lunes, marzo 27, 2006

Dorron 3 - Libertad 2

Mala tarde para a disputa dun gran derbi, que quizais viu mermada a intensidade deste super clasico pola pouca afluencia de siareiros de ambos bandos.

O partido poñiase interesante,o pouco de comenzar, o trasformar Fox un esplendido golpe franco axudado polo vento e a poca claridade por alto do porteiro local, Losada.
Poñianse as cousas de cara o Libertad, que elaboraba o seu mellor xogo na primeira media hora do encontro, tocando con criterio e presionando a salida do Dorron.
Pouco a pouco os aurinegros, faltos dunha boa forma fisica, foron perdendo gas o que propiciaba perigosos contraataques granates, no que nun deles chegaba o tanto do empate(1-1), co que se chegaba o descanso.
Trala reanudacion Nito realiza dous cambios, sustituindo a Wes por Candi, e Borjita por Angel, esperando dar un respiro a un Libertad moi mermado, que estaba a pasar polos peores momentos.

Son estes intres os que aproveita o Dorron para facerse co dominio do xogo, e tras a pasividade e a pouca fortuna dos zagueiros lilainos, adiantanse en dous ocasions(3-1), un deles de rebote, no saque dun libre directo, o golpear o balon nalgun defensa antes de batir a Maza.
O equipo veiase afundido e parecia que ia a chover outra tunda, varios xogadores pedian o cambio, pero Nito so contaba no banco con Emi e Pechu ambos tocados que unicamente estaban para facer bulto xa que non estaban en condicions de saltar o terreo de xogo.

Asi e todo, os poucos afeccionados seguian empuxando co seu mitico cantico, o que parecia dar pulos os nosos xogadores.Forzando un puco mais no ultimo cuarto de hora
o Libertad tomaballe de novo a cara o derbi, e realiza perigosas contras levadas case sempre por un Gus con algo de sobrepeso.
Finalmente e case sobre a hora, nun destello de Gustavo, que recordabanos o da primeira volta, nunha gran galopada dende o medio do campo, emulando o Ronaldo na sua etapa do Barça, lograba driblar os defensas que lle salian o paso, e pisando xa a area conseguia batir a Losada dun disparo seco e cruzado.

O partido finalizaba intres despois, sen ningun incidente, e cun ambiente de cordialidade entre os xogadores de ambos clubes.
O ex-aurinegro Javier Cons "Panzeta" saiu xa iniciada a segunda parte, tras estar quentando durante toda a primeira metade(e o de sempre), apenas participou no xogo e non tubo ningun problema cos afeccionados lilainos os que unicamente lle asubiaban cada vez que tocaba o balon(4 veces).

O Libertad parece recobrar algo das ganas e o xogo da primeira volta, para afrontar estes dous ultimos encontros que nos restan, e que enfrentaranos o domingo que ven co Umia na casa, para rematar a liga o domingo 8 de Abril en Catoira contra o Drakkar.

viernes, marzo 24, 2006

Panzeta Cons:"revancha!!"

Este domingo, chega o esperado derbi, anque en diferentes momentos para os dous equipos, cheo de emocion e rivalidade como sempre:
O Dorron, vido a mais na segunda volta, amosase un equipo mais compenetrado e con mais ambicion, anque sin ninguha opcion de facer nada importante este ano(coma sempre).
Pola contra o Libertad en horas baixas, agarda que este encontro sirva para lavala imaxe dos ultimos partidos, e dar o fin una merecida alegria a afeccion.
Sen dubida sacar os tres puntos do Cruceiro Arena, seria un alivio para a directiva e corpo tecnico, que estan pendentes dun fio ante a mala racha de resultados e a imaxe ofrecida polo clube neste final de liga.

Son moitas as manifestacions feitas por membros dos dous clubes, que estan quentando o ambiente durante toda a semana.
Facemonos eco nesta web, das declaracions feitas polo ariete dorroniano Javier Cons "Panzeta" antes o "Panzer, xa que consideramolas do interese da parroquia aurinegra.
Asi pois, Cons o "PanZeta"(comunmente coñecido como bacon ou beicon), apesares de non atoparse nun bo estado fisico e animico, xa que son moitas xornadas sen marcar, narraba que o resultado na ida escoceralle moito, tanto pola goleada como polo trato recibido pola sua ex-afeccion, e pronosticaba un baño de futbol e un 5-0 para o Dorron.
Ademais volvia a advertir, ainda que comparaba a sua situacion actual no clube coa do seu colega Ronaldo, que si facia un gol, celebrario por todo o alto, e xurou poñerse a dieta e non volver a abusar do Radio Salil se se daba o resultado pronosticado.
Podemos apreciar nesta imaxe, o deplorable estado fisico do xogador da Florida, asumido utltimamente nunha grave crise deportivo-animica provocada por non molla-la palleta(nos dous sentidos, se entende).

Son todo especulacions o que podemos facer o redor do encontro, pero o certo e que un derbi e un derbi, e no campo demostranse as cousas.
Do que estou seguro e que o Libertad saldra a dalo 100%, e se fai falta o outro collón, tamén.

ATENCION O CAMBIO DE HORA DO SABADO(adiantase o reloxo unha hora)


Animo rapaces,Hai un equipo que vave un collón, LIBERTAD

lunes, marzo 20, 2006

Libertad 1 - Romai, unha chea

Tarde gris como o ceo, donde un agonico Libertad sucumbeu ante un gran Romai.
O unico dato positivo foi a charla de Nito no descanso, onde animou os xogadores e fixo cambiar un chisco a mentalidade dos nosos.Realmente unhas palabras que habia moito non se escoitaban no vestiario.

O proximo domingo chega o derbi contra o Dorron, nun mal momento, pero esperemos sacar os collons(polomenos un) e o futbol que temos dentro.

domingo, marzo 12, 2006

Salnés 6 - Libertad 1

Partido para esquecer.
Sobran as palabras para explicalo resultado, 6-1 e pa casa, felicitalo Salnés pola victoria, pero sobretodo polo seu compañerismo e saber estar dos seus xogadores, darlle tamen a noraboa o arbitro neste partido homenaxe que se deu a el mesmo, asegurandonos que era o ultimo encontro que dirixia.Gracias amigo por deixalo, enserio, gracias.
E o que respecta a nos, excepto Maza, sen comentarios.A entrenar todos e animarse no campo pensando xa no porximo rival, o Romai.

Gracias campeón.

Puntos Master:
Tantos, como goles marcamos, ousexa un punto e pa Maza, o resto 0 patatero excepto Pechu con -2 un por cada gol que marcaron pola sua culpa, que malo é o cabron, pero a culpa non é sua, e de quen o pon a xogar;)

Hai un equipo que sigue valendo un collón, LIBERTAD!

sábado, marzo 11, 2006

A incompetencia da Federacion.

Por incrible que parezca a Federacion volve as andadas.
Esta tarde no campo do Salnes, os dous equipos cambiados e xa no campo quentando, teñense que marchar para casa e volver mañan domingo para xogar o partido xa que os parasitos da federacion non lle deron aviso o colexio de arbitros do novo horario do encontro.
Asi que a foderse, a jastar jasolina o parvo e perder todo o fin de semana por culpa de dous fillos de puta, que unicamente se dedican a rascalos collóns e contar billetes.
En definitiva que o partido xogarase, dios mediante, mañan apartires das 16:30 en Cambados.

viernes, marzo 10, 2006

ATENSIÓN!!! RECTIFICASIÓN!!!

Afeccionados,afeccionadas o partido contra o Salnés xogarase o sábado a partires das 18.00 h. Sairan os autobuses as 16.45 h. do Hotel Justo,seguindo o paseo de silgar,luis rocafort(onde podemos contemplar os maravillosos Apartamentos TRISQUEL) e coller a estrada da gasoliñeira prá coller a vía rápida.Rógase a tódolos afeccionados que acudan á apoiar ó equipo neste trascendental partido da terceira rexional.Nada máis.Saúdos.

Xógase o SABADO!

A petición do Salnés, o partido correspondente para esta xornada pasara a disputarse mañan sabado as 19:00 h. en Cambados.
Esperemos que a aficcion acuda en masa para ver este vibrante duelo convertido xa en clasico, que promete espectaculo, goles,... e quen sabe.
Este encontro esta declarado pola Federacion como de alto risco, polo que se esperan fortes medidas de seguridade e o arbitro escollido para este encontro e o simpatico e richaracheiro Martinez, auxiliado na banda por Rafa, no me jodas.


O clube lilaino fletara tres planeadoras para o desplazamento de afeccionados aurinegros patroneadas polos irmans Garea, que saldran do pantalan as 18:00 da tarde.

Hai un equipo que vale un collón, Libertad.

jueves, marzo 09, 2006

Entrenamento especifico.

Ante as condicions especias do encontro desta xornada contra o Salnes, e tendo enconta o resultado no "tie break"(prroroga en tenis) de 7-6 da ida, Nito Peon impuxo esta xornada un plan especifico de entrenamento para afrontar o partido con toda-las garantias.

Equi vemos a Gustavo moi concentrado ensaiando unha volea.

Nesta outra imaxe apreciamos a Maza, quizais aljo distraido,
"mira pa´pelota ostia!", que despois pasa o que pasa.Heche unha risa

Recordovos a todolos xogadores que mañan entrenase a partires das 21:00(nove en punto) no campo de cespede sintetico.Saida da rotonda da via rapida as menos cinco.

miércoles, marzo 08, 2006

Mourinho deixase querer.


Xose Mourinho, actual entrenador do Chelsea, ante a decepcionante eliminacion da Champions na noite de onte, fixo saber o seu presidente o todo-poderoso Abrahamovic, o seu malestar co rendimento do equipo e deixou entrever a posibilidade de cambiar de aires a proxima tempada.
Como puido saber este medio, Xose M. realizou un viaxe relampago a Sanxenxo antes de voltar a Inglaterra onde mantuvo unha reunion co alcalde Telmo Martín.
Desta xuntanza podemos asegurar que o actual mister londinense devece por establecer a sua residencia no noso pobo xa que dende pequeno viña a veranear o antigo H.Terraza e garda mois bos recordos daquela epoca.
En palabras textuais de Mourinho: "Sanxenxo é muito bon, a min gosta muito ficar en bolas na praia de Bascuas e a noitiña tomar uns cubatas na disco Zoo coas garotinhas..."
Nesta situacion Telmo, que non da puntada sen fío, ofreceulle formar parte da empresa de construccion Construcuatro, que loxicamente pasaria a chamarse ConstruSinco.
A unica condicion que Xose Mourinho puxolle o señor alcalde para dar o visto bo a esta operacion foi que teria que atoparlle un equipo do concello para que el dirixise e atoparase agusto.
Segun diversas filtracions das que temos constancia, a sua preferencia seria facerse cargo do Libertad Sporting Club, xa que en Purtugal é considerado como un equipo mitico, e sen despreciar a labor de Nito Peon(palabras textuais) cero que poderia dar moito mais de si.
Si finalmente se levase a cabo esta operacion, na que o noso presidente o Sr.Puchetto teria que dar o visto bo, previo acordo do concello para a creacion dunha aldea deportiva para o Libertad, presumense tamen a chegada de varios xogadores do agrado do novo mister tales como Carvalho, Javi Cons...
Demomento isto é o que podemos asegurar.

lunes, marzo 06, 2006

Libertad 2 - Xil 1


Boa tarde para desfrutar do futbol no Municipal de Baltar, onde rexistrouse media entrada, e apenas un puñado de seguidores rossoneros.
Tras a debacle de San Vicente, Nito decide facer cambios relevantes no once titular, asi pois, ademais de recuperar a Maza como porteiro titular, entra Sartas no medio pivote, e Cristian pasa a medular con Zivan, tamen Wës recupera o lateral esquerdo relegando a Emi o banco.
O equipo titular o completo foi:
Maza, Wës-O/Sartas/Rodri/Pechu na zaga, Fer/Cris/Zivan/Nagüel como centrocampistas e Gus e Migui en punta.
No banco Siño,Mario,Emi,Cisco e Pereira.
Respecto o encontro non se fixo un mal partido, anque si moi falto de intensidade quizais, por mor da entidade do rival, o que provocou tremendos erros a hora de definir as xogadas e o conseguinte aburremento xeral na bancada(apenas se escoitou un grito).
Foise o descanso con 1-0 obra dun peleon Cris, e na segunda mais do mesmo, volvia a adiantar Gus para os locais 2-0 , e a cinco para o final o Xil recortaba distancia co definitivo 2-1.
O arbitraxe bastante maliño,sempre mal situado e pitando de oidas, sorte que foi un encontro moi relaxado.
Outro dato de importancia foi que o equipo non veu nin unha sola cartulina(sera porque faltaban os de Poio?).
En fin tres puntiños, unha alegria para a afeccion e a pensar no proximo rival, o Salnes en Cambados(partido de alto risco)
E para acostumarnos a superficie sintetica entrenamos o Venres as 21:00(9 DA NOITE).Saida do cruce da via rapida as menos cinco.
Hai un equipo que vale un collon Libertad!

viernes, marzo 03, 2006

Proximo rival XIL, hai que vir entrenare!!

Xa sabedes rapaces, este domingo outro gran clasico da comarca: Libertad-Xil.
Un derbi donde o Xil chega pletorico, coa moral polas nubes tras conseguir o seu primeiro punto da tempada, pola contra a situacion do Libertad e ben distinta, xa que esta a realizar a sua peor segunda volta en decadas.
Esta crise de resultados afecta a todos os estamentos do clube e xa se escoitan voces de renovacion.
En fin, pero iso non ven a conto, o importante e gañar o Xil na casa e darlle unha alegria a afeccion que non ve gañar o equipo en Baltar dende xa moitas xornadas.
Asique todo dios a entrenar, chova ou faja sol, as 9:30 en Baltar, por favor puntualidade, ostia!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com