domingo, marzo 25, 2007

PUNTOS MASTER (contra o rufians)

Empate a 1 contra o rufians que sólo tirou a porta unha vez e triunfou. Deixamos escapar 2 puntiños da casa perdoando varias ocasións clarísimas, e o de sempre, o que perdoa leva dúas veces. En fin a ver si nunha destas vou ver un partido no que gañedes..., puntos:
  • Maza: 2, no gol xa estaba vendido e inda por riba levou unha boa trascada, polo demáis non lle deron choio ningún.
  • Makay: 1.5, xa parece máis centrado, non o fixo mal de todo.
  • Pechu: 2, tamén parece que comezou a espabilar, máis vale tarde que nunca.
  • Chema: 2, cumpliu e xa vai collendo forma.
  • Rodri: 2.5, seguro coma sempre.
  • Jorge: 2, pelexón coma é, faltoulle claridade repartindo xogo.
  • Naguel: 1.5, ben non corte pero tamen falla na saida do balón.
  • Jandro: 2.5, o pulmón do equipo coma ven sendo nas últimas xornadas. Eu non o houbera cambiado.
  • Migui: 1.5, discreto...
  • Fox: 1, fallou un gol cantado e inda por riba expulsión.
  • Anxo: 2.5, volveu a ser decisivo está en racha.

Cristian*: 1.5, dos suplentes foi o que máis tempo xogou pero non encontrou o seu sitio.

Ivan*:1.5, sen tempo.

Pedro*: 1.5, o mesmo.

David*: 1.5, o mesmo.

viernes, marzo 23, 2007

Proximo encontro; RuFians.

Este Domingo a partir das 16:30 no Municipal de Baltar, Libertad-Rubians.
Moito ojo co cambio horario, acordadevos de adiantar o reloxo 1 hora.
Esperemos que a afeccion sexa o noso mellor aliado para vencer a un dos equipos mais marrulleiros da categoria, sobre todo na sua casa, claro, e imos a amosarlle o que é un verdadeiro inferno aurinegro.
No Baltar de Abaixo haberá derbi, Portonovo-Vilalonga, asique todo indica un gran ambiente nos campos, e seguro que o berro que mais se escoitara, sera aquel que di:
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLON, LIBERTAD!!!

lunes, marzo 19, 2007

Puntos Master do "partido" contra o Sobradelo

Pois si, esta semana van cambiar un pouco os puntos Master...pero tranquilos, ei ser bo, xa que ós que xogaron FORON A ENTRENAR. Ademáis se non se xogou mellor foi porque eran tan malos, que así calquera se contaxia e perde toda a concentración (incluso chamábanse de todo uns a outros, por non falar da súa afección, que os pon a caldo). Sen máis ai van:

1.-Maza: 1,5 - e cheja, outra tragadiña, ainda que de toda a defensa un pouco, ten que mandar máis pra ser máis seguros. Dando exemplo, foi a xogar e chapar frío de porteiro ainda que tiña o estómago reventado (pola cena pero non pola comida seica)
2.-David Caballero: 1,5 - Todo un exemplo, está cumplindo moi ben como o novo Wes. Sempre así de concentrado, pero non tan nervioso.
3.-Iván: 2 - Mellor que se quede aquí e se adique ó fútbol. Serio e facendoo fácil. Moi ben. Con él, Chema e a volta das baixas quizáis Tomás poida xogar con 3 atrás.
4.-Chema: 1 - aiaiai, gritabamos na grada cando ía cortar un balón. Daba inseguridade debido a falta de ritmo, pero aínda así non tivo problemas(- mal que eran malos tamén)
5.-Pechu: 2 - un partido pa lucirse, fixo algún dos seus regates ¡no campo contrario!, pero puido subir máis e non o aproveitou. Emi vaino ter jodido.
6.-Jandro: 2 - De novo un pulmón, continuou aportando a intensidade que necesita a media, inda que en ataque non sempre supo escoller a mellor opción.
7.-Ángel: 1,5 - bo partido, pero pode dar moito máis, máis velocidade no movemento de balón en ataque.
8.-Migui: 1,5 - Ben na 1ª metade, participativo e compenetrándose ben con compañeiros. na 2ª desapareceu ata que o sustituiron.
9.-Fer: 3 - O mellor partido que lle vin esta tempada, non so se gustou encarando e levandose ós defensores por velocidade, tamén reparteu bos pases ós dianteiros (Moi ben Fer, levantando a cabeza).
10.-Anxo: 3 - Que imos dicir, Ja-trí, 3 goles, o mellor con Fer, e iso que levou estopa a esgalla, outra vez, pero correu coma se lle quixese demostrar algo a Miki .
11.-Fox: 2 - Si, correu buscando o desmarque ben varias veces,calounos a boca cun gol de falta(o porteiro non andaba moi espabiladiño), pero seguimos esperando que cree máis perigo en ataque e afine a puntería, que non só se poden meter de falta.

-----------------

12.-Gándara: 1 - Moi falto de ritmo, entrou cando o partido parecía de trompicallo, e pouco interviu pa cambialo.
13.-Jorge: 1,5 - Coa súa entrada a media refrescouse e volveuse a dominar o encontro. (Martes ás 8:30 no pavellón de Baltar, Martín que veña tamén)
14.-Dani: 1 - entrou pouco en xogo e cando o fixoo parárono meténdolle a man na boca. Pode facer máis.
15.-Rodri: ? - Non o podo puntuar pero ajuantou todo o partido co pantalón curto no banquillo, brrr co frío que facía, iso si que ten que joder.

Miki: Moi ben suplindo a Tomás, deu un par de toques de calidade pra animar á afección e non tivo que meter a Ministro.

Afección: 3 puntos polo Frío que chapamos, uns máis que outros, 2,5 van pra Pereira.

E pra semana veñen os "rufianes", espero que non me poñan a caldo no foro por isto pero...Baltar ten que ser unha olla a presión! e levade cámaras, que estes igual a montan e logo din que somos nos. Alá xa nos roubaron, aquí verán o potencial do Libertad!
Hai un equipo que vale un collón!!!

Sobradelo 1 - Libertad 4.


Partido sen moita historia, desputado nunhas instalacions envidiables, no que o mellor do encontro foi por suposto a victoria e o marcador final.
Levavamos xa seis encontros sen gañar, merecendo mais nos dous ultimos, e porfin ante o colista volvemos a sumar de tres en tres.

O Libertad con bastantes baixas, tres en defensa formaba con Maza na meta, Ivan e Chema centrais, e David e Pechu laterais.No doble pibote Angel e Jandro asistidos nos interiores por Migue e Fer, e en punta Fox e Chipita.Quedaban no banco un reaparecido Gandara, un recuperado Jorge, Dani CAmion, e Rodri convaleciente esperaba non ter que entrar en accion.

O equipo dirixido ocasionalmente por Miki, ante o compromiso familiar de Tomas, saiu algo desorientado, sobre todo na renovada defensa, e nos primeiros compases un pequeno desaxuste, significa o primeiro gol e postre uo unico do Sobradelo, nun afortunado remate que sae inmellorablemente colocado a escuadra.
Co gol o Libertad, limpiase as lejañas da cena do dia anterior e toma a iniciativa, vense xogadas e triangulacions con criterio, que ocasionan moitisimos problemas a zaga local.
Nesta dinamica seria Fox o encargado de abrir o frasco das esencias e materializar o empate(1-1).Intres despois Chipita moi activo e con fame de gol, adiantaria o Libertad(1-2), e finalizando a primeira metade, novamente o de Bascuas converte unha pena maxima que cometen sobre el, ante os buitres que se acercaban para lanzar o penalti (1-3).
Con este marcador vaise o descanso, cun Libertad comodo e confiado, e sen pegas en defensa.
A segunda parte xa foi outro cantar, non e que o Sobradelo fose mellor, pero o Libertad contaxiouse do xogo local, e mostrabase demasiado relaxado, e espeso na creacion do xogo.
Non seria, ata a entrada de Jorge, cando o equipo volve a ter criterio na distribucion e volve a facer pupita nos desmotivados xogadores locais que terminaron con nove; un por expulsion, parando o arbitro un man a man de Chipita co porteiro para expulsalo(incrible), e tamen incrible a decision do entrenador do Sobradelo que decide sacar o seu 10 do campo sen ter mais trocos(castijado).
Con estes ir e vir, e o arbitro por ali paseando o Libertad apuntilla o resultado cun hat-trick de Pepitilla (1-4), o que non lle dixaron levar o balon de recordo.

En fin, tres puntiñños, catro goles a favor, reaparicion de Chema e Gandara, e sobretodo a recuperacion de Jorge.

Por certo, non me pareceu ver o Fistro Mejide nas bancadas, asique, ou o señor Spree, que si estaba pon os puntos, ou esta semana non hai.

sábado, marzo 17, 2007

Hoxe Sabado, Jran Cena.

Para afrontar o importante choque do domingo con garantias, a directiva decide facer una cena-concentrasion, este sabado a partires das 22:00 hs. onde sempre na Cafeteria Jardin ( a de Fer).
Por se aljun ainda non tivo o placer de asistir a algunha das farturentas paparotas na de Fer, un consello, vinde cenados da casa, ademais de aseados e cajados.
MENU:
-Aperitivos de bocado: crokeitas, jambas con chubasqueiro, mortadela con aceitunas...
-Caldeirada de mariscos(lapas e caramuxos).
-Bistecoles con patacolas.
-Postres do dia, do supermercado Dia%.
-Pan e viño "El campeador" en tetrabrick
Prezo por persoa: a voluntá, depende de canto se coma.

Vemonos todos, os que non viñestedes a entrenar tamen!!, eso si, comeredes ostias en vinajre.

lunes, marzo 12, 2007

Vai por ti, Iagüito.

Non puido ser a victoria, pero si un pelexado empate co lider, o que queremos dedicarlle con moito cariño e admiracion, o noso taquilleiro mais dicharacheiro, que non sae dunha para meterse noutra.
Esperamos que pronto te recuperes deste segundo accidente de moto en dous meses, porque Pereira non se aclara co cambio, e hai cada desfalco de carallo.
Dende a directiva estase a contemplar a posibilidade de recaudar cartos para mercarche outra moto xa que a tua quedou en siniestro total, e se non chega para un Vespino GL pois tera que ser unha bisicleta ou un patinete!!
Animo Iaguito!!!
Deixade aqui os vosos mensaxes de apoio, ou posibles donativos para a causa.

PUNTOS MASTER (contra o Grove)



  • Maza: 1,5 , cantadita en el 2º gol .

  • Viana:2, estivo bastante ben.

  • Makay:1.5, tampouco o fixo mal de todo.

  • Rodri: 2.5, ben coma semre.

  • Pechu:2, bastante seguro no corte e mandón.

  • Jandro: 2.5, leva 5 partidos rendindo a un gran nivel.

  • Iván: 2, bo fichaxe.

  • Migui: 2, un gol e puco máis.

  • Fer: 2, sempre cumpre.

  • Naguel: 2, o gol e polo resto estivo bastante fallón.

  • Fox: 1.5, asistencia no primeiro gol e despois natillas Danet (e inda por riba rebotouse co respetable)

-Cris*: 1.5, sen tempo.


-Pedro*: 1.5, non está en forma.

domingo, marzo 11, 2007

Libertad 2 - Jrobe B 2

Gran partido, o que se viviu na soleada e apacible tarde de hoxe, onde o maximo aspirante o ascenso, so puido arrancar un puntiño ante un correoso Libertad.

Os aurinegros, con so 13 homes, afrontaban o duelo co seguinte once:Maza baixo paos, liña de catro con Banana e Makaay de laterais, e Rodri e Pechu centrais, por diante doble pivote con Jandro e Ivan(non confundir co de Raxó), extremos Migui e Fer, mediapunta Naguel e Fox de ariete.No banco so quedaban, Cris e Pedro.
O Libertad, plantea o encontro a defensiva, tratando de collerlle as espaldas na contra o Grobe, e asi foi, o dibuxo da tactico da pizarra, plasmase no campo.
Os mecos tratan de ter a iniciativa co balon nos pes, mentres que un laborioso Libertad en defensa, bota o traste unha tras outra as acometidas visitantes.Con moita entrega dende o porteiro ata o dianteiro, o equipo replega, e sae ben a contra, collendo en apuros a zaga azulona.
E nunha destas rapidas transicions, mediada a primeira metade, a que aproveita Migui o recibir sin marcaxe un balon servido dende a esquerda, que lle da tempo a controlar e colocar o disparo lonxe das mans do porteiro meco, 1-0 e moito partido por diante.
O Libertad non arruga coma os de Dorron, e metelle o medo no corpo o Grobe, con perigosisimas contras, a mais clamorosa a que desperdiciou Fox diante do porteiro.
Chegabase o descanso co 1-0, anulando o ataque meco e poidendo levar unha renta maior.

Na reanudacion, estaba claro que os mecos so lles valia gañar, e saldrian a por todas.Mentres o Libertad mantiña o mesmo debuxo, que tan bo resultado lle dou na primeira metade.
O Grobe apreta, e pronto consegue igualar a contienda, ante o estupor local, 1-1.Toda a segunda parte por diante, e os mecos xa teñen o partido donde querian.
Pero os lilainos, lexos de dar mostras de flaqueza, apretan os dentes e roen as pedras do campo, sen dar por perdido ni un solo balon, e asi buscanlle as espaldas a defensa visitante en cada balon recuperado.Dipoñense de claras ocasions para tomar ventaxa no marcador, Migue,Jandro nun man a man e como non Fox, pero seria o espigado Naguel o que materializase o 2-1.
Partido de cara para os nosos intereses de novo, a aguantar como leons e deixar correr o tempo.
Pero coma sempre e costume nesta casa, regalo para os mecos no saque dunha falta, que Maza non acerta a despexar o rechace, que bota mansamente no area pequena e é empuxada coa cabeza polo diantiero o fondo da rede deixando o marcador con empate a dous.
Lexos de desmoralizarse, o equipo cun afan de superacion e entrega pouco habitual, segue buscandolle as cosquillas o Grobe, e disponse de oportunidades para levarse o partido, a mais clara teria Fer, na que o porteiro visitante saca unha man vital para os mecos.

Finalmente o resultado non se moveria mais, reflexando un bo empate, pero que non fai xustiza a prol das oportunidades fallidas e o gran esforzo realizado.
Seguimos unha liña ascendente que hai que fraguar cada domingo no campo, e por suposto en cada entrenamento.Vamos a entrenar señores, todos! os de Raxo tamen!, mercores Meaño 21:00, venres Baltar 22:00.
E SABADO, cenuqui na de Fer!!
Hai un equipo que vale un collón,Libertad!!

sábado, marzo 10, 2007

Este domingo: Libertad - Grove.

Mañan domingo a partires das 16:30 h. no Municipal de Baltar, partidazo entre o Libertad Sporting e o lider da categoria o Union Grove B.
Esperanse avalanchas de afeccioados por parte dos dous bandos, xa que non quedan entradas, e a reventa ronda xa os 3,5 euros.
Vemonos mañan, noutro decisivo e emocionante duelo.

P.D:Que pasou onte coa xente no entreno?,volvemos as andadas?despois que merda queremos, 14 tios o mercores e onte 7, non me tocar o carallo, IMPLICACION XAAA!!!, "temos que ser porcos non jaliñas"!!

Convocatoia: Maza,Makaay,Banana,Ministro,Cris,Pechu,Migue,Jandro,
Naguel,Fer,Fox,Pedro e Ivan

miércoles, marzo 07, 2007

O Deiro reclama o noso partido o Dorrón.

Pois si, anque parezca mentira, o Deiro, segundo o boletin da Federacion desta semana, reclama por alineacion indebida o Dorron o partido que nos gañaron o domingo pasado, e asi consta:
"Abrir información ante reclamación formulada por el U. D. S. M. Deiro por supuesta alineación indebida de jugadores en el Dorrón C. F. Trasladar la mencionada reclamación al Dorrón C. F. para que
por escrito y en el plazo de 5 días formule las alegaciones que estimen convenientes en defensa de sus derechos."


Este pouco habitual feito, debese o rumor que circula pola rede, da suposta situacion ilegal de Alberto Veiga, ex do C.X. Sanxenxo e dende hai duas semanas titular no Dorrón.
O Deiro,con posibilidades o ascenso, o coñecer este dato, e despois de poñerse en contacto coa directiva aurinegra para saber si pola nosa parte reclamariamos o encontro, chegando incluso a ofercerse para pagarnos a reclamacion, o ver que nos non moveriamos un folio, deciden facelo pola sua conta.

Ahora a pelota esta no tellado da Federacion que tera que aclarar a situacion.
E de supoñer, que o Dorron, a estas alturas non andará con trapalladas, pero nunca se sabe.
O que resulta curioso, e que un terceiro poida reclamar un partido, do que non coñece mais que o resultado final.Esto podera dar paso a reclamacions semanais dos equipos que se xoguen algo, asique non e de extrañar que para a semana o Dorron reclame o Grove si nos gaña, ou que o Umia reclame o Deiro... anque non se enfronten directamente, vaia show!

E nos, o noso.
Estamos abertos a calquer tipo de axuda "moral", para enfrontarnos este domingo o Grove, por favor equipos interesados deixen a sua suxerencia en: Caixanova nº 0130-3004-36-02-003242-09 titular Libertad Sporting Club.Por suposto os mecos tamen o poden facer.

lunes, marzo 05, 2007

Prego 1 - Libertad 0.


Emocionante derbi que se viviu na fria e humida tarde de onte no Cruceiro de Dorron.
O choque comenzaba puntual, ante un Dorron con fame de victoria tras tres derrotas consecutivas, e un Libertad que apesar de contar con 6 baixas importantes(Rodri,Cris,Ivan,Jorgre,Cons e Gus) saiu a dar a cara.
O encontro, como un autentico clasico estivo repleto de tension e emocion.
Nos primeiros compases, os aurinegros esforzabanse por destruir o xogo local sacando balons da frontal do area, deixando moi desasistidos os dianteiros, mentres que o Dorron intententaba trenzar alguna xogada,e chegar con perigo as inmediacions de Maza, anque tampouco estiveron moi finos, e desaproveitaron alguna clara ocasion.
Esa foi a tonica de toda a primeira metade, o Libertad sen desenvolver un bo futbol, e a sabendas de ter a polvora mollada, aferrabase o marcador coma un gato panzarriba, mais preocupado de defender que de crear xogo.
Tras o descanso mais do mesmo, cada equipo desenvolvia o seu rol, o Dorron tratando de profundizar, e o Libertad con pucos argumentos ofensivos, pero moita moita entrega trataba de sacar un resultado positivo.
Finalmente, tanta tension e igualdade no esforzo polos dous bandos veuse rota por unha aparicion divina para o Dorron, nunha xenialidade de Prego, ata o momento desapercibido, que colocaba o balon na esquadra de Maza a balon parado, imparable.Xarro de auga fria para os nosos, que nos seguintes 10 min. baixaron a intensidade, provocando os mellores momentos de xogo local.
Pero foi un espexismo, o Libertad, levado por centos de siareiros dende as bancadas, inspiraban pulos os xogadores aurinegros, que se vaciaron nos ultimos compases do encontro dispoñendo de algunha calrara ocasion, mentres o Dorron pedia a hora.
Finalmente o resultado non se moveria, apesar de que nos ultimos intres o arbitro, bastante caseiro, non sinalou un penalti clamoroso a Dani, argumentando que foi un balonazo nos collons o que lle golpeara, hai que joderse.
En fin, felicitar o Dorrron pola victoria, anque un empate tampouco seria inxusto, e sobretodo felicitar a nosa cojonuda afeccion, lamentando non poder adicarlle mais que un gran esforzo pola nosa parte.

O dato positivo; no golaverage particular estamos por diante do Dorron(2-0,1-0) o que no caso de quedar empatados a puntos quedariamos por riba deles.
A nota negativa; nos ultimos catro encontros, solo marcamos 2 goles.

Grcias afeccion; hai un equipo(que con vos) vale un collon, Libertad!!

domingo, marzo 04, 2007

PUNTOS MASTER ( Contra o Dorrón)

Derbi nunha fria tarde de domingo e derrota pola mínima completamente inxusta. Para empezar ó gol do Dorrón veu dun maxistral lanzamento a balón parado que non fora falta. Para seguir o árbitro (non hai un que sexa nin polo menos regular...) tragouse un penalti clarísimo sobre Dani casi o final do partido. A verdade e que o Dorrón non ten nada, non me explico como está ahi arriba pero estou seguro que ó final non vai nin a promocionar. O millor do partido sen ningunha dúbida é o licor café da cantina dos dorronianos e outro 3 para a afección xa que parecía que era o Libertad o que xogaba na casa. Haber cando nos dades unha alegría. Puntos:
  • Maza: 2, estivo ben algunha intervención de mérito.
  • Iván: 2.5, cumpriu con creces de central, curtou sete mil balóns e mostrouse moi contundente (Yoli non te queixes)
  • Pechu: 1.5, non estivo mal de todo pero non podian faltar as súas pechugadas.
  • Makay: 1.5, discreto...
  • Viana: 1.5, tamén bastante discreto
  • Jandro: 2, dos que máis en forma está. Loita coma un jabalí.
  • Angel: 2, moi ben ó corte. Inda lle sigue faltando algo de criterio na saida do balón.
  • Fer: 2, sempre incisivo.
  • Migui: 1.5, fixo un par de xogadas con moita clase e pouco máis (aparte de aturar os berros de Miki durante todo o partido)
  • Anxo: 1.5, estivo dedasistido e para variar déronlle leña a esgalla.
  • Fox: 1.5, moi ben os primeiros 20 minutos do encontro logo marchou (porque carallo tira el as faltas se as tira coma min!?)

David*: 1.5 , se todos lle botaran os collons que lle vota él iriamos de primeiros fixo.

Dani*: 2, provocou o penalty que non pitaron e andivo moi activo, entrou tarde

Chema*:1.5, fora de forma e non levantou a ningun do Dorrón.

Pedro*: 1.5, tan discreto que se me olvidou poñelo.

P.D.: gustaríame saber , ignorante de min, se un xogador pode xogar en 2 equipos diferentes na mesma tempada. De non poder eu reclamaba...

Map IP Address
Powered byIP2Location.com