miércoles, diciembre 24, 2008

BO NADAL.

Desexamosvos un bo Nadal e un próspero 2009 cheo de victorias aurinegras.


Entrenos de Nadal:Viernes 26 as 21:00, Martes 30 21:30 e Viernes 2 as 21:00.
Domingo 4, arranca denovo a liga Campelo - Libertad.

domingo, diciembre 21, 2008

Libertad 3 - Amanecer 3.

Libertad y Amanecer logran un empate que no le sirve a ninguno.

Buen partido disputado entre Libertad y Amanecer por dos equipos necesitados de una victoria y que al final, tal como se desarrolló el partido, dieron el empate como bueno. En una primera parte intensa pero no brillante empezarían adelantándose los locales por medio de Fernandito, que anotaría un penalti en el minuto 36. Fue el único tanto conseguido en la primera mitad. La segunda parte fue muy distinta de la primera, pues el Amanecer salió muy enchufado y a los 10 minutos ya había dado la vuelta al partido con goles de Brais y Benja. Remontó el Libertad, y cuando todo parecía que los tres puntos se iban a quedar en casa, un penalti en el área local fue señalado por el colegiado y transformado por Santi en el minuto 88, empatando definitivamente el partido dejándolo en 3 a 3.

Libertad: Maza, Mourelos (Juan, min. 46), Makaay (Tafá, min. 70), Julen, Ministro, Gándara, Lemos (Pechu, min. 70), Jandro (Fernando, min. 70), Pedro (Beiro, min. 70), Anxo y Fernandito.

Amanecer: Manuel, Rodiño (Santiago, min. 67), David, Fran, Javi (Vidal, min. 46), Brais, Lois, Veiga (José Ángel, min. 50), Carlos (Juan Miguel, min. 80), Pantera y Santi (Salva, min. 85) .

Goles: 1-0 Fernandito, de penalti (min. 36); 1-1 Brais (min. 47); 1-2 Veiga (min. 55); 2-2 Fernando (min. 71); 3-2 Fernandito (min. 76); 3-3 Santi, de penalti (min. 88).

Árbitro: Eladio Cortegoso Juncal, del Colegio de Pontevedra. Amonestó a Mackay para los locales y a Rodiño y Manuel para los visitantes.


Cronica extraida do Diario de Arousa.Mais ou menos foi o que lle contei o redactor.

Entrenos esta semana, pendientes de confirmar Martes e Venres, avisarasevos.

lunes, diciembre 15, 2008

Proximo encontro Libertad-Amanecer

Este domingo disputaremos o ultimo encontro, antes do paron de nadal.
Xogarase en Baltar as 16:00, xa que coincidimos co Noala.

Entrenos Mercores e Venres en Baltar as 21:00, rogase puntualidade.

Ahi quedan algunas imaxes da cena de Nadal.
Lemos orgulloso ensina a nova equipacion.Recorda, se ti tamen a queres, necesitas facer 5 socios.



A directiva aproveitando as patas.

viernes, diciembre 12, 2008

Hoxe Venres, cena de Nadal.

Este venres, depois do entrenamento obligatorio(21:00 Baltar), cena-baile de Nadal en Casa Jorquera con actuacion en directo.
O que non veña a entrenar non cena!!!

miércoles, diciembre 10, 2008

Dorrón 3 - Libertad 1.

Volvia o derbi dos derbies, tras un ano de ausencia.
A tarde do sabado, non quixo facer os honores que un partido como este merecese, e regalounos frio e choiva, mermando notablemente a presenza de siareiros nas bancadas.
Ante a ausencia de Tomas, seria Alvaro o encargado de dirixir o equipo que aliñou de saida a Maza, liña de catro con Pechu,Julen,Rodri e Alex, Ivan e Jandro no doble pivote, Makaay e Lemos por bandas e arriba Anxo e Beiro.Quedaban no banco Fer,Pedro,Borja e Juan.
O Dorrón saia a por todas e o Libertad intentaba facer o seu xogo.Como sempre, saimos pouco centrados, e os catro minutos, Dani batia a Maza cun bo disparo dende a frontal do area.Duro traspés comezar asi un derbi, pero pouco a pouco collemos o sitio,... intercambio de golpes, para a nosa sorpresa defendian tan mal os corners coma nos e no min. 11 tas un barullo na area de Cadornas, Ivan cun resacón terrible(corria coa boca aberta pero o ajua non lle chejaba) consigue empuxar o balon o fondo das mallas devolvendo a igualada o marcador.A partir de ahi foron os minutos mais intensos do encontro, o Dorron volcavase o ataque mentras o Libertad roto en dous(parecia que xogabamos con cinco defensas e cinco dianteiros) aguantaba os envites esperando coller algunga contra.A defensa do dorron metia medo os seus en cada corner, mais tarde Danislao é expulsado por dobre carton, e a dinamica cambia.
Os granates espoleados conseguen o 2-1 antes do descanso tras un remate de corner, onde o balon biaxa chorando entre varios de nos,e para mais inri caeme na cabeza a min colandose pola escuadra.Asi rematou a primeira metade e poderiase dicir que o partido.
Na segunda metade deberonse xogar 15 min. reais, os locais pasaronse protestando todas e cada unha das decisions do arbirto, e loxicamente protestando desa maneira, terminou expulsando a Fontan, dobre carton por protestar e levar o balon coa man, a Portela tamen dobre amonstacion, e que debeu ver vermella directa polo entradon a destempo sobre Anxo e o entrenador granate Valentin,tamen dobre carton por protestar, e que deu un espectaculo penoso.
Con este panorama o Libertad saiuse completamente do partido,e que apesar do obvio que parece xogar contra 8, co marcador na nosa contra non nos beneficiou en nada esta circustancia, xa que como e loxico encerraronse os oito no borde de area, esperando os longos despexes de Cadornas sobre Taboas.Os nosos acumularon xente arriba pero sen orden tactico aquelo parecia un partido de "rugby" dous filas de xogadores frente a frente, incapaces de abrir o muro granate.
Xa no final do encontro, contra dorroniana, e dicir pexejaso de Cadornas,para Taboas que deixa unha perla, para marcharse como Romario na sua mellor epoca, dos dous defensas que estabamos e bate por baixo a Maza poñendo o definitivo 3-1 no marcador.

En definitiva o Libertad non suobo sacar ventaxa das circustancias e con cada protesta dos rivais diluiamonos ainda mais.Provablemente con igualdade de efectivos o partido seria distinto.
Felicitar o Dorron pola victoria, ainda que co equipo que ten non vexo necesario esa actitude hacia o arbitro, creo que o Dorron, dende o ultimo partido de liga do ano pasado quedou traumatizado cos arbitros, e pensan que existe unha persecucion arbitral na sua contra.Pode haber arbitros malisimos, que se rien de ti... pero señores, sendo honestos o deste partido foi un arbitraxe normal, e que empeñatedesvos en complicarlle a vida, porque todas as expulsions foron por dobre amarilla, e nunca foi a por vos con actitude chulesca, que algunha poido ser algo rigurosa, vale pero con tanta protesta, e loxico que acabasen no vestiario, e o do entrenador xa nin o comentamos.Pois apesar de todo o que ali lle dixeron o arbitro non puxo nada no acta, senon o mister caenlle minimo 4 partidos.Veña que non necesitades metervos neses lios.

Entreno mercores e venres as 21:00 en Baltar.

jueves, diciembre 04, 2008

martes, diciembre 02, 2008

Acercase o derbi.

As ultimas novas de cara o derbi son:
Os entrenamentos pasan a ser maña Mercores as 21:00 en Baltar e Venres a mesma hora.
Onte falouse con Ramon, presidente do Dorron para ver a posibilidade de trocar o partido para o Sabado ou no peor dos casos para o Luns.Parece ser que non hai inconvinte a espensas dos veteranos que xogan en Dorron os sabados pola tarde.Como moi tarde o Mercores tomarase unha decision consensuada.
Por outra banda, onte a noite, o gardamallas granate Angel Cadornas, salia lesionado do pavillon de Villalonga e pode causar baixa para o super-clásico.
Seguiremos informando...

lunes, diciembre 01, 2008

Libertad 2 - Barro 1.

Tarde de moito frio no muinicipal da Lanzada, que se combateu coa emocion que desprendia o encontro no terreo de xogo.
Visitabanos o Barro, equipo invatido, lider da categoria ata o momento.
O Libertad con bastantes baixas formaba de inicio con Maza na porteria, liña de 4 con Makaay, Juan, Julen e Rodri, no medio centro Gandara e Jandro, interiores para Alex e Lemos, e en punta Pedro e Anxo, esperaban no banco Borja e Fer.
O partido non tiña un dominador claro, pero Libertad non se sentia ameazado polo lider, e dispuxo de duas ocasions claras na primeira metada para adiantarse, unha espectacular chilena de Pedro que o porteiro atalla in-extremis, e un remate a porta vacia de Alex, que increiblemente bate no poste.
Co 0-0 no marcador arrancaria a segunda metade, na que o arbitro quixo ser protagonista(o colexiado cegato e tartamudo mais aparvado da categoria), pitando un penalti inexistente que trasformaria o Barro no 0-1.Empezaban a aparecer nubes negras no horizonte aurinegro, sen embargo cunha boa racion de entrega e collons, seria primeiro Borjita e despois Julen os que a falta de 15 min. adiantasen o Libertad co definitivo 2-1.Aguantando como tijres, os ultimos minutos diluironse entre protestas e barullos que finalmente trouxeron tres puntos para o noso casilleiro.

Proxima semana super clásico Dorron-Libertad.
Entrenos martes 21:30 Portonovo, venres 21:00 Baltar

Romai 1 - Libertad 0.

Mal partido por parte dos dous equipos, que debeu rematar con empate a ceros, a prol do visto no campo, pero que un arbitraxe nefasto (o peor da liga) encargouse de desiquilibrar a balanza dando a victoria pola minima o Romai.

miércoles, noviembre 19, 2008

Libertad 1 - Gondar 2.

Mal partido do Libertad, que so contaba para o encontro con 11 xogadores, co que tivose que amoldar o que habia.
Pesima primeira metade onde o Gondar gustouse a si mesmo, para ir o descanso co 0-2.
Na segunda, Tomas, reaxusta na medida do posible o esquema táctico, e vislumbrase melloria.Seria Rodri reconvertido a dianteiro o que recortaba distancias 1-2, e daballe emocion o partido.Finalmente o marcador xa non se moveria mais apesar das ultimas ocasions e o acerto de Maza en frear as chegadas visitantes.

O Libertad tras estas duas semanas fatidicas, na que un cumulo de circunstancias fixeron acadarar resultados negativos, esta na obriga de retomar a senda da victoria na que viña nas ultimas xornadas.Necesitamos do apoio de todos, e por suposto do compromiso dos xogadores.Esta semana volvemos a normalidade.

lunes, noviembre 03, 2008

Libertad 4 - Verducido 0.

Partido moi frouxo, tedioso na segunda metade, ante un pauperrimo Verducido.

Libertad: Maza,Alex(Makaay min.60),Gandara,Julen,Pechu(Juan min.45),Rodri,Anxo,Lemos,Beiro(Fer min.45),Pedro(Fenando min.45) e Migui.

Goles: 1-0 Lemos(min. 10), 2-0 golazo de Lemos(min.22), 3-0 Pedro(min.36), 4-0 Migui de penalti, no segundo intento(min.82).

Entrenos: Martes as 22:00 en Portonovo e Venres as 21:00 en Baltar.
Proximo encontro San Miguel - Libertad domingo 9 as 16:15 en Deiro.

lunes, octubre 27, 2008

Sporting Paintball 0 - Libertad 4.

Partido que o Libertad dominou de pricipio a fin, con fases de moi bo xogo, seguindo coa progresion ascendente.
Goles:0-1 para Gus na primeira metade, 0-2 Rodri xa na segunda, 0-3 e 0-4 Zivan por artida dobre(irrecoñecible)
Destacar novamente a Pedro na porteria debido as baixas e sancions e que cumpleu notablemente co tramite, dous partidos e sin encaixar un gol.

Entrenos:Martes as 22:00 sintetico de Portonovo e Venres as 21:00 en Baltar.
Proximo rival Verducido.

sábado, octubre 18, 2008

Libertad 1 - Cerponzons 0.

O Libertad sigue en progresion dende a visita a Combarro onde xa deu mostras de melloria, sobretodo na actitude e traballo dos nosos.
Na tarde de onte a as melloras no xogo colectivo, deron total superioridade sobretodo na 1ª metade onde dominouse claramente, a espensas do noso mal endemico, a pouca punteria.
Xa na segunda, a entrada de Gus deu mais "peso" en ataque o equipo, e asi, por fin chegaria o 1-0.Despois do gol, o Libertad perdeu o sitio, e apesar de xogar cun home menos dende mediada a primeira metade, pola expulsion do porteiro Marcos, tendo que poñer os guantes Pedro, aguantouse os arreons finais do Cerponzons subindo os primeiros tres puntos o noso casilleiro.

O mellor: a progresion ascendente no xogo e o debut de Pedro como gardamallas que sacou un par de balons complicados.
O peor: que tras o gol, e dominando ben o partido, cederase a iniciativa o equipo rival.

Entrnos: Mercores e Viernes as 21:00 en Baltar.
Proximo encontro: derbi Sp.Portonovo - Libertad.

sábado, octubre 04, 2008

Libertad 1 - Portas 4.

Mal inicio da tempada, ante un dos aspirantes o ascenso, disputado no municipal da Lanzada a unha hora intempestiva para o centenar de siareiros que ali se deron cita.
O resultado pode ser engañoso, xa que apesar de que o Portas foi mellor, o resultado final foi demasiado abultado para o que ali expuxeron.
O Libertad comezou cun disparo de Maza moi axustado, que metou o medo no corpo os visitantes que se exoplearon e tomaron a iniciativa.Foise o descanso con 0-2 en duas concesions da zaga en sendas xogadas a balon parado, a mitica do saque de banda, e un corner, xogadas nas que o Portas suma moitos efectivos na area rival, e un mal despexe pode rematar en gol.
Tras o descanso, o Libertad acurtou distancias co gol de Maza, o mellor dos nosos con diferencia 1-2, ainda que minutos mais tarde outra cagada nosa sirve para colocar o 1-3 no marcador.Preto do final, nunha tragada de Marcos, que non estivo moi afortunado, o Portas lograba o definitivo 1-4 cun centro/chut que axudado polo vento colabase afortunadamente pola escuadra.O Libertad dispuxo dunha clara ocasion nas botas de Anxo, pero xa non ia mais.
En definitiva mal partido dos aurinegros, que apenas crearon xogo, pasando algun case desapercibido, a escepcion de Maza e outro mais, que peleou como un tijre contra a defensa rival.

Proximo encontro Combarro - Libertad.
Entrenos Mercores e Venres as 21:00 en Baltar

martes, septiembre 30, 2008

As mellores imaxes do encontro co Umia

Xogo bastante desordeado de ambos equipos.

A directiva destaca dentro dos numerosos siareiros que acudiron ó partido.





Os non convocados e lesionados
tamén se involucran e veñen
animar ó equipo.






O pero momento do partido, a lesión
de Juan, que esguinzou o nocelo tras
unha fea entrada.
(imaxe do xogador censurada pra
nos ferir ós máis sensibéis)

domingo, septiembre 28, 2008

Umia 2 - Libertad 1.

Partido pouco amigable, entre o Umia e o Libertad, que rematou coa victoria pola minima e in extremis dos anfitrions.
Seria o Libertad o primeiro en adiantase no marcador, o converter o rexeite dunha pena maxima botada por Maza, que o meta local logra deter en duas ocasions, ata que Migui moi atento consegue empuxar o fondo das mallas.
Despois do descanso o equipo relaxase en esceso e o Umia consigue a igualada despois de que Marcos cegado polo sol non acerta a despexar un disparo que non parecia ter moito peligro.A partir de ahi,o Umia,por primeira vez no encontro parece dominar o xogo a base de entradas contundentes.Seria nestes intres cando Juan, no seu debut, que estaba firmando unha boa actuaccion, resulta lesionado, pasando a defensa de tres, mais tarde Anxo retirase do campo, deixando o equipo con dez, que aguantou ben hasta o final cando nun erro na defensa e unha mala salida do porteiro daban a victoria final os de Barrantes.
O equipo apesar de realizar un xogo moi vistoso, traballou ben, pero as lesions e a mala fortuna impediron levarnos un resultado positivo desta visita.

Para a semana comeza a liga, asi que todo o mundo a entrenar, Martes as 22:00 no sintetico de Portonovo e Venres as 21:00 en Baltar.

jueves, septiembre 25, 2008

Ultimo amistoso.

Este domingo ultima proba antes do arranque ligueiro, sera a partires das 18:30 ante un clasico de pretemporada Umia - Libertad no campo da Bouza en Barrantes.

lunes, septiembre 22, 2008

Cambados B 0 - Libertad 0.

Partido bastante igualado o disputado o pasado domingo no Pombal, con fases alternas de dominio do xogo, que rematou con empate a ceros, apesar de que o Libertad dispuxo de mais e mellores ocasions, desaproveitando tres man a man ante o porteiro local que salvou sempre os muebles.
O equipo progresa adecuadamente, pero todavia esta lonxe de conseguir un bloque compacto e cordinado, esperemos que cos entrenos sigamos mellorando.

sábado, septiembre 13, 2008

Zacande 3 - 1 Libertad.

Partido moi frouxo do Libertad, que acusou a baixa de tres xogadores clave(Ivan,Rodri e Gandara), e cunha defensa e medio centro insolito polas circustancias nunca deu a impresion de dominar o xogo en ningunha das suas facetas.
Os erros puntuais na zaga, fixeron que fosemos para o descanso co 2-0 en contra, a pesar de dispoñer de duas claras ocasions en boca de gol, nos pes de Borja e Migui.
Na segunda, cambio tactico, defensa de tres, mais xente no medio, pero nin asi fumos capaces de dominar.Apesar dce todo a entrada de Fernandito e Lemos nas bandas, doulle maior verticalidade os aurinegros, e seria este ultimo, o recien incorporado Lemos(S.Portonovo) o que recortase distancias no marcador, e cun tecnico disparo de punteira subia o 2-1 no marcador.
Co paso dos minutos o equipo ia perdendo fuelle e aproveitaria o Zacande para facer o 3-1 definitivo.
Dato positivo:Lemos debut e gol, e Marcos sacou un par de balons que xa cantaban.
Negatifo:o equipo non ten recambio natural para suplir as baixas destes xogadores, e podemolo pasar moi mal.

Entrenos: mercores e venres as 21:00 en Baltar.
Proximo domingo Cambados B - Libertad.

domingo, septiembre 07, 2008

Xil 0 - Libertad 5.


Primeiro amigable da pretemporada con so una semana de entreno, e facil victoria ante o Xil.
Do partido poucas conclusions podense sacar, o mais destacable foi a reaparicion de Gus, e debut do novo porteiro Marcos,
O Xil acusou o cansanzo do partido do dia anterior, e apesar de dispoñer de bastantes cambios e facelos tipo futbol sala nunca puxo resistencia a un Libertad, que comeza con bo pe, ainda que so fumos 14 a xogar.O troco mais importante foi a incorporacion de Rodri no medio centro facendo parella con Zivan e o pase de Gandara o centro da zaga ocupando o sitio de Ministro.
Os goles estiveron moi repartidos, e xa inauguraron o seu casilleiro; Anxo, Gus, Maza, Migui e Borja cunha diana cada un.

Entrenamos luns,mercores e viernes en Baltar as 21:00.
Proximo encontro domingo 14 contra o Zacande.

martes, septiembre 02, 2008

Toma de contacto.

O Libertad arrancou a pretemporada, e para este domingo dia 7 a partires das 17:00 disputaremos o primeiro amigable conta o Xil no seu feudo, todo un clasico de veran,coma unha clariña na terraza de Irene.
O equipo entrenara 3 dias a semana, en principio Luns,Mercores e Venres a partires das 21:00 a cabalo entre Baltar e Noalla ou Villalonga.Todavia o concello non ten confirmado o reparto.
No capitulo de fichaxes, pouco movemento, causan baixa Charlie por lesion,Santi e Ivan Lima e respecto as novas incorporacions esta confirmado a reaparicion de Gus, Pablo Beiro e o novo gardamallas Marcos Valcarcel.Neste punto o secretario tecnico, continua peinando o mercado e parece haber tres posibles xogadores na orbita aurinegra algun deles de contrastada categoria.

martes, agosto 19, 2008

Pretemporada 2008-09

Arranca unha nova tempada, e o Libertad espera consolidarse como un dos equipos referencia da categoria.
Para este ano habera novidades, ademais das caras novas que xa iremos dando o mais destacado e que o Libertad pasara a xogar os seus partidos como local no campo de cespede sintetico da Lanzada onde xoga tamen o Noalla S.D.
Tamen disporemos deste campo para entrenar, o que e un gran logro tras moitos anos pululando e pedindo favores a outros clubes,concellos...
O calendario xa esta confeccionado, xogaremos no mismo grupo anque seremos 13 equipos, entre eles o eterno rival o Dorron.A liga comeza o 5 de Outubro e remata en Marzo.
Empezaremos a entrenar a proxima semana, e xa temos todos os partidos de pretemporada cubertos, seran no mes de Setembro fronte o Xil, Zacande, Cambados B e Umia, neste mismo orden.

Hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD!!

lunes, junio 23, 2008

Trofeo San Pedro de Vilalonga.


Na calurosa tarde de onte no Campo Municipal do Revel, disputouse o trofeo San Pedro entre una seleccion de ex-xogadores do Vilalonga e o Libertad S.C.



O partido foi entretido, con ocasions de gol, no que o Libertad a pesar de ter momentos de bo xogo e control do partido, seguiu amosando as carencias de toda a pasada campaña, erros puntuais na zaga e sobretodo a pouca fortuna de cara o gol.
Na primeira metade iriase o descanso co 1-0 gol de Prego para o combinado vilalongués, despois dun erro o marcaxe de Ivan Abuelo no saque dunha falta.
E tras o descanso mediada xa a segunda os de Vilalonga sentenciarian despois de que Gandara comerase un balon a espalda metendo nun apuro a Pechu que pouco poido facer para despexar o balon.

En definitiva 2-0, a pesar das numerosas e claras ocasions do aurinegros, cun bo ambiente entre xogadores e afeccions e un trofeo de subcampion as repletas vitrinas lilainas.


E pensando xa na proxima tempada, o primeiro reforzo Jonico vestiu por primeira vez a camisola aurinegra.

viernes, mayo 16, 2008

Mañan amigable en Baltar.

Mañan sabado a partires das 18:00 no municipal de Baltar, amigable entre o Libertad Sporting e o A.C.D. Pena Maior da 1ª Rexional portuguesa.

lunes, mayo 12, 2008

Campelo 1 - Libertad 0.


Mal partido do Libertad, que non soubo sacar proveito da escasa renta do partido de ida.
O equpo aguantou co 0-0 ata o descanso tras unha primeira metade de continuos balons en largo e continuas entradas durisimas por parte dos locais,ante a permisividade arbitral, que apesar de expulsar a un xogador do Campelo foi por insultar, perdoando verdadeiras agresions de xogadoes como Candi,Vieitez...que terminaron coa lesion de Joege.
Xa na segunda mais do mesmo, e tras un saque de esquina e dous intentos de despexar o balon sae centrado para que de cabeza, subira o 1-0 o marcador os 10 min da reanudacion
O Libertad intentouno, pero non era o dia, e co paso do tempo as forzas viñan a menos pensando que con ese resultado estabamos eliminados tras o 3-2 da semana pasada.Sen embargo co pitido final entramonos que os goles fora da casa non valen dobre co que a eliminatoria estaba 3-3 e haberia tanda de penaltis directamente.
Pero o cansancio fisico e psicoloxico e a pouca fortuna privaronos de pasar a seguinte rolda.Chegaronse a tirar so 4 penaltis, convertindo o Campelo todos e nos fallamos dous nas botas de Rodri e dun servidor(qe tras a paradinha axustou demasiado e bateu no pau).
E asi remata a aventura da Copa, demasiado cedo quizais para o noso potencial, anque neste partido o Campelo foi mellor a pesar de que abusou do xogo duro co consentimento arbitral.Noraboa o Campelo, e punto final a tempada oficial.

Este proximo sabado xogarase un amistoso en memoria do desaparecido xogador aurinegro Chema, entre o Libertad e o A.D.C. Pena de Pas de Ferreira en Portugal.As 18:00 no municipal de Baltar.
Hai un equipo que vale un collón,Libertad.

sábado, mayo 10, 2008

Mañan xogamonos o pase.

Mañan domingo a partires das 18:00 h. no campo da Seca en Poio, xogamonos o pase a seguinte rolda da Copa.O resultado da ida 3-2 o noso favor pode ser enganoso, xa que perdendo ali 1-0 ou 2-1, viriamonos de volta para casiña de balde, eso si calquer empate sirvenos.
O que esta claro e que vamos a salir a gañar, que vaise sufrir moito, pero esperemos pasar e que non se vexa moito xogo sucio.
Siareiro, mañan necesitamos todo o teu apoio,non nos falles!!
Hai un equipo que vale un collón,LIBERTAD!!

lunes, mayo 05, 2008

Libertad 3 - Campelo 2.

Partido disputado o pasado domingo no Baltar de Arriba, ante unha trintena de afecionados que se deron cita a pesares de estar dia de praia.
O encontro comenzaba puntual as 18:00 e non podia ir mellor para os nosos intereses, xa que na primeira chegada do Libertad, tras unha boa intrenada pola banda, Jandro bate o meta visitante cun duro disparo axustado o pau(1-0).Toda a primeira metade foi de dominio absoluto aurinegro, que conseguia trenzar boas xogadas en ataque, entrando facil polos costados.Seria nuha destas, mediado o primeiro tempo, cando o arbitro sinala penalti sobre Fer, que trasforma Pechu no 2-0.
A eliminatoria poñiase de cara ante un Campelo que non reaccionaba e ianse o descanso tocados moralmente.
Sen embargo, xa na segunda, e a pesares das indicacions do mister o Libertad confiouse en esceso, cedendo a iniciativa o Campelo, e xa con case todos o trocos feitos polo noso bando o equipo seguiu perdendo presencia, e como di o dito o que perdona paga, os de Poio aproveitaron dous balons as espaldas da zaga e con algo de fortuna no rexeite, conseguiron empatar o partido mediada a segunda metade.
Foi ahi co 2-2, cando o Libertad espabilou e apretou un pouco mais, buscando a victoria, que finalmente chegaria nas botas de Pedro tras un rexeite a disparo de Cons dentro do area pequena(3-2).
E asi rematou a cousa, o final un resultado apretado que parecia ser goleada na primeira metade, pero que deixa a eliminatoria aberta, xa que con 1-0 en Campelo estamos fora.
O positivo: dependemos de nos mesmos, si mantemos o nivel e a concentracion non podemos perder.

martes, abril 29, 2008

Cuadro enfrontamentos da Copa.




Arranca a Copa, con eliminatorias a ida e volta.Os equipos da parte alta do cuadro empezamos este finde, mentres que os da parte baixa comezan dentro de 15 dias.
Hai un 1ªRex. o Bahia, catro de 2ª;Catoira,Portas,Noalla e San Andres e quince de 3ª entre eles os recien ascendidos Moraña e Deiro.
Os partidos disputaranse na orde que aparece no cadro, as 18:00 da tarde.
O noso primeiro rival e o Campelo, a priori asequible asi como tamen o posible segundo cruce, sen embargo despois xa nos tocaria un oso duro, xa que na nosa parte do cuadro estan os rivais mais fortes, o Bahia,Portas e Catoira.

Asi que xa sabedes chavales, maña mercores as 21:30 todo dios a entrenar en Meaño, que levamos un mes no dique seco!!

lunes, abril 28, 2008

Actualidade.

Actualizamos o blog, tras o relax do final ligueiro.
Como acordouse na cena, xogaremos a Copa Diputacion, que probablemente comezara o vindeiro fin de semana.Hoxe luns e o sorteo asique mañan materemosvos informados o detalle.
Os entrenamientos seran este mercores en Meaño as 21:30 e o viernes.Non hai escusas para faltar, recordovos que nos comprometemos todos.
Por outro lado e posible a incorporacion dun novo porteiro de garantias que cubra a ausencia de Maza pola sua lesion no cóbado(codo, que din os de madri).

E xa noutro orden de interese, o eterno rival aurinegro, o Dorrón, certificou in-extremis, o descenso de categoria, co que para o ano volvera a haber superclasico.Descenden tamen Ponte Sampaio e Cuntis, e ascenden Caldas e Union Grove B a 1ª Rexional.

viernes, abril 18, 2008

Hoxe Cena de Final de Tempada.

Hoxe Venres, a partires das 21:30 na de Jandro, cena-baile coa actuacion estelar do showman "Suso".
O menú constará de aperitivos varios, arrós con bojabante, postre e licores.
Xa sabedes, cita hoxe obligatoria para todolos xogadores, onde tratarase tamen a participacion na Copa Diputacion.
Vemonos!!

martes, abril 01, 2008

Lo conseguimos.

Primeras declaracions de Keitas, satisfeito co 5º puesto na Liga.
Y de rejalo orto capitulo de la galardonada serie da Bebese Me llamo Keitas.

domingo, marzo 30, 2008

Hai un equipo que vale un collón.


Libertad 2 - Combarro 1.
A cronica esta sacada da web do Combarro(mais ou menos foi asi), e que non teño ganas de escribir, botei un dia enteiro para que saisemos todos na foto.

El Combarro se vió sorprendido a la contra por el Libertad, perdiendo por 2-1 en el campo de Vilalonga.

Los de J&B salieron muy serios en la 1ª mitad, haciendo un fútbol vistoso y llegando con mucho peligro, únicamente pendientes de su partido. Las ocasiones se sucedían y a los 10 minutos llegó la oportunidad de ponerse por delante cuando tras un centro pasado de Manu, el central del Libertad adelanta la pierna derribando a Busto dentro del área. El penalty lo lanzó Nani a la derecha del portero, pero el zaguero lo atajó con una gran estirada.

A pesar de la ocasión marrada, el Combarro siguió apretando, y Busto estuvo a punto de abrir el marcador a los 15 minutos tras un gran centro de Figo que atajó el Portero con una gran palomita. Tras esta ocasión el equipo local lanzó un rápido contragolpe, llegando el balón al extremo que encaró al portero y puso el 1-0 en el marcador. Gran varapalo para el Combarro que se vió por detras en el marcador cuando mejor jugaba.

EL COMBARRO SE VIÓ SORPRENDIDO CUANDO MEJOR JUGABA
Sin embargo, aun era pronto, y el equipo supo sobreponerse, y se volvió a echar arriba. Así, en una internada en el área del Libertad por parte de Nani, cuando éste se quedaba solo, el central le zancadilleó por detrás cometiendo de nuevo penalty, que debería haber sido expulsión, y sin embargo, solo le mostro amarilla. Nani quiso sacarse la espina repitiendo el penalty y el lado, pero esta vez la estirada del defensa no pudo detenerlo y puso el empate a 1 en el electrónico. Asi se llegaría al descanso.

NANI, DE PENALTY, PONÍA LA IGUALADA EN EL MARCADOR
Tras el descanso, los jugadores ya eran conscientes de otros resultados, y el estado anímico no era el mismo, Estació goleaba y Eiriña ya iba por delante... y con el paso de los minutos la situación se agravó.

A los 15 de la segunda mitad, en una internada del pequeño ariete aurinegro, Santy no tuvo mas remedio que frenarlo en seco, viendo la roja directa. Casi toda la segunda mitad con uno menos sería un lastre demasiado pesado para un Combarro anímicamente tocado, que buscaba desesperadamente el gol.

Todo empeoró, ademas, con la lesión de Bernar tras una durísima entrada del extremo local. J&B apostaron entonces por una defensa de tres, poniendo a Jaco de central improvisado, donde tuvo una actuación destacada, demostrando que es polivalente y que lo hace bien allá donde lo pongan, y con Míguez y Dani en los laterales.

La inferioridad supuso trabajo extra para Casti y sobre todo Manu que se puso de medio centro, y el juego ya no era igual de fluido.

Todo se vino al traste a la media hora de juego de esta segunda mitad, cuando con el Combarro volcado al ataque buscando el gol a la desesperada, en otro contragolpe local, el delantero aurinegro remató a la red el rechace de César, acabando con toda esperanza del Combarro por dar la machada.

EL SEGUNDO DEL LIBERTAD ACABÓ CON TODA ESPERANZA DE LOGRAR LA MACHADA
Tras ese batacazo, y en inferioridad, el Combarro jugó con mas corazón que cabeza, lo que no impidió que gozase de alguna ocasión de logral empate, peo el marcador ya no se movería.

Con esta derrota y las contundentes victorias de Estación y Eiriña, es el equipo blanquirojo el que logra la plaza de ascenso directo y el Estación el que se jugará el ascenso con el Pontecaldelas, quedando el Combarro de tercero a seis y cuatro puntos respectivamente, cinco por encima del cuarto clasificado y 12 por encima del quinto.

viernes, marzo 28, 2008

Ultimo asalto.

Este domingo, apesar de estar ainda no mes de Marzo, remata a liga.A casualidade quixo que todavia non esten decididos os postos de ascenso, e a nos visitanos un aspirante, o Combarro.
Desafortunadamente non dependen de eles mesmos polo que sera dificil que asome polo campo algun maletin.O Combarro debe gañar, e esperar que tropece o Estacion,que visita o Sporting Portonovo en Dorron(cousa moi pouco probable) ou que o Eiriña perda ante o Campelo.Asi e todo cousas peores se viron, polo que se espera unha ultima xornada de infarto, de telefonos moviles, de emocion e por suposto decepcion.
Esta claro que o Combarro vira a por todas, e coma sempre apoiado por un gran numero de siareiros, polo que espermos que tamen se vexa un bo duelo nas gradas e asistan en masa todos os Lilainos Aurinegros.
O partido disputarase as 16:30 no novo campo do Revel en Vilalgonga, xa que o C.X. Sanxenxo xoga en Baltar.
Para os que non sepan onde é, esta pasndo o centro Vilalonga direccion O Grove, collendo o primeiro cruce a esquerda; a estrada que vai a iglesia, ou o Pazo Revel, on ten perdida.
Vemonos o domingo, esperamos ofrecer un bo espectaculo, e rematar a liga cun resultado positivo que nos asegure a quinta plaza, que da "acceso directo a copa".
Hai un equipo que vale un collon,LIBERTAD!!

lunes, marzo 24, 2008

Verducido 1 - Libertad 2.

Dos peores encontros de liga, o Libertad xogou o nivel do seu adversario, ofrecendo un pauperrimo espectaculo.
Adiantamonos nos primeiros compases, cun bo gol de vaselina, esta vez non seria Migui, senon Rodri, para que minutos despois o Verducido culminase una rapida contra, ante una descolocada e inedita defensa aurinegra, que non atopou o sitio en toda a 1ª metade.Antes do descando, ahora si o da Florida nacionalizado Gatiño(Mugui), batia cun peido de remate o muñeco, dentro da area pequena, o porteiro local.
O resultado non se moveria mais.Xa na segunda volveu a defensa habitual, produceronse os trocos, e advirtese unha lixeira melloria, coma sempre desperdicio de clamorosas ocasions nas botas de Cons, Pedro...que fixeron marchar a Tomas antes dos 90 reglamentarios.
Pra casa co 1-2, como digo nun partido infumable.Pedimos perdon os escasos afeccionados aurinegros que se desplazaron por facerlle perder a tarde do Domingo de Resurrecion.

martes, marzo 18, 2008

Puntos Master do partido contra o Barro

Gran afluencia de siareiros, tanto locais coma visitantes, pra disfrutar dun intenso e emocionante partido, graças máis ben a entrega que ó bo xogo d'ambolos equipos, pois foron a pola victoria ata o pitido final.
Maza.- 3... desbaratou todas as chegadas visitantes, baixo paus e por alto. Redondeou a súa actuación cunha impresionante estirada no min. 90.
Alex.- 2,5... seguindo a liña do último partido, moi ben, con colocación, listo e forte.
Rodri.- 1,5... tivo que estar pendiente de defender, ben, e pouco se lle viu en ataque esta vez. Lástima a vermella...sen romper nada.
Pechu.- 2...afeito xa ó centro da zaga. Sobrio e contundente.
Gándara.- 1,5... notóuselle a inactividade das últimas xornadas, pero inda así estivo seguro. Pena de chut...
Iván B..-1,5... tamén se lle notou, pero a actividade nocturna, máis ca nada. Queremos a Ziván.
Iván .- 2... polivalente, xogou na media, na banda e acabou de central no oco deixado por Rodri, cumplindo e ben en todas.
Jorge.- 2... o collón por excelencia...e esta vez non tivo que saír mancado!!
Jandro.- 2... nótase que durmiu ben este finde. Pode encarar e desbordar máis.
Angel.- 2... calidade e toque que non serviron pra marcar esta vez.
Migui.- 2... moi participativo e con ganas. Fáltalle un punto de físico pra levarse ós defensas e facerse bos tiros, pero deu bos pases e estivo pouco egoísta. Fixéronlle un paradón na 1ª...
-------------------------------------------
Fernando.- 1... non logrou crear moito pola súa banda cando entrou.
Anxo.- 1... mostrou outra actitude e fixo un par de boas accións pero nótaselle falto de forma.
Borja.- 1 ... esta vez non estivo acertado. Os defensas ganáronlle por corpo todolos balóns longos. As mellores ocasións foron cando lles chegaban balóns rasos e combinaba con Anxo ou Javi.
Javi Cons.- 1... o retorno...fixoo ben e entendeuse ben con Borja e Anxo índa que lle faltou un pouco de precisión nas accións. Esperemos que non recaiga e volva á inactividade.

Próximo Verducido, invitamos ós afeccionado a unha ruta de senderismo en burro e logo partido do Libertad (levaremos pinchos pra merendar). Que esta melloría só é o comezo...este ano a Copa ten que ser do Libertad!!!

domingo, marzo 16, 2008

Libertad 0 - Barro 0.

Boa tarde para a practica do deporte rei, no Baltar de Arriba, cun gran abmiente nas bancadas por ambos bandos, que esperaban ver un emocionante duelo entre dous equipos igualados na taboa clasificatoria.
No eido deportivo, e a pesar de non ver ningun gol, o encontro fixo vibrar os siareiros con emocion, entrga, loita, expulsions...
Na primeira metade, o Libertad dispuxo das mellores ocasions, sacando o porteiro visitante "in extremis" dous potentes disparos, que semellaban xa dentro das mallas.Alguna timida chegada do Barro tras erros na zaga, era o mais perigoso que o visitantes podian ofrecer.O xogo por ambos bandos, non foi nada vistoso,e notouse a igualdade entre ambos, con mais empuxe fisico ca criterio a hora de mover o balon.
Xa na segunda, os animos incendiados polas bancadas foronse quentando, e o xogo duro impuxose entre os xogadores.Nos primeiros intres o Libertad parecia ter mais ipetu para levarse o tres puntos, e dalgunha ocasion dispuxo, pero tras o cambios o equipo, desdibuxouse e perdeu a iniciativa.Nos minutos finales, epulsion dun xogador visitante por adicarlle un cariñoso xesto a bancada aurinegra, e intres despois, vermella directa tamen, a Rodri por unha patada a destempo.Coa expulsion do capitan, todavia perdemos o norte, e o Barro botou o resto.Sen embargo e como xa sabedes, o marcador non se moveria, gran intervencion de Maza salvando os muebles, e un ultimo disparo de Gandara, que o bo porteiro visitante soubo atallar.
Reparto de puntos xusto, apesar de dispoñer das mellores ocasions.

sábado, marzo 15, 2008

Pasarón expulsado da Competicion.

A Federacion Galega de Futbol, facia publico esta semana o seguinte comunicado:
"Finalizada la información abierta, sin que el Pasaron C.F. presentara alegación alguna sobre su incomparecencia al partido de referencia y comprobado que es la segunda vez que no se presenta a jugar un encuentro en la presente temporada, se acuerda:
Excluir de la Competición al Pasaron C.F., por incomparecencia a los encuentros PASARÓN C.F. - ATLÉTICO ESTACIÓN del 16 de diciembre de 2007 y S.D. AMANECER - PASARON C.F. del 2 demarzo de 2008.
El Pasaron C.F. quedará inhabilitado para participar en la temporada 2008/2009 en esta categoría.
Imponer sanción económica de 120 euros al Pasaron C.F. por la incomparecencia a los referidos encuentros (artº 103).
El Pasaron C.F. no puntuará ni a favor ni en contra de los demás Clubes, a efectos de la clasificación final de todos ellos (artº 97)."


Ante esta situación, procucense cambios importantes na clasificación, sendo o Atl.Estación o mais beneficiado, xa que se situan primeiros a 3 pts. do Eiriña.Pola nosa parte recortamoslle 2 pts. os de arriba anque perdemos un posto en favor do Canpeleons.

Pos

Equipo

J

G

E

P

GF

GC

Pts

Pts restados

1

ATL.ESTACION

23

17

3

3

57

20

51

-3

2

EIRIÑA ATL.

23

16

6

1

83

26

48

-6

3

S.D.COMBARRO

23

16

5

2

56

25

47

-6

4

C.D. GONDAR

23

13

4

6

53

23

37

-6

5

S.D. CAMPELO

23

9

6

8

37

31

32

-1

6

LIBERTAD SP.

23

10

5

8

31

33

31

-4

7

C.D. CESANTES

23

9

7

7

41

34

31

-3

8

BARRO C.F.

23

10

4

9

41

36

31

-4

9

S.C.D. SALCEDO

23

9

4

10

40

40

28

-3

10

CERPONZONES

23

6

4

13

38

41

16

-6

11

S.D. AMANECER

22

5

3

14

20

46

15

-3

12

VERDUCIDO C.F.

23

5

1

17

29

68

13

-3

13

SP. PORTONOVO

22

2

3

17

22

67

9

0

F

PASARON C.F.

21

3

3

15

25

82

0

-12

martes, marzo 11, 2008

Puntos Master do partido contra o Cerponzones

Bo resultado pra un regular partido. A goleada non foi maior porque Fer 1º e logo Borja ou Pedro...se empeñaron en emular a Abreu como ben dixo Pechu. O Cerponzones non foi dos peores equipos ós que nos enfrontamos, intentaban xogar e mover o balón en lugar de "pinchala pa'rriba" pero a verdade non foron quen de acadar chegadas con perigo ó área aurinegra; aínda por riba o seu porteiro non parecía moi cómodo cos guantes, como se puido ver no 2º gol de Rodri, que inda sendo un golazo, se o porteiro andivese espabilado dáballe tempo de sobra a collela. En definitiva un bo resultado cun peor xogo, xa que a circulación de balón non foi tan boa pero os balóns longos deron bo resultado o fín e o cabo (iso tras desaproveitar as primeiras 6 ocasions claras).

Maza.- 1,5...non lle dou máis porque pouco tivo que facer, menos mal que estaba abrigado.
Pechu.- 2... Panucci, volveu ó lateral dereito debido ás baixas e cumpleu ben atrás, aínda que fallón cando quería subir ó ataque.
Iván.- 2... outro comodín. Xunto con Rodri desfixeron case tódalas accións rivais, só se lle notaban demasiadas ganas de irse pra arriba.
Ministro.- 3... canto tempo facía que non era o Ministro! ademáis de facer un bo partido marcou o empate e o gol da tranquilidade.´
Makaay.- 2,5... ultimamente anda moi ben, véselle con confianza e concentración, moi acertado nas súas accións.
Iván B..- 1...non acaba de coller a forma. Mellor en defensa que en xornadas anteriores pero aínda non vimos ó Zivan de anos anteriores.
Jorge.- 2...non foi capaz de dominar a media coma outras veces, pero coma sempre fíxose notar.
Jandro.- 1,5...velocidade na banda dereita, máis impreciso que en anteriores encontros. Tamén dispuxo dunha boa ocasión que golpeou frouxo.
Fer.- 0,5... non foi o seu día. Impreciso nos controis, elexindo os pases e sobre todo cara porta. Aínda así deuno todo.
Angel.- 2... amosou a calidade que ten pero foi entrando menos en xogo ata que foi sustituído. Xogou de mediapunta pero máis pendiente de axudar no medio.
Pedro.- 1... Loitou si, pero tamén fixo alguna das de Abreu. Ten que dar un pouco máis.
-----------------------------------------------
Borja.- 2... Pichichi. Xa é o máximo realizador do equipo en solitario... e os que podía levar.
Migui.- 1,5... recuperado da escordadura do nocello do venres, xogou uns minutos e estivo participativo pero tampouco recibiu o balón preto da área pra crear perigo.
Fernando.- 2... estrea como goleador do Libertad...aínda que tiña o pase aínda máis fácil. Noraboa, e a seguir mellorando.

Próximo partido contra o Barro...a estos si que hai que jodelos que non teñes máis que leñadores no campo e bocazas na grada. A derrota na 1ª volta foi un dos capítulos máis tristes desta tempada, pero o campo seguro se notará (o deles e un patatal por non decir barrizal)... e espero que a afección tamén.

lunes, marzo 10, 2008

Cerponzons 1 – Libertad 4.

Cerponzons:Hernan,David,Diego,Fran,Jose L.(Fidel min. 52),Dani,Balbino,Ivan,Marcos,Luis,Juan.
Libertad:Maza,Pechu,Makaay,Ivan,Rodri,Jorge,Fernandito
,Zivan,Pedro(Borja m.60),Jandro(Fernando m.70),Angel(Migui m.75).
Arbitro:Miguel A. Barreiro Reboredo, estivo regular(non suele arbitrar en terceira rex), moi quisquilloso co relgamento durante todo o partido, pitando pijadas, e o final, arrugou cando debeu expulsar a un xogador local con vermella directa.Amonestou os locais David,Fran e Ivan, e polo Libertad a Angel e Migui.Expulsou a Tomas por protestar a xogada na que debeu botar o xogador do Cerponzons.
Goles:Juan 1-0(min.1),Rodri 1-1(min.10),Borja 1-2(min.76),Rodri 1-3(min.82),Fenando 1-4(min.88).

Mal partido en liñas xerais, que como ven sendo habitual, o Libertad xoga o nivel que impon o contrario,neste caso, moi frouxo.
Na primeira xogada, pillanos completamente en bolas, e no minuto 1 xa ibamos 1-0 perdendo.Minutos despois nun barullo no area local, Rodri consegue empatar o encontro, resultado que se manteria ata o final da segunda metade, a pesar de que os aurinegros dispuxeron de ocasions dignas do mismismo Abreu, nas botas de Fer ou Borja.
Finalmente impuxose a logica en en dez minutos, demoslle a volta o partido, que puido rematar con goleada de escandalo, pero xa conocemos as nosas carencias.Cabe decir tamen, que o porteiro local, non era o titular e bastante fixo po xeito que tiña.
Con este resultado, e o empate do Barro ante Sporting, situamonos 5º na clasificacion.E para a semana enfrontamonos a eles coa intencion de manter o puesto.

Pos

Equipo

J

G

E

P

GF

GC

Pts

1

EIRIÑA ATLÉTICO

23

16

6

1

83

26

54

2

ATL. ESTACION

23

17

3

3

57

20

54

3

S.D.COMBARRO

23

16

5

2

56

25

53

4

C.D. GONDAR

23

13

4

6

53

23

43

5

LIBERTAD SP.

23

10

5

8

31

33

35

6

C.D. CESANTES

23

9

7

7

41

34

34

7

BARRO C.F.

23

10

4

9

41

36

34

8

S.D. CAMPELO

23

9

6

8

37

31

33

9

S.C.D. SALCEDO

23

9

4

10

40

40

31

10

CERPONZONES C.F.

23

6

4

13

38

41

22

11

S.D. AMANECER

22

5

3

14

20

46

18

12

VERDUCIDO C.F.

23

5

1

17

29

68

16

13

PASARON C.F.

21

3

3

15

25

82

12

14

SP. PORTONOVO

22

2

3

17

22

67

9

Map IP Address
Powered byIP2Location.com