lunes, febrero 28, 2011

Villagarcia 2 - Libertad 1.

En breve a cronica...

Gol: 2-1 Yerai, min.84.

Entrenos martes, xoves e venres as 21:15

viernes, febrero 25, 2011

Villagarcia - Libertad este sábado.

Mañan sabado a partires das 19:15 hrs. no campo de Berdon(A Torre) en Vilagarcia.
Será retrasmitdo en riguroso diferido por Gol-TV e Canal+Liga.

Equi vai un mapiña para os afeccionados que non teñen GPS.

Ver mapa más grande

domingo, febrero 20, 2011

Libertad 2 - San Miguel 0.

Quinta victoria consecutiva do cadro aurinegro, nesta abraiante segunda volta.

Tarde desapacible na Lanzada, a pesar do cal deronse cita nas bancadas preto dunha quincena de fieis siareiros.

No eido deportivo, probablemente foi un dos partidos mais floxos tanto en intensidade coma en xogo.Deixouse notar quizais, a resaca da cena, que se traduceu en eeeeeeeeeeeeeeeeeeee....espesura en varios dos nosos xogadores.

Nunha mala e tediosa primeira metade, un ordenado anque inocente San Miguel, foi aguantando as acometidas aurinegras.Ante un xogo tosco dos nosos, terian que ser as individualidades as que rescataran o encontro do aburemento no que se atopaba inmerso.Nun chispazo de calidade, BR7 maxistral, executa unha soberbia vaselina dende a frontal do area, na que o unico que pode facer o porteiro visitante e recoller o balon do fondo das mallas.
O Libertad confiase en esceso, Dorado, todo un especialista, permitese o luxo de fallar un penalti que saiu lixeiramente desviado deireccion a praia de Montalvo.

Tras a reanudacion, o equipo sae mais concentrado, anque todavia persisten numerosos erros a hora de finalizar as accions.Beiro trata de repetir sorte con outra vaselina,lamentablemente saelle un cacajuete, mais tarde, noutro man a man, envia o balon tan axustado que bate no pau.
O tempo corre, e a incertidume de gañar só por 1-0 percorre todo o campo.
Xa preto do final, o porteiro visitante, derriba a Beiro nun claro penalti, que el mesmo, e apesar da insistencia de Cadornas, transforma no derradeiro 2-0.

Libertad: Cadornas, Lino(Pechu m.85), Lemos(Basi m.89), Rodri, Gainza, Beiro(Papuchi m.83), Bujy, Adri(Yerai m.72), Pedro, Roxo(Patillas m.87) e Dorado.

San Miguel: Elias, Juan, Cesar, Ivan, Juan Carlos(Jonatan m.22), Dani, Crespo, Miguel, Fonso(Raul m.47), Cris, Patrick(Angel m.70).

Proximo encontro Vilagarcia, rival directo, teremos que dar moito mais si lles queremos gañar.

Debido a convocatoria de Xose Mourinho para o partido da Champions Leage, o Libertad queda sin efectivos, polo que suspendese o entreno do martes, eso si vemos todiños o xoves e venres!!!

Hai un equipo que vale un collón, Libertad!!

Espazo ofrecido por:

viernes, febrero 18, 2011

Domingo na Lanzada, Libertad - San Miguel.


A partires das 16:15 no municipal da Lanzada, o Libertad tentará acadar a sua quinta victoria consecutiva para escalar postos na clasificacion.
Esperamosvos anda que chova.

HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!

martes, febrero 15, 2011

Hoxe entrenase!!!


Ante o bo tempo e as gañas de entrenar de Cadornas, hoxe entrenase!!!
Por favor puntualidade, entrenamos as 21:15 hr.!!!!!!

lunes, febrero 14, 2011

Suspendese o entreno do martes.

Ante a prevision de alerta vermella en toda a costa galega, pronosticada para mañan martes polos servizos de emerxencias, dende a directiva do clube decidese, polo benestar do seu plantel, suspender o entreno de mañan.

No caso de normalidade atmosferica, retomarase toda actividade.

Teñan a ben atender estas recomendacions:

· Permaneza na casa e evite calquera actividade exterior.
· Se ten que desprazarse obligatoriamente, sexa moi
prudente. Tome os eixes principais de circulación.
· Tome todas as precaucións posibles para facer frente ás
consecuencias dun vento violento e non acceda aos tellados.
· Siga os consellos das autoridades competentes.
· Respete as sinalizacións.
· Non se achegue en ningún caso, nin a pé nin en vehículo, a
unha vía inundada ou próxima a un curso de auga.
· Evite as zonas de árbores e poña as súas pertenzas en lugar
seguro.
· Na estrada, frene con suavidade e non abandone o seu
vehículo.
· Se ten que desprazarse: avise da súa saída e do seu destino
aos seus achegados, equípese con equipamentos especiais
de material en caso de illamento prolongado, e non
abandone o seu vehículo salvo a petición do persoal de
salvamento.
· Se está obrigado a saír, evite as horas de más frío e a
exposición prolongada ao frío e o vento, leve roupa adecuada
(varias capas, impermeable para o vento e a choiva, mans e
cabeza cubertas).
· Evite os esforzos bruscos.
· Revise a calidade do aire e o bon funcionamento dos
sistemas de calefacción nos espazos habitados.
· Non tome bebidas alcohólicas.
Recomendase o abastecemento de alimentos non perecedeiros e auga potable, asi como de gasoil para preveer males maiores.

Aproveitamos a ocasión, para recordarvos que este venres despois do entreno vámonos de cena!!

domingo, febrero 13, 2011

Campelo 1 - Libertad 6.

Tarde tipicamente invernal en Poio, a pesar do cal, e como ben sendo costume, deronse cita nas bancadas preto de medio centear de siareiros aurinegros, os que dende aqui agradecemoslle o seu apoio incondicional.

O encontro tivo pouca miga, o Libertad, nunha vertixinosa liña ascendente nesta segunda volta (12 ptos de 15 posibles, 12 goles a favor e 4 en contra) bastoulle a primeira metade para acabar coas ilusions do Campelo.
Seria Bujy, que voltaba o once inicial despois da lesion de xeonllo, o encargado de destapar o tarro das esencias e subir o 0-1 o electronico.Intres despois Dorado botaba maxistralmente un libre directo, que se incrustaba na escuadra local.
Sen embargo o Campelo recurtou distancias, gracias a xogada parva do partido, cando Cadornas, a un gran nivel nas ultimas xornadas, botaba por terra o duro traballo dos entrenamentos, para regalarlle o balon o dianteiro azulon, despois de escaparselle das mans unha pelota franca, pero que semellaba un lorcho fora do auga o ver como se lle escorregaba entre os dedos.
Nembargantes esto seria unha anecdota, xa que o Libertad, enseguida voltou a dar un golpe de autoridade, e logaba ó 1-3 nas botas de Beiro.O bo xogo e dominio aurinegro concretabase en numerosas ocasions, que se traduciron no 1-4 de Rodri o peinar un corner, e no 1-5 novamente de Beiro, co que marchabamos ó descanso.

Na segunda metade, a choiva acompañada de granizo caida en Poio, parece enfriar os animos dos dous conxuntos, que se deixan pasar os mintos, non sin antes conseguir Beiro redondear a tarde co seu primeiro hat-trick, 1-6 e pa casa.

Inauguramos nova seccion: El Bueno, el Feo y el Malo.

El Bueno: Beiro, primeiro hat-trick da tempada(probablemente da sua carreira) que o situa na cabeza dos maximos goleadores.

El Feo: Tino o entrenador do Campelo, con ese look rancio estilo Mijatovic.

El Malo: Cadornas, posuido polo espiritu de Josinho, rompeu a sua racha de inbatibilidade de dous partidos, cunha accion impropia dun xogador da sua talla.


Espazo ofrecido por...


Libertad: Cadornas, Lemos, Rodri, Pechu, Gaínza, Beiro, Bujy(Papuchi m.75), Adri(Ivan m.77), Roxo(Fer m.80), Pedro(Lino m.74), Dourad.

Goles: 0-1 Bujy m.15, 0-2 Dorado m.22, 1-2 Felipe m.28, 1-3 Beiro m.32, 1-4 Rodri m.38, 1-5 Beiro m.42, 1-6 Beiro m.67.

viernes, febrero 04, 2011

Libertad 2 - Gil 0, suma e sigue.

O Libertad sin facer un gran partido impuxose xustamente a un Xil, que basou o seu xogo "no despexe orientado e a repartir caricias".

A primeira metade foi de tanteo, e os visitantes tiveron que esforzarse para manter 0-0 no marcador.

Xa na segunda, o tremendo esforzo pasoulle factura os de Meaño.Dorado executando de xeito pauperrimo unha falta na frontal, atopa un aliado no porteiro visitante, e consegue o 1-0.O Libertad peca de esceso de confianza, e regustandose en xogadas persoais desaproveita varias ocasions para a matar o partido.Seria nos ultimos compases cando finalmente Roxo apuntilla os rossoneros co 2-0.

Polo Libertad xogaron: Cadornas, Lemos, Pechu, Rodri e Makaay na zaga, Pedro e Dorado no dobre pibote, nas bandas Adri e Roxo, e como arietes Papuchi e Fer.Tamen xogaron; Beiro, Yerai, Bujy, Patillas e Basi.

Goles: 1-0 Dorado min.58, 2-0 Roxo m.85.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com