lunes, diciembre 28, 2009

Novidades pra 2010

Parece que o dificil mercato invernal traerá importantes novidades ó Libertad SC.
Tras descartar á maioría dos principales candidatos e rexeitar numerosos ofrecementos, o Libertad contará con novo adestrador a partires de Enero, nin máis nin menos que Piscis, que en principio quedará ata o final da tempada, con posibilidade de ir renovando o vínculo cada ano. Non foron fáciles as negociacións, pero cuns bois e centolos doados pola Presi máis un bo rioja fíxose posible chegar ó fin da reunión todos contentos.
Por outra banda confírmase a esperada, durante 4 anos, fichaxe de Cacheda, que pode formar unha dupla temible con Jorge.
Hay rumores tamén de que o Portonovo pretende facer xogar a Tinaia no seu filial, a ver se facéndoo entrenar 8 veces a semana se pon en forma de unha vez, aínda que a directiva aurinegra non está convencida xa que pode impedir a progresión das xóvenes perlas da canteira.
Por último, e non menos importante, correo o ex-estandarte do Libertad Penoucos emule a Kimi Raikkonen e deixe os rallies pra volver vestir a elástica aurinegra.
Poucas noticias podrían alegrar máis á parroquia aurinegra... nótase a man do Florentino lilaino.

miércoles, diciembre 23, 2009

As fotos da cena de Nadal.

Dende aqui queremos agradecer a nosa presidenta a estupenda cena que preparou desinteresadamente para todos nos, moitas grazas Loli.

lunes, diciembre 21, 2009

Combarro 2 - Libertad 2.

Tarde fria e resacosa para mais de algun xogador do Libertad, despois da farturenta cena de nadal da noite anterior.

De inicio formaron: Velay na porteria, Makaay, Pechu, Ministro e Lemos na defensa, no medio centro Victor e J.Martin, Beiro e Yerai nas bandas e Maza e Jorge en punta.Tamen xogarian Charly, F.Leñasos, Chuli e Tafa.

Os primeiros compases do partido, foi o Combarro quen levou a iniciativa do encontro, o Libertad pouco a pouco foi asentandose e entrando en calor para ter cada vez mais a posesion do esferico.Seria mediada a primeira parte, cando Yerai sacase un tremendo zambomazo a 15 metros da frontal do area que introducese como un fojete na escuadra local describindo unha fantastica parabola o autentico estilo da "folha seca", sen dubida dos mellores goles da tempada.Ata o descanso os aurinegros controlarian sen problemas o encontro.

Xa na reanudacion Jorge moi activo todo o partido consegue o 2-0 que daria tranquilidade.Co paso dos minutos o Combarro non parece ser capaz de facer dano nos seus ataques e o noso mister decide empezar a facer trocos que desestructuran o debuxo tactico impecable ata o momento.O equipo vense atras e cede terreo os azulons, que no min.30 conseguen acurtar distancias nun remate de cabeza dende dentro da area pequena 1-2.
O Combarro parece recuperar folgos tras o gol e asedian a area defendida por Velay, anque sen moita claridade nas suas accions.Indudablemente este non e o Combarro das ultimas campañas notaselle a falta de xogadores clave e ata a afeccion baixoulle considerablemente esta tempada seran un equipo de metade da taboa..Ainda asi unha falta botada maxistralmente por Figo dende a frontal colabase na meta de Velay que pouco poido facer 2-2.De ahi o final, o partido trocase mais tolo con idas e voltas nas duas areas chegando a ter as mais claras Yerai que por douas ocasions a piques estivo de desfacer a igualada de non ser polas grandes intervecions do meta local.

O encontro remataria co 2-2 e a sensacion de deixar escapar tres puntos facil.Positivamente o equipo parece entrar nunha dinamica ascendente, e esta demostrado que se conseguisemos ser mais regulares hai equipo de sobra para estar entre os 4 primeiros.

Entreno este martes na Lanzada as 21:00 e descansamos ata o martes siguiente.

jueves, diciembre 17, 2009

Cena de Nadal.


Este Ssabado as 21:30 na casa de Jandro en Sanxenxo.

Dende esta web quermos desexarvos a todos unhas felices festas.

martes, diciembre 15, 2009

Libertad SC 1 Figueirido FC 4

Bo partido o presenciado no municipal da Lanzada nunha tarde soleada pero xélida, no que o resultado final non fai de todo xustiza ó visto no campo, pero de novo o mal endémico do Libertad, a súa falta de pegada, unido a unha fraxilidade defensiva que empeza a preocupar, axudaron a acabar coas ilusións aurinegras cando mellor estaba xogando.
Xogaron de inicio: Velay na porta; Lemos lateral dereito e Makaay esquerdo, con Rodri e Pedro centrais; Victor e Suso mediocentros, Maza por diante, Fer esquerda e Beiro dereita; Migui en punta. Na 2ª metade tamén xogaron: Yerai, Fernandito, Tafá, Pablo e Chuli.
O encontro non comezou nada ben pro Libertaad, que antes asentarse no campo xa habían encaixado o -1 nos 1ºs minutos. Antes da media hora chegaría o 2º gol visitante nun balón aéreo que Velay non pode atallar porque o dianteiro roxiblanco vai ó choque concha él sen que o árbitro sinale falta. A pesar deste revés o equipo estaba cada vez mellor colocado no campo, xogando o balón con bastante fluidez, aínda que pouca mordente arriba (evidentemente se notou a falta de Jorge, ó que lle damos a enoraboa polo punto que lle conseguiu o outro día ó Portonovo e pola media hora xogada onte), e resolvendo, aínda que con algunha dificultade, os balóns por alto que o vento envenenaba. Por sorte o arbitro non estimou coma válido un gol fantasma que sería o 0-3 e seguramente o fin do encontro.
No comezo da 2ª metade o Libertad segue mellorando, xa co vento á favor, pasando a dominar no 1º cuarto de hora e tras un par de boas ocasións chegaría o 1-2, obra de Rodri tras incorporarse ó ataque nunha bonita combinación con Suso. Co partido de cada, o Figueirido replegado, e no mellor momento local, un despiste defensivo acaba con Lemos entregándolle ó balón ó dianteiro que só ten que empuxala ante un impotente Velay. A pesar deste revés seguiuse intentando a sorpresa, o encontro entrou nunha fase de toma e daca na que o gol podría chegar de calquer bando, e coma case sempre nestes casos... un despiste, un balón que se deixa botar 3 veces, e un balón dividido que o dianteiro visitante consegue transformar no 1-4 chegando coa punteira antes que porteiro e defensa.
O peor do encontro a lesión de Pedro xa case ó final, que ten un esguince de rodilla e deberá gardar repouso un tempo.

En resumen un bo partido do Libertad que non merecía tanto castigo. Vaise recuperando a xente tocada e xunto coas novas incorporacións xuntamos 16 na convocatoria, cousa que estivo difícil nos últimos partidos.

Este sábado cena de Nadal... así que non fagades plans. Pronto máis información.

lunes, diciembre 07, 2009

Monteporreiro 3 - Libertad 4.

Tarde tipicamente invernal, a que nos dirixiamos cara Monteporreiro creendo que iamos inagurar o novo cespede sintetico do campo, e primeiro chasco da xornada, era de terra!!
O equipo arrastrando moitas baixas nestas ultimas xornadas formou con Andro na porteria, Lemos, Makaay, Rodri e Pedro en defensa, Velay e Victor no medio centro, Beiro e Fernando como interiores e en punta Jorge Ouvella e Yerai.Xagarian na segunda Tafa, Chuli e Pechu actuando de entrenador-xogador ante a ausencia do mister.
O comezo foi titubeante para os dous conxuntos, ningun chegabase a facer co control do partido e os aurinegros concedian ocasions en defensa.No saque dun corner, coma sempre, o Monteporreiro adiantabase 1-0(o noso marcaxe en xogadas a balon parado e desastroso).
A pesar de este golpe, a actitude dos nosos non se veu abaixo, e intres despois o noso goleador, Jorje(creo que xa van 7 chicharros) levaba a igualada o marcador 1-1.Pouco antes do descanso, esta vez Yerai, que estivo a un gran nivel, lograba o 1-2 cunha bonita vaselina.
Tras o descanso o equipo veuse arriba, e Fernado colocaba o balon na escuadra local tras un gran disparo dende a frontal do area 1-3.Minutos despois, Beiro lograba o 1-4 e todavia restaba media hora de partido.
Sen embargo cando o Monteporreiro parecia entregar a culler, o Libertad afloxou a intensidade e confiouse en exceso volvendo a dar facilidades na zaga.Seria froito doutra xogada a balon parado onde os locais recurtan distancias 2-4.Nos minutos finais os de Monteporreiro achuchan e conseguen tranformar un penalti tras unha man de Rodri no rechace dun corner 3-4.
E gracias a deus non houbo tempo para mais, algun pequeno incidente entre os bravos seguidores locais e o trencilla, e tres puntos para o noso casilleiro.

Entrenamos xoves e venres en a Lanzada.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com