viernes, junio 25, 2010

Partido fin de tempada.

Despois de quedarmos a un pasiño da final da Copa Deputacion, este sabado o Libertad S.C. porá fin a esta irregular pero satisfactoria tempada.
Para elo disputarase na Lanzada un partido-homenaxe o noso ex-presidente Diego Villalustre "Puchetto" entre o Libertad e o Sp. Portonovo.
Sera a partires das oito e a entrada totalmente de balde.
NON FALTEDES.

viernes, junio 11, 2010

Libertad - Noallla, deuda coa historia.


Este sabado as 19:00 no Municipal da Lanzada, Libertad vs Noalla, partido de ida das semifinais da copa.
Agardamos a presencia de miles de siareiros aurinegros que leven en volandas o noso gran equipo.

Deuda historica.
Os mais vellos do lugar, todavia recordan con impotencia e tristeza, e de cando en cando ainda se lles escoita polos loureiros da bisbarra, aquela historica tempada na que o Libertad conseguia chegar a semifinais da copa, tamen contra o Noalla, na que, por mor dun gran erro burocratico, quedamos fora da competicion.
Lustros despois, a historia parece conceder outra oportunidade o Libertad.Agora si que a xogaremos.
Poucos son os xogadores que sobreviven daquela mitica plantilla, e mañan e o momento de facer fronte a todos os vellos pantasmas e facer que o nome do noso clube este escrito no mais alto, alo onde se merece.

VAMOS RAPACES!!, temos nas nosas mans a oportunidade de escribir con letras de ouro no libro da nosa historia, da vosa historia da historia do Libertad Sporting Club.HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!! LIBERTAD!!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com