domingo, enero 30, 2011

Romai 0 - Libertad 2.

Nova victoria do Libertad, que foi mais costosa do que parece indicar o marcador.O equipo lilaino derrotou o Romai con tanta xusticia coma con falta de fluidez, o que fixo que o partido disputado xenerase demasiados nervos hacia o final do encontro, pero que terminou rexistrando a victoria do cadro aurinegro, que recupera postos na clasificación.

O Libertad que ia collendo confianza segundo avanzaba a primeira metade, anque quedando moi lonxe a brilantez doutras tardes, pero polo menos nesta acompañou a sorte, ou , mellor dito a efectividade.Probablemente a clave do choque foi marcar os dous goles tan pronto.O primeiro no min.8 nunha falta lateral botada por Dorado que tras pasearse pola frontal do area, chega os pes de Roxo que a envia directa o fondo das mallas.E no min.28 novamente Roxo, que se estreaba no taboleiro de goleadores, culmina un bo contragolpe levado pola esquerda cun duro remate, si ben o porteiro visitante puido facer algo mais.
O partido tranquilizouse ata o descanso, anque o Romai disporia dunha boa ocasión para recurtar distancias, cando Cadornas e incapaz de atallar un remate a saida dun corner, o rexeite volve a ser para os locais que entre un rebumbio de xogadores consegue conectar un disparo que primeiro bate no travesaño e posteriormente pegalle na cabeza de Dorado, e que afortunadamente sae fora.

A volta dos vestuarios o Romai estivo mellor que os aurinegros, anque non tanto en xogo coma en intensidade.O Libertad parecia conforme co marcador, ata BR7 marraba a ocasion mais clara do encontro, e ainda asi os locais tampouco levaban demasiada inquedanza a meta de Cadornas, que lograba, toda unha volta despois(Libertad 1 - Romai 0 con Juan na meta), deixar a cero a nosa porteria.

Xogador do encontro: Roxo, primeiro doblete da tempada.A clave foi non ser capaz de cajar no baño de Romai, notabaselle en tension co cu apretado.

A seguir asi, sen baixar o listón, pensando xa na proxima xornada que nos enfrontará o Xil, rival directo na clasificación.

Libertad
: Cadornas, Lemos, Rodri, Pedro, Makaay(Basi m.83), Adrian(Patillas m.75), Suso(Lino m.67), Dorado, Roxo(Pechu m.80), Vicen(Yerai m.50) e Beiro.

Goles: 0-1 Roxo m.8, 0-2 Roxo m.28.

Xa tendes a plantilla actualizada na sua paxina.

Espazo ofrecido por:

domingo, enero 23, 2011

Libertad 2 - Vilanova 1.


Meritorio triunfo dos aurinegros ante un correoso Vilanova.

O Libertad plantexarou un partido moi serio e traballado, sendo en liñas xerais superior o seu rival.

Na primeira metade, co vento en contra, os aurinegros levaron a manixa do xogo, controlando as acometidas visitantes, que ben, por merito do noso gran porteiro Cadornas ou pola pouca punteria dos arietes blanquinegros quedaron sen premio.Mediado este primeiro acto, e tras unha xogada moi trenzada, o mais puro estilo da Masía blaugrana, BR7, lograba o 1-0, situandose como pichichi do equipo con tres dianas(no te relaxes Beiro, que so estas a 3 de Pechu) eso si despois de dispoñer de duas ocasions moi claras, unha delas anulada por fora de xogo.

Tras a reanudacion, e co paso dos minutos os nosos tiveron vertigo de verse por riba no marcador, os nervos e tension apoderaronse da zaga, que cometeu os erros de sempre a balon parado, nun saque de banda, conseguen peinar o balon para que no segundo pau,e sen oposicion, o dianteiro vilanovés puxera as taboas no electronico 1-1.
Nembargantes o Libertad soubo repoñerse, e voltou a controlar o partido.No min.75 chega a xogada polemica, na saida dun corner, o arbitro sinala un penalti a favor por empurron sobre Fer.
Seria un motivado Dorado o elexido para transformar maxistralmente a pena maxima e levar o extasis os centos de fans que semanalmente arrastra este galactico de Seixal.
De ahi o final do encontro, o Vilanova perdouse en protestas que rematou nun carrusel de cartons, un deles vermello, facilitandolle asi o partido Libertad, que non pasaria apuros para manter o resultado.

Partido moi completo do Libertad, que xa empeza a subir postos na clasificacion!

Libertad: Cadornas, Lemos, Rodri, Pedro, Makaay(Basi m.90), Dorado, Suso, Adrian(Pechu m.90), Roxo(Yerai m.80), Fer(Angelito m.78) e Beiro(Papuchi m.90).

Vilanova: Oscar,, Jose Luis, Ferro, Elias(O.Paz m.51), Diego, Aitor, Lucas(Victor m. 46), Adrian, Raul, Fariña(Ivan m.69) e Beni.

Goles: 1-0 Beiro m.32, 1-1 Victor m.60, 2-1 Dorado m.75 de penalti.

sábado, enero 22, 2011

Nova tenda oline do Libertad


Compracenos anunciarlles que xa temos a vosa disposicion a nova tenda virtual do clube, onde poderedes encontrar todo o merchandaising oficial.
Podedes acceder clicando na pestana superior ou dende equi.De momento estamos en provas, e para finalizar os pedidos teredes que solicitalo a calquer xogador, directivo ou enviandonos un mail na zona de contacto da tenda.
Estamos preparando novo material para a presente campaña, e como gran novidade tamen teremos as camsolas dos principais clubes do mundo a uns prezos de escandalo.

Estade o tanto e non perdades esta estupenda ocasion!!!

viernes, enero 21, 2011

Fernandito cedido o Dorrón.


A pouco mais dunha semana para que cerre o mercado de inverno, e tras o fichaxe de Afellay polo F.C. Barcelona e o posible traspaso de Van Nistelrooy o Real Madrid, o Dorrón situase o fronte da informacion deportiva cun sonado fichaxe.

Fernandito Poza, estandarte da entidade aurinegra dende a sua refundacion, que non estaba a entrar nos plans do adestrador, lastrado por continuas lesions e problemas de saude, o que lle impediu apenas, poder disputar tres encontros nas duas ultimas campañas, motivou que o interese do Dorrón, non caese en saco roto.
O da Carabuxeira en persoa foi quen negociou a sua saida do clube, pois o seu representante ata o momento e pai, Fernando Poza senior, desvinculouse do seu fillo, o entender que este fichaxe ia encontra dos seus princios eticos e morais.
Directamente Fernandito tratou coas duas partes, achegando posturas e limando asperezas.

O Dorrón, inmerso nunha profunda crise institucional, o borde do descenso, necesitado de efectivos, para tratar de revertir esta situacion urxentemente.O esforzo economico que esta a facer ata o momento, non esta dando o resultado esperado, o fichaxe de Julio Alarcón, semanas atras, como adestrador non causou o efecto desexado, e parece ser, que o numero de xogadores dispoñibles para os partidos e entrenos e cada vez mais escaso.E por isto que o conxunto granota, vese na obriga de peinar o mercado en busca de xogadores revulsivos e de contrastada calidade para intentar conseguir a salvacion nos partidos que restan.

Finalmente, acordouse que o mais beneficioso para as tres partes seria unha cesion ata fin de tempada, asumindo o Dorrón o cambio de residencia xunto coa elevada ficha do xogador ata o 30 de Junio, data na que volvera as disciplina aurinegra.
En termos economicos, esta cesión, suporá un aforro duns 20€ netos anuais en salario e ata 500€ de beneficio, en obxetivos, sempre e cando o Dorrón salve a categoria habendo xogado Fer en candomenos 5 encontros.

Fontes cercanas o xogador, afirman, que esta decision persoal, esta a provocar un gran malestar no seo familiar.Todo o mundo sabe, o que para a familia dos "Lobo" significa o Libertad S.C, todo o que apoiaron e apoian a este noso glorioso clube.
Dende esta redaccion poidemos saber que a sua nai xa lle advertiu, que se lle acabou o cocido dos domingos! e a roupa de entrenar terá que lavarlla a moza.Pola parte paterna, xa comentamos que se desvinculaba profesinalmente, ademais de retirarlle a palabra tamen queda fora da herdanza, pasando todo a mans do seu irman Felipe.
Compañeiros da reputada publicacion semanal ¿Que me dices?, tamen fanse eco do conflicto sentimental que esta decision lle pode acarrexar a parella.Todo apunta a que a sua noiva, non esta nada convencida coa idea de ter que cambiar de residencia.Pasar de vivir no centro da cidade, con todalas comodidades a man, a vivir Magalans e un cambio drástico o que é difícil acostumarse.

Esta prevista a presentacion oficial para hoxe venres, a partires das 21:00 no Bar Compadre de Dorrón.

Con esta nova cesión, a canteira do Libertad situase como referencia comarcal, pois da nosa entidade sairon xa, xogaddores coma Andro, Velay ou Jorge cara o Portonovo S.D, Pedro o Porteiro o Sp. Portonovo, Ivan e Gus o Dorrón, Borja Lopez e Anxo o Portonovo "B", Mourelos o Noalla, ... todos eles formados ou reformados na entidade aurinegra.

domingo, enero 16, 2011

Puente Arnelas 2 - Libertad 0.

O Puente Arnelas arranca unha victoria ante un combativo Libertad.
Desapacible tarde no campo das Chans en Puente Anelas onde o Libertad citabase duas horas antes do inicio do encontro para a sesion de charla e video.
A concentracion tivo lugar no Bar Arnelas sito o lado da gasolinera.Entre tapas de callos e magdalenas analizabase o rival, anque algun, quizais pecou de gula, sobre todo os que viñan con fame, Cadornas, Lino e Adrian que repetiron callos e treminou por pasarlles factura para mal de todos no vestiario, aquelo parecian os fuejos de San Amaro.

No meramente deportivo, o encontro condicionado pola intensa chuvia, desluciu un partido entre dous equipos que saben o que xogan.
O Libertad en plena semana blanca, perdia para este encontro a Pedro, Makaay e Fer, o que se suma Bujy por lesión, Suso con cajarria e Jacobo que quedou en Arra repartindo estampitas de San Amaro, tendo que facer reaxustes en todas liñas, pero tirando da canteira sacose un equipo moi competitivo.




Un gran esforzo fisico e orden tactico fixo que se fora o descanso co 0-0 inicial.
Na segunda, o Puente Arnelas inmerso na loita polos primeiros postos, viase obrigado a buscar a victoria e dar o 100% para intentar doblegar os aurinegros, isto, unido o gran desgaste fisico da primeira metade, propiciaron pequenos desaxustes defensivos, que os do Ajax de Arnelas souberon materializar con maestria.O primeiro gol chegaria no min. 70, precedido dun dubidoso fora de xogo e a puntilla viria no min. 84 cun duro disparo que se colou na escuadra de Cadornas o que pouco poido facer.



Primeira derrota do ano, despois de dous resultados positivos.
A pesar de perder, o equipo esta a encontrar unha regularidade no xogo e sobre todo unha maior intensidade, que fixo exprimirse o rival para poder levarse a victoria.A seguir asi que ainda queda moita liga.

Puente Arnelas: Martin, Miguel, Carlos(Pedro m.84), Roi, Isi, Victor(Isaac m.72), Falcon(Sergio m.77), Rafa, Suso, Gastón e Buceta.

Libertad: Cadornas, Lemos, Basi(Patillas m.86), Lino, Ministro, Nagüel(Vicen m.83), Dorado, Roxo(Pechu m.86), Adrian(Yerai m.79), Gainza e Beiro.

Goles: 1-0 Rafa m.71, 2-0 Suso m.84.

miércoles, enero 12, 2011

Dorado levase o netbook.

Na tarde noite de onte na Lanzada, celebrouse a entrega do I Premio o Xogador Comprometido, no que se valoraba o xogador da plantilla que mais socios fixera.
A este prestixioso acto, que se retrasmitiu en directo Gol-TV, asistiron mutitude de persoeiros de diversos eidos da vida publica e privada, politicos, autoridades militares e civis, deportistas de elite...
A organizacion do evento foi todo un exito, que rematou cunha gran paparota no Gran Hotel de La Toga.

Sergio Dorado amosa o seu trofeo, na zona mixta fronte a centos de periodistas e fans que se concentraban nas inmediacions dende a madrugada do domingo.



Aproveitamos a ocasion para publicar o listado de xogadores que a dia de hoxe non fixeron nin un misero socio, gracias pola colaboracion.
-Makaay.
-Cadornas.
-Adrian.

domingo, enero 09, 2011

Salnes 2 - Libertad 3.


A choiva invernal dos dias pasados, deunos unha tregua na tarde de onte, para poder disfrutar dun gran espectaculo no campo do Pombal.
O Salnes daba o partido por gañado, antes xa de cambiarse.Asi escoitabanse os seus xogadores, nos primeiros compases, decir cousas tales como; hay que matar xa o partido...
Sen embargo, ilusos eles, a pelicula ia ser ben distinta.
O Libertad saltaba o terreo cun gran "handicap", non tiñamos porteiro.Cadornas esquiando e Josiño desaparecido en combate, obrigaban a buscar unha alternativa, seria Vicente, cheo de moral, quen aceptase esta responsabilidade, que a postre seria o home do partido.
Na primeira mitade, a inactividade polo paron de nadal fixose notar nos dous conxuntos, imprecision e pouco dominio fixeron que se fora o descanso co marcador inicial.
No segundo tempo, o partido cambiaria por completo, goles, emocion, errores arbitrais, e pequenos rifirrafes , fixeron disfrutar do futbol os preto dun centenar de siareiros que ata Cambados se desprazaron.
O Libertad, puxo mais que un Salnes superado pola necesidade de victoria aurinegra.O equipo vai encontrando o ritmo dos ultimos encontros e chega con perigo as inmediacions da meta local.Dun rechace nun corner, Ministro na frontal do area, sacase unha volea para enmarcar, e introduce o balón no fondo das mallas.
O dominio acentuase e Fer culmina unha internada de Roxo pola banda dereita poñendo o 0-2 no electronico.Con este marcador o Salnes que parecia anonadado e a deriva, volve a entrar no partido no ultimo cuarto de hora producto das decisions arbitrais.
O punto de inflexion, producese cando o arbitro decide non expulsar o porteiro local que colle coa man o balon cando este pasalle por encima a 15 metros da area, cortando a ocasion manifiesta de gol de Beiro, sen mais oposicion ca os tres paus.Con esta indignante e inexcusable decision, os nosos entran no xogo deles, e entre marrullerias e protestas, non supemos controlar un partido que ata entonces tiñámos controlado.O Salnes encontrou petroleo, e en duas accions conseguen a igualada que lle daban emocion os ultimos compases do partido.Estes derradeiros minutos de infarto, onde a subida de adrenalina, facialle xogar malas pasadas, a mais de un, dentro e fora do terreo de xogo, terian un final feliz(para nos claro), Beiro mais coñecido por BR7, porfin encontraba porta, e conseguía levar a victoria e o extasis as bancadas.

Victoria merecida, pero non esquezamos que non se pode caer nas provocacions e perdernos en protestas o arbitro, que a piques estivo de custarnos un partido mais que controlado.
Coidado rapaces que collemos carrerilla ,e a ver quen nos para!!!!


Mencion especial para Vicente, que cando mais apretaba o Salnes, sacou un man a man digno dun inspiradisimo Iker Casillas, e que sen lugar a dubidas estivo moi por encima de outros porteiros oficiais.

Salnes:Joaquin, Ruben, Pablo, Varela, Oscar, Beni(Diego Garcia m.35), Ivan, Besada, Xocas, Rial e Trigo.

Libertad:Vicen, Lemos, Basi(Patillas m.55), Pedro, Ministro, Dorado, Nagüel(Lino m.65), Fer(Pechu m 72), Bujy(Gainza m.46), Adri(Roxo m.52) e Beiro.

Goles: 0-1 Ministro m.55, 0-2 Fer m. 62, 1-2 Trigo m.79, 2-2 Xocas m.84, 2-3 Beiro m.90.

Tamen aproveitamos para inaugurar unha nova seccion:

LO QUE EL OJETE NO VE!!

Esto e a bancada de tribuna no campo do Pombal, con razon o nome do campo.

Entrenos martes, xoves e venres na Lanzada as 21:00

lunes, enero 03, 2011

De novo en marcha.

Tras o paron navideño, arrancamos de novo con gañas e ilusion, e a intencion de empezar a escalar postos na clasificacion, que coma todalas semanas xa a tendes actualizada na pestana correspondente.

Esta semana entrenamos martes e venres na Lanzada, xa que o xoves e dia de Reis.Xogamos domingo contra o Salnes en Cambados.

Recordamosvos que este sabado dia 8 as 21:30 temos a cena do equipo, quen non veña que avise!!!

Importante, hoxe dia 3 remataba o prazo para que os xogadores entregasedes os socios e optar a levarse o fantastico netbook de Samsung N-150 valorado en 300€.
Ante a avalancha de solicitudes de ultima hora, a xunta directiva por unanimidade, decidiu ampliar o prazo ata o sabado 8 as 22:30 horas, e asi facer a entrega do premio durante a cea.Asique ide espabilando a pera, sobretodo algun que non fixo nin un misero socio, e que de ser asi, quedara sin postre, sin a sudadeira amarela do 2011 e sen o polo oficial do clube!!!Ademais faremos unha lista cos xogadores que non fixeran ningun socio para publicar no FEISBUR

Map IP Address
Powered byIP2Location.com