jueves, agosto 30, 2007

Salnes 1 - Libertad 2.

Pachanga disputada onte mercores as 10 da noite en Cambados ante un Salnes dirixido polo noso ex-mister Alvaro, con preto dunha treintena de xogadores que rematoou con victoria xusta pero pola minima do Libertad.
Os nosos por estrano que parezca sairon ben plantados e pronto controlaron o ritmo do partido.Nuns primeiros 25 min de bo xogo o Libertad xa dominaba 0-2 no marcador cun golazo de Fer, tanto pola execucion, coma pola xogada o primeiro toque triangulando dende a defensa ata o ataque, e o segundo de Borjita tras un rexeite.
A partir de ahi, o equipo relaxouse en esceso, desaproveitando clarisimas ocasions.
Xa na segunda Tomas aproveita para facer provas, cambios tacticos..., pero non dan bo resultado e o equipo descompuxose, dando pe, a que un timido Salnes en ataque empezase a inquietar a Maza.E seria nunha desas cando xogando con tres atras os de Cambados aproveitasen para facer o 1-2 definitivo.Pouco mais se poido ver, tanto pola deficiente iluminacion coma polo xogo realizado.

Referente o mercado de fichaxes, a delicada situacion de Charlie, parece irse aclarando.O xogador de Lores, que non ten a baixa do Xil, nin o visto bo do seu presidente Lino Cores para facilitarlla,( a sabendas de que se lle avisou o clube antes da data limite para as renovacions federativas), parece coller bo camiño.Todo gracias a un especie de troco, no que Diego, recente incorporacion, militara no Xil para a proxima campaña.De feito, o de Castrelo, xa se entrenou con eles esta semana.Esperemos que con esta incorporacion o Xil poña menos trabas a hora de darlle a baixa a Charlie, e que todo se solucione o antes posible polo ben de todos, xa que andar con estas caralladas en terceira rexional, e bastante triste.

lunes, agosto 27, 2007

Xil 1 - Libertad 5

Partidiño amigable, sen arbitro federado, disputado na tarde do domigo no Boavista Arena de Xil.

Do encontro pouco podemos destacar.Na primeira metade os nosos, coma sempre, sairon algo desorientados e seria o Xil, nas botas de Otero, o primeiro en adiantarse no aletronico.Co paso dos minutos o equipo posicionouse no terreo de xogo, e conseguiase o empate cun golazo de Rodri, recordando as miticas colas de vaca do Baixinho Romario.

Xa na segunda parte, o Libertad moi superior en todalas facetas do xogo, avasalla a un Xil asfisiado e un tras outro van caendo goles ata o definitivo 1-5, dous de Anxo, un deles de cabeza(que vergonza Russo!!, vente po Libertad),Migui e Ivan o de Raxo.

O morbo da xornada, estivo en ver a Charlie vestido coa aurinegra, enfrontarse o seu ex-equipo, apesar que de momento o presidente do Xil negase a deixalo ir.

Pasando paxina, entrenase o luns en Baltar as 21:30, mercores amigable en Cambados co Salnes as 21:00 e venres en Meaño as 21:00.Veña chavales, que pouco a pouco esta salindo a relucir o traballo realizado.

martes, agosto 21, 2007

Umia 3 - Libertad 2

Emocionante partido, disputado na tarde do domingo en Barrantes, nun terreo de xogo en excelentes condicions ante unha treintena de afeccioados.
O Libertad saltaba con Josiño na porteria(de momento non hai outro), unha liña de catro con Makaay e Charlie nos laterais e os dous Ivan´s no centro da zaga, por diante Santi na esquerda e Borja na dereita e no medio pivote Jandro e Naguel, en punta o duo sacapuntos Anxo e Migui.Quedabamos no banco por chegar tarde Rodri,Cristian,Maza,Fer e eu mesmo.

Arrancaba o encontro con aire de revancha, tras o doloroso 1-6 que lle endosamos na inauguracion do novo campo da Bouza, cun Umia centrado e con gañas, ante un Libertad empanado totalmente.Nuns cinco primeiros minutos de escandalo, o Umia poñiase 2-0, tras dous tremendos erros por parte de Josiño(era pa matalo) e Ivan.O Umia cheiraba sangue, e creia poder limpar a sua honra, pero nada mais lexos da realidade.Tras ese primeiro impás, e despois de un par de tremendos berros de Tomas, o equipo despertou daquel mal soño e empezou o recital.
O Libertad ben posicionado, empeza a mover con rapidez e critero o balon chegando peligrosamente o area local, e tras un par de avisos chegarian dous goles de Migui que igualaban a contienda.Toda a primera parte exceptuando os cinco primeiros e os cinco ultimos minutos foron unicamente do Libertad, que se gustaba asi mesmo e que desaproveitou clarisimas ocasions nas botas de Migui, Anxo e Borja para sacarlle novamente os colores a un Umia incapaz de crear xogo.Sen embargo a sua efectividade case do 100% facia que pouco antes do descanso conseguiran o 3-2, que a postre seria o definitivo.

Na segunda metade producense todolos cambios, de inicio, pero aquel xa era outro partido.
O Umia con ventaxa no marcador empeza a endurecer o xogo, e o Libertad como sempre , diluese como un azucarillo no cafe, perdendose en batallas personais e protestas o arbitro que no nos levan a ningures.

Unha segunda parte para olvidar, onde non se veu nada de futbol, quedando o marcador como estaba, que vendo as oportunidades e o bo xogo da primerira metade, antoxase inxusto.

Hai que aprender dos erros, e deixar de ser tan blandiños e protestons.

Incidencias:-Migui, expulsado, vermella directa(min 77´) por protestar.
-Pechu, rotura de fibras gemelo esquerdo, 2-3 semanas de baixa(que jran perda)

Entrenos lunes 21:30 Baltar, mercores e venres as 21:00 en Meaño.

Proximo encontro domingo 26 as 19:00 en Xil.

viernes, agosto 17, 2007

Grove-B 3 - Libertad 0

Pachanga disputada na noitiña de onte xoves no Monte da Vila, e que supuxo a primeira derrota do conxunto aurinegro.

O encontro tivo duas fases ben diferenciadas, unha primeira metade de dominio meco, onde encaixamos os 3 goles, un deles en propia porta, e xa na segunda o Libertad controlou moito mais o balon, movendo con criterio e dispoñendo de varias ocasions para acurtar distancias, pero onte a fortuna non estivo de cara e o marcador non se moveria en todo o segundo tempo.

En fin, un bo test para saber realmente a que nivel estamos, e agardamos que o domigo en Barrantes teñamos mais punteria de cara o gol.

Hoxe venres non se entrena, quedamos o domingo as 18:15 no campo do Umia en Barrantes.

lunes, agosto 13, 2007

Primeira victoria.


O Libertad impuxose na tarde do sabado, o Cerveceria Azor de veteranos, nun partidiño con aire de pachanga, que non tivo moita historia, e que apesar das numerosas baixas lilainas, con solo 12 xogadores, endosouselle un contundente 1-4 para os aurinegros.

Eu non puiden ir, pero polo que sei, Migui materializou un hat-trick, a pesar de fallar o imperdoable(Abreu!), e Borjita Dios estrenouse como xogador do Libertad cunha diana.
Na primeira metade o resultado era de 0-3, e xa na segunda o equipo relaxouse, e Maza que tivo que vestirse de porteiro ante a adversidade, encaixou un tanto, por outro mais dos nosos que deixaria o marcador no definitivo 1-4.

Destacar o debut dos novos fichaxes, a pesar de non ter imaxes, Charlie, o xa nomeado Borjita e por suposto Santi, que vestiu por primeira vez a elastica aurinegra, para a tristeza de moitos sportinguistas.

jueves, agosto 09, 2007

Calendario pretemporada.

La delegación provincial de la Federación Gallega de Fútbol dio a conocer la distribución de los distintos grupos y calendarios de la Tercera categoría Autonómica, que presenta como gran novedad esta temporada, la presencia de los tres equipos de Sanxenxo y O Grove en el grupo 16 junto a los clubes de la zona de Pontevedra.

Libertad, Spórting Portonovo y Amanecer no se medirán al resto de conjuntos del Salnés esta temporada.Sus rivales en este grupo decimosexto serán: Cesantes, Salcedo, Eiriña, Cerponzóns, Gondar, Barro, Verducido, Combarro, Campelo, Atlético Estación y Pasarón. En la primera jornada, que será el último fin de semana del mes de septiembre, el Amanecer recibe al Barro y el Spórting al Verducido, mientras que el Libertad juega en Cesantes.

Fuente:Diario de Arousa.

No que respecta a nosa pretemporada, xa estan confirmados varios encontros amigables.
O primeiro deles, sera este sabado 11 no Municipal de Baltar en fronte os veteranos da Cerveceria Azor as 19:00.
-O domingo 19, en Barrantes fronte o Umia.
-O 26 de Agosto co Xil.
-O domingo 2 Sep. fronte o Armenteira.
-E o 9 de Sep. en Castrelo co Beiramar.

Referente as novas incorporacions, onte saltaba a bomba do veran, Santi, natural de Korea, ex do Dorron e Noalla, poñiase as ordes de Tomas Abal.Este fichaxe dara moito que falar, sobretodo na orbita sportinguista, xa que sempre foi un xogador anelado e querido co que creian contar algun dia.
Nesta instantanea vemos o xogador posando co presi e vice o dia do seu fichaxe, mentres amosa orgulloso o seu primeiro sueldo como aurinegro.
As conversas con Russo, siguen avanzando, e a proxima semana saberemos o desenlace.
Por outra banda as negociacions para a incorporacion de Juan Leiro parecen estancadas, e semella dificil que recale no noso clube, haberá que esperar para saber si o Dorron conta con el, e se sigue disposto a chupar banquiño outro ano mais.
Os entrenamentos, por si algun ainda non o sabe son lunes as 21 hr. en Baltar e mercores e venres en Meaño, tamen as 21 hr.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com