lunes, diciembre 31, 2007

FELIZ NAVIDÁ E PRÓSPERO ANO NOVO


Dende a páxina oficial do Libertad Sporting Club de Sanxenxo queremos desexarlle a tódolos socios e simpatizantes que pasedes unhas boas festas cós vosos e que para o ano todo vaia a mellor.Saúdos!

lunes, diciembre 17, 2007

Puntos Master contra o Verducido

Fenomenal tarde de Domingo en Baltar "de arriba" onde vimos o mellor partido do Libertad no q vai de tempada, e ademáis xa están a disposición dos siareiros as novas bufandas (10 €). Xogouse con enerxía e alegría, ben posicionados e con moixa axuda dos dianteiros, sobre todo un Javi Cons que queremos sigua así sempre.

Maza.-1...aburrido, tan só se tivo q tirar unha, no gol, que pouco máis podía facer.
Gandara.-1...na 1ª subiu precipitadamente varias veces, logo decicouse a defender ben.
Cris.-3...muro. Sen problemas a pesar da torpeza do dianteiro.
Iván B.-2...sobrio. Tamén tapou o pouco q crearon os dianteiros do Verducido.
Makaay.-1...desconcentrado, parecía q tiña a cabeza fora do partido.
Jandro.-2...aportou profundidade e velocidad mentras estivo no campo.
Jorge.-2... Gran retorno, aguantando e xogando tranquilo,moi ben.
Ivan.-2... rematou a faena inicando e finiquitando cunha gran xogada.
Fernando.-1'5...mellorando, inda q non estivo moi precido meteu un gol e correu a reo.
Javi Cons.-3...Impresionante, como sega así imos chamarlle o "mariscal".
Santi.-2...volveu marcar e antivo bastante listo, inda q como siga perdendo velocidade vai ter q xogar ó lado do porteiro rival.
------------
Alex.-1'5...interior, xogou mais tranquilo e facil.
Nagüel.-2...activo, intentouno coa esquerda e levou leña de carayo.
Pedro.-2,5...Golazo d vaselina, e o lateral rompía o fora d xogo, sí. Loitador e preciso.
Pechu.-1...aiiii esta asistencia de tacón q case sae...

Libertad 6 - Verducido 1.

O Libertad volve a senda da victoria cun contundente 6-1, ante un floxo Verducido.
Saltaba de inicio un once renovado polas baixas, con Maza baixo paus, liña de 4 con Gandara,Cris,Ivan B. e Makaay, doble pibote para Ivan e Jorge, extremos Jandro e Fernando e en punta, inedita dianteira con Javi e Santi, ante a baixa do duo sacapuntos Anxo e Migue(anque ultimamente non as cheiraban).Esperaban a sua oportunidade Alex,Pedro,Angel e Pechu.
Para non variar seria o Verducido o primeiro en adianterse, cando non se levaban nin 5 min. ante una defensa descordinada nos primeiros compases.
Pero a reaccion non se fixo esperar, intres despois, un inspirado Javi Cons levaba a igualada o marcador.A partir de ahi o equipo da mostras evidentes de melloria, movendo con mais critereio o balon, o que se traduce en constantes chegadas as inmediacions do area.Nunha destas, boa individualidade de Fernando(Dena) que cun bo disparo co exterior consegue meter o balon axustadiño o pau no fondo das mallas(2-1).
Mais tarde seria Santi con outro gran gol, un chupinazo dende fora do area o que colocase o 3-1 no marcador.
O Libertad non baixou a intensidade e antes do descanso novamente Javi, tras una bonita triangulacion polo centro do area grande deixaria o electronico en 4-1, esta xogada costarialle a posteriori o troco a Javi Cons, tras o encontronazo co porteiro.
Xa na segunda, sen o lesionado Javi anque manifestamente contento tras o doblete(facia 30 anos que non marcaba dous goles nun partido) os aurinegros foron dando entrada os suplentes sen perder protagonismo no encontro.Seria Pedro, estrenandose como goleador lilaino, o encargado de subir o 5-1 o marcador tras una bonita vaselina, e xa nos intres finais Ivan volveria a batir por alto o desesperado gardamallas visitante e que deixaba o resultado final no 6-1.

Imos tentar seguir nesta liña, e para iso necesitamos do apoio de todolos compañeiros, aproveitamos dende aqui para mandarlle animos o lesionado Charlie, e animo tamen a Cristian que anda bastante baixo de moral estas ultimas semanas.Forza rapaces, que para a semana tocanos un oso duro de roer o Combarro.

O que non veña a entrenar queda sin chandal!!,avisados.
Hai un equipo que vale un collón, LIBERTAD!

martes, diciembre 11, 2007

Puntos Master do partido contra o Barro

Mala racha que atravesa o equipo, inda que esta vez douse mellor imaxen ca nos dous anteriores partidos, a verdade é que o Libertad non chegou a dominar claramente o partido en ningún momento, debido a falta de presencia do medio campo en xeral, que moitas veces non gardaba a liña defensiva e outras deixaba demasiado solos ós dianteiros, e a falla de puntería cara gol.

Maza.-2...volveu facer uns cuantos paradons, aínda que nas saídas segue flaqueando.
Makaay.-1...ben en defensa, non atacou. Coa sua saída chegaron os goles.
Cris.-1...2 penaltis non pitados que fixo, aínda así omnipresente en defensa.
Iván.-1...ben colocado, coma Cris todo o partido pendente das contras.
Charly.-1...marcou o gol aurinegro (creo q se estrena). Pena de lesión, que non sea nada.
Jandro.-1...correu e loitou coma sempre ata que se retirou lesionado.
Rodri.-0.5...o mesmo da xornada pasada, perdido na media, nin gardou marcas nin sacou o balón con claridade. Necesitamos outra vez ó Ministro.
Iván.-0.5...a rachas. Desquiciado nalgúns momentos e ben outros, pode facelo mellor.
Santi.-0...cada vez con menos sangue. Ten que ter máis recorrido, crear perigo na banda e apoiar en defensa.
Anxo.-0.5...cada vez máis lento, nos recortes, pra dar o pase e pra encarar. Ten que volver a ser o que era e Migui máis él deben entenderse mellor no campo.
Migui.-0...fatal. Non lle sae unha. Ten que coller a forma rápido e protestarlle menos ós compañeiros, facer desmarques e non pedir o balón ó pe sempre, e desbordar que capacidade ten pa comerse ós defensas desta categoría.
--------------------------
Gandara.-0...entrou de lateral e foi unha coladeira, os dous goles chegaron por ahí.
Fernando.-0...non lle saiu nin unha. Pa máis inri fixo a xogada do 2-1.
Alex.-0...nada, hai que xogar como se entrena o mércores.
Javi Cons.-0.5...esta vez non acabou de meterse no partido xogando de medio, e perdía sempre a marca en defensa.


Veña, ánimo rapaces que non me gusta nada poner estas puntuacións...pero non me dades alternativa. Calidade hai de sobra pra estar cos mellores da categoría, pero hai xogadores importantes que deben coller a forma se queren chegar ó 1, e no campo hai que compenetrarse máis, volver a xogar coma un bloque.
Ánimo tios, que como mínimo, cuartos.
Hai un equipo que vale un collón!!!
LIBERTAD!

lunes, diciembre 10, 2007

Barro 2 - Libertad 1.


Terceira derrota consecutiva para o Libertad, que non acaba de despertar do pesadelo do Eiriña.
Apreciose certa melloria na actitude dos nosos, pero o final non fomos quen de aguantar a minima ventaxa coa que se foi o descanso(1-0).
Xogaron de inicio Maza, Makaay,Cris,Ivan B. e Charlie na zaga, no medio centro Rodri e Ivan, nas bandas Jandro e Santi, e na punta Anxo e Migui.Na segunda saltaron Fernando,Gandara,Cons e Alex.
Foi Charlie o que adiantou os aurinegros os 5 min. cun bo remate de cabeza o saque dun corner, intres despois puidemos facer o 0-2, pero a fortuna esrta vez estivo esquiva.O Barro non se desanimou e seguiu dando a cara, dificultando moito a saida do balon por parte do Libertad, que tampouco facia por circular o esferico con criterio, cun futbol bastante emnarullado.Asi e todo chegouse o descanso co 1-0.
Arranca a segunda como a primeira, chegando o Libertad con certo perigo.No saque dunha falta o borde do area, despois de dous rexeites o balon traspasa a liña de meta, sen embargo e empanado do arbitro non se entera e non concede o gol.Estas son as imaxes do gol pantasma.

Da posible sentencia co 0-2, o Barro puxo mais ca nos e apesar de ir aguantando daquela maneira, mediada a segunda metade en 7 minutos fatidicos, pasamos do 0-1 o 2-1, despois de varios paradons de Maza.
E asi acabou o conto outra vez, dispuxose dalguna chegada o final, una man dentro do area que non volve a ver o trencilla e una posible lesion seria de Charlie no xeonllo, tras levantar 1 metro no aire a un xogador local.
Hai que seguir traballando, para encontrar o xogo que nos leve a senda da victoria.Animo chavales.

sábado, diciembre 08, 2007

Puntos Master contra o Cerponzones

Partido decepcionante que hai que olvidar, quedámonos tan fríos coma ós nosos pistoleiros.

Maza.-1...baixo porcentaxe de paradas.
Makaay.-2...loitador, segue mellorando.
Cris.-2...duro coma sempre, aínda que dous erros de cordinación foron os 2 goles.
Ivan Berreco.-2...ben seguro e cordinado con Cristof pero coma dixen 2 veces q faiaron 2 goles.
Pechu.- - ...inédito. Lesionouse case de inicio.
Rodri.-1...perdido, nostouselle incómodo e desquiciado. Ten que facerse amo da media coma facía na defensa.
Anxo.-1...desaparecido. Tampouco se lle veu moito nesa nova posición para él.
Jandro.-2...creou perigo pola súa banda e estivo moi activo.
Fernando.-1...debut de titular, non desentonou. Parece que vai collendo o "collón".
Migui.-1...non participou na 1ª metade, e na 2ª intentouno pero con moi pouco acerto.
Santi.-1...a menos. Parece falto de forma, foi a de máis a menos o longo do partido.
-----------------
Alex.-1...mellorando. Sustituiu a Pechu e non o fixo mal aínda que axudou ós erros dos goles.
Ivan.-2...xogou pola banda tras sustituir a Jandro e entendeuse moi ben con Cons.
Javi Cons.-2...revulsivo. Creou boas xogadas e participou en ataque aínda que sen acerto a porta.
Pedro.- - ...case sen tempo esta vez.


"bonita" cena no forno (as bebidas, confirmado, "coma o red bull"). Gran festa e xolgorio, xa sabedes bastante de coma acaba, engadir que o pobre Makaay escachou un dente reproducindo unha xogada do Domingo, a fin de mellorar nos seus erros evidentemente.

Tamén firmamos un contrato coa nosa nova colaboradora Susi Reche que a partir de agora virá a animalas festas familiares, así que os que arrugaron... xa saben pa próxima.

todo moi bien. Ata o final, moi ben.

viernes, diciembre 07, 2007

Cena de conciliacion.


Tras os malos resultados obtidos nas duas ultimas xornadas, e a baixa moral da plantilla, o clube opta por convocar unha cea co obxetivo de crear bo ambiente no vestiario.
A cita tivo lugar o pasado mercores no Meson O Forno, tras a charla-entrenamento en Meaño.
Asistiron un total de 16 persoas, entre xogadores, o mister e colaboradores do club, que deron boa conta das excelentes viandas ali servidas, ainda que o tinto(Barrante´s Fighter)deixaba bastante que desexar.
Eiqui temos o protagonista do entreno previo e a cena.
Houbo tempo na sobremesa, para que os pelotilleros, fixeran o seu traballo, intentando gañarse a titularidade.
Despois da cena, que rematou a eso das 2 da mañan, os mais animados seguiron de festa ata altas horas da madrugada polos locais de Portonovo(Transno Rock) rematando no Pilon en Cambados, ata onde eu sei(conmigo voltaron as 6 a.m. Ivan,Javi e Santi, ali quedaron babexando co striptease de Susana Reche; Ivan Berreco,Cristian,Charlie,Pedro,Makaay,Emigdio e Marcos, e dicir os solteiros excepto un...)Spree Forever ten as fotos que o testemuñan, hai hai hai yayayai! aqui hai tomate!!!

Libertad 0 - Cerponzons 2.


Dura derrota a do domingo pasado no Baltar de arriba, a que sufriron os homes de Tomas Abal.
O Libertad, moi lexos do equipo que debe ser, afundeu na segunda parte con dous goles de tres tiros a porta que fixeron os visitantes en todo o partido, ocasions ademais regaladas pola zaga.
Pouco mais que contar dun desmotivado Libertad, mal en todalas liñas, e que apesar de crear mais peligro que os rivais, non hai Cristo que lle pegue a dentro...
O dato; primeira derrota na casa dos aurinegros.Esperemos que non sirva de precedente, e apesar de encarrilar duas derrotas consecutivas mantemonos na misma posicion na taboa clasificatoria.

martes, noviembre 20, 2007

Puntos Master contra o Cesantes

Triste empate no olímpico de Baltar, pouco que destacar dun partido sen demasiadas ocasións e falto de ganas por un e outro bando.

Dito esto pasamos a dar os racanos puntos Master:

Maza (2,5): Moy seguro en todo partido, sen salidas innecesarias e con grandes atallos debaixo dos paus.
Makay (1,5): Sigue en progresión ascendente no seu rendemento, inda que puido facelo algo mellor, estuvo seguro na zaga.
Charlie (1): Esta vez non recibiu repremendas do mister o cal debeulle sorprender, todavía lle falta un punto, e pensamos que esta máis cerca de recuperar a súa mellor forma.
Cristian (2): o mellor na defensa ata q se foi lesionado, desfixo o pouco perigo q tivo.
Ivan Berreco (1,5): Lesionouse pronto e non deu moito de sí, de todas formas respondeu con contundencia nas poucas ocasións das que dispuxo.
Ivan (1): En defensa moy ben pero faltalle algo máis de aporte en ataque. Sabemos que estaba enfermo e non vamos a facer leña do arbol caido.
Jandro (1,5): Nervioso en ataque, empezan a dicir por ahí que hay que ten que pensar en deixar os cegarros da risa.
Fer (1,5): Voluntarioso pero faltoulle algo de acerto de cara o gol. O equipo nota o sua falta de chegada.
Nagüel (2): Dispuxo das poucas accións afortunadas do equipo, e estuvo bastante activo no tempo que estuvo dentro do campo.
Anxo ( 1,5): participativo no 1º tmpo, foise diluindo co tempo.
Migui (1): intentouno, pero aínda anda lento. Chupou unha ocasión q errou na que podía darlle o 1-0 a Anxo en bandexa.
------------------------

Pechu (1): Cada vez máis seguro, xa non fai pechugadas, pero segue sen traer o equipo de música e iso na grada parece que non se perdoa.
Alex (0,5): mal debut, sen sangue. Ten que sacar o collón aurinegro.
Fernando Dena (1): saiu con ganas, parece que pode aportar toque e brega na media.
Pedro (1): pa debutar de central ante a lesión de Cristof non se notou, iso é bo.

lunes, noviembre 19, 2007

Libertad 0 - Cesantes 0.


Tedioso encontro o que se puido ver na fria tarde de onte no Municipal de Baltar.
Enfrontabanse dous equipos empatados na clasificacion e asi quedou demostrado no campo, nun partido moi igualado.
Saltaron de inicio;Maza, Makaay,I.Abuelo,Cris e Charlie en defensa, no medio Jandro e Ivan asistidos por Fer e Naguel nas bandas e como arietes Anxo e Migui.Xogarian na segunda Pechu,Pedro e debutaron como aurinegros Alex"Perreo"(Dorron) e Fernando(Dena).
Nada que destacar deste insulso partido, que aburreu tremendamente a decena de afeccionados que se deron cita a pesar do mal tempo.
A iguldade reinou sempre, entre dous equipos, mais preocupados de destruir que de crear xogo.
Finalmente reparto de puntos, que apesar de non ser un bo resultado xogando na casa, mantenos na racha positiva, e van xa 3 encontros sen perder, o que nos situa na zona media-alta da clasificacion.

Proximamente os puntos Master gentileza de...Fistro!tocouche.

miércoles, noviembre 14, 2007

Puntos Master del partido contra el Campelo

Aquí están los puntos Master, si son un poco rácanos es porque me jode no poder hacerlo en casa (mierda de ya.com que me tima con el ADSL) y xq todos lo pueden hacer mucho mejor.
Buen partido en general de todos los jugadores, que pudo acabar en goleada pero los allí presentes ya sabíamos que sería un partido extraño y complicado con la presencia del árbitro-topo-tatexo ese, menudo personaje.

1.- Maza…1: famento? Quiso ir a todas por alto y no siempre lo hizo acertadamente. Mala suerte – o buena actuación del delantero – para provocar el penalti.
2.- Makaay…1: sin complicarse. No estuvo tan fino como otros días y optó por no subir la banda.
3.- Nagüelistro…2: cada vez más en forma, ahora de central no puede perder la posición tanto como de libre, pero si tiene a su hombre no hay quien se le vaya.
4.- Cristian…2: O Muro. Sobrado, aguantó una llena de ostias del delantero, que no se le fue nunca. La expulsión injusta pues no quiso entrar al trapo de la pelea.
5.- Charlie…1: resacoso? Menos acertado que otras veces, tampoco se prodigó en ataque. Puede dar mucho más.
6.- Iván…1: defensivo. Bien en defensa, pero en la media debe dar más salida al balón, sobre todo aprovechar más las bandas que por ahí se pudo hacer mucho daño.
7.- I. B. Abuelo…1: sin recorrido. Como su tocayo bien en defensa, pero también muy lento e impreciso para dar salida al balón como otras veces. Roto en la 2ª parte.
8.- Santi…2: abrelatas. Presión y un poco de suerte le valieron para encontrarse un regalo para meter el 1º. Tiene que hacer más. También roto en la 2ª.
9.- Fer…2: peleón. Como siempre, pero debe desbordar más y ser más incisivo, como en los entrenamientos.
10.- Anxo…2: Cosido, a patadas, creó peligro a pesar de ello y casi marca el 2-1 de ¡cabeza!.
11.- Migui…2: mejorando de lo suyo, le falta una punta de velocidad para romper la defensa. Él y Anxo deben buscar más la portería e intentar más tiros.

………………………………………………

12.- Gándara…2: el tiempo que actuó se le vio con confianza, dio buena salida al balón casi siempre que pudo. Puede dar mucho más.
13.- Pechu…1: Interior, que le gusta más, no se le vio mucho pero tampoco tuvo errores. Atrapó un par de golpes por defender a Cristof, hay que tenerlo en cuenta.
14.- Cons…2: su entrada aportó frescura y sobre todo presencia física al ataque. Peinó 2 buenas asistencias desaprovechadas. Debe ayudar más en la media.
15.- Borja Dios…2: marcó el gol de la victoria, a la 3ª. Se entendió bien con Javi y frescos alegraron el ataque. Hay que definir mejor.
16.- Pedro…1: poco tiempo tuvo, pero tocó bien los balones que recibió y si Borja no chupara seguro que el gol de la victoria era suyo.
17 y 18.- Candi y Vieitez: el 1º fue sustituído al principio de la 2ª y Vieitez se expulsó para cumplir nuestros deseos. Todavía hay fichas libres chavaleeees!!!!

martes, noviembre 13, 2007

Campeleons 1 - Libertad 2.


Gran espectaculo, o que se puido ver o domingo no campo de cespede natural da Seca en Poio.
O encontro, entre dous equipos igualados na clasificacion, amosou todo o que un partido de futbol debe de ter, emocion,intensidade,choque,polemica...
O Libertad chegaba a Poio no seu propio microbus, ante a perplexidade dos locais.Ali recontrabamonos con ex-aurinegros miticos como Candi e Vieitez.
De cara saltaban o cespede;Maza baixo paus, Makaay,Cris,Naguelistro,e Charlie na zaga,Santi e Fer como extremos, no doble pivote o tadem do Ivan´s, e na punta do ataque o duo sacapuntos Migui e Anxo.Xogarian na segunda Gandara,Borja,Pechu,Cons e Pedro.
O encontro, que nunca tivo un dominador claro, iva e viña, con oportunidades moi claras para o Libertad, que nos saques de esquina empezou a meterlle o medo no corpo, a unha defensa local bastante descentrada.Sen embargo, alguns desaxustes a hora de replegar tamen propiciaban chegadas perigosas dos de Campelo.
Pero seria o Libertad, que facia moito dano polas bandas, o primeiro en marcar.Das botas de Migui, naceu ó 0-1.
Xa na segunda, o Campelo apreta, e ante un arbitraxe que deixou moito que desexar, regalalles un penati mais que dudoso, o empurrar Maza na saida o dianteiro, que xa por duas veces anteriores deixarase caer descaradamente ante a pasividade arbitral.
Os de Poio non desaproveitan a ocasion e igualan a contienda 1-1.Despois seria expulsado Vieitez,nese punto, o partido sube de temperatura e os nervios apoderanse dos xogadores, empeza una intercambio de oportunidades polos dous bandos, con mais corazon que cabeza.
Sen embargo o Libertad, volveu a sacar a casta e con todolos cabios sobre o cespede, chegaron oportunidades clarisimas.O Campelo tampouco entregaba a cuchara, pero entrou nunha dinamica de xogo barrulleiro, con pouca claridade practica.
A cinco do final, un pase entre liñas de Cons, e aproveitado por Borja para batir o meta local, colocando o marcador no definitivo 1-2.
Nos ultimos intres, alguns subense de voltas provocando unha tangana no campo, ante o cal, o ajudo arbitro decide irse para a caseta, despois de expulsar a un xogador por bando.Tras uns intres de tension e un par de chapadas, a normalidade volta e con ela o trencilla, que transcurrido o tempo regramentario sinlaria o pitido final, que nos daria una disputada e merecida victoria.
Os puntos Master, proximamente xentileza de Spreee Forever.

domingo, noviembre 04, 2007

Libertad 1 - Amanecer 0.


Terceira victoria do Libertad, que gañou os tres encontros xogando en Baltar, sufrindo, e por 1-0.
O equipo saltba con Maza, liña de 4 con Makaay,Rodri,Pechu e Charlie, medio centro para os dous Ivans, extremos Fer e Angel, e en ataque volvia o duo sacapuntos, tras catro encontros de sancion regresaba Migue e Anxo.Xogarian na segunda Borja,Jandro,Santi e Pedro.
Na primeira metade o equipo xogou demasiado tenso, tras o ultimatum do mister de abandonar o barco, que fixo mella nos xogadores, os que so atinaban a despexar balons sen rumbo hacia arriba.Horrible primeiro tempo, onde non se puido ver nin unha sola xogada polos dous bandos.
Na segunda, mais ou menos o mesmo, tiñamos o balon, chegabase as inmediacions do area, pero sen claridade, mentres o Amanecer parecia facer bo o empate, e sempre acumulaba moitos xogadores na zaga.O encontro descorre bastante tedioso ante a impotencia dos dous conxuntos para crear futbol.
No min 85, xogada polemica, Rodri protesta unha decision do arbitro, que lle amosa carton amarelo, pero a sorpressa chegaria cando lle saca a vermella, asegurando que xa era a segunda, medio tangana, Rodri revolvese contra o trencilla, pero sen mais remedio que dirixirse para a caseta.O encotro revolucionase nos ultimos intres, e o Libertad espoleado vota ese collón, que as veces ten, e xa sobre o tempo regramentario, Jandro colle a espalda do seu par, internase no area, e ante a salida do porteiro escorase demasiado efectuando un frouxo disparo bombeado, o que Migui, acompañando a xogada, acerta a introducir no fondo das mallas.
E asi acabou, outro apaixoante episodio do Libertad, tres puntiños para o peto, Tomas seguira entrenando e o pai de Fer convidounos a un pincho, do que xa demos boa conta.

Entrenamentos; Mercores en Meaño as 21:00, e venres en Baltar as 21:30.Proximo rival:Campelo.
Puntos Master, mañan, a cargo do noso compañeiro Fistro

lunes, octubre 29, 2007

Salcedo 2 - Libertad 1

como se di por ahí...xente de Marín...tropa do carayo, leñeros, rebotados e sobre todo, malos, moi malos, por iso a culpa da derrota foi únicamente do Libertad saír de novo o campo faltos de tensión e fora do partido (a pesar de ir 0-1 ó descanso e con Anxo como único dianteiro real) e por non xogar como realmente mellor resultado lle dou sempre.

Condicionados polas baixas, tivo que xogar Makaay en punta, fixo o que puido, pero o seu cometido era morder arriba e buscarlle a espalda ós defensas máis altos ca él, e non andivo moi listo nesas accións. Creo que o mellor foi Iván Berreco, sempre gardando a posición e seguro atrás, pois aínda que Rodri fixo un xogadón que acabou en asistencia perdeu demasiadas veces a posición. Isto, unido á falta de apoio en defensa de Nagüel, e á mala lectura dos mediocampistas (Jorge sempre entrando e perdendo a posición, debe aguantar máis pra arroupar ó equipo atras, e cun perdido arrastraba a Ivan a perder tamén a posición) provocaba continuos 2 contra 1 na banda de Cristian, que inda que non foi o seu mellor partido aguantou a 2ª parte lesionado. Arriba só Anxo creaba algo de perigo (Makaay tivo algunha oportunidade cando conseguía gañarlle a espalda ós defensas pero pouco máis), pero non só hai que chupar, hai que tirar a porta e por dentro, que é o maior déficit do Libertad.

Mellorando estes aspectos: saír a roer dende o principio, gardar a posición e aguantar ós atacantes pra non quedarse en inferioridade, e xogando o balón fácil e rápido (así tamén se farían mellores controles porque neste partido menos a Ziván ós demáis faltoulle chicle), e tirando a porta cando haia un oco, seguro que o salto de calidade será grande.

Así que vamos equipo, demostrade o que valedes, que o 1º está a só 6 puntos, e imos 5ºs a pesar do mal arranque.

Ánimo rapaces, a valer máis dun collón.

Puntos Master (contra o Salcedo)


Derrota do Libertad no feudo do Salcedo por 2-1, apesar de comenzar gañando.Partido malo e bronco, do que o noso colaborador Spree, daranos mais detalles proximamente.

Os puntos Master desta semana son:
-Maza: 1,5 apenas tivo traballo, e nos goles, un deles de penalti pouco podia facer.
-Charlie: 1 non amosou o seu poderio caracteristico, algo fallon non saiu mentalizado de que xogaba de defensa.
-Cris: 1,5 aguantou o tipo, ainda que o collian sempre 2 contra un.
-Ivan Berreco: 1,5 sin alardes amosouse seguro.
-Rodri: 2 o mellor do encontro, solido en defensa(anque foi o autor do dudoso penalti) e incorporandose o ataque, para darlle o gol a Anxo.
-Naguel: 1 boa actitude para cos seus compañeiros e o arbitro, pero non aportou nada en ataque.
-Jandro: 1,5 irregular costoulle entrar no partido, anque na segunda tivo moito mais protagonismo.
-Jorge: 1 descoñecido e desanimado apenas fragou un par de boas asistencias.
-Ivan: 1,5 tampouco fixose notar demasiado no medio do campo, onte nadie construia o xogo.
-Anxo: 2 marcou o gol, e pouco mais, saiu tocado na segunda.
-Makaay: 1,5 xogou en punta, intentouno, correu e puxo empeño, de cara a porteria nada.
-*Pedro: 1 cando entrou o partido xa estaba loco e era dificil facer algo.
-*Pechu: 1 igual que Pedro, anque pasoume por diante un balon para empuxar e facer o empate, pero nada...

domingo, octubre 28, 2007

Xa estamos aqui!!

Hola a todolos siareiros, xa estamos de volta, anque algo apenados por deixar atras unha experiencia inolvidable, sen dubida recomendovos, que si podedes non deixedes de visitar o continente africano, e mais concretamente Gambia"NO PROBLEM".



A verdade que hai moito que aprender desa xente, e por suposto moitos xogadores interesantes, para eles o futbol e o maximo.E para intentar traer algunha perla africana, ali quedouse, polo menos durante dous meses, o noso oxeador Pablo "Banana" ou "Escoba" como o coñecen en toda Gambia.Dende aqui un saludo Pablo!! e vai falar co consul.(Aqui o tendes de paparazzi total camuflado na piscina do hotel)

Anem bara, a todo o staff do Keneba Motel: Salomon, Bob"The Builder",Lamin, Mohamed"Herbie driver"...foñato every body


Vemonos en Salcedo...

viernes, octubre 26, 2007

Salcedo - Libertad

Próxima parada, Salcedo, equipo que ven de ganarlle ó Sporting 1-0 (que curioso xogar contra os que deixa o Portonovo, por sorte de momento son os máis frouxos, así q hai q ir facendo colchón d puntos ata que o equipo se asente e se volva unha apisonadora, jeje).

Preguntarédesvos que tal equipo ten, pois nin puñetera idea, pero si só lle gañaron 1-0 ó Sporting non poden ser moi bos jejeje (os derbis son outro cantar). De todas formas tamén o Pasarón eran malos coma pegarlle a un pai e por sair brandiños perderonse dous puntos; así que afección a buscar o campo de Salcedo (sairase ás 15:00 h. do hotel Justo) e a animar ó noso equipo pra que saian a tope desde o inicio.

Vémonos alí!



Hay un equipo que vale un collón!!!

lunes, octubre 22, 2007

Libertad 1 – Gondar 0

Outros 3 puntos po saco! Partido moi emotivo, no que estuvo presente o noso Presidente Diego “Pucheto” que recibiu o apoio dos siareiros nestes duros momentos, e no que os aurinegros saíron ó campo cunhas camisetas homenaxe a Chema, amáis de gardar un minuto de silencio por ámbalas dúas perdas tan dolorosas.
En canto ó partido en si, foi moi emocionante e sufrido, só a cagada de Hamilton vale de disculpa para habernos perdido o último cuarto de hora. Comezouse case tan mal coma o outro día na Xunqueira, cóstalle ó equipo entrar nos partidos, tan só un tiro lonxano ó longueiro de Iván (no abuelo) e outro fora por pouco; pero na 2ª metade a superioridade do Libertad foi clara, freada un pouco polo árbitro, que aínda que puña cara de bo errou de máis e barreu bastante pa fora. O final a base de empurrar chegou o gol da victoria, como non tiña que ser nunha xogada embarullada na que o disparo de Fer, que estaba pegado á liña de fondo, rebota na defensa e acompañada con patatas entra na portería. Falta mellorar a definición, e facer algún tiro máis (coma sempre quérese marcar empurrándoa, e en 3ª hai porteiros moi malos…hai que tirar), pero estos tres puntos saben a gloria pra seguir intentando facer as cousas o mellor posible, acudindo puntualmente ós entrenos, tecendo un sistema que saque o mellor rendemento ó equipo, e que siga facéndonos vibrar nas bancadas.
Hay un equipo que valen un collón!!
Libertad!!!

viernes, octubre 19, 2007

Libertad - Gondar - Domingo ás 16:30 h.

Despois da decepcionante xornada anterior na que se conseguiu un empate cando todos esperábamos unha amplia victoria (tal vez por iso...) fronte o asarón, tócanos recibir ó Gondar, equipo que ven de meterlle un 0-5 ós nosos veciños e rivais do Sporting.
Esperamos ver un Libertad coma o da 2ª parte do outro día, entregado, e que se enchan as bancadas pra levar ó equipo hacia arriba.
Non vos olvidedes, o Domingo ás 16:30 h. no campo de Baltar, que hay que animalo equipo, que visto o visto neste inicio de tempada estanlle botando moitos collóns, por iso animemos pra que a xente siga entrenando e comprometida, pois agora pódese facer algo impensable fai uns anos.
Ah, e traede 10 €, que é o que costa o carnet de socio, e así axudaredes ó clube e na maioría dos casos coidaredes máis o fígado.


Hay un equipo que vale un collón!!! LIBERTAD!




PD: faremos un minuto de silencio pola tráxica noticia deste Xoves. Hay que falar tamén co árbitro e co outro equipo.

Noticia tráxica.

No día de onte, Xoves 18 de Octubre, faleceu a nai dun dos fundadores, e actual Presidente do Libertad S.C. Diego Bermúdez, "Pucheto". Dende o clube e todo o seu entorno enviarlle as nosas máis sentidas condolencias. Todos sabemos que algún día nos ten que chegar a hora, pero cando ocorren estas cousas o que máis se agradece e o apoio dos achegados. Darlle o noso apoio e ánimo a Diego e seus irmáns, ademáis do resto da familia, lamentamos esta perda, unha aperta forte.


O enterro será hoxe Venres, saíndo do tanatorio ás 17:00 horas.

martes, octubre 16, 2007

Puntos Master del partido contra el Pasarón

Lástima de 2 puntos que se escapan esta jornada, dondo hemos vuelto a ver a un Libertad con 2 caras: una malísima en la 1ª mitad, tiempo en que se encajaron los 2 goles (el 1º un tremendo fallo de Pechu y el 2º en un balón rechazado que se lleva con el codo, mano clarísima no pitada, batiendo a Maza en el 1 contra 1 ) y otra en la 2ª parte, saliendo esta vez con tensión, presionando el balón y subiendo el ritmo. Se recuperó el terreno perdido con goles de Santi y Fer, e incluso pudieron caer 3 más, a pesar de que el árbitro se complicó la vida al final pitando desfasadamente casero, en balones que no se llegaron a rematar casi sobre la línea por un pelo; aunque viendo la jugada final en la que estando volcados arriba, y tras un despiste defensivo, Maza saca el balón bajo la linea chocando contra Cristian y llevandose un buen recuerdo en la ingle y rodilla, se podría decir que "puido ser peor" a lo que responderíamos: si jugáis como en la 1ª parte, sin collóns, podía ser un escándalo Pereiraaaaaaaaaaaa!!!

Maza.- 2'5... nada que hacer en los goles. Si estuviera más rápido no habría comido tal ostia.
Pechu.- 1... y por avisar del horario. La presión de los compañeros y sus nervios pusieron el 1-0.
Cris.- 1'5... irreconocible en la 1ª mitad, el delantero-grumo le dio muchos problemas, pero en la 2ª se lo comió.
Rodri.- 1'5... todavía falto de ritmo, como Cris descolocado en la 1ª pero sobrado en la 2ª.
Makaay.- 1'5... también puede dar más, aunq en defensa bien, en ataque no tuvo presencia.
Angel.- 2'5... buen partido, el único que movía al equipo en la 1ª, luego destacó menos pero jugó casi siempre con entrega y acierto.
Iván(Zivan).- 1'5... fatal y perdido en la 1ª, en la 2ª sacó buenos pases en corto y aumentó la intensidad defensiva.
Borja Dios.- 1'5... casi todo el peligro en la 1ª parte se creo por su banda, aunque sin suerte. Un poco más de sangre y garra no estaba mal.
Charly.- 1... aportó fuerza y potencia pero no andubo demasiao acertado, sobre todo en centros.
Santi.- 1'5... puede dar mucho más, demasiado impreciso con el balón, que se encontró delante marcar el 1º aurinegro.
Anxo.- 2'5... el mejor junto con Nagüel, creo peligro, bajó a recibir, desbordó, metió buenos pases... le faltó el gol de la victoria. Hasta que empezaron a zapatearlo no lo pararon.

------------------------------------

Fer.- 2... entró por Borja y le dió carácter y velocidad al juego.
Jandro.- 2... lo mismo, su entrega aumentó una marcha el ritmo del Libertad.
Javi Cons.- 1'5... no tuvo tiempo de participar en muchas jugadas pero creó un par de jugadas de peligro aunque no tuvo acierto.

sábado, octubre 13, 2007

ATENCION!! CAMBIO DE HORARIO!!

O partido entre o Pasarón e o Libertad S. C. Sanxenxo retrásase para as 18.15 horas debido ó concurrido do campo da Xunqueira.Agardamos que haia unha gran afluencia dos nosos seguidores, xa que coa nova hora da tempo a facela dixestión e dormir unha pequena sesta.
Saúdos!

viernes, octubre 12, 2007

Proximo encontro Pasaron-Libertad.

A segunda xornada ligueira do grupo 16, arranca este domingo a partires das 16:30, no Municpal da Xunqueira en Pontevedra.
Esta e a terceira vez nun mes, que o Libertad desplazase ata este feudo, co obxetivo, cando menos de repetir o resultado acadado no ultimo amistoso contra o Pasaron(1-3).
A afluencia os entenos esta semana foi masiva, chegando a contar con 18 xogadores, ainda que varios destes todavia non estan fichados.
Neste aspecto destacar catro posibles incorporacions, tras dous meses de duras negociacions Juan "Hellboy" e Alex "Perreo" contan coa baixa do Dorron e todo parece indicar que nos prximos dias asinaran o seu cotrato, xa que esta semana adestraronse co resto do grupo.Tamen estan a prova Ivan "Ucha" ex-xogador dos xuvenis do Sanxenxo, que pinta bastante ben e o venezolano Jose Ferreira compañeiro de este ultimo, en fin importantes reforzos que fan ainda mais competitiva esta plantilla.

domingo, octubre 07, 2007

PUNTOS MASTER (Contra o Sporting Portonovo)

Derbi algo falto de emocion , no que o Libertad puido meter 3 goles polo menos e o final acabamos sufrindo co 0-1. O importante ( aparte de jichar bastante) e que conseguimos tres puntos "fora" da casa e agora a pensar no Pasarón que hai que conseguir outros tres. Puntos:

Maza : 3, moi seguro (e resacoso)
Makaay: 2.5 un pouco toleiras por poñerlle un pero.
Pechu: 3 , fixoo ben sen nengunha "pechugada" e gañou en seguridade por arriba.
Iván Besada: 2.5 tamen bastante ben na defensa a pesar de non ser o seu posto natural.
Charly: 3 , un animal ( facian falta catro coma el polo menos)
Jorge: 2 , algo perdido , ben no corte pero pode dar moito mais.
Iván: 2 , se non fora pola expulsión levaria un 3 , coma Fer e Anxo, cando entra en xogo leva moito perigo.
Fer: 3 , foi traballar desde as 7 da maña e fixo un partidazo, estivo un pouco desatendido que si non...
Jandro: 3 segue sendo un pulmón e mostrouse moi activo.
Anxo: 3 , e o noso Messi particular.
Santi: 2.5 marcou .


Cristian*: 1.5 ... sen tempo
Borja*: 1.5, intentouno pero ten menos sangue cun carracho.
Cons*: 1.5 , este ten sangue de máis.
Rodri*: 1.5 inda medio lesionado segue a ser o Ministro.

E outro tres para o mister por aturar estoicamente a esta banda , tres tamén para a afección (bótase de menos ó sector mariñeiro) . E do árbitro mellor non direi nada...

sábado, octubre 06, 2007

Derbi á vista: Portonovo - Libertad S.C. Sanxenxo

Mañán domingo a partires das 16.30 horas terá lugar o primeiro derbi da tempada.
Exercerá como local o Sporting de Portonovo.O Libertad afronta o choque despois de perder frente ó favorito da categoría, o Atlético Estación.
Espérase unha gran afluencia de afeccionados a pesares da coincidencia do choque co partido Barça - Atlético.
Saúdos!

domingo, septiembre 30, 2007

Atl.Estacion 3 - Libertad 1.

Arrancou a liga , e seguimos comentendo os mismos erros de sempre.
Tomas, solo dispuxo de 13 xogadores, para enfrontarse a un dos candidatos o ascenso, que tampouco amosou ser cousa de outro mundo, pero si o suficiente como para gañarnos ben.
Na primeira metade o resultado foi de 1-0 de penalti, o equipo aguantou bastante ben incluso dispuxo dalgunha chegada polas bandas.
E xa na segunda, poñense 3-0, o Estacion relaxase, o equipo entra en liortas co arbitro, como non, Migui expulsado, e o mellor de todo e que se autoexpulsa despois de convertir ó 3-1 definitivo, nunha bonita vaselina, e o final pudose maquillar o resultado nunha clarisima ocasion de Borjita dentro da area que dispara o muñeco e pega nas pernas do porteiro.

Sen mais comentarios, vamos a poñer un pouco mais de entrega e humildade, vamos a intentar ser un equipo dentro e fora do vestuario e vamos a entrenar sen escusas, que este domingo esperanos o Sporting Portonovo.

viernes, septiembre 28, 2007

Comeza o campeonato.

Este domingo rodara o balón nesta nova campaña ligueira, na que como xa sabedes enfrentaremonos os equipos da zona de Pontevedra; Eiriña, Campelo, Combarro, Gondar de Xeve, Verducido, Cerponzons, Atl.Estacion... , e sera precisamente con este ultimo, o Atletico Estacion, recen descendido de 2ª, co que nos teñamos que enfrontar nesta primeira xornada.
O partido seria na en Baltar as 17:00, pero como coincidimos co C.X. Sanxenxo, xogarase igualmente o domingo pero no Municipal da Xunqueira as 16:15 hr. e dicir, exerceremos de visitantes.

domingo, septiembre 23, 2007

Pasaron 1 - Libertad 3

Partido aburrido, sen arbitro, onde o Libertad foi dono e señor do balon, ainda que sen facer gran cousa, e que perdonou demasiadas ocasions.
O Pasaron, confirmando os rumores, amosouse un rival floxo, cedendo a iniciativa, con poucos argumentos en calquera das suas liñas e facetas do xogo.
En definitiva, un entrenamento mais, que debeu terminar candomenos nun 1-5, pero que ainda dandonos facilidades, todavia non acabamos de encontrar o noso xogo.

Entrenamentos: luns as 21:30 Baltar,mercores Meaño as 21:00 e venres Meaño as 21:30.

Este domingo arranca a liga coa visita do Atl.Estacion no Baltar de Arriba as 17:00 hs.

jueves, septiembre 20, 2007

Primeiro test serio da pretemporada.

A falta dunha semana, para que comence a liga, hoxe a partires das 21:00 hs. enfrontaremonos o Deiro no seu campo.Esta sera unha pedra de toque importante para coñecer realmente a que nivel atopamonos.A lastima e que non contaremos con demasiados efectivos, somentes 12 xogadores da plantilla estamos dispoñibels, pero faremos o que se poida.

Para o coñecemento da afeccion, xa comenzou a campaña de captacion de socios para a nova tempada, a si que xa sabes, presume de ser socio do teu clube e forma parte del axudando neste novo proxecto!!

Este domingo 23 xogaremos o ultimo amistoso contra o Pasaron, as 16:30 no Municipal da Xunqueira de Pontevedra, e o domingo seguinte 30 de Sep., arrancamos a liga en Baltar as 17:00 hs. contra o recien descendido Atl. Estacion, a priori o rival mais forte da categoria.

martes, septiembre 04, 2007

Armenteira 1 - Libertad 2.

Partido con puco futbol que ver, onde o Libertad con so 12 xogadores, vencia in extremis, ao equipo local.
Na primeira metade materiase o 0-0 inicial, mentres que xa na segunda seria o Armenteira o primeiro en adiantarse, aproveitando un barullo na area e coa axuda coa dos raios do solares, que a esa hora cegaban a vista no lado dereito da nosa porteria.
Merecida victoria en prol das oportunidades erradas, con goles de Fer e Jandro, este ultimo xa no desconto.

Entrenos: Luns-Baltar 21:30,Mercores-Meaño 21:00,Venres-Meaño 21:30

jueves, agosto 30, 2007

Salnes 1 - Libertad 2.

Pachanga disputada onte mercores as 10 da noite en Cambados ante un Salnes dirixido polo noso ex-mister Alvaro, con preto dunha treintena de xogadores que rematoou con victoria xusta pero pola minima do Libertad.
Os nosos por estrano que parezca sairon ben plantados e pronto controlaron o ritmo do partido.Nuns primeiros 25 min de bo xogo o Libertad xa dominaba 0-2 no marcador cun golazo de Fer, tanto pola execucion, coma pola xogada o primeiro toque triangulando dende a defensa ata o ataque, e o segundo de Borjita tras un rexeite.
A partir de ahi, o equipo relaxouse en esceso, desaproveitando clarisimas ocasions.
Xa na segunda Tomas aproveita para facer provas, cambios tacticos..., pero non dan bo resultado e o equipo descompuxose, dando pe, a que un timido Salnes en ataque empezase a inquietar a Maza.E seria nunha desas cando xogando con tres atras os de Cambados aproveitasen para facer o 1-2 definitivo.Pouco mais se poido ver, tanto pola deficiente iluminacion coma polo xogo realizado.

Referente o mercado de fichaxes, a delicada situacion de Charlie, parece irse aclarando.O xogador de Lores, que non ten a baixa do Xil, nin o visto bo do seu presidente Lino Cores para facilitarlla,( a sabendas de que se lle avisou o clube antes da data limite para as renovacions federativas), parece coller bo camiño.Todo gracias a un especie de troco, no que Diego, recente incorporacion, militara no Xil para a proxima campaña.De feito, o de Castrelo, xa se entrenou con eles esta semana.Esperemos que con esta incorporacion o Xil poña menos trabas a hora de darlle a baixa a Charlie, e que todo se solucione o antes posible polo ben de todos, xa que andar con estas caralladas en terceira rexional, e bastante triste.

lunes, agosto 27, 2007

Xil 1 - Libertad 5

Partidiño amigable, sen arbitro federado, disputado na tarde do domigo no Boavista Arena de Xil.

Do encontro pouco podemos destacar.Na primeira metade os nosos, coma sempre, sairon algo desorientados e seria o Xil, nas botas de Otero, o primeiro en adiantarse no aletronico.Co paso dos minutos o equipo posicionouse no terreo de xogo, e conseguiase o empate cun golazo de Rodri, recordando as miticas colas de vaca do Baixinho Romario.

Xa na segunda parte, o Libertad moi superior en todalas facetas do xogo, avasalla a un Xil asfisiado e un tras outro van caendo goles ata o definitivo 1-5, dous de Anxo, un deles de cabeza(que vergonza Russo!!, vente po Libertad),Migui e Ivan o de Raxo.

O morbo da xornada, estivo en ver a Charlie vestido coa aurinegra, enfrontarse o seu ex-equipo, apesar que de momento o presidente do Xil negase a deixalo ir.

Pasando paxina, entrenase o luns en Baltar as 21:30, mercores amigable en Cambados co Salnes as 21:00 e venres en Meaño as 21:00.Veña chavales, que pouco a pouco esta salindo a relucir o traballo realizado.

martes, agosto 21, 2007

Umia 3 - Libertad 2

Emocionante partido, disputado na tarde do domingo en Barrantes, nun terreo de xogo en excelentes condicions ante unha treintena de afeccioados.
O Libertad saltaba con Josiño na porteria(de momento non hai outro), unha liña de catro con Makaay e Charlie nos laterais e os dous Ivan´s no centro da zaga, por diante Santi na esquerda e Borja na dereita e no medio pivote Jandro e Naguel, en punta o duo sacapuntos Anxo e Migui.Quedabamos no banco por chegar tarde Rodri,Cristian,Maza,Fer e eu mesmo.

Arrancaba o encontro con aire de revancha, tras o doloroso 1-6 que lle endosamos na inauguracion do novo campo da Bouza, cun Umia centrado e con gañas, ante un Libertad empanado totalmente.Nuns cinco primeiros minutos de escandalo, o Umia poñiase 2-0, tras dous tremendos erros por parte de Josiño(era pa matalo) e Ivan.O Umia cheiraba sangue, e creia poder limpar a sua honra, pero nada mais lexos da realidade.Tras ese primeiro impás, e despois de un par de tremendos berros de Tomas, o equipo despertou daquel mal soño e empezou o recital.
O Libertad ben posicionado, empeza a mover con rapidez e critero o balon chegando peligrosamente o area local, e tras un par de avisos chegarian dous goles de Migui que igualaban a contienda.Toda a primera parte exceptuando os cinco primeiros e os cinco ultimos minutos foron unicamente do Libertad, que se gustaba asi mesmo e que desaproveitou clarisimas ocasions nas botas de Migui, Anxo e Borja para sacarlle novamente os colores a un Umia incapaz de crear xogo.Sen embargo a sua efectividade case do 100% facia que pouco antes do descanso conseguiran o 3-2, que a postre seria o definitivo.

Na segunda metade producense todolos cambios, de inicio, pero aquel xa era outro partido.
O Umia con ventaxa no marcador empeza a endurecer o xogo, e o Libertad como sempre , diluese como un azucarillo no cafe, perdendose en batallas personais e protestas o arbitro que no nos levan a ningures.

Unha segunda parte para olvidar, onde non se veu nada de futbol, quedando o marcador como estaba, que vendo as oportunidades e o bo xogo da primerira metade, antoxase inxusto.

Hai que aprender dos erros, e deixar de ser tan blandiños e protestons.

Incidencias:-Migui, expulsado, vermella directa(min 77´) por protestar.
-Pechu, rotura de fibras gemelo esquerdo, 2-3 semanas de baixa(que jran perda)

Entrenos lunes 21:30 Baltar, mercores e venres as 21:00 en Meaño.

Proximo encontro domingo 26 as 19:00 en Xil.

viernes, agosto 17, 2007

Grove-B 3 - Libertad 0

Pachanga disputada na noitiña de onte xoves no Monte da Vila, e que supuxo a primeira derrota do conxunto aurinegro.

O encontro tivo duas fases ben diferenciadas, unha primeira metade de dominio meco, onde encaixamos os 3 goles, un deles en propia porta, e xa na segunda o Libertad controlou moito mais o balon, movendo con criterio e dispoñendo de varias ocasions para acurtar distancias, pero onte a fortuna non estivo de cara e o marcador non se moveria en todo o segundo tempo.

En fin, un bo test para saber realmente a que nivel estamos, e agardamos que o domigo en Barrantes teñamos mais punteria de cara o gol.

Hoxe venres non se entrena, quedamos o domingo as 18:15 no campo do Umia en Barrantes.

lunes, agosto 13, 2007

Primeira victoria.


O Libertad impuxose na tarde do sabado, o Cerveceria Azor de veteranos, nun partidiño con aire de pachanga, que non tivo moita historia, e que apesar das numerosas baixas lilainas, con solo 12 xogadores, endosouselle un contundente 1-4 para os aurinegros.

Eu non puiden ir, pero polo que sei, Migui materializou un hat-trick, a pesar de fallar o imperdoable(Abreu!), e Borjita Dios estrenouse como xogador do Libertad cunha diana.
Na primeira metade o resultado era de 0-3, e xa na segunda o equipo relaxouse, e Maza que tivo que vestirse de porteiro ante a adversidade, encaixou un tanto, por outro mais dos nosos que deixaria o marcador no definitivo 1-4.

Destacar o debut dos novos fichaxes, a pesar de non ter imaxes, Charlie, o xa nomeado Borjita e por suposto Santi, que vestiu por primeira vez a elastica aurinegra, para a tristeza de moitos sportinguistas.

jueves, agosto 09, 2007

Calendario pretemporada.

La delegación provincial de la Federación Gallega de Fútbol dio a conocer la distribución de los distintos grupos y calendarios de la Tercera categoría Autonómica, que presenta como gran novedad esta temporada, la presencia de los tres equipos de Sanxenxo y O Grove en el grupo 16 junto a los clubes de la zona de Pontevedra.

Libertad, Spórting Portonovo y Amanecer no se medirán al resto de conjuntos del Salnés esta temporada.Sus rivales en este grupo decimosexto serán: Cesantes, Salcedo, Eiriña, Cerponzóns, Gondar, Barro, Verducido, Combarro, Campelo, Atlético Estación y Pasarón. En la primera jornada, que será el último fin de semana del mes de septiembre, el Amanecer recibe al Barro y el Spórting al Verducido, mientras que el Libertad juega en Cesantes.

Fuente:Diario de Arousa.

No que respecta a nosa pretemporada, xa estan confirmados varios encontros amigables.
O primeiro deles, sera este sabado 11 no Municipal de Baltar en fronte os veteranos da Cerveceria Azor as 19:00.
-O domingo 19, en Barrantes fronte o Umia.
-O 26 de Agosto co Xil.
-O domingo 2 Sep. fronte o Armenteira.
-E o 9 de Sep. en Castrelo co Beiramar.

Referente as novas incorporacions, onte saltaba a bomba do veran, Santi, natural de Korea, ex do Dorron e Noalla, poñiase as ordes de Tomas Abal.Este fichaxe dara moito que falar, sobretodo na orbita sportinguista, xa que sempre foi un xogador anelado e querido co que creian contar algun dia.
Nesta instantanea vemos o xogador posando co presi e vice o dia do seu fichaxe, mentres amosa orgulloso o seu primeiro sueldo como aurinegro.
As conversas con Russo, siguen avanzando, e a proxima semana saberemos o desenlace.
Por outra banda as negociacions para a incorporacion de Juan Leiro parecen estancadas, e semella dificil que recale no noso clube, haberá que esperar para saber si o Dorron conta con el, e se sigue disposto a chupar banquiño outro ano mais.
Os entrenamentos, por si algun ainda non o sabe son lunes as 21 hr. en Baltar e mercores e venres en Meaño, tamen as 21 hr.

lunes, julio 30, 2007

Arrancando motores.

O proxecto mais ambicioso na historia do clube, porase en marcha este mercores 1 de Agosto.
Para elo, estan citados todolos xogadores e novas incorporacions para as nove(en punto!!) no campo de Meaño, o cal deberan acceder por expresa orde do mister con zapatillas deportivas.

Respecto o mercado de fichaxes, todavia hai dudas de quen sera o sucesor de Maza na porteria. Juan Lopez(ex-Dena) parece bastante interesado en vestir de aurinegro, por outro lado, esta redaccion coñeceu de primeira man, o interes do Xil por facerse co Russo(ex-Umia, o da foto), co que parece haber un acordo verbal de hai xa tempo.Nembargantes este tapado do Xil, todavia non firmou nada, e a idea do Libertad estalle rondando a cabeza, ademais, este movemento do clube de Meaño cubrindose as espaldas ante a salida de Cadornas, parece indicar que ainda que este non fose fichado finalmente polo Noalla dificilmente volveria o Xil, desmentindo rotundamente a informacion vertida na sua web.
Esto quere dicir que calquera deles poderian vestir a camisola do Libertad esta tempada.

Vemonos en Meaño as nove, puntualidade por favor!!

jueves, julio 26, 2007

Mais fichaxes.

Na tardiña de onte, dia do Apostolo Santiago, esta redaccion non deixou de traballar, para poder ofrecervos de primeira man e en exclusivas, os diversos movementos en canto a fichaxes que rondan a orbita aurinegra.
Asi faise publico un rumor que golpea duramente na moral do eterno rival, Juan Leiro "Hellboy", quere abandoar a disciplina dorroniana.O de Reis, afincado en Korea e nomeado fillo honorifico por Manola, que ademais posue a doble nacionalidade, esta cansado de dispoñer de escasos minutos no D.United, apesar de deixarse a pel en cada entreno e partido.O xogador ainda que non e unha peza clave no once titular, si o é entre os seus compañeiros, donde considerase como un dos capitans honorificos dentro do vestiario.

Ante esta situacion, e a posible chegada de reforzos, ve como unica salida cambiar de aires, e por suposto os seus intereses pasan por recalar no Libertad Sporting Club.En declaracions filtradas a este medio Juan asegura que pora o seu empeño en amosar o seu ex-equipo que se equivocaron con el, e que vai poñer o collon obligatorio polo clube e o outro mais, e se fai falta medio do seu irman tamen.
Respecto o ofrecemento do xogador do Xil, Esteban Portela, parece non ter moi claras a sua ideas, polo tanto a directiva do clube, que nunca amosou o seu interes por facerse co seus servicios, considera que a posicion na que desenvolveria o seu rol, esta ben cuberta, e desestima a sua posible incorporacion, eso si agracedendolle o xogador o seu interese por vestir de aurinegro.

lunes, julio 23, 2007

Actualidade.

A falta de pouco mais dunha semana para comenzar a pretemporada, existen varios frentes que preocupan a entidade aurinegra.
En primeiro lugar, o clube esta a espera de que se lle de o alta medico o actual entrenador Tomas Abal, que tras sufrir un percance no traballo, leva xa un mes de baixa, e ainda non se coñece con exactitude o alcance da lesion nun xeonllo.Dende aqui aproveito para facerlle un pouco a pelota e darlle animos para unha pronta recuperacion.

Outro punto conflictivo para os intereses do Libertad, e a carencia de horas no campo de Baltar para facer unha boa pretemporada.Tras conversas co responsable de deportes, o que se lle solicitaba unicamente un dia semanal(2 horas a medio campo) parecia que nun principio e cando menos no mes de Agosto seria viable, pero despois de reunirse cos respectivos presientes do Portonovo e Sanxenxo, actuales adxudicatarios en exclusiva segun un convenio de 1992 (hai 15 anos, cando non habia outros equipos!!) parece case imposible que nos cedan algunha hora, un feito, que de ser asi parece mais propio dos anos de Franco que da epoca en que vivimos, señores estamos no 2007, e non pode ser que un convenio obsoleto de hai 15 anos siga tendo vixencia.
E xa que tanto o Portonovo S.D e o C.X.Sanxenxo non teñen ningunha intencion de ceder, gustariame e desexaria, que cando estivesen rematados os novos campos de herba negaraselle o acceso tal e como estan facendo eles co de Baltar, e que se queden hai para sempre!, que non somos nos solos esta o Sporting Portonovo os veteranos... que temos que facer malabares para poder xogar o que mais nos gusta, o futbol.
Sabemos das boas intencions da nova corporativa local e esperemos solucionar este agravio, hacia os clubes mais modestos.

No capitulo semanal de fichaxes, Charly a espera do visto bo do presi do Xil, firmara por 2 tempadas con opcion a unha terceira e recibira por cada unha delas 1 par de botas en Bruto.

Tamen chegou a esta redaccion, o interes de outro xogador do Xil por recalar na nosa entidade, tratase de Esteban Portela, que personalmente ofreciase a membros do clube lilaino.Tratariase dun zagueiro mais a disposicion de Tomas, e ademais seria un atractivo para que tamen recalase no Libertad o seu irman e pichichi da categoria Dani Portela, actualmente na orbita dorroniana.

martes, julio 17, 2007

Búscase porteiro!!


Ante a negativa de Maza para seguir como porteiro, atopar un cancerbeiro de confianza e a primeira prioridade do clube.
Nestes intres existen varios nomes que rondan a orbita aurinegra,pero cada un en diferente situacion, en principio contase co visto bo de Josiño, que xa rematou a pasada liga con nos.
Por outro lado o clube interesalle repescar a Penoucos, pero ante o seu proximo cambio de estado civil(noraboa), todavia non deu resposta algunha.
Tamen mantiveronse contactos con Cadornas, anque a sua prioridade e facerse cun posto no Noalla, ainda existe algunha posibilidade.
Outro nome que ronda e Jose "Ruso" o ex do Zacande e Umia, que tamen coñece a disciplina lilaina.
E o ultimo nome en entrar en escea, e Juan Lopez, que viria no mesmo paquete co seu irman Borja.Neste caso a predisposicion de Juan parece total, e onte a tarde deronse os primeiros pasos para que cando menos comence a pretemporada con nos.


Xa vedes o repoquer de porteiros que baralla o clube, a modo de enquisa; ti con cales dous te quedas?

lunes, julio 16, 2007

Traspasos.

Dende a secretaria tecnica do Libertad, chegounos esta mañan un burofax certificando o traspaso de dous dos seus xogadores. Estes son David Caballero fichado por unha temporada polo U.D.Formentera de 1ª rexional e Gustavo Moldes transferido o Dinamo de Zagreb, que milita na liga croata.
Con estes movementos o Libertad alixeira unha abultada plantilla ademais de facer unha boa caixa, percibira polas duas operacions un total de 20 euros, co que hai mais que de sobra para pagar a clausula de rescision de Charly e Cadornas.

Pero donde o clube pode sacar petroleo, e nunca mellor dito, seria na venda do veterano xogador da Florida Javi Cons.
Segundo poido saber esta redaccion, o jeque Hamad bin Tamer, primo do emir de Qatar acaba de facer unha proposta millonaria para que Cons remate a sua carreira futbolistica no Al-Ahili de Doha en Qatar onde xa estiveron compañeiros da sua talla como Pep Guardiola ou Fernando Hierro.
O jeque que se encontra estos dias varado no seu magnifico iate en Sanxenxo, desfixose en eloxios hacia o dianteiro aurinegro, e esta disposto a botar a casa pola ventana.
O xogador todavia non fixo ningun tipo de declaracion o respecto e sigue escoitando ofertas como a que chegou a semana pasada dos veteranos da Cervrceria Azor, pero sen dubida recoñece que esta e unha gran oportunidade de retirarse como un xogador da sua talla(un 44) merecese, ademais tamen axuda que este jeque posua o 53% das accions de Radio Salil.
En fin en breve sabremos o desenlace, do que poderia ser un pelotazo a altura dos de Roca en Marbella

jueves, julio 12, 2007

Carteira de fichaxes.


Seguimos dando nomes de xogadores que rondan a orbita aurinegra, asi pois o xogador zurdo do Xi,l Charlie esta cada dia mais preto de formar parte da plantilla, pola contra contra o seu compañeiro Pacheco ve inviable o seu traspaso.Do Xil tamen sona o porteiro Cadornas, que apesar de realizar a pretemporada co Noalla, no ten nada claro o seu futuro.
Ourtos nomes que sonan son Fernando "Jaliña" ex-U.Dena ou Borja Lopez(canteira Portonovo), irman do mitico porteiro Juan Lopez(Dorron,Dena...).
Tamen moi avanzadas estan as negociacions co que seria o primeiro extranxeiro na historia do Libertad(sen non contamos os suizos Gus e Ivan, claro), o fichaxe do uruguayo Edu, tras unha dilatada carrreira futbolistica por diversos paises.
Rumores sen fundamento tamen falan de xogadores como Borja Dios,Javi Laybe,Yerai(xuvenil Sanxenxo)...pero simplemente son eso rumores.

Recordovos que a pretemporada comenzara o 1 de Agosto na cidade deportiva de Meaño, e estase a espera de que o concello consiganos algunha hora en Baltar.
Referente os novos campos, segundo Angel, concelleiro de Urbanismo, asegurou que tras conversas co responsable de Sercoysa adxudicataria das obras, este afirmou que os campos estaran listos o 1 de Outubro do presente ano(ajola!!).

miércoles, julio 04, 2007

Cambio de grupo.

Facendose eco dos rumores, esta redaccion decide investigar o posible cambio de grupo do noso equipo para a zona de Pontevedra, e poñendose en contacto coa Federacion Galega de Futbol, podemosvos aclarar, que no pleno celebrado entre a Delegacion de Pontevedra e os clubes da categoria, decidese polo ben da competicion que haxa igualdade numerica de equipos participantes, e dicir todolos grupos estaran formados por 14 equipos.

Asi pois, no grupo da zona do Salnes, no que eramos 17, tras o ascenso do Grove B e Dorron, e o descenso do Romai e Chispa, volveriamos a quedar os mesmos, co cal deciden, basandose na proximidade xeografica, cambiar o Amanecer, Sp. Portonovo e mais nos a zona de Pontevedra.

Esto todavia non esta en firme xa que o deben aprovar na asamblea xeral da federacion con data para o proximo 14 Xullo, pero ten todalas papeletas para sair adiante.
O noso clube esta estudiando a situacion, e si e beneficioso este cambio de grupo, polo suposto nivel inferior do grupo de Pontevedra.
De todolos xeitos sera a federacion quen teña a ultima palabra, e teriase que dar unha carambola para que poidesemos volver o noso anterior grupo, xa que teria que aver outros equipos que se quixeran cambiar.

Manteremosvos informados, por certo, vos que opinades? creedes que o cambio e bo, o polo contrario perxudicanos.Deixade os vosos comentarios, seran tidos en conta.

miércoles, junio 27, 2007

Rumores...


Chega o veran e con el o baile de fichaxes e rumores non se fai esperar.

O culebron do veran pasado, protagonizouno Fox, deixandose querer polo Dorron, ata unha semana antes do comezo da liga, e non contento con iso, este ano, parerece ter ainda mais afan de protagonismo, pois con moita probabilidade,xa se escoita por toda a praia dos Barcos que fara a pretemporada co Portonovo S.D., non confundir co Sporting Portonovo, claro esta, enchufado polo novo presidente dos arlequinados, que por se ainda non vos enterastedes e Nando "Fuerza7".Este feito tamen da pé a creer que o Dorron, convertirase no filial do Portonovo, obligando os xogadores saintes de xuvenis a recalar na entidade granate.
Por outro lado o interese mostrado polo Hermanos Barbeito de futbol sala en Ivan, concretouse nunha importante oferta economica hacia o xogador, que sen embargo desestimou publicamente, xa que considera o seu futuro ligado a continuidade de Tomas.
De momento, non temos informacions tan solidas como esta para ser publicadas, o que si se pode avanzar e que estanse a manter contactos coas canteiras do Noalla e Sanxenxo, en busca de savia nova, asi como tamen a captacion dalgunha posible fuga do Xil ou Dena...

lunes, junio 25, 2007

Tomas Abal renova o seu contrato.

Este fin de semana tivo lugar en Vilalonga,unha reunion entre o adestrador e representantes do clube aurinegro, co fin de deixar zanxada a sua renovacion.
Tras varias semanas de contactos tras o final da liga, finalmente o pasado sabado, Tomas Abal, prolongaba o seu compromiso co clube por unha tempada mais.

Sen dubida este é un primeiro paso importante de cara a seriedade coa que o clube quere afrontar a proxima tempada, pero que non sera o unico.Probablemente tamen na directiva existan algun movementos que axuden a conducir o noso clube polo bo camiño, e sen dubida contando tamen co compromiso da plantilla e por suposto o apoio da afeccion.

No aspecto meramente deportivo, o Libertad abre as portas a todo xogador con gañas e compromiso de militar no noso clube, eso si, Tomas tera toda a responsabilidade a hora de facer as fichas.
Para todalas posibles incorporacions e os xogadores do anterior plantel, a pretemporada comenzará o 1 de Agosto en Meaño.
Manteremosvos informados, de todo o que aconteza en canto a fichaxes...

Este ano, mais que nunca vai haber un equipo que valga un collón,LIBERTAD!!

lunes, mayo 07, 2007

PUNTOS MASTER ( contra o Umia)

Ultimo partido da tempada e ala , a marcar máis goles que en toda a segunda volta. No encontro viuse un Libertad que non se veu abaixo co 1 - 0 inicial, remontou , e terminou metendolle unha tunda o Umia de escándalo. Puderon ser uns cantos máis pero chegoulle de carallo. Gustoume moito a manera de xogar , buscando as bandas , presionando a saida de baón do contrario, xogadas ó primeiro toque , triangulacións... . En fin da gloria ver un partido asi de ves en cando. E un pedazo de tres para a afeccion que unha vez máis volveu a demostrar que é a mellor da categoría con moita diferencia. Puntos:

  • Josiño: 2.5 Sen problemas e inda se permitiu facer algunha "palomita".
  • Rodri: 3, inconmensurable unha vez máis .
  • Iván: 3, da igual que xogue na media que na banda que de central un auténtico Hummer.
  • Pechu: 2.5, seguridade e criterio nas veces que tivo que sacar o balon.
  • Makay: 2.5, outra vez moi seguro.
  • Fer: 3 , está buscando balón todo o tempo e inchouse a cortar balóns de cabeza, está en forma.
  • Jandro: 2.5 coma sempre moi lotador .
  • Jorge: 3 , bo gol Tiburón!!!!.
  • Anxo: 2.5 levou leñpa a barrer, coma sempre , pero non se escondeu.
  • Migui: 3 levaría un catro se por min fora , coma os catro chicharros que lle meteu ó Umia (golazos todos eles).
  • Maza: 2.5, pasa para a portería rapas.

Cristian*: 2.5 moi ben.
Naguel*: 2.5 , esa cabeciñaaa...., se che sacan unha amarela que sexa por levantar a algún non por protestar.
Javi Cons*: 2.5 xa está de volta .
Gándara*: 2.5, bo gol.
Pedro*: 2.5 boa xogada no gol de gándara.

Por último agora hai que ver quen é o xogador con máis puntos e por cortesía de Discotecas Móviles Master vai disfrutar dunha magnifica cea composta por: 1º: Mariscada da ria (caramuxos, lapas, mexillons e queimacasas), 2º: Empanada de Gaivota, 3º Lorcho en Caldeirada ; todo rejado con un viñalar colleita seleccionada do ano 1967. Asi que nada , unha tempada máis as costas , desexamos que Tomás continue con nos para o ano e facer algo importante con este clube. Saudos a tod@s , espero que vos gusten os puntos e se non é así tomades polo cu.

domingo, mayo 06, 2007

Umia 1 - Libertad 6.

Gran remate ligueiro para o Libertad, que pasara a historia por derrotar o Umia no partido inaugural do seu novo campo, por certo, pedazo de campo, mellor dito de estadio, como se nota a man de Louzan, e ademais en so catro meses.
No referente o deportivo, partido moi serio dos aurinegros, que ansiaban ofrecerlle a Tomas e a afeccion, unha gran victoria.
E asi foi, o equipo formado por Josiño na porta, Rodri e Ivan centrais, Pechu e Maka laterais, nos interiores Fer e Jandro, Jorge na zona de creacion con Anxo de enganche coa dianteira e Migui e Maza en punta.Quedaban no banco, Cristian, Anguel, Pedro, Gandara, e un recuperado Javi Cons.
O encontro non comenzaba nada ben para os nosos intereses, xa que na primeira chegada perigosa clavanos o 1-0.Pero o que parecia un paseo triunfal para o Umia tornouse nun inferno aurinegro, levados polo mismisimo Lucifer encarndo por Migui, que deu pe a unha gran remontada, e en consecuencia a un gran partido.
Hoxe era o dia, a hora e o lugar, para destapar o tarro das esencias, e deixar sair o bo fuchibol que levamos dentro.Migui encargouse de igualar o marcador batindo o porteiro por alto na sua saida(1-1), minutos despois, volvendolle a coller a espalda o seu par, desfacia as tablas con outra preciosa vaselina dende fora do area(1-2).O equipo ben asentado no campo, despois de espantar os pantasmas dos primeiros minutos, pasou como un rodillo por riba do Umia en todalas facetas, e volveria a ser un inspiradisimo Migue o que transoformara maxistralmente unha falta o borde do area, que nin o mismisimo Ronaldinho..., por toda a puta esquadra(1-3), e asi fomonos o descanso.
Na segunda metade lexos de baixar os brazos e amarrar o resultado como se fixo a semana pasada en Xil, o Libertad saiu a coller o toro polos cornos, e asi foi, con esa actitude como volvemonos a facer co dominio do xogo e a disfrutar e facer disfrutar cun futbol bonito e efectivo.
O pouco da reanudacion, Jorge dende case o medio do campo sentenciaba o partido cun gol algo estrano, que caia como unha losa na moral roxa(1-4).Pero o conto non acaba aqui, seria o pequeno pero ajudo dianteiro da Florida o que por cuarta vez na tarde fixese o 1-5.Mais tarde nunha gran xogada dende banda esquerda, Pedro asiste a Gandara que so empuxa o balon o fondo da rede no definitivo 1-6 a falta de 10 min. para o final.

En definitiva, gran victoria, tremendo baño o Umia, xogando con garra a un gran nivel e sobretodo rencontrandose co gol.Repitese o mesmo final de liga que o ano pasado, cando derrotamos o Drakkar polo mesmo resultado.
Punto final, a unha temporada non moi brilante, pero si con importantes cambios a nivel interno de clube e que esperemos continuar con esta liña na proxima tempada, e ademais o final adiantamos o Sporting Portonovo recuperando a 10 plaza.

Moitas gracias a todos o xogadores comprometidos co clube, que aguantamos ata o final dando a cara, e por suposto moitisimas gracias a mellor afeccion da categoria con diferencia, e claro esta, a Tomas por ter tanta paciencia, por ser tan bo tipo e por facernos ver o futbol doutra maneira,(a ver si somos capaces de convencelo para que siga a proxima campaña).Gracias a todos os que arrimaron o hombro sen esperar nada a cambio,e que deixaron ben claro que:
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLON, LIBERTAD!!!, ou non?

viernes, mayo 04, 2007

PUNTOS MASTER (CONTRA O SP. PORTONOVO)

En fin 2 partidos que non vou ver na tempada e gañades (son o gafe , teño que asumilo), salvando a honriña co portonovo. En fin alegrome moito e a ver se para o ano facemos algo serio dunha ves. Os puntos desta semana non os fixen eu xa que non fun ver o encontro; nembargantes habia un enviad@ para facelos (ese tres a Jorge... mmmmm):

  • PORTERO: JOSE - 2'5 . SEGURO DURANTE TODO O PARTIDO.
  • LATERAL DEREITO: PECHU - 2'5 . SEN GRANDES APRETOS DOMINOU A SUA ZONA.
  • LATERAL ESQUERDO: MAKAY - 3 . MOI BEN OS DOUS ULTIMOS PARTIDOS.
  • CENTRAL: IVAN - 3 . TEMOS AQUI UN TODOTERRENO, INMELLORABLE.
  • CENTRAL: RODRI - 3 . UN MURO INFRANQUEABLE EN DEFENSA, COMA SEMPRE.
  • MEDIO CENTRO: JORGE - 3 . MOITO MAIS SEGURO MOVENDO O EQUIPO.
  • INTERIOR DEREITO: FER - 2'5 . UNHA GRAN ASISTENCIA NO GOL DE ANXO, FALTALLE UN POUCO DE TRANQUILIDADE NO CAMPO.
  • INTERIOR ESQUERDO: JANDRO - 3 . MOI PELEON, FIXO UN GRAN PARTIDO E MARCOU UN BO GOL.
  • MEDIA PUNTA: ANXO - 2'5 . AXUDOU NO MEDIO CAMPO A MOVER O BALON. BO GOL.
  • DIANTEIRO: MIGUI - 2'5 . MOI BEN AXUDANDO EN DEFENSA, FALTALLE O ACERTO DE CARA A PORTERIA.
  • DIANTEIRO: MAZA - 3 . MOI PELEON ARRIBA, MARCOU UN GRAN GOL QUE ABRIRIA A CONTA DO LIBERTAD. POR FIN TEMOS UN DIANTEIRO.

CAMBIOS: ANGEL - 2'5 . PEDRO - 2'5 . CHRISTIAN - 2'5 . PABLO - 2'5 . OS CATRO SAIRON CON MOITAS GAÑAS E PELEXARON PARA QUE O SEU EQUIPO ACADASE O TRIUNFO. SALUDITOS. SANDRA.

domingo, abril 29, 2007

Sp.Portonovo 0 - Libertad 3.

Por fin chegaron os goles e a ansiada victoria.
O Libertad rompe o seu maleficio goleador, con tres goles, un de Maza como dianteiro titular, na primeira metade, e os outros dous xa na segunda foron de Anxo e de Jandrete o definitivo.

Os aurinegros sairon moito mais metidos no partido e dominaron con claridade en todalas facetas de xogo, sen embargo a pouca fortuna ainda de Migui cara o gol, impediu que foramonos o descanso cun marcador mais folgado.

Na segunda, o Libertad, quizais pouco acostumado a ir por diante no marcador, e co segundo gol xa no peto parece conforme co resultado e deixase ir.O Portonovo facia algunha timida intentona, pero sen facer traballar o noso porteiro.
O Libertad o pouco que movia con criterio o balon creaballe moitisimos problemas o Sporting, dispoñendo de clarisimas ocasions para deixar en ridiculo o seu rival, finalmente seria Jandro o que puxese a guinda, a este pastel, que xa nos tocaba comer.

En definitiva un derbi, que a estas alturas da competicion perde moitisimo interes e emocion, tanto dentro coma fora do terreo de xogo, xa que moi poucos afeccionados desplazaronse ata Xil.
Victoria que xa tocaba, ante un arbitraxe pesimo, e una mala imaxe do Portonovo con piques entre o seus xogadores, demasiado longa esta segunda volta.

Proxima semana o derradeiro encontro de liga que nos enfronta ante o Umia, e que se xogara en Barrantes, con motivo da inauguracion do seu novo campo de cespede sintetico, que esperemos sexa unha festa en todolos sentidos, e que poñan aljo de picar para todos o finalilzar o encontro,por aquelo das eleccions,
Hai un equipo que vale un collon, LIBERTAD!!

jueves, abril 26, 2007

Ultimo derbi da tempada.


Penultima xornada ligueira, na que se enfrontaran o Sp. Portonovo e o Libertad.

Os dous equipos istalados durante toda a tempada na zona media, estan separados unicamente por 4 ptos.

Quizais este non sexa o mellor momento para disfrutar dun gran partido, xa que ningun dos dous equipos ten opcions o ascenso, ainda asi e o ultimo aliciente a derradeira oportunidade de salvar este final liguero bastante penoso para as duas escuadras.


As estadisticas previas a ter en conta son:

-O Libertad leva 4 xornadas sen facer gol.
-O Sp. Portonovo leva 7 semanas sen puntuar.
-O Portonovo como local marcou sempre excepto co Beiramar.
-O Libertad e o segundo equipo con mais empates,7 ,tan so un menos que o Umia.
En definitiva sera un partido igualado, que esperemos sexa un exmplo de comportamento dentro e fora do campo, e porsuposto que gañe o Libertad, ben ou mal hai un equipo que vale un collón.
Como iniciativa novidosa, animase os afeccionados, que acudan o campo con alimentos e bebidas, non para doar a ningunha ONG, senon para facer o remate unha jran merenda en amor e compañia, como se fose o dia da Armenteira, en despedida da tempada
Nota: ide poñendo nos comentarios o que ides traer, mais que nada para que non se repitan moito os alimentos.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com