domingo, octubre 24, 2010

Libertad 2 - Campelo 3, gran cagada.


Tarde gris na Lanzada, onde o Libertad, victima dos seus fantasmas deixou escapar un partido que tiña controlado.
O equipo que xogou unha boa primeira metade, ben situados e creando xogo, afrontaba o segundo tempo co resultado de 1-1 no marcador depois de adiantarse no electronico por medio de Fer, e tras facer o pertinente regalo en defensa que facia as taboas.
Bujy inspirado convirte o 2-1 tras a reanudacion, e o partido parecia controlado.

O Campelo non creaba perigo, e non daba sintomas de poder reaccionar, ata que todo se torceu.
Nunha intrascendente falta en contra, lexos da frontal do area, o Campelo, avispadamente pon o balon en xogo, mentres os nosos protestaban.O dianteiro, nun mais que dudoso fora de xogo, non tivo dificultade en batir a Juan, que perde os papeles e tras varios improperios e aspaventos o trencilla amosalle o carton vermello, 2-2 e un expulsado na xogada mais parva do partido.
Cun mais no Campelo, vense ariba, e xa no desconto, tras un corner, o regalo definitivo, Josinho que sustituia a Juan, non atalla un balon que deixa botar no area pequena para que rematen comodamente o 2-3 definitivo.

Rapaces, creo que todos sabemos que temos potencial suficiente para facer moito mais, hai xente nova e estamonos acoplando, pero temos que estar mais unidos, botarlle mais ganas e ser mais listos, ostia!! que sempre temos que regalar puntos!!, olvidarse dos arbitraxes e poñerlle juevos coño!! hai xente que traballa por sacar o equipo adiante e que nos veñen a mirar, non fagades que perdan a ilusion, porfavor.

Hai un equipo que valdrá un collón!!

viernes, octubre 22, 2010

Domingo na Lanzada; Libertad - Campelo.

Este domimngo as 16:30 non te perdas este emocionate encontro, ademais contaremos co xa habitual sorteo para os siareiros que asistan.
Non faltedes!!

lunes, octubre 18, 2010

Gil 3 - Libertad 1.


Decepcionante resultado para o Libertad apesar de merecer moito mais.
Tarde soleada en Xil, preciosa para sachar nas patatas(porque para outra cousa aquel campo non serve), verdadeiramente lamentable o estado de abandono do terreo de xogo.
E como non levabamos lejon, tivemos que intentar xogar o futbol.
Sairon de cara Josinho, Lemos, Pechu, Josirra e Rodri en defensa, Dorado, Suso e Gainza no triple pivote e no ataque Bujy, Beiro e Fer.Esperaban no banco Juan,Makaay-II,Patillas,Vicente e Luismi.
Como xa digo apesar do pauperrimo terreo de xogo, o Libertad tratou de xogar o balon, e sempre tivo o control e a iniciativa, o Xil limitabase a despexar o balon o mais lonxe posible e trabar o xogo por todolos medios.
Nun mal despexe de Rodri o Xil consegue colocarse por diante no marcador, e minutos despois, Suso de falta directa consegue a igualada.O Libertad cerca a area rossonera e as oportunidades sucedense nas botas de Fer e Beiro que collen facilmente as espaldas dos zageiros, pero non acertan na porteria, nestas chegadas producense dous penaltis clamorosos sobre Beiro conduce demasiado o balon ata que o zapatean coma un balde.O arbitro non se molla e con empate a un vamonos o descanso.

Na reanudacion, o partido trabase moito mais favorecendo os intereses do Xil, e nunha xogada a balon parado botada por Maxi(este chaval suramericano suspendido cautelarmente e que xogou con outra ficha a que lle cambiaron a foto, e por se acaso, levaba apuntada na man a data de nacemento do suplantado) conseguia o 2-1 para o Xil ante a decepcionante mirada de Josinho que algo mais puido facer.
Os aurinegros non conseguen materializar as ocasions que desafortunadamente paseanse pola meta local sen chegar a entrar.Cun equipo xa mais desorganizado o Xil, na sua xogada favorita; os despexes orientados, consegue o 3-1 ante a incredulidade dos nosos.Nunca un xogo tan cutre e rácano levou tanto premio.

Decepcionante e dolorosa derrota, que esperemos non sirva para reflexionar, e darnos conta de que non podemos ser tan blandos xogando, en catro partidos levamos 2 tarjetas amarillas, e home non e que teñamos que ir dando patadas coma outros, pero temos que ser mais contundentes e sobor de todo non arrugarse ante as coces do contrario.

Mencion aparte merece o tema dos xogadores sancionados que xogaron no Xil, pero xa que o arbitro non quixo saber demasiado,(pediulle o DNI e ningun o tiña), quizais o F.B.I queira investigar e quen sabe se algun dia saldra nalgun capitulo de C.S.I, dende logo nos, non imos a reclamar, pero pareceme lamentable que un equipo coas aspiracions do Xil ande por ahi con esas tretas, e o peor e a actitude do secretario do Xil, sabendo do percal e comportandose como un energumeno cheo de rason.Bueno o tema non merece nin unha liña mais.

Imos a aprender dos erros e a entrenar duro o martes, xoves e venres as 21:00 sen excepcion.

viernes, octubre 15, 2010

Proximo rival C.D. Xil

Este domingo a partires das 16:30 no campo de Boavista en Xil, e despois de tres tempadas no exilio, volve o clasico Xil - Libertad.

O Libertad chega a este encontro,coa moral alta ,despois da sua primeira victoria ante o Romai.

Por outro lado, os meañeses estarán en cadro, xa que na tarde de onte faciase publico as sancions federativas do seu ultimo partido contra o Zacande, resultando expulsados cinco xogadores, e cito textualmente:
" A resultas de la indicada información se suspende cautelarmente a los jugadores del C.D. Gil MAXIMO A. LUCAS DELGADO, ROBERTO DOZO RADIO, RICARDO MOLDES ALFONSO, ROBERTO PEREZ OUBIÑA y RICARDO PARDO PEREZ." o que tamen se suma a sancion da semana pasada de Adrian Falcon Constenla, polo que o Xil terá dificil xuntar un once competitivo xa que como ben sades, entre outros; Maxi e Dozo son xogadores clave no equipo rossonero.

domingo, octubre 10, 2010

Libertad 1 - Romai 0.


Tarde esplendida para disfrutar do futbol, no Municipal da Lanzada ,que rexistrou a mellor entrada da tempada.
O encontro estivo igualado e tedioso, na primeira metadae, onde os dous conxuntos priorizaban solidez defensiva a fluidez no ataque, esto quere dicir, patapun pa riba e corre que te cagas.

No descanso procedeuse o gran sorteo da xornada para os afeccionados, onde soamente Luismi foi quen de introducir o balon na porteria e conseguiu asi levarse o premio.

Tras a reanudacion o equipo saiu mais decidido a levarse os tres puntos, nos primeiros compases, Johny a pase de Yerai esta a piques de mollar.Coa entrada de Beiro en punta, o equipo gaña en verticalidade, e minutos despois dos seus pes nace a xogada do gol, porfin, non sin fallar previamente varios rechaces, poidemos celebrar o Gol de Yerai, que xa acusaba unha gran ansiedade.
A partir de ahi, o Libertad fixose co control do balon, o Romai non reaccionaba e os arurinegros poideron sentenciar nunha boa cabalgada por banda de Pechu, que moi pillo el, o ver o porteiro adiantado intentou unha dificilisima baselina que saiu a escasos milimetros da cruceta.

Resumindo, partido non moi vistoso, pero ben traballado, e o mais importante, con esta victoria, o entrenador Ivan Lima asegura a sua continuidade no banco aurinegro, xa que dende a directiva lilaina eran moitos os rumores de cese ante a mala racha de resultados, que foi aguantando pola excesiva indemnizacion que o clube deberia de afrontar por non clumpir o seu contrato.

Asique todo son boas novas no clube, tres puntiños que estrenan o noso casilleiro, o mister seguirá, cando menos unha xornada mais, e a Presidenta que xa volve a estar dando guerra no campo, foi o noso talisman e a ela dedicamoslle a victoria.

Imaxe da xornada: non esta retocada.



Libertad: Juan, Lemos, Rodri, Lino, Josirra, Dorado, Gainza(Julio m.82), Bujy, Fernando(Pechu m.80), Johny(Beiro m.56) e Yerai.

Romai: Adrian, Sergio, Manuel(Oscar m.76), Goldar, Ferreira, Salva(Fran m.54), Victor, David, Ruben(Lopez m.54), Aboy e Damian.

Goles: Yerai 1-0 m.62.

Arbitro: Gonzalo Gondar Martinez, amonestou os visitantes Victor, David e Fran.

Entrenos: Xoves e Viernes as 21:00 na Lanzada, puntualidade que ahora ahi que marchar antes.

viernes, octubre 08, 2010

Este domingo Libertad - Romai.

Domingo as 16:30 no Municipal da Lanzada, Libertad - Romai.
No descanso do partido teremos a nosa especial Jornada de tu vida, na que podran participar os afeccionados selecionados para intentar marcar gol dende o medio do campo e asi levarse un maravilloso agasallo.

Todos aqueles siareiros que o desexen, poderan facerse socio na entrada do campo polo simbolico prezo de 10€, tamen xa estan a venda as bufandas do clube por tan só 10€.



Esperamosvos!

HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!!!

lunes, octubre 04, 2010

Vilanova 1 - Libertad 0.

Tarde intempestiva no campo do Terrón, onde se deron cita unha ducia de siareiros.

O Libertad formou de inicio con Xosinho, Lemos, Rodri, Lino e Makaay na zaga, Beiro, Josirra, Dorado e Bujy na medular e Vicen e Yerai de arietes.Quedaban no banco Juan, Pety, Patillas, Pechu e Johnny.

Notouse un notable cambio, respeto o desastroso encontro co Puentearnelas, o equipo saiu mais xunto e con mais actitude, apesar das condicions climatoloxicas que dificultaban o noso tiki taka.
No min. 13, Rodri que é moi supersticioso, nun mal despexe, pon o balon en bandexa para que o dianteiro vilanovés trasforme a pracer o 1-0.Sen embargo lexos de desanimarnos, o equipo estivo a altura das circustancias e dispuxo das ocasions mais claras para empatar, Yerai enviou o balon o pau aproveitando un mal despexe do porteiro local, e o fio do descanso chegou a polemica.Tras un remate de Rodri o largeiro no saque dun corner Yerai baixo os paus consegue no rexeite introducir o balon no fondo das mallas,o arbitro pita e todos celebrando o gol, despois dice que pita fora de xogo e os locais que tampouco se enteran collen o balon coas mans fora do area e sinala man, no saque da mesma Lino esta a piques de converter no gol que anteriormente nos anula, creo que inxustamente.

Na segunda o equipo tamen gozou dalgunha ocasion, outro remate o pau, pero con mais corazon que cabeza e as constantes perdidas de tempo non fomos capaces de facernos co xogo e consegiur cando menos unha merecida igualada.

Entrenos martes, xoves e venres.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com