lunes, agosto 29, 2011

Libertad 4 - Combarro 2, amigable no Revel

Onte domingo disputouse o primeiro partido de pretempada contra o Combarro.

Nos primeiros compases os azulons superon situarse mellor no campo, levando o dominio do balon, a asi no minuto 5 adiantabanse no marcador 0-1, mentres os nosos ainda non estaban asentados.

Co paso dos minutos, a medular aurinegra fixose co control do xogo e Lemos, como si de Dani Alves se tratase, galopou a banda para transformar a igualada cun gran gol.

As imprecisions tanto en defensa como en ataque, propias dunha pretemporada, lembremos que os dous conxuntos teñen somentes unha semana de entreno nas pernas, facian que as xogadas de perigo se alternasen.
Tafa cun bo testarazo adiantaba os nosos antes do descanso 2-1.

Tras a reanudacion, o ritmo do partido cae, e o Combarro cede mais espazos, as xogadas de gol sucedense para que Andres e mais tarde Tafa de novo, aumentaran a renta ata o 4-1, que puido ser moito mais xa que o que se fallou onte diante da porteria visitante clama o ceo.
O Combarro tamen tivo as suas, pero un inspirado Kador as veces, e outras os erros da dianteira impediron que o marcador se movese demasiado.Xa preto do final, os de Poio conseguian maquillar o resultado co 4-2 definitivo.

En resume, pouco importa o resultado nestes encontros e poucas conclusions podemos obter, o que si quedou claro é que estando no sitio e facendo piña o equipo parece ter potencial para xogar o futbol.

Proximo rival Campelo.

Entrenos coma sempre martes, xoves e venres as 21:30 no Revel

lunes, agosto 15, 2011

Inicio pretemporada 2011-12

Tras o descanso estival, o Libertad arranca motores este proximo venres no campo do Revel.

Os xogadores estan citados con puntualidade as 21:30.

Tras este primeiro acto, a presentacion oficial do equipo, terá lugar na tarde do sabado cun amigable de portas abertas contra o Portonovo, no noso estreno particular do Campo Municipal de Baltar de Arriba.

Neste acto faranse publico as novas caras do plantel aurinegro, destacando a noticia do veran, o compromiso por duas tempadas de Victor Otero como novo tecnico, convertindose no adestrador mellor pagado da hisotria do Libertad.


Respecto os entrenos, de momento serán 3 dias a semana(martes, xoves e venres) no Revel as 21:30.

Este ano temos entre mans un proxecto moi interesante, que xa iremos desgranando, co que creemos poder loitar polo doblete, ascenso e copa.

Hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD!!

lunes, agosto 08, 2011

Todo o que sempre quixo saber sobre Beiro e nadie lle supo explicar

Ante a crecente inquietude e espectacion levantada pola marcha de Beiro o C.X. Sanxenxo, dende a directiva do Libertad vemonos na obriga de facer publico este comunicado co fin de tranquilizar a parroquia aurinegra.

Ben e sabido por todos que Pablo Beiro Pororoca (Ézaro 3/9/88) e un dos xogadores mais importantes e valorado do noso clube, home da casa, formado dende pequeno na canteira aurinegra e coñecedor o detalle da indosincrasia do Libertad, ademais de ser o GRAN MIEMBRO da plantilla.

Como ben sendo costume neste mercado estival, son moitas as ofertas que recibimos semanalmente por Beiro, que sempre, ata o momento, foron rexeitadas de pleno polo xogador.
Finalmente fai unhas semanas, Beiro, atraves da sua axente Nieves Gonzalez, facianos chegar unha proposta moi iteresante para ambas partes.
O C.X. Sanxenxo quere o transfer do xogador por duas tempadas e unha boa suma de ceros(0.000.000) gardando para o Libertad unha opcion de recompra no primeiro ano, ademais de cedernos parte das instalacions municipais que posuen, e decir o Campo de Baltar de Arriba para xogar os domingos como locais.
Ante esta situacion, o clube non acepta as condicions pois exixelle o Sanxenxo cando menos un dia a semana para entrenar, cousa o que se negan taxativamente co que o fichaxe vese entorpecido.
Tratrando de tensar a corda o xogador declarase en rebeldia facendo unhas comprometedoras declaracions no seu twiter.
Neste punto tan delicado da negociacion, o xefe do departamento xuridico e de reclamacions do Libertad S.C. Juan Pereira, da coa formula para contentar a todalas partes.
Este e o acordo o que finalmente se chegou, o C.X. Sanxenxo faise cos dereitos do xogador por duas tempadas, cedendoo durante esta primeira o Libertad S.C. andinda que estará obrigado a facer a pretemporada con eles, pola nosa parte disporemos do campo de Baltar para xogar os domingos, asi como os ingresos xerados polo xogador durante este ano derivados da publicidade, venta de camisolas...

Actualmente o xogador entrena con total normalidade as ordes de Calucho, sendo un dos destacados da pretemporada, nestas duas semanas de entrenos, Beiro tocaria aproximadamente uns dous balons, un que tivo que ir a buscar o Camping Baltar despois de que Fernando Aguin botarao fora, e outro que lle pegou na espalda cando facia abdominales mentres o seus compañeiros botaban o partidiño.

Asi que desexamos que Beiro se poña como un toro, para despois loitar polo ascenso co Libertad.

Beriro queremoste!!!!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com