lunes, enero 28, 2008

Gondar 2 - Libertad 0.


Parido disputado no campo do Quinto Carallo (nin un puto cartel), onde os locales levaronse unha inxusta victoria, con dous goles(as veces que pegaron a porta), un en cada tempo, regalados por suposto, sobretodo o 1-0, tras un garrafal erro de Maza que non acerta a coller un manso centro chovido, que deixa caer sobre a liña os pes do dianteiro.
O Libertad, coma tenos acostumados dispuxo de boas ocasions, pero non hai collons a metela,nin Borja,nin Santi,nin Pedro,nin Fer, nin o reaparecido Anxo, foron capaces de materiallizar as ocasions.

En fin, primeira derrota desta segunda volta, e anque o resultado e malo, a actitude do equipo parece ir mellorando semana a semana.Para elo, imprescindible, vir a entrenar.Mercores e Venres en Meaño as NOVE!!

Domingo as 16:00 en Baltar, Libertad - Salcedo.

sábado, enero 26, 2008

Este domingo Gondar - Libertad.

Mañan domingo as 16:00 no campo do Gondar de Xeve? (Vaya usted a saber), duelo na parte media taboa, salida do Justo as 16:15

martes, enero 22, 2008

Vendense cachorros.





Cachorros Schnauzer miniatura, con pedigree, son unha pasada, listos coma allos, en serio, precio especial para simpatizantes do Libertad.Teñen 2 meses e necesitan unha casa e moito cariño, dispoñibles 2 machos e unha femia, chamame xaaaa!

lunes, enero 21, 2008

Libertad 2 - Pasaron 1.

Partido disputado na primaveral tarde do sabado ante unha trintena de siareiros, que se deron cita no Baltar de Arriba.
O encontro non podia comenzar mellor, cando na primeira xogada de ataque Borjita materializa o 1-0 convertendose no pichichi aurinegro.
Todo facia presaxiar uhna goleada de escandalo, ante un Pasaron formado por xogadores que non se coñecian entre eles e que chegaban xusto para o inicio do encontro.Pero o esceso de confianza e a falta de personalidade do equipo, fixo que xogasemos sempre o ritmo que nos marcaban os pontevedreses, contaxiandonos do patadon e o corre que te cagas.
Minutos despois do gol de Borja, nun balon caido dende a medular, bota a espaldas da defensa, dentro do area grande, sorprendendo a Maza dudoso a media saida, pasandolle por riba e entrando mansamente na porteria provocando o 1-1.
O marcador non se moveria no resto da primeira metade, a pesar de dispoñer dun penalti a favor, que Rodri manda o monte.
Xa na sengunda, producense todolos trocos, dando aire fresco e presencia na medular, o que fixo o partido algo mais vistoso xa que ata o momento era infumable.
Angel, trasforma un segundo penalti, colocando o 2-1, que daba tranquilidade e afudeu o visitantes.

En fin tres puntos mais, nun partido penoso que nos coloca empatados a puntos co 5º clasificado.
O proxima semana esperanos o Gondar, rival directo pola U.E.F.A.

Esta semana entranase o mercores e venres as 21:00 en Meaño os dous dias.

viernes, enero 18, 2008

domingo, enero 13, 2008

Puntos Master do Derbi contra o Sporting

Gran afluencia de afeccionados en Baltar de arriba (pois abaixo nada q o Portonovo non ten afición) pra ver un emocionante partido, marcado pola actuación do colexiado, que pitou o que lle dou a gana e, inda q o diga un siareiro, descaradamente a favor do Sporting.
O partido comezou coa expulsión de Javi Cons, literalmente, xa q tra-la 1ª xogada Andrés Bakerman dalle un empurrón por detrás e Javi respóndelle cun amago de patada que o árbitro si ve, cartón vermello. Na 1ª metade o Sporting en superioridade inténtao insistentemente inda q sen precisión, ante un libertad sen dianteira. Ó comezo da 2ª entran 3 trocos, polos 3 xogadores máis adiantados, e partido vólvese totalmente aurinegro, con multitude de ocasións a pesar do tan dispar raseiro co que medía o árbitro. Sería a balón parado, nun corner botado por Ministro que Borja gaña no salto ós defensores butaneiros para colar o esférico entre as mallas de Damián. A partir de aquí o noso equipo vai perdendo paulatinamente o control do partido axudado pola actuación colexial, cada vez máis descarada, pra rematar expulsando a Makaay e a Tomás por protestar xa que a crispación e impotencia era absoluta, e pintando un penalti inexistente (e ó desertor de Edu inda por riba) a favor do Sporting no minuto 88. Transfórmao Luis Lanas ben axustado ó pau dereito de Maza que nada pode facer. Solo faltaba que o metera o árbitro coa man, eu na miña vida vin cousa tan descarada e chulesca, pedazo de burro, e xa temos visto varias toupeiras por árbitro, pero este levou a palma (mencionar que en todo o partido sinalou 2 faltas a prol do Libertad). O final tivemos que chamar á polisía local, que mandou ós peixes gordos (nunca mellor dito, Celso e a Palomita) e a Jarda Sivil, pra que o levaran po caldeiro por ladrón e atracador, e porque tíñamos medo de que lle fixera algo ó rapaz que levou con él pro vestiario.
Unas risas por non chorar e todos pa casa, ahí van os puntos:

Maza.- 2'5... solo le faltó parar el penalti. Bien todo el partido a pesar de alguna salida acojonante.
Makaay.- 1... voluntarioso pero impreciso, inda que non tivo verdadeiros apuros.
Ministro.- 2... recuperando o nivel, xogou desde libre ata mediapunta.
Pechu.- 3... só 1 pechugada típica, que foi perigosa, pero o resto do partido impresionante, por alto, baixo, anticipándose...e de central!
Gándara.- 1,5... faltou que dira un pouca máis de saída o balón, pero ben en defensa.
Iván.- 2... dando presencia na media, subiu en varias ocasión con perigo.
Jandro.- 1,5... mentres aguantou botoulle ganas, inda que esta vez non tivo tanto acerto.
Alex.- 0... sen acerto, intensidade e collóns.
Santi.- 0... despois das navidades hai que poñerse a dieta.
Javi Cons.- 0... foille o trapo á Bakerman e non durou nin 2 minutos no campo.
Pedro.- 1... polo menos botoulle ganas inda q non supo aproveitarse dos erros dos defensas rivais.
-----------------------
Fernando.- 1,5...frescura e velocidade, inda que co balón nos pes non sempre escolleu a mellor opción, si estivo ben situado.
Cristian.- 1,5...sen problemas inda que o pasaron mal ó final co Sporting volcado.
Borja.- 2... Goleador, inda que egoísta noutras ocasións. Pode aportar moito se está ben.
Ziván.- 1... aportou control ó balón na media.

En definitiva séguese acusando máis definición, pero neste partido pouco máis se podía facer coa actitude do árbitro.
Ánimo rapaces que esta 2ª volta pinta ben, a seguir mellorando!!!
HAY UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!!!

DERBI: PORTONOVO - LIBERTAD S.C.S.


Hoxe domingo a partir das 16 h. gran derbi no campo municipal de baltar de arriba.Vinde a animar e levade paraguas.Saúdos.

sábado, enero 05, 2008

Libertad 1 - Atl.Estacion 0.


Partidazo o que vivimos esta nublada tarde no empinacabras de Dorron, onde o Libertad botou os dous collons e levouse o partido cun gol de Jandro.
O partido que apiques esta de suspenderse ante a densa neboa que cubria o campo do Cruceiro a hora do comezo do partido, pero que co paso do tempo e o vento foi despexando.
Saltaron de inicio Maza, liña de catro con Gandara,Ivan,Rodri e Makaay, doble pibote para Jandro e Angel, nas bandas os Fernandos e na punta do ataque Santi e Pedro.Esperaban no banco Borja,Alex,Jorge e Pechu.
O partido estivo cheo de emocion, dende os primeiros compases, xa que ante as dificultades do campo, o xogo foi de loita, empuxe, garra e pouco tiki-taka.
Non hobo nunca un claro dominador, pero o Libertad, sempre puxo algo mais, ese collon que hai tempo non se veia.
Seria mediada a segunda parte cando Jandro bate cun bo disparo o meta visitante.A partir de ahi, a apretar os dentes e aguantar como tijres.O arbitro parecia interesado en darlle facilidades o Estacion, pero nin asi conseguiron batir a un Maza inspirado.O final un par de contrataques perigosos do Libertad tratando de coller as espaldas a unha defensa volcada na remontada, un par de expulsados e o mais importante, os 3 puntos po peto.

Importante victoria, ante un rival aspirante o ascenso, e bo comezo con boas sensacions para esta segunda volta que ten que ser a nosa.Bonito regalo anticipado que se levou Tomas.VAMOS OSTIA!!!!
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLON, LIBERTAD!

Hoxe Libertad-Atl.Estacion.

Hoxe sabado apartires das 16:00 no campo de Dorron, primeiro partido do ano fronte a un dos candidatos o ascenso, o Atl. Estacion.
A tarde non e moi bonita para xogar, pero esperemos que os incondicionales desplacense en masa a este novo emplazamento.A ver si os Reis Magos regalanlle o entrenador una boa victoria.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com