lunes, enero 25, 2010

Libertad 1 - Sp. Portonovo 0.

Boa tarde para a desputa deste gran clasico, ante un publico espectante cheo ata a bandeira, os dous conxuntos saltaban o terreo sintetico da Lanzada, co obxetivo de ofrecer o respetable un bo espectaculo.

Polo Libertad xogaron, Velay, Lemos, Charlie, Pechu e Rodri na zaga, Victor e Juan Martin no medio cenrto, I.Abuelo de enganche coa punta, Beiro e Fer nas bandas e Jorge de ariete.Tamen xogaron Yerai, Borja, Pety e Tafa.

O encontro puxose de cara moi pronto para os nosos, o rematar a placer Beiro nun centro dende a banda os 5 min. do inicio.O Libertad dominaba e o Sp.Portonovo comenzaba a perderse en disputas internas.Sen embargo os aurinegros, a pesar de dispoñer de claras ocasions, como un fantastico chut de Fer dende a frontal que estrelabase no pau, confiaronse en esceso e foron baixando o ritmo contaxiado pola desidia visitante.
Chegariase o descanso cunha sensacion de superioridade pero unicamente co 1-0 no marcador.
Tras a reanudacion intentamos buscar a tranquilidade pero a fortuna estivo esquiva.O equipo foi perdendo intensidade ante situacions tan atipicas como o lio que se montou entre os xogadores sportinguistas cando Josetxu non quere dar o cambio que Miguel Barbeito como entrenador sollicitaralle o arbitro, o final tras un rato de incertidume saliu outro xogador, ante o cal Miguel e o resto de suplentes abandoan o campo entre discusions.Todos estes detalles sacaronos do partido e o Sp.Portonovo dispuxo dos seus mellores minutos anque sin inquietar a Velay.

O partido finaliza cun axustado 1-0, un encontro bastante malo anque como todolos derbies con emocion.En definitiva, volvemos a sumar de tres, e esperemos seguir a semana que ven co Verducido de novo na casa, pero esta vez no Rebel en Vilalonga.

Animamos dende aqui a familia sportinguista, para que sigan adiante co seu proxecto apesar das circunstancias, facendo piña e tirando todos na mesma direccion chegaran cousas boas, animo!

Entrenos Martes e Venres en Noalla as 21:00.Domingo as 16:00 en Vilalonga.

P.D: Chavales marcho duas semanas o Senegal a ver si traio algun fichaxe, botadelle juevos, e a entrenar todo dios, non me jodades, quero duas victorias, estareivos controlando.HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!!

domingo, enero 17, 2010

Gondar 1 - Libertad 0.

Partido plagado de baixas para o Libertad, sen nadie de referencia en punta, agauntouse sen apuros a un Gondar, que soubo rentabilizar un tempraneiro gol de corner(para non variar) e pouco mais, nunca inquietou demasiado a meta de Andro.
Puxeronse ganas e dispuxemos dunha clara ocasion de Borjita no inicio da segunda pero con tan pouca pegada foi imposible tan sequera conseguir a igualada, que visto o xogo dos dous equipos poderia ser un xusto resultado.

Xogaron Andro na porteria, Lemos, Cristian, Rodri e Pechu na zaga, no medio Victor e Charlie, nos interiores Rober e Moustapha e Maza e Beiro en punta.Tamen xogaron Borjita, Borja Lopez e Pety.Como vedes un equipo parcheado por todos lados.

Esta semana derbi Libertad - Sp.Portonovo.
Entrenos martes Lanzada as 21, xoves Baltar as 21 e viernes na Lanzada as 21.

domingo, enero 10, 2010

Libertad 1 - Campelo 1.

Nunha desanxelada tarde invernal, o Libertad non consegue pasar do empate co Campelo, un resultado que xa se fai repetitivo entre os dous conxuntos nas ultimas campañas...
Ampliaremos a cronica en breve.

Entrenos martes, xoves e venres na Lanzada.

Campañó 4 - Libertad 4.

Partido desputado o 3 de Xaneiro en Campaño, onde o Libertad deixou escapar tres puntos o desperdiciar unha renta de 0-3 a favor na primeira metade.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com