jueves, agosto 31, 2006

The End.


Unha imaxe vale mais que mil palabras:

Rematou o culebron Fox.
Na noite do martes no pavillon da Florida o xogador de Reis estampaba a sua firma no contrato que o ligara a entidade arinegra durante as tres proximas tempadas.
Tras uns meses moi tensos e de moita negociacion chegabase a un acordo por ambas partes.

A ledicia era evidente na faciana do fuchibolista no momento da ampliacion do contrato, que facia estas declaracions o noso redactor:
-"Me siento muy contento de poder continuar en la que considero mi casa.
Han sido unas semanas muy duras para mi y mi familia, aqui todos nos conocemos, y el boca a boca hace mucho daño.Se han malinterpretado mis palabras, creo que un sector de la prensa ha sido muy poco profesional al hacer publico rumores sin fundamento, pero lo importante es que voy a seguir aqui, y que esa siempre fue mi primera opcion, se ha hecho una bola de nieve de un pequeño hecho insignificante, repito estoy orgulloso de continuar mi ascendente progresion como futbolista en el Libertad."


Pois asi poñemos o punto e final, o episodio mais quente de todo o veran.
De todolos xeitos no capitulo de fichaxes totavia estan a espera de confirmarse importantes incorporacions, as negociacions co xogador do Sanxenxo, Nachito Maraxe estan moi avanzadas, e abrese un novo frente pola caontratacion do futbolista do Arenal Xaquin, sen dubida unha incorporacion de moita calidade.

miércoles, agosto 30, 2006

Presentacion do novo adestrador

Esta noite tivo lugar no pavillon da Florida, o momento mais esperado pola directiva xogadores e afeccionados; a presentacion oficial de Gerardo Duro como novo adestrador e abandeirado deste renovado proxecto, coa intecion de facer crecer ainda mais a historia do noso clube.
1Collón-TV recollia de maneira aljo defectuosa as primeiras declaracións do míster.
Atencion antes de ver o video debe sentarse correctamente, despois ten que retorse-lo pescoso ata que o seu tabique nasal estea de xeito paralelo o chan, abra ben os ollos e preste atension(1Collón-TV, non se responsabilisa dos posibles cabaleiros ocasionados os espectadores, en caso de estravismo severo tape o ollo que mire mais asia portonovo)





Esperemos que se acaden os resultados esperados, e sobre todo que os afeccionados e xogadores paseno ben cada domingo e que se sintan orgullosos de pertencer o noso clube.
Sorte Gerardo!!

martes, agosto 29, 2006

O culebron do veran.


O caso Fox e a comidilla de todalas tertulias futboleiras dende o Bar Compadre ata o Pub La Menta pasando por Varadero.
E o asunto trae cola.
Todo comenzaba ala polo mes de Xullo,cando directivos do Dorron adulaban o xogador de Reis con promesas moi bonitas; falabase de primas,ascenso(o de sempre)... e este deixabase querer ante a falta dun proxecto que o convencera por parte da entidade aurinegra.
O xogador viase de granate, mentres o Libertad a falta da confirmacion oficial por parte do Dorron, non movia ficha.
Tal era o convencemento do xogador de cambiar de feudo, que incluso chega a disputar un amigable defendendo a camiseta do D.United, feito que desencadeou as ostilidades entre os dous clubes e o xogador.
Esteban disposto a marchar, con unha importante mellora do seu contrato sobre o brazo, declarase en rebeldia co noso clube, e non asiste os entrenamentos,para forzar a sua salida.
Por outra banda o Libertad, despois de deixar atado o fichaxe do Panzer Cons, rompe todalas conversas co Dorron, e declara o xogador de Reis intransferible.
Tras unhas angustiosas xornadas de incertidume, presidente e vicepresidente, secundados por Juan Pereira(por se acaso), presentanlle a Fox, o novo proxecto para esta tempada, coa principal novidade de Gerardo como entrenador.
Este domingo o futbolista intenta dar un ultimo golpe de efecto a sua tensa situacion e provoca unha espantada o non presentarse para disputar o triangular.

Finalmente, o Dorron, tras larga espera decide retirar a sua oferta, quedando composto e sen mozo; perderon o Panzer e finalmente o caso Fox e inviable.

Ante esta situacion Esteban,ilusionado co novo proxecto, e sen ningunha oferta vese na obriga de renegociar o seu contrato a baixa.

lunes, agosto 28, 2006

Mediocre actuacion en Dorron.

Na tarde de onte, celebrabase no campo do Cruceiro o triangular entre o Libertad, Xil e Dorron.
Xogaronse un total de tres mini encontros disputados a 45 min cada un.

O primeiro deles enfrentaba o Xil co Libertad sobre as 18:00 da tarde.
O equipo aurinegro afrontaba o seu unico partido de pretemporada,con importantes baixas e con so un entrenamento previo.
Asi pois, coa principal novidade de Xurxo Xusto na porteria por mor da lesion de Maza, e contando soamente con dous das novas incorporacions, Pedro e Makay o Libertad con 14 efectivos trataba de facer frente a un Xil moito mais rodado e mellor situado no campo.
Foi en duas xogadas a balon parado(coma sempre) donde os de Meaño tomaban unha importante vantaxa no marcador(2-0) ante unha defensa excesivamente xenerosa co rival neste tipo de lances.A faltade 20 min. para o final o Libertad recortaba distancias nun saque de esquina botado por Fer e rematado por Rodri.Finalmente non se poido facer mais a pesar de dispoñer de algunha clara ocasion a mans de Javi Cons, quedando o marcador final 2-1 para o Xil, evidenciando unha pauperrima preparacion fisica dos nosos.

O seguinte encontro enfrontaba o Dorron co Libertad.Con so un cambio para este encontro e a incorporacion de Josiño Cabesuki na porteria, as espectativas non eran moi boas.
O dorron con case 2 equipos saltaba o campo moito mais fresco e con gañas de levarse o seu trofeo a vitrina(chea de telarañas).
O Libertad saltaba o campo con 12 xogadores pero o intrepido arbitro deuse conta e desbaratounos a estratexia.Anectodas a parte os aurinegros cerceronse e xogando cada un o seu aire tuteou o rival, que decidiu esplotar o patadon como mellor tactica de ataque.
Seria o Dorron o que se adelantaria no marcador, pero intres despois nuna bonita xogada(creo que foi a unica) o Libertad triangulaba ben por banda,chegandolle o balon a Xurxo Xusto os pes o borde do area,o que sacudiu un bo disparo cercano o pau esquerdo de Losada, que in-extremis conseguia despexar, caendolle o balos os pes de Miguelito que non perdoaba, e que situaba o marcador 1-1, resultado que xa non se moveria a pesar dun bonito disparo "a colocar" do panzer Cons.
Na tanda de penaltis, Ministro erraba o seu lanzamento, dandolle a ventaxa o Dorron no caso de que empatasen co Xil.

O ultimo encontro foi Dorrón-Xil pero non sei como quedaron.

O dato mais reseñable foi a presentacion a plantilla do novo adestrador, Gerardo "Duromar", a pesar que non exerceu en ningun encontro.
Asi pois, o novo mister, pretende poñer dous dias para entrenar, o seu parecer os martes e xoves, pendiente por confirmar a localizacion dos martes.
Con esta incorporacion pretendese dotar de seriedade e traballo a unha plantilla mal acostumada.
Esperemos que asi sexa,e que a xente comprometase a vir a entrenar, a seis dias de que escomence a liga.

jueves, agosto 24, 2006

Faite SOCIO, XA!!!!!

Comenza a cañpaña de captacion de socios para a tempada 2006/07, colabora e beneficiate das ventaxas de pertencer a tan jlorioso clube.
Ademais, aviso para navejantes: este ano, debido a que por primeira vez na historia do clube, habra que afrontar os gastos do adestrador, haberá que pajar entrada como en todolos campos de nuestro señor, solamente accederan gratuitamente os socios,
Asi que xa sabes, estiradevos un pouco que so nos queda medio saco de cal.

miércoles, agosto 23, 2006

Primeiro partido de pretemporada.

Este domingo apartires das seis da tarde no campo do Cruceiro en Dorron, triangular entre Libertad-Xil e o vencedor contra o Dorron(os partidos disputaranse a un tempo unico de 45min.)
Primeira proba a unha semana de que escomence a liga.
A piques de pecha-lo contrato do novo adestrador, probablemente estea xa o domingo no banquilo aurinegro.
De momento a plantilla esta sin cerrar a espera de novas incorporacions a partires do 1 de septembro e por suposto a que o novo mister dealles o visto bo.
Sobre o caso Vieitez, que esta a levantar tanta indignacion nalguns afeccionados, informamoslles de que si finalmente non renova a sua ficha é por motivos do seu novo traballo que lle impiden acudir os entrenamentos e os partidos.
De todolos xeitos os que sigan e os novos fichaxes que han de vir, tede por seguro que saldran cada domingo a roelas pedras coa intencion de que este ano fagase algo importante.De momento estanse a dar os primeiros pasos para que asi sea.

Asi que xa sabedes este domingo todos a Dorron porque necesitamos o apoio de todos vos e porque este ano mais que nunca HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLON

lunes, agosto 21, 2006

Pretemporada?, que é eso.

Apesar dos esforzos por intentar facer algo de pretemporada, por unha vez na sua historia, o final eche o de sempre, imos a entrenar 5.
Faltan 14 dias para que arranque a liga, e apesares do compromiso dos xogadores na cena de veran e as facilidades para entrenar nun campo de herba a xente sigue poñendo escusas para faltar.
Para aqueles que ainda non se enteraran, entrenaremos os Xoves en Meaño a partir das 20:30(oito e media) e os venres en Baltar.
Respecto as novidades desta campaña, estase a piques de contratar un novo adestrador de garantias, mentres tanto seran os homes da casa Nito e Miki os que empezen a rodar o equipo.
No eido de fichaxes, dase por pechado a contratacion do ariete da Florida o Panzer Cons.Eiqui vemolo no mometo da sua presentacion oficial co presidente o ilustrisimo sr. Villalustre.
Seguindo coas altas, esperase que nas proximas horas ceguese a un acordo para a cesion de ata catro xuvenis do Sanxenxo e algun descarte do Dena.Parece ser que o caso dos xogadores meañeses Makaay, Pedro e Pacheco tamen teñen visos de ir adiante.
Mais complicado e o caso Nachito-Maraxe, que vai para culebron , ainda que o Sanxenxo esta disposto a negociar considera a oferta demasiado baixa a pesar de ofrecerlle no paquete a Zusco como encargado da canteira amarela.
Aqui vemos a Zusco despedindose dalguns dos seus compañeiros, todavia moi afectado pola sua gravisima lesion de xeonllo.

No capitulo de baixas,case con toda seguridade Mario,Candi e Vieitez deixaran o clube, e a pesar das suculentas ofertas por xogadores como Fox,Ministro ou Gus,de momento os futbolistas amosan o seu interes por seguir ligados a disciplina deste noso mitico clube.

Velahi van algunhas das imaxes tomadas da Ultima Cena

Map IP Address
Powered byIP2Location.com