miércoles, noviembre 30, 2005

O Umia - Libertad xogarase en Portas

O equipo de Barrantes (meu querido ex-equipo), ten que cumplir dous encontros desanción e xogar no exilio por supostas agresions a un colexiado.
Polo tanto o encontro deste domingo disputarase no Municipal de Portas as 16:00 hrs.
Esperemos que a afeccion reponda como o esta a facer na casa e volva a asistir os partidos lonxe de Baltar como o facia noutros tempos.
Dende o terreo de xogo, prometemos espectáculo.Vémonos.
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!

Por se non sabedes chegar mira eiqui

M.V.P. de Novembro

Como xa sabedes, despois de cada partido, procedese a puntuar os nosos xogadores, nos denominados "Puntos Master"(que Marca nos copiou).O fin de cada mes, esta web fara saber cal e o xogador mais valorado: MVP(moust valorated player) ou o que é o mismo xogador mais valioso.
Neste mes, faremos unha excepcion, xa que a web naceu a mediados de outubro e polo tanto eses dous encontros tamen puntuaran para a eleccion do MVP de Nobvembro.
Asi pois, o xogador mais valioso e:.............

-Rodri e Rai, empatando a puntos;12 dun total de 18 posibles.
Despois estarian tamen empatados Migui e Pechu con 10 e en terceiro lugar empatados tamen Maza e Fernandisco con 9´5.

Noraboa a todos e a seguir loitando.

martes, noviembre 29, 2005

A afeccionada da semana

A honra de se-la nosa afeccionada da semana é para Nikki. Facía falta botarlle peito ó asunto e quen o ía facer mellor que Nikki (aquí a vemos vestida coas cores do Libertad, ó lado da miña casita despois de ensaiar a coreografía claro).

Foi unha das que máis se lle oiu no campo, senón que lle pregunten ós nosos xogadores, que vaia partidazo que fixeron. Esperamos seguir contando con animadoras como ela, pois non vexan canto se esforza nas súas coreografías...e que a gran actitude da nosa afición e os resultados nos sigan acompañando.

domingo, noviembre 27, 2005

Puntos Master do derbi contra o Dorrón

1.- Maza...2_____Moi seguro. Pensaba que Javi non aceptara o soborno.
2.- Pechu...3_____descoñecido. Partidazo, fixoo fácil. Chalu aínda non levantou a cabeza.
3.- Rodri...3_____pletórico, onde se necesitou aí estaba él. Incluso se permitiu uns cantos slaloms ó final do partido.
4.- Iván...2_____seguro e con calma, tamén subiu ó ataque cando se acababa o encontro.
5.- Emi...3______O que fai durmir oito horas... firme en defensa(pregúntenlle ó pescozo de Javi), entendeuse moi ben con Migui.
6.- Vieitez...3____Enorme,1 pulmón. onte foi boa, pero cando colleu ritmo fíxose omnipresente. secou a Dani.
7.- Rai...3______Fixo de todo. perdeu algún balón de máis pero volveu facer un gran partido.
8.- Fer...2______A rachas. Apareceu menos que outras veces pero cando o fixo creou perigo.
9.- Migui...2_____Parece que chove, pero ahora son goles. creou perigo e reencontrouse coa portería.
10.- Anxo...3____Entregadísimo. Moi participativo, meteu un gol e creou moitas ocasions.
11.- Gus...3_____Correu máis que todo o Dorrón.Maxistral, meteu dous e doulle outro a Anxo.

--------------------------------

12.- Cristian...2__Sobón.Non se notou a súa entrada na defensa. 13.- Fox...1_____porque gañamos q senón...Ten que despertar.
14.- Mario...1___N.M., leña non se olvidou de dar.
15.- Cisco...2____Reclamado pola afección, Álvaro comeulle o tarro, blando pero ben.

--------------------------------

Nito e Tono J. ...3__Plantexaron moi ben o partido en todo o momento. Acabouse a racha do Dorrón eh Álvaro.

Pereira...3_______Coma sempre elegantísimo. Fixo unha boa taquilla.


Sigamos así equipo, saíndo con esa actitude en tódolos partidos e co apoio dos nosos incondicionais siareiros acabaremos moi arriba esta tempada.

Baño o Dorrón United


Gran espectaculo o que se viviu esta tarde no Municipal de Baltar, onde se disfrutou dun gran ambiente nas gradas, apesares do frio a choiva que non pioderon co impetu dos miles de siareiros que corearon e amnimaron coma nunca.
Dende o terreo de xogo os xogadores souberon responder a tan numerosa afeccion cunha gran entrega e sobetodo con goles cheos de raza e esforzo.
Esta historica victoria ao noso maximo rival, ven a reforzar a moral dos nosos e afunde o Dorron nunha grave crise.
O encontro so tivo dous cores, o amarillo e negro da nosa camisola, que dende o principo dominou e foise o descanso cun xusto 2-0(Migui e Gus) con algunha que outra timida intentona por parte dos arietes granates.Cabe mencionar a gran actuacion do noso lateral dereito que obligou a cambiar de banda a Chalu,un dos xogadores mais tecnicos da categoria, e intentalo polo carril de Emi.
Na segunda metade, mais do mesmo, e con moita entrega Anxo, moi activo, mataba o partido a pase de Gus.E seria o de Raxó o que poñeria o 4-0 final, que acaba asi, coa sua mala racha goleadora.
Digno de mencion foi a reaparicon do xogador mais carismatico da afeccion, "Cisco" Padin, ainda que non desfrutou de moitos miniutos.Por outro lado cabe destacar o bo recibimento da afeccion o ex-aurinegro Javier Cons Remiseiro que cumpliu coa sua palabra e aceptou o soborno para non marcarnos ningun gol apesar que dispuxo de varias ocasions, gracias Javi!.

viernes, noviembre 25, 2005

Libertad Fashion Underwear


Este e o nome co que saldra o mercado a nova liña de roupa intima deseñada polo xogador mais carismatico da afeccion, Francisco Padin(Cisco) e o preidente honorifico D.Juan Pereira.
Con esta entrada no mundo da moda, pretendese aproveitar o tiron dos xogadores do Libertad entre as feminas, e posicionarse asi como un regalo estrela para este nadal.Ademais cabe a posibilidade de personalizalas coas caras dos teus xogadores favoritos.
Asique non o dubides, se non sabes que regalarlle a tua moza, aproveita a oferta de lanzamento, que inclue un video coas mellores xogadas do equipo a un prezo increible!
*5.95 euros+gastos de envio.NON TE QUEDES SIN ELAS!!

jueves, noviembre 24, 2005

Derbi AMAÑADO!!


Jran exclusiva.
Como demostran estas imaxes, captadas con unha minicamara, oculta nunha botella de licor cafe(do Muiño do Ferreiro, por suposto), as mais altas esferas da entidade aurinegra e os dous xogadores mais decisivos do Dorrón, participaron esta semana unha secretisima reunion no reservado vip do pub "La Menta", onde parece ser, que os directivos lilainos chegaron a un acordo para amañar o partido deste domingo.
Segun as conversas filtradas a este medio, nun principio, as estrelas mediaticas do United rexeitaron firmemente os sobornos, pero despois de varios chupitos de licor cafe, e algun que outro masaxe ou frega, por parte de Tuchupa Michichi e as demais afeccionadas, que tanto adoramos nesta web, J.C.R. e J.M.T.(queremos preservar a sua identidade,por posibles represalias) acabaron cedendo, e comprometeronse a non marcar ningun gol, polo menos na porteria do Libertad.
O encontro cerrouse cunha jran juerja que se prolongou ata altas horas da madrujada.
A fecha de hoxe, descoñecemos as cantidades ofrecidas polo libertad a estes mercenarios do futbol, pero manteremolos informados de calquera novidade o respecto.
Dende a praza de Pascual Veiga, saudos cordiais.



*Micro-camara espia,oculta en botella.Maxima novedade,última tecnoloxia dixital, cedida por Foto Olimpio(P.V.P:375 euros)

martes, noviembre 22, 2005

A Afeccionada da semana.


Tuchupa Michichi.Esta beleza oriental é a próxima tentativa da directiva que encabeza o Sr. D. Diego Pucheto para subir as vendas da cantina.Véndense 4 Coca-Colas e bébense 5 sen pagar.Con esta parrula estamos seguros que as vendas dispararánse,asi que xa sabedes,o domingo non traiades as pipas da casa.

Achégase o esperado derbi contra o Dorrón

Así é señores, a vindeira semana visítanos o Dorrón, un dos equipos ó que máis coñecemos posto que varios dos nosos xogadores coincidiron con varios dos seus integrantes nas categorías inferiores do Portonovo ou do Sanxenxo; contando incluso cun ex-aurinegro, Javier "Chupón" Cons, que se afincou como ariete titular indiscutible do noso rival. O Dorrón foi catalogado como serio candidato ó ascenso nos últimos anos, aínda que acabou quedándose como "eterno aspirante", e nesta tempada as cousas non lle están saíndo demasiado ben(xa están por debaixo nosa), pero isto é un derbi e sempre son partidos especiais.
O noso equipo acabou en Romai cunha racha de 3 victorias seguidas e 5 partidos sen perder, pero quedou a sensación de que era un partido que se podía gañar. Namentres no Dorrón seguen de capa caída tras perder co Bamio 2-3, e ademáis hai rumores de que xa non hai tan bo ambiente nesa "panda de amigos" xa que se filtraron algunha imaxe escandalosa (aterradora diría eu) na súa web que nunca debeu saír do vestiario (xuzguen vostedes mesmo e comenten).
Así que xa sabedes, esperamos que o Frente Aurinegro esté ó completo e que TODO O MUNDO apareza en Baltar de Arriba disposto a arroupar ó máximo ó nosos xogadores.
Hai un equipo que vale un collón!!! LIBERTAD!!!

lunes, noviembre 21, 2005

Puntos Master do partido contra o Romai

1.- Maza...1______bo partido, nada puido facer nos goles.
2.- Pechu...1______moi ben na 1ª metade, ainda que un erro de marcaxe desembocou no 1-0.
3.- Rodri...1______Ben atrás, equivocouse co ritmo do partido.
4.- Iván...1_______ni fu ni fa, chupou demasiado de mediocentro na 2ª metade.
5.- Jandro...1_____desquiciado. Correu coma sempre e díronlle coma sempre pero esta vez pitáronlle tan so en contra.
6.- Vieitez...1_____casi o joden, pero este rapaz é duro. Pouca aportación ofensiva.
7.- Rai...1________empezou ben, pero perdeuse na 2ª metade.
8.- Candi...0______onte foi boa, demasiado encarnado.
9.- Migui...1______parece que chove. Díronlle duro, errou un gol cantado que supuña o 0-1(fixéronlle penalti). Ten que dar máis.
10.- Gus...1______intentouno. Desinflouse na 2ª parte como todos.
11.- Fer...1.5_____correu durante todo o partido, intentouno, pero non se lle pode dar máis puntos.

--------------------------------------------------------

12.- Fox...0______patatero. Hai que recuperar a este xogador.
13.- Chema...3____mal partido para debutar. Pero 3 puntos que foi él quen sacou a rifa gañadora.
14.- Borja...1_____aportou ganas, pero apenas tocou balón.
15.- Emy...0_____non aportou nada novo. Non tiña que haber xogado.
16.- Mario...0.5___Mario....hai que estar más atento Mario....

Tono J. ...2______Co transcurso do encontro e a actitude do árbitro pouco se podía facer, pero fixo xogar a todos.

Pereira...3______Juapísimo outra vez.

Romay-4 / Libertad-0

Tarde fria e gris, como o ceo, para os xogadores e os poucos afeccionados que se desplazaron ata o Velodromo de Romay.
Despois do espectaculo ofrecido a semana pasada coa goleada o Salnes, esperabase colleitar un bo resultado deste campo que parece maldito para os intereses do Libertad.
Nada mais lonxe da realidade.A pesar de comenzar moi ben o encontro, xogando a un futbol vistoso e o primeiro toque, moi similar o dos pupilos de Frank Rijkaard, acabouse contaxiando o xogo racano do Romay e ante a pasividade dos nosos e a colaboracion inestimable do arbitro finalizaba o encontro co abultado marcador de 4-0, que si ben, non se fixo un gran partido o resultado non fai honor a realidade, xa que o Romay non demostrou gran cousa mais que unha solida defensa e dous dos tantos produxeronse en escandaloso fora de xogo.
A actuacion do colexiado, foi coma sempre,neste campo, desquiciante para os nosos xogadores, un arbitrase tipicamente caseiro que acabou coa expulsion de Jandro tras dirixirse o colexiado en tono despectivo pola sua penosa actuacion.
En resume, mala tarde para debut de Tono Jorquera como primeiro adestrador, ante a ausencia de Nito Peon,e mala tarde para os intereses do noso clube de acceder a un posto U.E.F.A.
Os unicos datos positivos do encontro foron, a recuperacion do central de Fontoira, Chema, e como non, como ven sendo costume, a consecucion do carneiro que se sorteaba no campo.
Esperemos recuperarnos todos deste golpe, e afrontar con todalas garantias o derby desta semana ante un Dorron que parece non levantar cabeza.

jueves, noviembre 17, 2005

A afeccionada da semana



Esteliña (arriba) e Diana (dereita).
Esta semana foinos moi difícil elexir unha afeccionada que sobresaíse por encima do resto despois da demostración de entrega de toda a afección na tarde do domingo; por iso decidimos non elexir a unha senón a dúas, Diana e Esteliña, que ademáis de deixarse a gorxa animando ó Libertad, o mesmo fixeron nos partidos de España, e agora xa imos rumbo ó mundial (haber se desta se fai algo máis que chegar a cuartos).
Diana fíxose do Libertad ó final do ano pasado, cando o equipo estaba en racha, tras ter un "affair" co ex-míster Calucho. A cousa non durou moito, pero o que si lle dura a Diana é a súa lealtade e devoción polo Libertad, non como ó ex-míster, do que tal vez algún día averiguemos e poidamos contar cómo foi captado pra facerse socio do Sporting. Por certo, ela repite demasiado: "que sí, y luego no es muy cukiño Anxo, es el mejor...".
Esteliña pola súa parte é unha diseñadora (fixádevos no modelito que sacou dunha camiseta da selección, ¿a que está ben?) á cal lle metemos a afección polo Libertad este vran, e agora é das mais forofas. Ademáis esta axudando, de forma totalmente desinteresada por suposto, a deseñar e coser ós novos gorros e bufandas que pronto terán os nosos socios.
Gracias ás dúas polo voso apoio ó club, e en particular quero agradecerlle á Esteliña ser tan "boa".

lunes, noviembre 14, 2005

Puntos Master del partido contra el Salnés

Once inicial:

Maza...0.5_____ "eu so sei que entraron 6, entonces 7-6".
Emy...2_______ peleón, non sei como aguanta,ni un pola súa banda.
Rodri...3______ primer ministro, e non se fale mais.
Vi...3________ Beckenbauer?apuntenlle 2 chicharros
Pechu...1_____ cumplió? falto de ritmo? parece que chove
Rai...3_______monstruo,iniciou casi todo o ataque con perigo
Candi...3_____Festina Oro, controlou o tempo e o balón
Tono...1______falto de ritmo(ós venres tampouco?)
Migui...3______"corre ostia! y gánale la espalda" e así foi. Comeuse ó lateral.
Anxo...2______Quente. Pola cera que lle diron e porque outra xogada súa rematou en gol de Candi. Non puido facer máis.
Fer...3_______Douno todo.
---------------------------------------------------------------------------------------------
Bancoleiro:

Jandro...3_____un pesadelo po rival, que llo digan ó dez.
Borja...2______sudouno todo.
Mario...1______un pouco perdido, pero se hay que ser duro...

Tono J. ...3._____xa debía saber o que ía pasar, porque víaselle moi tranquilo
Nito...3_________sabía o que había que facer. (Pechu pelota)

Pereira...case 3_______pero eso non se lle fai ó árbitro, vaia susto que levou o rapaz.


e para a afección un 10, gracias polo voso apoio e por demostrar que a afición lo Libertad ten saber estar.

Libertad 7 - Salnés 6

Máis que memorable tarde a vivida onte no Municipal de Baltar de arriba, pra non olvidar(senón que lle pregunten os do salnés) donde acabamos vendo un resultado de futbol sala pero no que os nosos xogadores lle demostraron ó rival qué é o fútbol.O partido xa viña precedido dun ambiente "caldeado", a pesar das baixas temperaturas que nos azotaban, porque a tempada pasada o Libertad impúxose xustamente nos dous partidos que xogamos contra este "ekipo" (2-3 no seu campo e 2-1 á volta) e xa no partido de ida tivéramos un par de incidentes co nº 10, Benito Pomares, si ese que nos ensinou o grandes que ten as ourellas(vanche andar nelas), o cal tras recibir uns cantos adxectivos descalificativos tras unha par de feas entradas respondeunos lanzándonos unha lapada que caeu a escaso medio metro dos que alí presenciábamos o partido (arbi eso é expulsión) e logo matándose a correr por un balón ó que non chegaba nin o cameruneng Samuele'too pa logo darnos un chuflaso que diría Pereira que menos mal que nos cubrimos (que poña un comentario o q levou o balonazo). Así foi, e así llo estamos contando.
O libertad saiu ó campo demasiado relaxado, e así en tres xogadas a balón parado e despistes defensivos xa se sinalaba un 0-3 no electrónico que se reflexaba nas caras dos seguidores, que por un momento deron o partido por perdido. Pero ahí xurdiron as figuras de Rai e Candi que se fixeron donos do centro do campo, cunha defensa xa metida no partido e centrada, e o despertar de Migui en ataque e a loita de Fer, o Libertad fíxose dono do terreo de xogo e tras un fenomenal remate de Fer xunto cun caracoleo de Anxo na área e asistencia a Candi chegouse ó descanso cun 2-3 que ben puido ser un 3-3, pero aínda non se presaxiaba todo o que chegaría na 2ª parte.
Arricou o 2º tempo co troco de Jandro por Anxo, que fixo un bo partido pero que estaba sendo defendido con demasiada dureza para que puidese crear todo o perigo que soe facer; Jandro xa sabía o que había con este equipo e deixouse a pel sobre a terra para amargarlle o resto da tarde o 10 visitante cunha dura e intensa defensa e colaborando en ataque coas súas chegadas polo centro e a súa entrega. Pero a pesar do ben que se acabara a 1ª metade, a 2ª empezou igual, cun Libertad confiado e descentrado que acabou encaixando dous goles mais, unha contra e un de falta(Non foi a tarde de Maza, pero en declaración do propio porteiro ó final do encontro: "Mierda! mierda! mierda! ayer fue buena, pero esto no vuelve a pasar, a partir de ahora dejarse de parvadas y a por el Zamora, nada de arriesgar, y por alto, que estoy asta los huevos de que vengan contra mí, si le tengo q subir el pie a la altura de la cabeza del delantero o si le tengo que saltar por encima lo haré, ostia!") establecéndose así o 2-5 que parecía mataba o partido.
Máis o Libertad é un equipo que vale un collón e que lle bota moitos collóns se fai falta, e sen renderse e metidos de novo no partido, creando moito perigo pola banda esquerda na que Migui lle gañaba sempre a espalda ó lateral do salnés, mentras Candi e Rai o surtían de balóns, pola sua parte Fer roendo as pedras como na 1ªcena da tempada conseguiuse que o salnés se lle subiran ós testículos á gorxa, e coa axuda do seu porteiro que se comeu(notábase que lle gustaba moito) un balón por alto, acadáse o empate para delirio das gradas.....
Durou pouco a ledicia xa que un par de xogadas despois lograban o 5-6 nunha falta na que Maza se quixo adiantar ós pensamentos do dianteiro e foi sorprendido polo seu pau. Pero tanto xogadores como afección estabamos demasiado metidos no partido como pra baixar os brazos. Migui volveu a gañarlle a espalda ó lateral e tras un pase maxistral de Candi, encarou preto do corner ó defensor e sacou un precioso centro que Vi rematou á pracer.
A partir de aquí entrouse nunha dinámica na que calquer equipo podía haber levado a victoria, co salnés creando perigo a balon parado e o libertad intentando buscarlle ás cotas con balóns aéreo ó oco e buscando á Fer en punta. Pero, botándolle collóns e gracias a un balón roubado pola presión local, Emy pasalle o esférico a Borja que asiste dende a frontal cun pase ó pé a Fer que remata de primeiras establecendo o derradeiro 7-6 no marcador. Delirio nas bancadas e bágoas no equipo visitante, silencio por parte do nº de 10 e mala educación por parte do míster do Salnés, que saiú do campo insultando ó árbitro e non quixo dala mán a Emy despois de estar recriminando falta de educación por parte do Libertad(a iso chámanlle educación e saber perder, exemplo para os xogadores, ¡chao míster!).
Isto foi todo, aúpa o frente aurinegro e o Libertad!
HAY UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!!
pa kasa kentes

goles:
1ºFernando,2ºCandi,3ºVieitez,4ºRai,5ºporteiro en pp.ja!!! a tiro de falta de Migui ,6ºVieitez e o 7º definitivo Fernando, o que abriu o marcador.

domingo, noviembre 13, 2005

Épica victoria sobre o Salnes.

Tarde memorable no Baltar de Arriba, donde se viviu un partido epico, dos que fan afeccion, na que se poido ver unha gran remontada, gracias a entrega e os collons que se lle botaron.
Unha festa na grada, merecida polo seu apoio incondicional, a que ningun LAMBÓN co numero dez na espalda poido arruinar.
Marcador final 7-6 merecidismo, que servira para tapar aljunhas bocas nos foros de internet.

HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!


Mañan a cronica completa(podiala facer Cisco ou Marcos) e os puntos Master que hoxe non teño janas.

Primeiras declaracions do ariete da Florida


Tras tres intensos anos sudando a camiseta do Libertad S.C., o ariete da Florida, Javier Cons Remiseiro, saia do noso clube pola porta de atras, o non chegar a un acordo coa directiva sobre o numero de botes de Reflex a percibir como prima por cada gol conseguido.
Ante a tensa situacion, a unica salida posible e o traspaso.Varios equipos puxan forte por el, anque o mellor situado eran os Veteranos de Sanxenxo.Cando se daba por pechado o fichaxe por este equipo, donde seria presentado como a nova estrela, o Dorrón, ante o seu escaso potencial ofensivo, tira a casa pola ventana e consigue atalo de por vida cun contrato estratosferico, para un xogador das caracteristicas de Javi Cons.
Xa incorporado as filas granates, o seu novo adestrador, Fontan facia estas declaracions:
-"...e un diamante en bruto que hai que pulir, pero coa sua xuventude eu vexolle un gran porvir."

Ante a proximidade do derby co Dorron United, Cons facia estas declaracions na sua primeira rolda de prensa como xogador dorroniano:
-"...Encontrome moi agusto no Dorrón, aqui saben valorarme, xa non me chaman Chupon, e ademais o botiquuin ten de todo: Radiosalil en spray e en crema, Reflex Gel, Calmatel, Cloretilo, estou na jloria(...)"
Respecto o derby, so teño que dicir que vou sair a dalo todo e se marco(pejame a risa) penso celebralo, non lle debo nada a nadie, este ano imos a facer cousas grandes no Dorrón."
Estas foron as impresions dun xogador doido coa entidade aurinegra que non soubo aproveitar o seu tremendo potencial.
Dende esta paxina queremoslle mostrar o noso respeto pola sua decision de fichar polo maximo rival,(ainda que o final queden debaixo nosa)asi como lle pedimos a nosa afeccion que tamen o sexa no proximo encontro.

sábado, noviembre 12, 2005

Homenaxe de despedida a Volvo Ocean Race


Onte a noite celebrabase na sede social do Libertad Sporting Club unha cena homenaxe pola despedida da Volvo O.R. da nosa localidade.
Este acto, o que acudiron numerosos persoeiros e que contou coa presenza do SAR Juan Carlos Keitas, veu a clausurar os dous meses de convivenza cos participantes de dita regata.
Deste xeito o Libertad SC, agradecia todo o apoio prestado o noso clube por parte da organizacion e os equipos da VOR, que se traducira en novo equipamento para o plantel tal como; un balón Mikasa, unha chaleco reflectante, dous pins e unha pejatina.

Os mais afectados por esta despedida foron Nito e Cisco, os que apenas povaron bocado co disjusto.

Unha vez cerrado tan doloroso tramite, poñemos xa o punto de mira no noso proximo rival, o Salnés, un equipo ben conxuntado e sempre situado na zona alta da tabla.
Este encontro celebrase o domingo as 4:15 no Municipal Lilaino e esperanse fortes medidas de seguridade, xa que este equipiño e un dos artifices da mala imaxe do noso clube en internet o dedicarse varios compoñentes a vertir comentarios inxuriosos contra o noso clube.
Asique a gañar chavales, porque HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!

Telmo Martín agradecido co Libertad


O alclde de Sanxenxo,Telmo Martin, facia esta mañanan en rolda de prensa as seguintes declaracions:
-"...Quero agradecerlle a directiva e os xogadores do Libertad SC. e como non, a toda esa maravillosa afeccion que arrastra domingo tras domingo, o seu xesto de onte, o homenaxear a organicacion e equipos participantes da Volta o Mundo a Vela pola que eu tantos esforzos fixen, de verdade, sintome orgulloso de estes chavales que levan tan alto o nome do noso concello polos campos de España.Hai un equipo que vale un collón, Libertad!...".
Con esas verbas e visiblemente emocionado finalizaba o seu discurso o alcalde Telmo Martin.
Dende a Praza do Aviador, iso foi todo.

miércoles, noviembre 09, 2005

A afeccionada da semana.


ROSINA.Rosina é a última fichaxe do Libertad.Dado que algúns dos xogadores estaban a coller " barriguita cervecera ", o novo mister,decidiu fichar a unha dietista.Ela é amante da froita e das boas comidas, " non hai nada mellor que unha boa comida para relaxar ó grupo ".Gracias a esta nova fichaxe o clube prometeu unha comida por partido gañado coa intención de motivar ó grupo.De momento está a dar resultado, xa que o Libertad encadea dúas victorias consecutivas.Xa hai unha cea confirmada para este venres,que ainda que non sea o mesmo, xa verás que ben se durme despois.Uuum.
Esta sección esta patrocinada por Cafetería Trisquel.Ven agora a probar os nosos novos bocadillos. ¡Un saúdo!

domingo, noviembre 06, 2005

C.D.XIL-0 / LIBERTAD-1


Tarde para olvidar, no municipal de Xil, onde notouse excesivante os efectos da Volvo Ocean Race nos xogadores do Libertad.
Os espectadores poideron ver un encontro entre dous equipos rácanos de futbol, onde nin apesar da reaparicion dos de Poio;unha vez levantada a cuarentena pola jripe aviar("polo de poyo"), nin o debut ligueiro de WES, era suficiente para darlle un novo aire o noso equipo, que acabouse contaxiando do patapun-chsipun-como-me-gusta-el-verano que practiba o equipo local, e asi non se veian xogadas de mais de tres toques por ningun dos dous bandos.
O final unha victoria raspada, que puido perfectamente terminar en tablas, polo menos, xa que nos ultimos intres, o Xil apretou tratando de buscar a igualada e despuxo de algunha ocasion clara para facelo incluso un gol fantasma.

Nito notaba uns estranos bultos na gorxa nas ultimas acometidas do Xil.

Sacouse en positivo os tres puntos, un belisimo tanto de Candi na primeira metade e o mellor a JRAN MERENDOLA NO MUIÑO DO FERREIRO en Lores(Meaño).
Sirvan estas imaxes para atestigualo:

Aqui o señor Pereira celebrando a victoria e a sua nova eleccion como Presidente Honorifico do Libertad.

Puntos MASTER do partido co Xil

Maza:.....2...acertado en todalas accions, que non foron moitas.
Pechu.....1...nadie e perfesto
Emi.......1...ni fu ni fa
Rodri.....1...moita sueca solta na Luna
Ivan......1...estivo ali
Candi.....2...vaia jolaso meu
Vieitez...1...ou vai ou reventa
Fer.......1...intermitente nas suas accions
Migui.....1...espeso como o paladin a la taza
Rai.......2...seguro anque lento
Gus.......1...sin pegada
Jandro*...1...un polo sin cabesa
Anxo*.....1...faltouche un puoquichiño asi!
Wes*......2...cumpliu no seu debut
Mario*... 1...pouco tempo para poder demostrar algo
------Tecnicos-----
Nito.....2...supo leer o partido, pero os xogadores non o captaron.
Tono J...1...apenas implicouse cos xogadores.
Pereira..3...que juapo estaba

Espacio ofrecido por Discotecas moviles MASTER

sábado, noviembre 05, 2005

¡FERNANDO XA É SOCIO !E TI, ¿A QUE AGARDAS?


Fernando Vazquez xa é socio do Libertad.Non sexas o último en apuntarte e afíliate.Fala con Cisco e por só 20 € formarás parte desta grandiosa entidade¡Saúdos!

viernes, noviembre 04, 2005

A verdade do acontecido no partido contra o Amaneser

Dende o Frente Aurinegro, e despois de recoller toda a información de relevancia entre colaboradores, afición e demais contactos, queremos expoñer o que realmente aconteceu o pasado domingo no noso campo fronte o Amaneser, para que logo non digan o contrario (quen nos diría fai un tempo que acabaríamos formando una muralla humana para protexer ó árbitro, e librarnos de que se formara un jaleo no noso campo e puidésemos sair sancionados).
O partido comezou con tranquilidade no campo, demasiada e así nos colleron en bragas no primeiro gol, cun arbitro que se mostraba caseiro pa sorpresa local (igual xa sabía o historial do Amaneser) ata que o novo míster Nito, que se atopaba detrás do bancoleiro posto que fora expulsado inxustamente polo pekeno gordo cabrón en Bamio, comezou a protestar alguna xogada e o banquillo do amanecer tisaba ó árbitro para que o expulsara de alí, e alí foi o homiño a apercibilo sen darse conta de que Nito estaba fóra como afeccionado e o único mister o domingo era Tono, mentres que no outro banquillo debía haber 4 delegados e a eles non os botou d'alí.
Dende ese momento o arbitraxe igualouse, deixando repartir cera para uns e outros, polo menos non pitaba o que lle daba a gana, un dos menos malos da categoría. Mentres na grada, catro individuos sen moas do xuicio quentábanos as orellas criticando ós xogadores do Libertad e insultándoos máis que animar ó seu equipo; o máis extraño e que a min personalmente máis me sorprendeu e que ninguén dos nosos afeccionados se lle dirixía nin pra amenazalos, nin insultalos, nin putealos dmostrando que de payasadas xa vale e que nunca empezamos nos os piques na grada, xa que animamos ó no so equipo, non imos por ahí descalificando, sólo si o piden. Pero tralo gol de Gus a incrible pase de Borja, a cousa foi a peor na grada, escoitándose pola nosa parte frases deses rapaciños como "rómpelle a perna a ese burro" e burlas directas ó libertad, foi entón cando se escoitou alguna réplica dos nosos como "si sube aquí ese burro ibas a ver" "coidado que non lla rompan a el" ou "deixade que acabe o partido haber quen ríe último".
Foi nese instante, e con 1-1 no marcador, cando o árbitro se comeu un penalti clamoroso por empurrón cometido sobre Jandro cando se dispuña a tirar(despois dunha galopada deste de 40m na que se levou a 3 defensas),para na xogada seguinte pitar unha falta de Cristian ó lateral da área por zancadillear ó contrario (o feito é que ante as protestas do Libertad o amaneser saliu rápido á contra e o noso defensa derriba o dianteiro grovense dentro da área meténdolle a perna pero tocando lixeiramente ó balon coa punteira). unha por outra q dirían. Resaltar tras esta xogada o cariño mostrado polo presidente do amaneser, o señor Bandido (y bastante),que lle debeu chamar unhas 30 veces mínimo "hijo de puta" ó árbitro, mostrando a educación que atesora.
pero foi coa entrada de Anxo cando se revolucionou o partido. o xogador, coñecido cariñosamente como "Pepita", foi posto por Tono no campo no lugar que debe xogar, de dianteiro (Eh, pero con esto no quiero decir que puedas salir andando al campo ni quedarte en un fondo sin bajar rápidamente con la defensa contraria, ni jalarte una croqueta antes de salir a calentar, hay que darlo todo siempre, no solo pa joder a los campeones del Pro jeje).
Achegábase o minuto 75 de partido, 75 minutos aturando ós pesados tizóns soltar insultos e burlas, cando estoitamos da súa boca a frase que sabíamos ían decir nalgún momento "vos sejide dando patadas, que xa teredes que vir alá", ó que mais de un lle respondeu con claro que imos, pero hai que destacar a resposta do noso ex-entrenador: "claro que vamos a ir, van a ir todos, que mierda dices, no ves que hay 22 monos en el campo que no están haciendo nada ahora mismo, pero vamos a ir allá igual, y como juguemos a algo vais a llevar una tunda peor que el 6-1 del año pasado, que llevamos 75 minutos aturando vuestras babosadas sin deciros nada y ya stamos asta los huevos." os pipiolos calaron a boca o resto do partido, solo unha señora que solo ela sabe o porqué lle respondeu: "eh eh, deixa de insultar que nadie dhe dixo nada a ti, o que pasa é que hay que darlle menos ó porrito", ó que o ex-mister lle respondeu: " pois si, debe ser o porrito, pero para todos, que de los 22 que hay en el campo la mayoría son drogadictos, de unos y de otros, pero por lo menos nosotros no montamos follón ni soltamos babosadas como llevamos aturando to el partido, y si no me cree hagale pruebas a los suyos, ya verá que bien se lo pasaron ayer, por lo menos nosotros a lo nuestro sin joder a nadie..."; a esto ninguén máis que esa señora respondeu ainda que xa se vía que ela mesma se dera conta de que defendía ós indefendibles. Pra pechalas bocas definitivamente e tras un "xa vos vale, aburridooooooos!!!", a grada case se ven abaixo alzando o grito de guerra do clube: "Hay un equipo que vale un collón, libertad!!" e fíxose o silencio ata o final do partido por parte da afección visitante.
Volvendo o terreo de xogo, no que ambos equipos estaban mais perdidos que Chicho en Romaní(no se si se escribe así, nunca estuve allí), tras salir á contra e caerlle o balón nos pes de Gus, Anxo, o pequeno xogador bascuence, que xa había dado mostras do que podía facer, recibiu un pase en profundidade maxistral do propio Gus, levouse por velocidade ó único defensa que se quedou con él, e cando encaraba ó porteiro o central faille unha falta no punto de penalti (penalti y expulsión) e sácalle a bota, a pesar do cal Anxo conseguiu facerlle un caño, puente, túnel o simplemente jodida putada, ó porteiro para establecer o definitivo 2-1.
A partir de ahí, tan só se escoitaban insultos dirixidos ó árbitro, co presi do amaneser á cabeza, e un pequeno incidente protagonizado polo encargado de seguridade, Alfonso Rotilio alias Lasa polas súas cualidades no deporte da canasta, lle pediu ó árbitro que botara fóra da valla a un tipo que estaba ó lado da portería do amanecer, feito recoñecido por Lasa como un erro, disculpándose co home o final de partido dándose conta de que debía haber ido a falar con él e pedirlle con tacto que saise do campo.Fin do partido, e aí vai toda a directiva do amaneser, algún xogador e os catro pipiolos da grada a comerse o árbitro, argumentando que o gol de Anxo debía ser anulado porque ó caérselle a bota debía pararse o xogo e pitar libre indirecto, a favor do amaneser!!!jojo, agora vóuvolo explicar: o defensa do amanecer pisa a Anxo e quítalle a bota, eso é falta e penalti, e logo, que se me esquecía de comentar, cando o porteiro lanzou cara o monte detrás da súa portería a bota do noso dianteiro, debía ser expulsado, así que aprendede primeiro a que xogades e non vaiades polos campos dos demais armando jaleos, xa que varios afeccionados e colaboradores do clube tiveron que evitar que entraran no vestiario do árbitro e que o agrediran incluso(que nos pediu que chamáramos á garda civil por si acaso, os cales se perderon o final do partido Vilalonga-Portonovo por culpa do amanecer jeje) , tendo que volver a escoitar que nos na nosa casa éramos moi gallitos pero que xa veríamos cando fóramos alá, se non queredes levar nas cachas sede un equipo serio e non ir buscando follón por ahí.

Por certo, fontes verídicas e con placa dixéronme que deses catro inividuos sin moas do xuizo, algún xa fora arrestado, outros multados e fichados, de sobra, así que esperamos atoparnos no partido de volta cun rival distinto que en lugar de ir a armar jaleo busquen xogar ó fútbol. E como gran noticia final, facer saber ós afeccionados do libertad que para ese partido fletaranse 4 autobuses subvencionados por Diego como agradecemento á mención da súa etapa dourada neste clube na nosa páxina, e un par de patrols da civil, se nos deixa a kalebo-Roca.Saúdos. ¡¡¡HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!!! LIBERTAD!!!!"

jueves, noviembre 03, 2005

Floreano novo comentarista da actualidade aurinegra


Este mítico personaxe, de recoñecido prestixio internacional, pasara a comentar dende o seu peculiar punto de vista, atraves dun colaborador anonimo os feitos mais destacados dentro da orbita lilaina.
Dende esta paxina damoslle a benvida e desexamoslle o mellor, e para selebralo imonos o tomar unhas tasas, o muiño do ferreiro, claro.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com