lunes, julio 30, 2007

Arrancando motores.

O proxecto mais ambicioso na historia do clube, porase en marcha este mercores 1 de Agosto.
Para elo, estan citados todolos xogadores e novas incorporacions para as nove(en punto!!) no campo de Meaño, o cal deberan acceder por expresa orde do mister con zapatillas deportivas.

Respecto o mercado de fichaxes, todavia hai dudas de quen sera o sucesor de Maza na porteria. Juan Lopez(ex-Dena) parece bastante interesado en vestir de aurinegro, por outro lado, esta redaccion coñeceu de primeira man, o interes do Xil por facerse co Russo(ex-Umia, o da foto), co que parece haber un acordo verbal de hai xa tempo.Nembargantes este tapado do Xil, todavia non firmou nada, e a idea do Libertad estalle rondando a cabeza, ademais, este movemento do clube de Meaño cubrindose as espaldas ante a salida de Cadornas, parece indicar que ainda que este non fose fichado finalmente polo Noalla dificilmente volveria o Xil, desmentindo rotundamente a informacion vertida na sua web.
Esto quere dicir que calquera deles poderian vestir a camisola do Libertad esta tempada.

Vemonos en Meaño as nove, puntualidade por favor!!

jueves, julio 26, 2007

Mais fichaxes.

Na tardiña de onte, dia do Apostolo Santiago, esta redaccion non deixou de traballar, para poder ofrecervos de primeira man e en exclusivas, os diversos movementos en canto a fichaxes que rondan a orbita aurinegra.
Asi faise publico un rumor que golpea duramente na moral do eterno rival, Juan Leiro "Hellboy", quere abandoar a disciplina dorroniana.O de Reis, afincado en Korea e nomeado fillo honorifico por Manola, que ademais posue a doble nacionalidade, esta cansado de dispoñer de escasos minutos no D.United, apesar de deixarse a pel en cada entreno e partido.O xogador ainda que non e unha peza clave no once titular, si o é entre os seus compañeiros, donde considerase como un dos capitans honorificos dentro do vestiario.

Ante esta situacion, e a posible chegada de reforzos, ve como unica salida cambiar de aires, e por suposto os seus intereses pasan por recalar no Libertad Sporting Club.En declaracions filtradas a este medio Juan asegura que pora o seu empeño en amosar o seu ex-equipo que se equivocaron con el, e que vai poñer o collon obligatorio polo clube e o outro mais, e se fai falta medio do seu irman tamen.
Respecto o ofrecemento do xogador do Xil, Esteban Portela, parece non ter moi claras a sua ideas, polo tanto a directiva do clube, que nunca amosou o seu interes por facerse co seus servicios, considera que a posicion na que desenvolveria o seu rol, esta ben cuberta, e desestima a sua posible incorporacion, eso si agracedendolle o xogador o seu interese por vestir de aurinegro.

lunes, julio 23, 2007

Actualidade.

A falta de pouco mais dunha semana para comenzar a pretemporada, existen varios frentes que preocupan a entidade aurinegra.
En primeiro lugar, o clube esta a espera de que se lle de o alta medico o actual entrenador Tomas Abal, que tras sufrir un percance no traballo, leva xa un mes de baixa, e ainda non se coñece con exactitude o alcance da lesion nun xeonllo.Dende aqui aproveito para facerlle un pouco a pelota e darlle animos para unha pronta recuperacion.

Outro punto conflictivo para os intereses do Libertad, e a carencia de horas no campo de Baltar para facer unha boa pretemporada.Tras conversas co responsable de deportes, o que se lle solicitaba unicamente un dia semanal(2 horas a medio campo) parecia que nun principio e cando menos no mes de Agosto seria viable, pero despois de reunirse cos respectivos presientes do Portonovo e Sanxenxo, actuales adxudicatarios en exclusiva segun un convenio de 1992 (hai 15 anos, cando non habia outros equipos!!) parece case imposible que nos cedan algunha hora, un feito, que de ser asi parece mais propio dos anos de Franco que da epoca en que vivimos, señores estamos no 2007, e non pode ser que un convenio obsoleto de hai 15 anos siga tendo vixencia.
E xa que tanto o Portonovo S.D e o C.X.Sanxenxo non teñen ningunha intencion de ceder, gustariame e desexaria, que cando estivesen rematados os novos campos de herba negaraselle o acceso tal e como estan facendo eles co de Baltar, e que se queden hai para sempre!, que non somos nos solos esta o Sporting Portonovo os veteranos... que temos que facer malabares para poder xogar o que mais nos gusta, o futbol.
Sabemos das boas intencions da nova corporativa local e esperemos solucionar este agravio, hacia os clubes mais modestos.

No capitulo semanal de fichaxes, Charly a espera do visto bo do presi do Xil, firmara por 2 tempadas con opcion a unha terceira e recibira por cada unha delas 1 par de botas en Bruto.

Tamen chegou a esta redaccion, o interes de outro xogador do Xil por recalar na nosa entidade, tratase de Esteban Portela, que personalmente ofreciase a membros do clube lilaino.Tratariase dun zagueiro mais a disposicion de Tomas, e ademais seria un atractivo para que tamen recalase no Libertad o seu irman e pichichi da categoria Dani Portela, actualmente na orbita dorroniana.

martes, julio 17, 2007

Búscase porteiro!!


Ante a negativa de Maza para seguir como porteiro, atopar un cancerbeiro de confianza e a primeira prioridade do clube.
Nestes intres existen varios nomes que rondan a orbita aurinegra,pero cada un en diferente situacion, en principio contase co visto bo de Josiño, que xa rematou a pasada liga con nos.
Por outro lado o clube interesalle repescar a Penoucos, pero ante o seu proximo cambio de estado civil(noraboa), todavia non deu resposta algunha.
Tamen mantiveronse contactos con Cadornas, anque a sua prioridade e facerse cun posto no Noalla, ainda existe algunha posibilidade.
Outro nome que ronda e Jose "Ruso" o ex do Zacande e Umia, que tamen coñece a disciplina lilaina.
E o ultimo nome en entrar en escea, e Juan Lopez, que viria no mesmo paquete co seu irman Borja.Neste caso a predisposicion de Juan parece total, e onte a tarde deronse os primeiros pasos para que cando menos comence a pretemporada con nos.


Xa vedes o repoquer de porteiros que baralla o clube, a modo de enquisa; ti con cales dous te quedas?

lunes, julio 16, 2007

Traspasos.

Dende a secretaria tecnica do Libertad, chegounos esta mañan un burofax certificando o traspaso de dous dos seus xogadores. Estes son David Caballero fichado por unha temporada polo U.D.Formentera de 1ª rexional e Gustavo Moldes transferido o Dinamo de Zagreb, que milita na liga croata.
Con estes movementos o Libertad alixeira unha abultada plantilla ademais de facer unha boa caixa, percibira polas duas operacions un total de 20 euros, co que hai mais que de sobra para pagar a clausula de rescision de Charly e Cadornas.

Pero donde o clube pode sacar petroleo, e nunca mellor dito, seria na venda do veterano xogador da Florida Javi Cons.
Segundo poido saber esta redaccion, o jeque Hamad bin Tamer, primo do emir de Qatar acaba de facer unha proposta millonaria para que Cons remate a sua carreira futbolistica no Al-Ahili de Doha en Qatar onde xa estiveron compañeiros da sua talla como Pep Guardiola ou Fernando Hierro.
O jeque que se encontra estos dias varado no seu magnifico iate en Sanxenxo, desfixose en eloxios hacia o dianteiro aurinegro, e esta disposto a botar a casa pola ventana.
O xogador todavia non fixo ningun tipo de declaracion o respecto e sigue escoitando ofertas como a que chegou a semana pasada dos veteranos da Cervrceria Azor, pero sen dubida recoñece que esta e unha gran oportunidade de retirarse como un xogador da sua talla(un 44) merecese, ademais tamen axuda que este jeque posua o 53% das accions de Radio Salil.
En fin en breve sabremos o desenlace, do que poderia ser un pelotazo a altura dos de Roca en Marbella

jueves, julio 12, 2007

Carteira de fichaxes.


Seguimos dando nomes de xogadores que rondan a orbita aurinegra, asi pois o xogador zurdo do Xi,l Charlie esta cada dia mais preto de formar parte da plantilla, pola contra contra o seu compañeiro Pacheco ve inviable o seu traspaso.Do Xil tamen sona o porteiro Cadornas, que apesar de realizar a pretemporada co Noalla, no ten nada claro o seu futuro.
Ourtos nomes que sonan son Fernando "Jaliña" ex-U.Dena ou Borja Lopez(canteira Portonovo), irman do mitico porteiro Juan Lopez(Dorron,Dena...).
Tamen moi avanzadas estan as negociacions co que seria o primeiro extranxeiro na historia do Libertad(sen non contamos os suizos Gus e Ivan, claro), o fichaxe do uruguayo Edu, tras unha dilatada carrreira futbolistica por diversos paises.
Rumores sen fundamento tamen falan de xogadores como Borja Dios,Javi Laybe,Yerai(xuvenil Sanxenxo)...pero simplemente son eso rumores.

Recordovos que a pretemporada comenzara o 1 de Agosto na cidade deportiva de Meaño, e estase a espera de que o concello consiganos algunha hora en Baltar.
Referente os novos campos, segundo Angel, concelleiro de Urbanismo, asegurou que tras conversas co responsable de Sercoysa adxudicataria das obras, este afirmou que os campos estaran listos o 1 de Outubro do presente ano(ajola!!).

miércoles, julio 04, 2007

Cambio de grupo.

Facendose eco dos rumores, esta redaccion decide investigar o posible cambio de grupo do noso equipo para a zona de Pontevedra, e poñendose en contacto coa Federacion Galega de Futbol, podemosvos aclarar, que no pleno celebrado entre a Delegacion de Pontevedra e os clubes da categoria, decidese polo ben da competicion que haxa igualdade numerica de equipos participantes, e dicir todolos grupos estaran formados por 14 equipos.

Asi pois, no grupo da zona do Salnes, no que eramos 17, tras o ascenso do Grove B e Dorron, e o descenso do Romai e Chispa, volveriamos a quedar os mesmos, co cal deciden, basandose na proximidade xeografica, cambiar o Amanecer, Sp. Portonovo e mais nos a zona de Pontevedra.

Esto todavia non esta en firme xa que o deben aprovar na asamblea xeral da federacion con data para o proximo 14 Xullo, pero ten todalas papeletas para sair adiante.
O noso clube esta estudiando a situacion, e si e beneficioso este cambio de grupo, polo suposto nivel inferior do grupo de Pontevedra.
De todolos xeitos sera a federacion quen teña a ultima palabra, e teriase que dar unha carambola para que poidesemos volver o noso anterior grupo, xa que teria que aver outros equipos que se quixeran cambiar.

Manteremosvos informados, por certo, vos que opinades? creedes que o cambio e bo, o polo contrario perxudicanos.Deixade os vosos comentarios, seran tidos en conta.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com