domingo, abril 29, 2007

Sp.Portonovo 0 - Libertad 3.

Por fin chegaron os goles e a ansiada victoria.
O Libertad rompe o seu maleficio goleador, con tres goles, un de Maza como dianteiro titular, na primeira metade, e os outros dous xa na segunda foron de Anxo e de Jandrete o definitivo.

Os aurinegros sairon moito mais metidos no partido e dominaron con claridade en todalas facetas de xogo, sen embargo a pouca fortuna ainda de Migui cara o gol, impediu que foramonos o descanso cun marcador mais folgado.

Na segunda, o Libertad, quizais pouco acostumado a ir por diante no marcador, e co segundo gol xa no peto parece conforme co resultado e deixase ir.O Portonovo facia algunha timida intentona, pero sen facer traballar o noso porteiro.
O Libertad o pouco que movia con criterio o balon creaballe moitisimos problemas o Sporting, dispoñendo de clarisimas ocasions para deixar en ridiculo o seu rival, finalmente seria Jandro o que puxese a guinda, a este pastel, que xa nos tocaba comer.

En definitiva un derbi, que a estas alturas da competicion perde moitisimo interes e emocion, tanto dentro coma fora do terreo de xogo, xa que moi poucos afeccionados desplazaronse ata Xil.
Victoria que xa tocaba, ante un arbitraxe pesimo, e una mala imaxe do Portonovo con piques entre o seus xogadores, demasiado longa esta segunda volta.

Proxima semana o derradeiro encontro de liga que nos enfronta ante o Umia, e que se xogara en Barrantes, con motivo da inauguracion do seu novo campo de cespede sintetico, que esperemos sexa unha festa en todolos sentidos, e que poñan aljo de picar para todos o finalilzar o encontro,por aquelo das eleccions,
Hai un equipo que vale un collon, LIBERTAD!!

jueves, abril 26, 2007

Ultimo derbi da tempada.


Penultima xornada ligueira, na que se enfrontaran o Sp. Portonovo e o Libertad.

Os dous equipos istalados durante toda a tempada na zona media, estan separados unicamente por 4 ptos.

Quizais este non sexa o mellor momento para disfrutar dun gran partido, xa que ningun dos dous equipos ten opcions o ascenso, ainda asi e o ultimo aliciente a derradeira oportunidade de salvar este final liguero bastante penoso para as duas escuadras.


As estadisticas previas a ter en conta son:

-O Libertad leva 4 xornadas sen facer gol.
-O Sp. Portonovo leva 7 semanas sen puntuar.
-O Portonovo como local marcou sempre excepto co Beiramar.
-O Libertad e o segundo equipo con mais empates,7 ,tan so un menos que o Umia.
En definitiva sera un partido igualado, que esperemos sexa un exmplo de comportamento dentro e fora do campo, e porsuposto que gañe o Libertad, ben ou mal hai un equipo que vale un collón.
Como iniciativa novidosa, animase os afeccionados, que acudan o campo con alimentos e bebidas, non para doar a ningunha ONG, senon para facer o remate unha jran merenda en amor e compañia, como se fose o dia da Armenteira, en despedida da tempada
Nota: ide poñendo nos comentarios o que ides traer, mais que nada para que non se repitan moito os alimentos.

domingo, abril 22, 2007

PUNTOS MASTER (contra o Bamio)

Empate a cero en Baltar contra o Bamio que non tirou nin unha soa vez entre os tres paus. O Libertad tivo varias ocasions moi claras, sobre todo no último tramo do encontro en non acertamos a mete-lo balon na porta. O final reparto de puntos que non sabe a nada para o Libertad (temos unha falta de pegada que e cousa mala). Puntos:

  • Josiño: 2, apenas lle deron traballo ningún.
  • Pechu: 2, bastante seguro e sen "pechugadas".
  • Rodri:2.5, na sua liña, a este hai que ascendelo de ministro a presidente.
  • Makay: 2, parece que hoxe é o dia dos douses.
  • Cristian: 2, ben cortando o xogo rival.
  • Jorge: 2.5, un dos pulmóns do equipo, e parece que saca mellor a pelota.
  • Naguel: 2, traballador e sacrificado na media.
  • Jandro:2, non estivo tan activo coma nos tiña acostumados últimamente.
  • Migui: 1.5, estivo moi fallón, non tivo a súa tarde.
  • Iván: 2.5, xunto con Jorge o outro pulmón, moi activo todo o encontro.
  • Anxo: 2, tamén estivo pelexón e buscouna en todo momento.

Pedro*: 1.5, non está en forma.

Maza*:1.5, pasa para a porteria e deixate de ostias.

domingo, abril 15, 2007

Non hai maneira, Beiramar 1- Libertad 0.


Incapaces de dar unha alegria a afeccion e o adestrador, o Libertad volvia a caer pola minima, nun encontro de pouco futbol e moito contacto.
De 15 convocados o venres, aparecemos 12, e gracias, con Maza como unico troco de xogador de campo.
Na primeira metade manteriase ó 0-0 inicial, sen apenas ocasions por ambos bandos.
Na reanudacion, o Beiramar ten o control dun medio campo inexistente para o Libertad roto en duas unicas liñas, defensa e ataque.Faise o unico troco, Maza de dianteiro por Pedro, e os minutos pasan sen provocar ningunha chegada inquietante.
Finalmente, os de Castrelo mediada a segunga metade, farian valer o seu dominio e sacan proveito da unica ocasion evidente, 1-0 e xa todo esta perdido.
O desanimo apoderase dos xogadores, o que fai que alguns perdan os nervios, tomandoa co compañeiro, dando unha imaxe lamentable de cara o espectador.
Nos ultimos minutos, un Libertad ferido no orgullo apreta o Beiramar contra a sua porteria, pero que unha vez mais manteriase inexpugnable ante unha preocupante impotencia goleadora dos aurinegros.

Pouco mais que contar, tres encontros restan, tres finais para intentar salvar a imaxe e a honra, o domingo esperanos o Bamio en Baltar, e o mercores e o venres, a cumplir ,a comprometerse e a facer piña para salvar este final ligueiro.
Nota: O Concello dara prioridade o Sporting Portonovo de cara o uso dos novos campos, si rematan a liga por encima nosa, asique xa sabedes!!!

domingo, abril 08, 2007

Libertad 0 - Zacande 1.


Outra derrota pola minima, ante os nosos afeccionados, que xa non se lembran do que e unha victoria.
Boa tarde para a practica do futbol, que por certo pouco se practicou.
Na primeira metade, e sen xogar a nada, o Libertad domina o xogo, sen materializar as chegadas o area, sen embargo o Zacande a falta de 15 min. para o descanso tras unha bonita vaselina de Edu, empuxa o fondo da rede o seu dianteiro en fora de xogo.Primeira chegada clara dos de Meis e 0-1.
Tras o descanso, asumense riscos cambiando o 4-4-2 por un 3-4-3, pero o Libertad inoperante en ataque seria incapaz de perforar a porteria do Zacande en todo o segundo tempo, tan solo Rodri de cabeza meteulle o medo no corpo.Os de Meis aguantaron o resultado, sen tampouco crear moitos problemas, a un cumplidor Josiño, que sustituia o lesionado Maza.

En definitiva derrota pola minima, no que o Libertad non sendo a balon parado non pegou a porteria nin unha sola vez.

A proxima semana esperanos un rival directo, o Beiramar, ademais encontro importante para o mister ante o seu ex-equipo.A ver si lle damos unha alegria e imos todos a entrenar e lle gañamos, que o pobre leva cada disjusto!
Un ultimo esforzo que solo quedan 4 partidos!!!

martes, abril 03, 2007

Salnes 4 - Libertad 0(version extendida)


O Libertad contaba para este encontro con 17 xogadores, co cal o mister decide o venres dar descanso a Ivan a peticion propia.

O malo e que o final tres dos convocados non poideron xogar, por varios motivos, entre eles Maza o unico porteiro por molestias no hombro.

Asi e todo eramos trece, e anque tivese que quedar Pedro, si marcabamos mais que eles, por suposto gañariamos, e o Salnes penultimo na taboa, levaba toda unha volta sen gañar.

O once que debuxaba un 4-4-2 foi: Pedro intenteando disimular que era porteiro, para que non se percatasen os rivais, Makaay e Pechu laterais, Rodri e Chema cenrais, no medio Jorge e Naguel con Jandro e Fer nas bandas e en punta Migue e Anxo, quedaban soiños no banco Camion e Gandara.


Arranca o partido, e o Libertad intenta poñer en xogo o aprendido nos entrenos, e nos cinco primeiros minutos o equipo move con criterio o balon taocando de cara, cambiando de banda, parecia facil e o terreo de xogo prestabase, pero nada, nada de nada.Empezase a perder o sitio, non se fan apoios en corto, moi estaticos entranos o medo no corpo e zas, nun balon rechazado que baixa cunha parabola incrible imos tres a por el, e un por outro e a casa sen barrer, o esferico quedalle franco a un do Salnes que sin pensalo enjatilla un disparo que sale pegadiño o pau e 1-0.

Lexos de espabilar, o equipo vense abaixo e intres despois nun regalo da defensa e tras tres rebotes entre o pao e o porteiro finalmente chega o 2-0.

O equipo segue sen reaccionar moi brandiño en todas as liñas, con fallos constantes en defensa, e un Tomas que fervia no banquiño.

Asi chegariase o descanso, onde o mister da unha severa charla, intentando motivarnos.

Saimos na segunda a por todas, o equipo da mostras de reaccionar, e chegase nun par de ocasions a porteria rival.Cando semellaba que podiamos dar a volta a tortilla, xarro de auga fria, outra cagada en defensa e 3-0.

O equipo ferido de morte trata sen moito acerto de facer polo menos o gol da honra, defensa de tres intentando sumar efectivos no ataque, pero nin con esas.

O Salnes que tampouco tiña gran cousa estaba moito mais motivado ca nos e a falta de 15 min apuntillan co 4-0.

O encontro agoniza e uns e outros pedindo a hora para non facer mais fonda a ferida.

O final xusta victoria do Salnes, que xa lles ia tocando, comportamento exemplar de todolos xogadores, bo ambiente, intercambio de camisolas..., en definitiva, e moi a pesar dos afeccionados, aqueles vibrantes partidos cheos de rivalidade entre estes dous equipos parecen ter os dias contados.

Botase de menos aquel impetuoso Sartages repartindo estopa pa diante e pa tras, o aquel Beni regalando butifarras as bancadas, aquel memorioso 7-6 no municipal de Baltar...,que tempos aqueles...


Entrenase o mercores as nove en Meaño, e imos a tratar de darlle unha alegria a afeccion este domingo ante un dos equipos que mellor futbol fai, o Zacande.

lunes, abril 02, 2007

PUNTOS MASTER ( Contra o Salnes)

Aciaga e ventosa tarde en Cambados e severo correctivo que lle infrinxiron o Libertad, cunha doorosa derrota por 4 - 0. Na primeira parte o Libertad foi unha boneca de trapo nas mans do Salnés, non colliamos bolla. Na segunda, sobre todo ó principio, o equipo fixoo algo mellor, pero foi solo un espexismo, encaixamos o terceiro e nada logo o cuarto e pra casa. Eu so espero que Tomas siga para a vindeira tempada e fagamos algo serio desta banda de Pancho Villa:

  • Pedro: 2, porteiro de circunstancias que cumpriu.

Para o resto un 0.5 a todos (igual faría un par de excepcions), non se pode ir por ahí así de apirolado e atrapar unha tunda do Salnés. Así que a espabilar que só quedan 5 partidos a ver se nos dades unha alegria xa...

Map IP Address
Powered byIP2Location.com