu...2______é pa creelo. De novo moi bo partido, facendoo fácil. "Sí, es Pechu reloaded"
3.- Ivan...3_______impecable. Zivan, fixo que non se notara a ausencia de Rodri como libre.
4.- Cristian...2_____inchado. Fixoo ben no tempo que puido ata que o 9 local lle deixou o pómulo negro (foto adxunta en canto sexa posible).
5.- Emy...2_______Sto Catalino, que chova que vente...vaino facer ben. Seguro coma sempre.
6.- Jandro...2______Pulmón. Non estaba en condicions de xogar pero dou presencia ó mediocampo na 1ª metade mentras Fox non se vía no campo.
7.- Fox...2________resurrection? chegou pra 2ª metade, aínda que foi titular, pero é un bo comezo pra rexurdir. 2 goles...e 1 despois de sprintar 50 metros!!!
8.- Migui...2______Rafapascual. Non andivo tan fino coma en encontros anteriores(kajo'nas botas) pero mandou un par de voleas de moito perigo.
9.- Fer...2________Abrelatas, esta vez foino él, 1ª xogada a balón parado e gol de cabeza.
10.- Anxo...2______Ser ser...cadena ser. Pepe un purito!!!!gran asistencia a Gus.
11.- Gus...3_______"Gus q, hoy ganamos o q?" o seu estado de forma é determinante, que continúe así de ben.

--------------------------

12.- Wenceslao, Carles...2____Garra, ésta é a súa tempada.
13.- Borja...1_____________boa actitude, colaborou en defensa.
14.- Jou...1______________novelo, o pai de Fer comeulle a fijura. O partido púxose ben para o seu debut.

Nito...2________________sabe o que ai, sacoulle rendemento a un equipo moi acuciado coas lesions.

Pereira...2_____________Vaia americana meu! pero e o traxe?. vaia historias que nos contou... jojo

Siareiros...3____________Poucos...pero fíxéronse escoitar ben, como xogar na casa.

Umia 2 - Libertad 4, suma e sigue


Outra nova victoria do Libertad que ven a confirmar o boa racha dos nosos e que aumenta a moral de cara a facer algo importante na segunda volta que esta a piques de comenzar.
O comenzo da tarde non as tiñamos todas connosco, xa que se contaba con baixas importantes como a de Rai, Rodri, Vieitez..., o que o fin non foi decisivo e con moito esforzo e moito acerto dos dianteiros poidose sacar adiante o encontro.
Asi pois con so tres homes no banco da suplencia comenzaba o partido.
Nun bo inicio dos aurinegros, xogando a un futbol estetico e efectivo ante unha decolocada defensa local e o pouco acerto do porteiro, en tres boas xogadas chegaban os tres primeiros tantos gracias a un Gustavo pletorico, tamen Fer e un Fox descoñecido pero moi acertado.
A partir de ahi o equipo conformouse e o Umia apretou os dentes, o noso medio campo desaparecia e para maior desgracia o dianteiro de barrantes propinaba un violento cabezazo a Cristian que ata ese intre estaba a facer unha gran labor no centro da defensa.Neste desafortunado incidente o zagueiro ten que abandoar o campo e procucense os primeiros trocos e reaxustes, asi Pechu situariase como improvisado central, Jandro pasaba o carril dereito e ocupaba o seu posto no medio o debutante Jou.Nestes momentos de incertidumbre chegaba o primeiro gol local e con el o fin da primeira metade co marcador 1-3.
No descanso a moral non e moi alta xa que Jandro e Migui(fasianlle daño as botas) non poden seguir por culpa das molestias.
Dase a entrada a un Wes moi peleon e ben situado e a Borjita.Asi o pouco de comenzar novamente Fox facia o 1-4 que parecia sentenciar, sen embargo os de Barrantes seguirono intentando ante un libertad moi xusto fisicamente e mermado ademais pola lesion de Fer que se tiña que retirardeixando o equipo con 10.
O Umia apretaba e conseguia reducila vantaxe cun bo testarazo do seu dianteiro situando o 2-4 no marcador, o que facia que se viñesen arriba, pero un Maza segurisimo foi desbaratando todalas suas chegadas, incluso parando unha pena maxima a falta de 15 min. que de marcala pderia darle a vota a tortilla.
Finalmente os nosos conseguiron manter a renta e trouxeronse tres valiosos puntos que nos fan subir enteiros na clasificacion.
Digno de mencion foi o bo ambiente que houbo na grada a pesares do frio e choiva e que dende aqui agracecemos a todolos aficionados que nos acompañaron, porque como dicia o pai de Fer:HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN,LIBERTAD

viernes, diciembre 02, 2005

Padín, reforzo no mercado de inverno.


Noticia bomba, a falta daljun pequeno fleco, Alberto Padin (Tú) o "Tijre de Reis" sera presentado nas proximas horas, como flamante reforzo da zaga lilaina.
Esta complicada operación, levase cocendo dende ahi un mes, cando o sr. alcalde de Sanxenxo D.Telmo M. facia unas declaracions manifestando o seu apoio incondicional o Libertad.Tras as cales mantiña unha reunion a porta pechada cos maximos responsables aurinegros, o xogador A. Padin e o seu representante o Sr. Chicho.
Polo que trascendeu nesa reunion, podemos afirmar que a condicion indispensable para que Padin fichase no Libertad era a modificacion do trazado da ronda, que tras varias xuntanzas mais,parece xa un feito ante a predisposicion total do Sr. Telmo M. de colaborar co noso clube.
Asi pois, unha vez cumplido o ano de inhabilitacion que lle impuxo a Federacion Española de Futbol o "Tijre de Reis" pola ultima campaña como xogador aurinegro dirixido por Miki, esta a piques de volver os terreos de xogo.
En declaracions a este medio A. Padín asegura que neste ano de inactividade, nunca deixou de xogar(a playstation) e que fisicamente "estou coma un toro, fun o ximnasio co meu primo Cisco a faser Sandá e ancheei abdominais de chupar patadas coma un leon"
Dende aqui manifestamos o noso apoio a esta nova incorporacion, e sentimonos orgullosos de contar co xogador que posue o record de mais partidos de sancion nun so encontro.
Deixa a tua opinion sobre esta nova incorporación.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com