martes, septiembre 29, 2009

Achégase o DERBI... en herba natural!!!!

Si queridos seguidores aurinegros, grazas á nosa mediación como filial do Portonovo conseguimos que o vindeiro partido, o esperado derbi contra o Sporting Portonovo, se vaia disputar no campo de Baltar de abaixo, si! o mesmo no que xoga o Portonovo regularmente. Seguro que ámbolos dous equipos disfrutarán do derbi máis que nunca.
Recórdase a todos os afeccionados que o equipo local seguirá sendo o Sporting, polo que todo aquel que non teña carnet de socio deberá abonar 2 € pra entrar, pero visto o espectáculo que se aveciña prega a pena... e se aínda non o fose aproveitaría pra facerme socio do meu equipo.
O acordo entre ambos clubes e total, o Libertad tamén será compensado, e o mellor e que os rapaces poderán xogar nun campo de 1ª. Tamén haberá cantina.

Dito isto, esperamos que se enchan as gradas, sí, aínda que sexan máis e máis grandes, pois seguro pasaredes unha boa tarde no campo, e isto a saber cando se pode repetir (haberá que esperar unha volta polo menos), así que non faltedes.
ah,
Hai un equipo que vale un collón!! LIBERTAD!!!!

Libertad SC 1 - SD Gondar 2

Emocionante partido o vivido na tarde do domingo no Municipal da Lanzada, cun clima máis propio de zonas tropicais nestas fechas e co céspede, artificial, en perfectas condicions (o rego funciona maravillosamente). Enfronte dous equipos con grandes aspiracións pra esta tempada, que diron un bo espectáculo, a pesar de que o Libertad se presentaba con 9 baixas entre lesionados e temporeiros da vendima. Como compensación puidose disfrutar do debut de Saky como xogador aurinegro, que seguro ben lle viría ó Portonovo no partido deste pasado Domingo; demostrou unha técnica envidiable e estivo físicamente moi superior ó resto, o mellor do partido xunto co dianteiro do Gondar.
Sairon titulares polo Libertad:
na portería Velay; lateral dereito Lemos e esquerdo Makaay, con Pechu e Cris de centrais; por diante da defensa Victor e Juan Martín, con Fernando de interior dereito e Saky pola esquerda; en punta Maza e Yerai.
O encontro comezou moi rápido e co Libertad moi centrado, tanto que no min. 10. Maza remata ó fondo da portería visitante un corner botado ó segundo pau por Lemos. Na 1ª media hora puideron caer un par de goles máis pra os locais, pero pasado ese tempo o cansanzo empeza a facer mella nos xogadores aurinegros o que leva ó Gondar a conseguir o gol do empate nun despiste defensivo a saque de corner (min. 40) e a dispor dun par de boas ocasións que non acertan a atinar.
Na segunda parte entraron Ziván por Juan, Tafá por Maza e debuta Jesús Vidal que entra por Fernando, pero 3 cambios nos foron suficiente pra darlle outro aire ó equipo, pois o Gondar saiu moi conectado e a por todas, buscando sempre a espalda dos defensas locais, co que forzaban a todo o equipo a facer máis kilómetros. O Libertad tampouco foi quen de face-lo seu xogo e ante a presión rival e o cansanzo pra dar máis apoios ó compañeiro, os aurinegros recurriron a balóns longos buscando a Tafá e a Yerai, que non diron resultado ante os fortes centrais de Xeve. A falta de 10 minutos e co Libertad empezando a agonizar o árbitro sinala un penalti de Lemos sobre o nº 7 visitante que transforman enganando ben a Velay.

En resumo bo partido mentras as pernas resistiron, o mellor o debut goleador de Maza e a presencia con nos de Saky, que fixo méritos dabondo pra que o Portonovo o teña moi en conta, e o peor a cantidade de baixas, sin as cales podría cambiar un pouco o panorama, e a resistencia física, que debe mellorar aínda bastante.
Isto só nos mostra que hai equipos moi bos este ano e que hay que seguir mellorando, pero estando nesta liña e entrenado todos xuntos pronto meteremos moitísimo mais medo.
Ánimo rapaces, que isto só pode ir a mellor.

HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!!!
LIBERTAD!!!

lunes, septiembre 21, 2009

Campelo 1 - Libertad SC 1

Pouco premio se levou o Libertad do campo de A Seca este Domingo a tenor do xogo desplegado por ambos equipos. Os aurinegros chegaban coas baixas de Charli, Yerai, Juan Martín, Cristian e Paúl, todos con diversas molestias, e inda así saiu a por todas, dominando o xogo claramente durante 80 minutos, e evidenciando nos últimos 10 min. que ainda hai que mellorar físicamente.
Esta vez o tándem técnico optou por saír cun 4-4-2, variando o 4-3-3 que viña sendo habitual esta tempada. A alineación foi:
Velay na portería; na defensa Lemos lateral dereito, Makaay lateral esquerdo, Pedro e Ministro centrais; na media Victor e Iván de pivotes con Pechu pola dereita e Fernando pola esquerda; e finalmente en punta Pablo Beiro e Maza.
Ós 5 minutos de comezar un xogador local cae mal e sáeselle o cóbado do sitio, o que provocou un parón de 25 minutos ata que chegou a ambulancia e o puido atender.
Na 1ª metade o Campelo apenas inquedou a portería de Velay, tan só chegou en contragolpes logrados tras presión, coa que provocaron algún erro visitante, pero á hora de achegarse á portería aurinegra o perigo desvanecíase, moita culpa pola boa labor defensiva.
En fronte o Libertad tiña as ocasións mais claras, moitas con balóns á espalda da defensa, e mérito tamén do bo partido realizado por Fernando, Beiro e Maza arriba que se compaxinaron moi ben, aínda que, como soe pasar, o gol non daba chegado, ben por sobrar un último regate en vez de pegarlle ou ben por non afinar a puntería.
Na 2ª metade entraron Jorge por Maza, Gus por Fernando e Ziván por Pechu. Tras un par de boas ocasións, a mais clara unha de cabeza que Jorge non chega a rematar por centímetros, él mesmo, ós 10 minutos de estar no campo, mete o gol aurinegro no seu 1º remate a porta. Na seguinte xogada, recuperación do Libertad e un defensa rival tírase enriba de Jorge, o árbitro non sinala falta e o noso dianteiro acaba lesionado no nocello, tendo que ser sustituido nese mesmo momento por Tafá.
A medida que iba transcorrendo o tempo o cansancio iba facendo mella no Libertad, que pouco a pouco foi retrasando liñas, pero o Campelo tampouco era capaz de crear perigo (gran labor de destrucción de Victor durante todo o partido, que amosou o xenio dun líder no campo), aumentando a súa crispación, que se traduciu en babosadas en protestas absurdas ás que os xogadores e banquillo aurinegros aguantaron pra non entrar ó trapo. Finalmente nos últimos 10 minutos o campelo fíxose coa posesión do balón debido ó cansancio visitante, pois nin os cambios deron a frescura necesaria, e a pesar de non dar moita sensación de perigo, nun rebote que a defensa lilaina non acerta a despexar o balón quédalle franco ó dianteiro Campeludo pra materializar o empate sen que Velay puidese facer nada.
Decir que o arbitraxe, coma sempre nesta catergoría, caseiro, que aínda sen xogadas moi polémicas (único a lesión de Jorge nucha xogada semellante a varias pitadas en contra do Libertad) , e do Campelo que seguen a ser un equipo que perde a cabeza facilmente, incluso o novo adestrador, pra seguir na mesma liña, encarándose co noso banquillo tras meter o empate. Polo noso lado, felicitar ós xogadores por non entrarlle ó trapo, tanto coas babosadas rivais como co raseiro do árbitro, deixando claro que se está sendo serio e a etiqueta de folloneros xa non casa no nome do Libertad; hai que seguir así, dando exemplo, ainda que a veces nos ferva o sangue.
Unha pena eses dous puntos que nos manterían na loita por asaltar o liderato, pero iso non foi o peor xa que polo xogo despregado teñen que quedar boas sensacions (pódese decir que foi o mellor partido xunto co amistoso co Dorrón), estase na boa liña, só falta conseguir máis pegada. O peor de todo foron as lesións de Jorge, xa comentada, e a de Rodri, que tras un mal golpeo ó final do encontro empezou a ter molestias no xeonllo. Esperemos que sean leves e os dous se recuperen pronto.

Próximo encontro, en Noalla fronte ó Gondar, outro partido a priori máis complicado, pero seguro que seguindo nesta liña e cun pouco máis de sorte pronto caerá unha cena gratis por cortesía do mister. Ánimo rapaces.
Hai un equipo que vale un collón!!! L i b e r t a d !!!

lunes, septiembre 14, 2009

Libertad SC 2 - Campañó 0

Arrancamos a pretemporada cun equipo novo pra nos, e tendo que facer un par de descartes na convocatoria, además da xente que por diversos compromisos non estaba disponible esta xornada, algo inaudito na historia moderna do Libertad e que demostra o entusiasmo e actitude que hai no grupo.
O encontro comezou con moitos nervos e imprecisións por parte de ambos equipos, ata que no minuto 7 Pechu remata de cabeza o esférico ó fondo das mallas visitantes nunha xogada a balón parado, provocando o éxtase na afección local. Tralo gol o Libertad foise tranquilizando e facéndose co control do partido, tanto que o Campañó non logrou ninguna ocasión clara en todo o encontro, tan só un tiro raso ben atallado por Velay.
Na 2ª parte, coa entrada de Gus e Jorge as ocasións íbanse multiplicando pero por contra o gol da tranquilidade non chegaba. Foi arredor do min. 80 cando finalmente Jorge consigue resarcirse e define con clase tras una boa xogada. De ahí ó final do encontro nada salientable, tarxetas pra os visitantes (non pararon de protestar todo o partido e sen razón case sempre) que acabaron con 2 expulsados.
O acabar asistimos con sorpresa ós insultos que a afección visitante lle gritaba ó seu propio adestrador, que lles recriminou por escupirlle ó árbitro cando se dirixía a caseta. Dende o Libertad esperemos que non nos acarrexe sanción tal comportamento, e que as cousas vaian polo bo cauce ó Campañó, e agradecerlle ó mister que se responsabilizasen destos feitos diante do árbitro.

Xogaron:
1.- Velay | 12.- Beiro (por Cristian min.51)
2.- Pechu | 13.- Gus ( por Tafá min. 46)
3.- Makaay | 14.- Jorge (por Juan M min.46)
4.- Ministro | 15.- Paúl (por Charli min. 69)
5.- Cristian | 16.- Yerai (non xogou por parvo)
6.- Zivan |
7.- Lemos |
8.- Charli |
9.- Tafá |
10.- Iván |
11.- Juan Martín |



¿puntos Master? proximamente....

Resumo da pretemporada.

Primeiramente ponse en coñecemento de todos os afeccionados que debido a imposibilidade de Gerardo Duromar pra exercer como adestrador aurinegro finalmente é Chas, un vello coñecido do fútbol comarcal, o que formará tándem con Javi Lance pra adestrar ó Libertad SC. Non foron poucas as súplicas pra conseguilo, pero vendo o grupo e a actitude deste ano, todo foi máis fácil, e dende esta páxina podemos decir que ambalas dúas partes están moi contentas por cómo se está desenrolando todo ata o momento.

Por outro lado está confirmado o convenio de filialidade co Portonovo SD, que nos cede varios xogadores, benvidos con agrado por parte do Libertad, aínda que agardamos todos, que finalmente éstes demostren que poden xogar en Preferente, ou porque non máis pra arriba.

En canto ós partidos de pretemporada, foron poucos pero contra rivais fortes a priori. Os resultados foron os seguintes:
Libertad SC 1 - 2 SD A Seca
Amanecer 2 - 1 Libertad SC
Dorrón FC 2 - 1 Libertad SC
Noalla 1 - 1 Libertad SC --> gañou o Libertad SC a penaltis por 3-4. (enorme Velay que parou 2 tiros, un cos pes o mellor estilo Benji Price)

Certo que os resultados non foron moi favorables, pero sí se evidenciou una mellora co paso dos partidos que acabou coa victoria contra o Noalla, aínda que fose a penaltis, coa cal o Libertad SC logrou o seu 1º trofeo da era moderna, o I trofeo H. Delfin Azul. Foi un partido pouco alegre no que ambos equipos querian demostrar estar a bo nivel, e comezou cun gol tempraneiro do Libertad (claro penalti transformado por Ministro) que se veu atrás ante a presión local, aínda que sin moito éxito, pois podrían contarse un par de ocasións claras para cada bando e pouco máis; preto do remate do encontro empata o Noalla, que acabou finalmente con 10 xogadores ó ser expulsado un defensa por cortar unha contra sendo o último xogador cando Borjita se dispuña á disparar a porta. Finalmente, e tras unha emocionante tanda, xa temos o 1º trofeo nas vitrinas aurinegras, que podedes ver exposto en Foto Olimpio, en Sanxenxo (fronte o Concello, pra que non se perda nadie).


E o próximo Domingo comézase na casa contra o Campañó, equipo novo neste grupo.

Ánimo rapaces que isto pinta moi ben, e que a forza nos acompañe.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com