martes, febrero 28, 2006

Puntos Master del partido contra el Amaneser

Imposible establecer os puntos máster esta xornada, xa que ante tan gran despropósito e provocación vivido en San Vicente, quen máis quen menos acabou baixando os brazos nalgún momento e outros non puideron facer máis. Por iso esta xornada o equipo lévase 14 puntos, un por cada xogador que foi ó partido, a repartir como vos mellos vexades...ou mellor aínda, sen repartilos, que queden pra o equipo, que é o 1º.
A próxima cita, o domingo en Baltar contra o Xil, esperamos que vaiades todos e que o noso equipo se centre e rompa a racha do Xil e a súa propia negativa.



Guiño fotoxop:
Sabríades que dous xogadores do Libertad non deixaron de asistir á feira de ¿Febreiro? causando furor, e sobre todo a rapaza máis dun desamor, entre os alí presentes

sábado, febrero 25, 2006

Libertad 1 - Amaneser 3


E comezamos portándonos ben co árbitro, pa que conste. Partido marcado pola actuación arbitral, que deixou ó Libertad con 8 xogadores despois de expulsar a Fox, Vieitez e Candi con vermella directa.
O partido comezou igualado pero cando o Libertad máis apretaba o colexiado comezou a sinalar foras de xogo non existentes, ata en 3 caras ocasións...un gol de Vieitez incluido, e un golpe no labio a Fox non sinalado, ata que na seguinte xogada nun balón ó que chega tarde Fox e amonestado con Vermella directa. Pasaron 5 minutos e nova expulsión directa a Vieitez por unha dura entrada, aínda que non máis das que se estaban vendo nos rivais. Ahí acabouse, co 1-0 o equipo intentouno pero ben con faltas non sinaladas ou foras de xogo inexistentes encargouse de rematalo. Así chegou o 2-0, en fora de xogo, e así se foi ó descanso.
Sinalar que o árbitro cagou por el ante ós gritos do afeccionados e non quixo salir ata que o acabaron convencendo de que non lle ía pasar nada(o que quería era que o enrabaran duro). Pero volveu ó campo e máis do mesmo, a pesar de que o Libertad conseguiu recortar, 2-1; tangana nunha falta na banda, o xogador do amaneser sen motivo agarra a Candi polo pescozo e zarandéao, éste sóltase e xa os nosos están a separalos cando o árbitro pita e expulsa ós dous xogadores ante a incredulidade das bancadas e do banquillo por tan descarada actuación. Con estas pouco puido facer o Libertad, encaixando o 3-1 por cansancio tras gañarlle o dianteiro a espalda á demensa. Nada se podía facer, entrou Cisco, que se mancou ó pouco e despois Iván tamén se "lesionou" para que se acabara xa semexante despropósito. Final do partido por non ter o Libertad suficientes xogadores (6 cos cambios todos feitos) e pa casa. Ó final foi trankilo pa casa o árbitro, pero xa lle acordará a allada.

viernes, febrero 24, 2006

Xógase o SABADO!

Pois iso, esta xornada enfrentamonos o Amanecer en San Vicente do Mar e o encontro disputarase mañan Sabado a partires das 16:15h., se aparece o arbitro, claro esta.
A expedicion saldra en autocar as 15:00 dende o Hotel Justo.
Este cambio horario debese a convocatoria feita por Luis Argones para o amigable contra Costa de Marfil e na que se incluen varios xogadores do Libertad, querese asi, dar un dia mais de descanso os futbolistas para que cheguen o cen por cen a esta cita histórica.

lunes, febrero 20, 2006

Resultados da xornada



El Romai le devuelve el liderato al Rubiáns.

El Rubiáns sólo necesitó una jornada para recuperar el liderato de la clasificación. Los vilagarcianos se aprovecharon de la derrota del Portas frente a uno de los equipos que está demostrando un buen nivel en esta fase del campeonato, el Romai, que tiene el honor de haber derrotado a los dos líderes. En esta ocasión fue a los portenses que cayeron derrotados por la mínima en su propio campo.

Por su parte, el Dorrón fue la nueva víctima del Rubiáns en un partido que dominaron los locales y en el que los granates opusieron resistencia durante gran parte del encuentro.

El Zacande es el cuarto en discordia, aunque sus opciones de luchar por una de las dos plazas que dan opción al ascenso son mínimas, sobre todo después de ceder un punto en el derbi comarcal frente al Umia que continúa a tres puntos de los de Meis.

La principal novedad de esta jornada fue que el Xil consiguió sumar su primer punto de la temporada. Ha tenido que esperar casi seis meses, 22 partidos, para poder estrenar su casillero. Los de Meaño consiguieron arrebatar un empate ante el Beiramar en el campo de O Couto.

En el resto de la jornada, cabe destacar la victoria del Amanecer contra el Bamio a domicilio. Los de Vilagarcía ven así frenada su ascensión.

El Deiro se impuso por un ajustado 2-1 al Salnés en San Miguel y se sitúa en la sexta posición a tan sólo tres puntos de los quintos.

Por último, el Spórting Portonovo y el Drakkar 05 empataron a dos goles.
Fuente Diario de Arousa.

Podese dicir que esta xornada de descanso non nos perxudicou xa que so gañou o Deiro dos equipos que se situan inmediatamente enriba nosa.

Podedes ver todolos resultados da tempada clicando eiqui

viernes, febrero 17, 2006

Xornada de descanso.


Este finde non se xoga, xornada de descanso, aljun faille boa falta.

De todalas maneiras hoxe temos pachanga a partires das nove no campo de cespede, espero que non deixedes pasar esta ocasion de botar unha boa pachanga nun campo asi apesar do tempo,xa sabedes que ali non sopla o vento e pasamolo de puta madre.
Ademais de xogadores, os afeccionados que o desexen poden acudir a dar unhas patadiñas, vemonos ali ou o que non sepa chegar as nove menos cinco na rotonda da via rapida.

miércoles, febrero 15, 2006

Como son as cousas!


O principio da temporada todo ern pestes da afeccion do Libertad, e ahora resulta que non somos tan malos, mais ben todo o contrario.
Acceder o Foro Arousa Futbol e podredes comprovar por vos mesmos como xentes de outros equipos quedan fascinados cos nosos canticos e posta en escena, pa que logo digan.
Por outra banda temos que poñernos as pilas, as cousas non nos estan salindo como na primeira volta, pero creo que a entrega dos xogadores esta sendo aceptable, tampouco e cousa dos arbitros, pero sexa o que sexa temos que facer piña.
Por ahi xa se escoitan voces criticas, alarmistas e moi pesimistas (Afeccionado,...), e non todo e blanco ou negro, asique unamonos irmans que xuntos acabamos polo menos como primeiro equipo do Concello, ou non?
E en Portonovo e Dorron escoitarase: -porqué, porqué?
Por que HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!

domingo, febrero 12, 2006

Libertad 1 - Bamio 2

Pouca luz no municipal de Baltar de arriba. O comezo do encontro ás 19:00 e cun gran ambiente nas gradas, provocou que o equipo saíra a por todas, véndose recompensado ós poucos minutos cun gran gol de Fox nun centro-chut dende á esquerda despois de que Chema errase co balón diante da portería.
Así o Libertad tranquilizouse e permitiu que ó Bamio subise liñas, indo ambos equipos a por todas, ata que nun balón longo que Ministro deixa pra que Josiño despexe, éste pégalle mal e o dianteiro non ten máis que recoller o esférico e establecer o empate. O xogo seguiu endurecéndose, permitido polo árbitro que non debía ver moito cos focos, e nunha contra a prol do Bamio, consiguen unha falta ó borde case da área, que entre que a barreira non saltou demasiado e Josiño cubriu demasiado o pau longo, acabou co 1-2 no marcador.
Xa na 2ª parte pouco fútbol se viu, cun xogo moi bronco que o árbitro ralentizaba cada vez que se poñía a falar. O Bamio lanzou un par de balón sen moito perigo, namentres o Libertad non atopaba a maneira de rompe-las liñas dos visitantes, despuxéronse de un par de ocasións moi claras a partindo de Chema, pero non se conseguiu máis.
Ó final, bonita filigrana do nº 3 do Bamio o que despóis de que deixara a Emy atrás a base de brazadas éste devolveulla cun toquiño na perna que o fixo saltar gracilmente.
Paso atrás a pesar da entrega demostrada por xogadores e afección, que abarrotou as bancadas e non deixou de animar a pesares do aburrido de lila.

Puntos Master do partido contra o Bamio


1.- Josiño...0______... un gravísmo erro que condicionou o partido.
2.- Pechu...1______frouxo, non se lle ve tan seguro coma fai unhas xornadas, complicándose.
3.- Iván...1_______xa sabemos que correr non é o del, pero hoxe gañáronlle tamén por forza en varias.
4.- Rodri...2______dos mellores. Intentou estar en todos lados pa revivir ó equipo. Errou o empate a dous nun disparo a bocajarro.
5.- Cristian...2____motivado. Titular e pensando en salir ben no vídeo... moi seguro.
6.- Candi...1______Lento. Loitou, repartiu pero ralentizou demasiado a saída do balón.
7.- Vieitez...2_____Pulmón. Duro coma o ferro, roubou moitisimos balóns aínda que na saída non andivo moi fino.
8.- Fer...2_______Incisivo. Desbordou con velocidade e facilidade, faiou o último pase. Moi ben.
9.- Fox...1_______Polo Gol. Tremendo golazo, pa errar logo ós fáciles. Demasiada protesta.
10.- Chema...2_____arruga. Volveu ser o máis perigoso, errou tres tiros claros, pero puxo ademáis dous en bandexa que non foron aproveitados.
11.- Gus...1______Loitador, e pouco máis. Non anda fino e quere facer demasiado por sí mesmo. Baixou á recibir, pero hai que movela máis rápido ahí.

-----------------------

12.- Borja...1_____picado, pero aínda así hai que ter máis mordente.
13.- Sartages...1___poco tiempo, véselle moi ben fisicamente e tranquilo.
14.- Mario...s.c.____no tempo que estivo no terreo non recibiu un balón.
15.- Emy...0______el sí recibiu balóns, frío de suplente, foise expulsado antes do final, polo menos a patada aínda que blanda quedou bonita.

Nito...1_________Fixo os cambios tarde, no se lle veian as ideas moi claras como outros días. RECOMENDACIÓN:O equipo ten que aprender a movelo balón con velocidade e colocación, como facia o final da primeira volta.

sábado, febrero 11, 2006

As polemicas imaxes da cea no Meson o Forno .

"A bo entendedor poucas palabras bastan".








Confirmado o domingo as 18:30(as seis e media da tarde!)

viernes, febrero 10, 2006

O domingo xogarase as 18:30

O encontro deste domingo contra o Bamio xogarase a partires das 18:30 por coincidencia do calendario co C.X.Sanxenxo.
Esperemos que mais que un inconvinte sexa unha ventaxa e acuda mais xente a ver o partido.

Esta nova esta pendiente de confirmacion oficial.

jueves, febrero 09, 2006

Mañan Jran Sena de Jala

Este Venres despois de entrenare, hai que ir todos(recordovos que entrenase as 9:30), jran sena, onde sempre.
Tolos socios co nº de carnet entre o 030 e ó 033 quedaran convidados tamen a este jran evento.
Asi que xa sabedes vemonos mañan.

Nota: e mellor que veñades senados da casa se non queredes pasar fame, e tamen recomendovos non sentarvos o lado de Fer ou Pereira, se queredes picar aljo.

miércoles, febrero 08, 2006

Unha de Xeografia:

Saberiades dicirme en que poboación pertencente o noso concello atopase a casa da imaxe.




Como pista dicirvos que tras eses escombros quedou enterrada a infancia dun personaxe ligado a entidade aurinegra.

martes, febrero 07, 2006

Volvemos a senda da victoria!


El Romai arrebató la tercera posición del campeonato al Zacande tras derrotarlo a domicilio por 2-4. De esta forma el Zacande pierde sus opciones de rebajar la ventaja ante los dos primeros a manos de su rival del domingo, el Romai.

Rubiáns y Portas continúan su particular lucha por ocupar la única plaza que da opción al ascenso directo a Segunda Regional. Ambos están separados por un sólo punto, por lo que cualquier error puede ser definitivo. La pelea por la plaza hace que ambos equipos se empleen a fondo. El pasado domingo tanto el equipo de A Rapeira como los vilagarcianos sellaron un 5-0 a su favor ante Xil y Salnés. Aunque cabe destacar que por una parte, el Xil es colista y todavía no conoce lo que es puntuar en liga, y el Salnés se presentó en el campo de Rubiáns con numerosas bajas que hicieron que sólo 10 jugadores saltaran al campo por parte cambadesa. Pese a todo, ambos no fallaron y continúan su espectacular mano a mano que podría contar con un tercer invitado a tenor de lo que suceda el próximo domingo en el duelo: Romai-Rubiáns.


Deiro-Amanecer >El duelo que debería haber enfrentado al Deiro y al Amanecer el pasado sábado fue suspendido debido una vez el colegiado del mismo no se presentó a la cita.

Por otra parte, cabe resaltar la victoria del Umia en Catoira, 0-3. Así como la del Libertad frente al Beiramar por 0 a 1.(coma sempre gran cronica)

En otro duelo de gran rivalidad, el Sporting Portonovo no pasó del empate en casa ante un Dorrón que continúa séptimo en la tabla.

Fuente: Diario de Arouosa, martes 07-02-06

lunes, febrero 06, 2006

Beiramar 0 - Libertad 1

Partido pouco vistoso o visto ó lado da praia, con máis patadas que bos pases, e na que o colexiado volveu a permitir un xogo brusco e duro, éra un día de moito sol...
O Libertad saiu forte pola victoria, pero cun ritmo moi parado polas faltas poucas foron as claras ocasións vistas nesta primeira metade, agás un disparo a bocajarro de Chema no que arrugou mazo so ante o porteiro e algunha máis dun Fox moi motivado por moitos factores. Destacar a expulsión dun espeso Gus por dicirlle a un rival despois dunha dura entrada: " Tu eres subnormal o que?", roxa directa.
A segunda metade comezou igual ca primeira, ata que o equipo reaccionou e fixo un xogo rápido durante dez minutos que se traduciu na xogada do 0-1: bo pase en profundidade á banda onde Fox coloca un medido centro pa que Chema remate de chilena a pracer. A partires de ahí o beiramar intentou subir liñas, creandose perigosas contras a prol dos nosos que Chema seguiu faiando. A falta de 10 minutos Maza sae a por un balón por baixo e acabanlle clavando os tacos no muslo, tendo que abandoar o campo sen poder pisar, e pasando Rai a ocupala súa posición baixo paos, por sorte so tivo que despeñar un balón con puños... e victoria para o equipo aurinegro que esperamos signifique un novo despegue moral e de xogo e resultados.
A vindeira cita: o domingo en Baltar pra visita do Bamio.
Hai un equipo que vale un collón!!! LIBERTAD!!!

domingo, febrero 05, 2006

Puntos Master do partido contra o Beiramar

1.- Maza...2_____pouco traballo, resolveuno ben ainda q empezou dubitativo, levou leña coma se fora xogador de campo.
2.- Wes...2______dosificado. Moy ben todo o partido, un dos seus mellores da tempada.
3.- Iván...2______duro. Aguantou ben os cobadazos dos dianteiros rivais, moi seguro, hai q ser máis rápido a veces.
4.- Rodri...3_____que queredes que vos dija...
5.- Pechu...2_____cada vez motívase máis con afeccionados...con rabia e sen complicarse.
6.-Rai...1_______necesita coller o seu mellor ritmo, non se sinte cómodo tan atrás.
7.- Borja...1_____blando, non da sacado a rabia, pero fixo un xogadón q case se convernte no 2-0.
8.- Fer...1______perdido. Non foi o seu día, desbordou en contadas ocasións.
9.- Chema...3_____o mellor, ainda q errou tres ocasións clarísimas, loitou en defensa e rematou de chilena o gol da victoria.
10.- Gus...0______oxe non. Empezou moi participativo pero retivo o balón en demasía, levou, non lle saiu nada e rematou expulsado por protestar.
11.- Fox...2______10 €. gañoulle a aposta por un gol o seu irmán, motivado pola presencia do pai nas bancadas.

----------------------

12.- Mario...2_____o ome que esta ahí cando fai falla, e hoxe moi ben, aguantando en defensa e loitando en ataque, merece alguna oportunidade máis.

Nito...2_____bos tempos veñen pra lírica

viernes, febrero 03, 2006

Master e Muiño do Ferreiro apoian o clube


Neste dificil momento, de malos resultados, Discotecas Moviles Master e O Muiño do Ferreiro, mostran o seu apoio o clube e para elo faran entrega ,hoxe viernes, dunha nova equipacion que completara a actual vestimenta deportiva.
O que non veña a entrenar queda sin ela.
Por outro lado este domingo esperanos o Beiramar, no municipal de Castrelo onde aisistiremos a un novo duelo familiar entre dous irmans cada dia mais separados Fox e Alberto "Rata" o capitan do equipo de Meaño.
Solo nos vale un resultado, gañar e gañar, para acalar as especulacions sobre o estado do equipo.
Imos a jañar ooooostiaaa!

Puntos Master do partido contra o Deiro

Esta semana simplemente non hai puntos master, mellor pasala por alto e deixala ir sen puntuacións pa ningúen. Esperamos endereitar o rumbo, que a afección continúe apoiando o noso equipo como ata agora ou máis, indo tamén os partidos fóra, cousa que non dubido que farán, e que se volva a ser un equipo, coma cando se ganaba, xa que quedou demostrado que sen ser un equipo rapamos, por moito que nos perxudiquen os árbitros, isto non e novo e xa o deberíamos ter asumido. Así que ánimo rapaces, a botarlle collóns e veredes como volvemos pa arriba.
Hai un equipo que vale un collón!! Libertad!!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com