lunes, enero 30, 2006

Libertad 1 - Deiro 2, CRISIS?

Nova derrota do Libertad, que repite os mesmos resultados ca no inicio da primeira volta, cos que o anterior entrenador foi cesado.
O partido foi dos peores que se viron ata o momento no Municipal de Baltar, onde non houbo un dominador claro, e o Deiro soubo rentabilizar as suas ocasions.
Na grada os animos estaban ainda algo quentes, do partido da primeira volta, pero o encontro foi tan apatico que tampouco se fixeron notar coma noutros encontros(poucas veces descordinaron tanto nos canticos).
O Deiro adiantabase no fio do descanso, como non, nun corner cun bonito gol de chilena ante a impotencia do noso porteiro.
Tras unha primeira metade onde non se trenzou nin unha soa xogada e somentes se fixo un disparo a porta nunha bonita xogada personal de Borjita o equipo salia a por todas na segunda parte.
Asumironse riscos na zaga e asi Nito ordenaba unha defensa de tres con Rodri incorporandose a medular.
O equipo dou sintomas de melloria pero non se chegaba con claridade, as bandas non existian, e todolos balons embarullabanse polo medio, cun Rai moi espeso, o mesmo que Gus ou un Jou falto de verticalidade, non se daba coa maneira de encontrar porteria, mais que nas xogadas a balon parado.
Finalmente nunha das poucas triangulacions un desdibuxado Vieitez lograba a igualada no marcador.
A remontada parecia facible e Nito, esgotaba os trocos intentando dar oxixeno a un asfisiado Libertad, asi ,e tras peticion popular, Cisco volvia a vestir a elastica aurinegra por segunda vez esta tempada.
Pero nada mais lonxe da realidade, nos ultimos suspiros do encontro cando parecia que os equipos conformabanse co empate, nunha xogada polemica, onde o balon rebasara con moito a liña de corner, os defensas do Libertad ficaron estaticos a espera de que o arbitro parara a xogada, o que aproveitou o dianteiro do San Miguel para batir a placer a Maza e dar a victoria o equipo visitante.
Cabe mencionar que a actuacion do arbitro non sendo esta ultima xogada, estivo bastante ben, pero ainda que non fose asi, temos que deixar de escudarnos nas actuacions arbitrais e sair a roer as pedras para deixarnos de protestar seguido que o unico que se consiguen son tarxetas e perigosos contrataques ao quedarse no sitio para pedir explicacions.
Temos que enderitar o rumbo, e para elo temos que comprometernos mais co equipo, empezando por Nito, que parece algo desganado, ante a mala racha de resultados.
Arriba rapaces, que hai un equipo que vale un collón,LIBERTAD.

martes, enero 24, 2006

Clasificacion Oficial segun Diario de Arousa.

El Rubiáns mantiene su imbatibilidad en Liga

El Rubiáns sigue batiendo récords en su corta historia como equipo de Tercera Regional. Los de Vilagarcía acumulan un total de 18 jornadas sin conocer la derrota, lo que da muestras del potencial de este equipo que logró una nueva victoria a costa del Amanecer en su feudo.

El Portas es el único equipo capaz de seguirle el ritmo y se encuentra a un solo punto de sus máximos rivales. La victoria frente al Libertad le permite seguir soñando con alcanzar la primera plaza de la Liga que da opción al ascenso directo.

El Zacande tampoco se rinde y la victoria frente al colista, el Xil, le sirve para mantener vivas las esperanzas de lograr un puesto que le permita luchar por el ascenso de categoría. Los de Meis no tuvieron problemas para golear a los meañeses.

Aunque la victoria más holgada fue la conseguida por el Romai a domicilio ante el Drakkar 05 en Catoira. Los visitantes le endosaron cinco goles a un débil conjunto catoirense que sólo pudo oponer resistencia en los primeros minutos de juego.

El Bamio también cosechó una victoria a domicilio tras sorprender al Deiro en su campo en un partido muy igualado que terminó con la victoria visitante por 2-3 y que mantuvo la emoción hasta el final.

El Umia también vio como se le escapaban los tres puntos de Barrantes. El Dorrón se impuso con un solitario gol que le sirve para instalarse en la zona cómoda de la clasificación. El único empate de la jornada lo protagonizaron el Spórting Portonovo y Salnés.

Fuente:Diario de Arousa, martes 24 de xaneiro

lunes, enero 23, 2006

Portas 2 - Libertad 0

Terceira derrota consecutiva do Libertad, a peor racha negativa colleitada ata o momento polo actual entrenador Nito Peón.
Partido de moita fisica e pouco xogo desplegado por ambolos dos equipos.
Na primeira metade o Libertad saia moi relaxado, o que propiciaba que nos primeiros intres o Portas chegase con perigo.Pouco o pouco o equipo foise asentado e as forzas igualaronse.Un arbitraxe, ainda que non moi malo, barrendo sempre pa casa, como era de esperar,comiase un penalti clamoroso o despexar un defensa local o balon coa man.Pouco mais destacable nesta metade que a tipica xogada do saque de banda do Portas.
Na segunda metade Nito retiraba a Anxo e daba entrada a Fer, ainda renqueante da rodilla esquerda,pero motivado.
O encontro seguiuse desenrolando pola via da forza fisica, con moita patada e pouco xogo, pero pouco a pouco notabase a peor forma fisica dos aurinegros e cos cambios o Portas conseguia maior velocidade no seu ataque.
Asi nun clarisimo fora de xogo adiantabanse os locais no min. 20 da segunda metade.
Noutra xogada polemica, xa que o dianteiro sempre estaba situado dous metros por detras do ultimo zagueiro, nun man a man con Maza situaba o 2-0 no marcador a falta 15 min. para o remate.Nese intre, e nos cun home menos foi cando o arbitro empezou a pitar algo encontra dos locais, a sabendas de que o partido xa estaba roto.
Apesar do desgaste, e que non se fixo un bo partido tecnicamente, os nosos deron todo o que lles quedaba dentro animados por un bo número de siareiros que se fixeron oir anque coma sempre descordinados nos seus canticos.
O Libertad botou o resto ante un replegado Portas pero so conseguiu unha timida chegada que Borja non poido aproveitar para conseguir gol da honra.

Con este encontro ponse fin os partidos contra equipos supostamente fortes, e agora non queda outra que gañar, sen escusas, para conseguir unha boa clasificacion, e coma non rematar por riba do Dorron.
A proxima semana partido declarado de alto risco pola Juardia Sivil, contra o San Miguel de Deiro.
Venmonos todos o Domingo, porque hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD

domingo, enero 22, 2006

Puntos Master do partido contra o Portas


1.-Maza...3_______Máis non puido facer.
2.-Emy...2________Que ben senta a cama. Serio...Iván corre!!!
3.-Iván...1________O Libertad nunca baixa os brazos, non nos gusta. Un 1 e cheja.
4.-Rodri...3_______Estaba sempre no seu sitio máis cubrindo a espalda de Pechugo.
5.-Pechu...2_______Picado, sacou a rabia e fixo un bo partido, tocoulle ó dianteiro difícil. Non a compliques!!!
6.-Candi...1_______Chinado, co árbitro o que case come. Polo demáis ben.
7.-Rai...1_________Lento, non foi a mellor tarde de Rai, ralentizou a saída do balón. Falto de ritmo.
8.-Angel...2_______Gran retorno, inesperadamente fixo un gran partido á sua volta de Turkía.
9.-Chema...1_______Convaleciente. Mandou unha gran falta ó longueiro. A dureza defensiva non lle permitiu desbordar máis.
10.-Jou...2________Debeu ver ó pai de Fer na bancada, matouse vivo pero non se moveu moi en polo campo.
11.-Anxo...2.5______Foi o máis perigoso en ataque a pesar de ter q loitar a maioría dos balóns por alto ata que soi sustituido.

--------------------------------------

12.-Jandro...2_____Valderrama.Aportou intensidade ó mediocampo
13.-Fer...2________Chungo, estaba, pero sustituiu a Anxo e levou case todo o perigo en ataque.
14.-Borja...2_______Intentouno pero non tivo máis tempo. Errou o que podía ser o gol da honra.
15.-Wes...s.c.______xa sen tempo so tocou un par de balóns.


Nito...1__________Estivo ahí, coas ideas demasiado fixas. Equivocouse ó trocar a Anxo.


Aqui vemos os nosos estirando distendidamente.


Un pouquiño máis de tensión rapaces!


Wes segue intentando quitarlle o posto a Pechu, faga o que faga falta.

sábado, enero 21, 2006

Portas, partido clave.

Este domingo a partires das 16:00h, no municipal de Portas, importantisimo enfrentamento contra o segundo clasificado.
E o ultimo encontro dos verdadeiramente dificiles deste arranque da segunda volta, e non podemos permitirnos unha nova derrota se queremos ter algunha aspiracion o final da liga.
Asique a morrer o domingo no campo, e esperamos contar co apoio da afeccion igual ou mais que nos partidos na casa.Ademais, pronto habera sorpresas para todolos siareiros de verdade.
Hai un equipo que vale un collón,LIBERTAD

miércoles, enero 18, 2006

Fotomontaxe?

Ano novo, seccions novas.
Inaguramos este novo espacio para o deleite dos siareiros con este fotomontaxe:
Saberiades dicirnos que dous grandes xogadores escondense tras esta imaxen.
E tras esta outra:

Deixa a tua resposta, e entre todolos acertantes sortearemos un kit de depilacion púbica profesional valorado en mais de 3.55 euros.
PARTICIPA XAAAA!!

Resultados enquisas

Tras espirar o plazo das votacions para elexir o mellor fichaxe da tempada, este e o elexido:

Alberto Vieitez, con 67 votos e un porcentaxe do 27%.
En segundo lugar-virtual Pechu co 13%(ainda que non conta como novo fichaxe, pero ahi esta o dato), e seguido dun triple empate entre Cristian, Candi e Borjita todos con 31 votos e dicir un 12% dos mesmos.
O gañador sera premiado cun vale desconto de 1,20 euros (200 das antigas pesetas) a gastar nun so dia en calquera dos establecementos patrocinadores do clube.
Noraboa, e a desfrutar do premio.

Por outra banda , a enquisa que facia referencia a cantos dias deberiase entrenar, finalizou co seguinte resultado:
1º-Dous dias era o tal, cun 33% dos votos.
2º-Os que fajan falta, co 30%.
3º-Entrenare pa qué, co 20%
En ultimo lugar; un dia cheja ben co 11% dos votos.
Moitas grazas a todos por participar.

lunes, enero 16, 2006

Puntos Master do partido contra o Rubians

1- Maza...2_____parou moito, a pesar do 1º gol salvou moitos máis.
2- Wes...1______moi ben na 1ª, na 2ª perdeu moito a posición.
3- Iván...2______200% deuno todo e zafou moitos balóns perigosos.
4- Rodri...3_____impresionante outra ves, ademáis puxo o 2-1.
5- Emi...2______pa xojar ai que ir a cama, o raro e que non se lle notara, moi ben ata que non puido máis.
6- Borja...1_____zafou un gol baixo paus, pero parece que ten medo.
7- Vieitez...0____fixo o que puido, pero o árbitro sabía a quen botar. Necesitámolo.
8- Fer...1______Loitou pero viuselle pouco en ataque.
9- Rai...2______Golazo de falta, fixo un gran esforzo.
10-Fox...1______N.M. aínda le queda camiño, ten que dar máis, sobre todo en defensa.
11- Gus...1______non tan fino coma outras veces, foi moi ben defendido.

------------------------------------------

12- Jandro...1____puxo entrega pero necesita máis ritmo.
13- Anxo...0_____non se vía pa xogar e pouco puido facer cando dominaba o Rubians

Libertad 2 - Rubians 4


Gran partido o que vimos no municipal de Baltar, aínda que o resultado viuse influido indirectamente pola actuación arbitral, tal e como recoñeceron os afeccionados e directivos do Rubians, posto que ande a duda, tanto nalgúns fora de xogo como na maioría das faltas pitadas, nas que o favorecido sempre era o equipo visitante como se pudo comprobar na expulsión de Vieitez xa que faltas como as das súas tarxetas víronse 30 durante o partido. 6 tarxetas, unha vermella, para o Libertad por dúas dos visitantes.
Polo demáis o partido comezou igualado ata que Rai enchufou un juapisimo tiro franco con moito efecto. Con desventaxa no marcador o Rubians botouse arriba, desplegando o mellor xogo visto no noso campo esta tempada, mentras o Libertad aguantaba a posición e saía á contra, non tan efectivamente coma outras veces xa que non foi o mellor partido de Gus e a defensa visitante estivo espléndida e contundente. Pero coa expulsión de Vieitez arredor da media hora o partido desequilibrouse, facéndose a coa posesión os visitantes mentras o Libertad aguantaba estoicamente ata que un erro de Maza nun corner estableceu o empate no marcador. O Libertad non se amilanou e nun corner o balón quedou morto no área pequena para que Rodri "Ministro" o aproveitase pa establecer o 2-1 no electrónico.
A 2ª parte foi de total dominio visitante, favorecido pola dureza arbitral co Libertad, con contínuos balóns parados para os visitantes, mentres éstes cortaban expeditivamente sen ser castigados coa mesma dureza. Así nun balón longo á esquerda que centraron ó segurndo pau donde Wes perdeu a posición deixando ó dianteiro só pra rematar. O Libertad seguiu aguantando as embestidas pero arredor do minuto 35 da 2ª chegou o 2-3, que foi un fora de xogo totalmente claro tras un desaxuste defensivo, e xa se fixo imposible para un cansado Libertad mellorar o resultado acabando extenuados encaixando o 2-4 en propia de Iván involuntariamente.
Ó final sacámoslle unha bonita foto ó arbitro, un dos mellores da categoría, pero aprendeu rápido quen ten que gañar e como facelo pa que non se note moito. (non deixaba de moverse o tío) Gran entrega dos afeccionados locais, moitas afonías e máis ensaio co oeoeoe. A vindeira semana visitamos Portas, o mesmo campo no que xogamos co Umia, esperamos moitos aurinegros que apoien o noso equipo para volver a senda do triunfo. Ai un equipo que vale un cóllón!!! LIBERTAD!!!

jueves, enero 12, 2006

O Rincón dos Barcos, novo patrocinador.


Xa é unha realidade, tras meses de negociacions, a prestixiosa cadena hosteleira O Rincon dos Barcos con sede no porto de Sanxenxo, estampou o seu selo no contrato que vincula a esta entidade co Libertad Sporting Club durante as vindeiras duas tempadas e pasa a formar parte do elenco de Patrocinadores Oficiais Rexistrados xunto con outras entidades lilainas.
Tras dar por finalizado a firma do convenio, esta cadena restauradora adicada a taperia galega de calidade, puxo en marcha o seu proxecto de patrocinio coa entega o clube dunha nova equipacion.Tratase dunhas sudadeiras dun discreto cor amarelo, que dende logo faran as delicias dos xogadores, e sobretodo do Vicepresidente D.Xoan Pereira.
En posterior rolda de prensa Iria e Borja Maquieira, os principais responsables da firma hosteleira, mostrabanse orgullosos de que a sua marca quedase ligada a un clube historico como o Libertad Sporting Club de Sanxenxo

martes, enero 10, 2006

Puntos MASTER do partido co Zacande

1.- Maza...1_____non foi a sua tarde,chegou con lejañas ainda.
2.- Wes...1.5______fixo o que pudo, pero non se mostrou tan seguro coma outras veces
3.- Iván...1_____Descentrado, desquiciado co arbitro aacabou expulsado
4.- Rodri...2_______Tomou o mando da zaga,anque o final pecou coa sua ofensividade
5.- pechu...1.5_____
6.- Candi...2_______Peleon, tamto que terminou co labio roto.
7.- Fer...1.5_______Pasou case desapercibido, moi desasistido na 1ª metade
8.- Fox...2________P.A(progresa adecuadamente), gran erro no 1 contra 1,ten que dar mais.
9.- Vieitez...1.5______Non estivo o nivel que nos ten acostumados, bastante relaxado.
10.- Anxo...1_______Non se involucrou no ataque, faltoulle intencion de participar.
11.- Gus...2_______Regresou das vacacions con algo de sobrepeso, algo lento e coa polvora mollada
12.- Borja...1.5_______saiu con actitude e traballador, ainda que necesita mais soltura no ataque.

*Nito:--1.5:...contou con pucos efectivos, viuse algo apatico no banco, apenas sen dar instruccions.

*Resto da plantilla:--0 patatero, fumos 12 a xogar(de 22), asi non pode ser.

*Afección...1.5________moi poucos siareiros, moi calados e descentrados.

lunes, enero 09, 2006

Martinez 3 - Libertad 0

Fai boicot os productos de Martinez.Merca La Bella Easo


Como non podia ser doutra maneira, a inestimable axuda arbitral, pon fin a boa racha de resultados colleitados ata as vacacions de nadal.
Un partido comenzaba bastante igualado e sen un dominador claro, onde desaprovietaronse tres ocasions de gol clarisimas na primeira metade.O fin desta,tiña a sua gran aparicion o esvelto e aposto Martinez, o que non lle gusta pasar desapercibido, e inventabase un penalti encontra que transformaban os de Meis.
Na reanudacion mais do mesmo, ata que outra vez o colexiado coa sua peculiar permisividade a hora de romperlle os dentes a un, pero non asi de dirixirse a el, nin sequera miralo mal, facia que quedasemos con dous homes menos, Ivan por expulsion, e Candi lesionado(tras recibir un codazo nos dentes e facerselle un corte nos labios) o non haber mais trocos.
Nesta situacion e ante a impotencia dun arbitraxe deste tipo, o Zacande apoveitouse xa no final do partido de duas contras rapidas collendo os poucos efectivos da zaga en bragas.
En fin, podemos destacar o esforzo do equipo que non se veu abaixo, e tamen que non hai grandes diferencias na taboa clasificatoria xa que so gañou o Umia dos nosos rivais directos.
Esperemos que non nos volva a arbitrar este energumeno de Martinez.

Puntos Master, mañan.

jueves, enero 05, 2006

Volve o espectáculo!!

Unha vez pasadas as vacacions de Nadal(Felisiano a todos!), o balon volve a rodar na terceira rexional.
O primeiro encontro para este 2006 tera lugar este domingo apartires das 16.00h. no campo do Zacande en Meis.
Esperamos ter un bo arranque neste ano que comeza e dar moitas alegrias a nosa afeccion, e quen sabe incluso, si se fara historia esta esta tempada.
Coma sempre citamos a todolos siareiros a asistir un domingo mais a animar o equipo, e darlle calor e color aurinegro as bancadas, xa que en Zacande presumen de ter a afeccion mais numerosa da categoria.
Mencion aparte,para os xogadores e os mais fans, que este venres o ser festivo farase unha pachanga-entreno de Reis no campo de cespede artificial pola tardiña(pendiente de confirmar hora)*CONFIRMADO PARA AS 18.30H.
No capitulo de fichaxes no mercado de inverno,non hai que salientar ningunha novidade, se cabe estase a manter conversas con varios xogadores para foralecer o centro do campo, unha asignatura pendiente na actual plantilla.Tamen existe a posibilidade,tras mostrar un grande interes por parte do mister, de repescar a duas glorias do Libertad como o "escacha-pexejeiro" Pucheto Villalustre e o goleador nato, o killer do area chica Susito Salinas "SUSO-GOL"!!!

P.D.:por si alguen non se decatou, o fichaxe de Penoucos é unha inocentada.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com