lunes, octubre 29, 2007

Salcedo 2 - Libertad 1

como se di por ahí...xente de Marín...tropa do carayo, leñeros, rebotados e sobre todo, malos, moi malos, por iso a culpa da derrota foi únicamente do Libertad saír de novo o campo faltos de tensión e fora do partido (a pesar de ir 0-1 ó descanso e con Anxo como único dianteiro real) e por non xogar como realmente mellor resultado lle dou sempre.

Condicionados polas baixas, tivo que xogar Makaay en punta, fixo o que puido, pero o seu cometido era morder arriba e buscarlle a espalda ós defensas máis altos ca él, e non andivo moi listo nesas accións. Creo que o mellor foi Iván Berreco, sempre gardando a posición e seguro atrás, pois aínda que Rodri fixo un xogadón que acabou en asistencia perdeu demasiadas veces a posición. Isto, unido á falta de apoio en defensa de Nagüel, e á mala lectura dos mediocampistas (Jorge sempre entrando e perdendo a posición, debe aguantar máis pra arroupar ó equipo atras, e cun perdido arrastraba a Ivan a perder tamén a posición) provocaba continuos 2 contra 1 na banda de Cristian, que inda que non foi o seu mellor partido aguantou a 2ª parte lesionado. Arriba só Anxo creaba algo de perigo (Makaay tivo algunha oportunidade cando conseguía gañarlle a espalda ós defensas pero pouco máis), pero non só hai que chupar, hai que tirar a porta e por dentro, que é o maior déficit do Libertad.

Mellorando estes aspectos: saír a roer dende o principio, gardar a posición e aguantar ós atacantes pra non quedarse en inferioridade, e xogando o balón fácil e rápido (así tamén se farían mellores controles porque neste partido menos a Ziván ós demáis faltoulle chicle), e tirando a porta cando haia un oco, seguro que o salto de calidade será grande.

Así que vamos equipo, demostrade o que valedes, que o 1º está a só 6 puntos, e imos 5ºs a pesar do mal arranque.

Ánimo rapaces, a valer máis dun collón.

Puntos Master (contra o Salcedo)


Derrota do Libertad no feudo do Salcedo por 2-1, apesar de comenzar gañando.Partido malo e bronco, do que o noso colaborador Spree, daranos mais detalles proximamente.

Os puntos Master desta semana son:
-Maza: 1,5 apenas tivo traballo, e nos goles, un deles de penalti pouco podia facer.
-Charlie: 1 non amosou o seu poderio caracteristico, algo fallon non saiu mentalizado de que xogaba de defensa.
-Cris: 1,5 aguantou o tipo, ainda que o collian sempre 2 contra un.
-Ivan Berreco: 1,5 sin alardes amosouse seguro.
-Rodri: 2 o mellor do encontro, solido en defensa(anque foi o autor do dudoso penalti) e incorporandose o ataque, para darlle o gol a Anxo.
-Naguel: 1 boa actitude para cos seus compañeiros e o arbitro, pero non aportou nada en ataque.
-Jandro: 1,5 irregular costoulle entrar no partido, anque na segunda tivo moito mais protagonismo.
-Jorge: 1 descoñecido e desanimado apenas fragou un par de boas asistencias.
-Ivan: 1,5 tampouco fixose notar demasiado no medio do campo, onte nadie construia o xogo.
-Anxo: 2 marcou o gol, e pouco mais, saiu tocado na segunda.
-Makaay: 1,5 xogou en punta, intentouno, correu e puxo empeño, de cara a porteria nada.
-*Pedro: 1 cando entrou o partido xa estaba loco e era dificil facer algo.
-*Pechu: 1 igual que Pedro, anque pasoume por diante un balon para empuxar e facer o empate, pero nada...

domingo, octubre 28, 2007

Xa estamos aqui!!

Hola a todolos siareiros, xa estamos de volta, anque algo apenados por deixar atras unha experiencia inolvidable, sen dubida recomendovos, que si podedes non deixedes de visitar o continente africano, e mais concretamente Gambia"NO PROBLEM".



A verdade que hai moito que aprender desa xente, e por suposto moitos xogadores interesantes, para eles o futbol e o maximo.E para intentar traer algunha perla africana, ali quedouse, polo menos durante dous meses, o noso oxeador Pablo "Banana" ou "Escoba" como o coñecen en toda Gambia.Dende aqui un saludo Pablo!! e vai falar co consul.(Aqui o tendes de paparazzi total camuflado na piscina do hotel)

Anem bara, a todo o staff do Keneba Motel: Salomon, Bob"The Builder",Lamin, Mohamed"Herbie driver"...foñato every body


Vemonos en Salcedo...

viernes, octubre 26, 2007

Salcedo - Libertad

Próxima parada, Salcedo, equipo que ven de ganarlle ó Sporting 1-0 (que curioso xogar contra os que deixa o Portonovo, por sorte de momento son os máis frouxos, así q hai q ir facendo colchón d puntos ata que o equipo se asente e se volva unha apisonadora, jeje).

Preguntarédesvos que tal equipo ten, pois nin puñetera idea, pero si só lle gañaron 1-0 ó Sporting non poden ser moi bos jejeje (os derbis son outro cantar). De todas formas tamén o Pasarón eran malos coma pegarlle a un pai e por sair brandiños perderonse dous puntos; así que afección a buscar o campo de Salcedo (sairase ás 15:00 h. do hotel Justo) e a animar ó noso equipo pra que saian a tope desde o inicio.

Vémonos alí!



Hay un equipo que vale un collón!!!

lunes, octubre 22, 2007

Libertad 1 – Gondar 0

Outros 3 puntos po saco! Partido moi emotivo, no que estuvo presente o noso Presidente Diego “Pucheto” que recibiu o apoio dos siareiros nestes duros momentos, e no que os aurinegros saíron ó campo cunhas camisetas homenaxe a Chema, amáis de gardar un minuto de silencio por ámbalas dúas perdas tan dolorosas.
En canto ó partido en si, foi moi emocionante e sufrido, só a cagada de Hamilton vale de disculpa para habernos perdido o último cuarto de hora. Comezouse case tan mal coma o outro día na Xunqueira, cóstalle ó equipo entrar nos partidos, tan só un tiro lonxano ó longueiro de Iván (no abuelo) e outro fora por pouco; pero na 2ª metade a superioridade do Libertad foi clara, freada un pouco polo árbitro, que aínda que puña cara de bo errou de máis e barreu bastante pa fora. O final a base de empurrar chegou o gol da victoria, como non tiña que ser nunha xogada embarullada na que o disparo de Fer, que estaba pegado á liña de fondo, rebota na defensa e acompañada con patatas entra na portería. Falta mellorar a definición, e facer algún tiro máis (coma sempre quérese marcar empurrándoa, e en 3ª hai porteiros moi malos…hai que tirar), pero estos tres puntos saben a gloria pra seguir intentando facer as cousas o mellor posible, acudindo puntualmente ós entrenos, tecendo un sistema que saque o mellor rendemento ó equipo, e que siga facéndonos vibrar nas bancadas.
Hay un equipo que valen un collón!!
Libertad!!!

viernes, octubre 19, 2007

Libertad - Gondar - Domingo ás 16:30 h.

Despois da decepcionante xornada anterior na que se conseguiu un empate cando todos esperábamos unha amplia victoria (tal vez por iso...) fronte o asarón, tócanos recibir ó Gondar, equipo que ven de meterlle un 0-5 ós nosos veciños e rivais do Sporting.
Esperamos ver un Libertad coma o da 2ª parte do outro día, entregado, e que se enchan as bancadas pra levar ó equipo hacia arriba.
Non vos olvidedes, o Domingo ás 16:30 h. no campo de Baltar, que hay que animalo equipo, que visto o visto neste inicio de tempada estanlle botando moitos collóns, por iso animemos pra que a xente siga entrenando e comprometida, pois agora pódese facer algo impensable fai uns anos.
Ah, e traede 10 €, que é o que costa o carnet de socio, e así axudaredes ó clube e na maioría dos casos coidaredes máis o fígado.


Hay un equipo que vale un collón!!! LIBERTAD!




PD: faremos un minuto de silencio pola tráxica noticia deste Xoves. Hay que falar tamén co árbitro e co outro equipo.

Noticia tráxica.

No día de onte, Xoves 18 de Octubre, faleceu a nai dun dos fundadores, e actual Presidente do Libertad S.C. Diego Bermúdez, "Pucheto". Dende o clube e todo o seu entorno enviarlle as nosas máis sentidas condolencias. Todos sabemos que algún día nos ten que chegar a hora, pero cando ocorren estas cousas o que máis se agradece e o apoio dos achegados. Darlle o noso apoio e ánimo a Diego e seus irmáns, ademáis do resto da familia, lamentamos esta perda, unha aperta forte.


O enterro será hoxe Venres, saíndo do tanatorio ás 17:00 horas.

martes, octubre 16, 2007

Puntos Master del partido contra el Pasarón

Lástima de 2 puntos que se escapan esta jornada, dondo hemos vuelto a ver a un Libertad con 2 caras: una malísima en la 1ª mitad, tiempo en que se encajaron los 2 goles (el 1º un tremendo fallo de Pechu y el 2º en un balón rechazado que se lleva con el codo, mano clarísima no pitada, batiendo a Maza en el 1 contra 1 ) y otra en la 2ª parte, saliendo esta vez con tensión, presionando el balón y subiendo el ritmo. Se recuperó el terreno perdido con goles de Santi y Fer, e incluso pudieron caer 3 más, a pesar de que el árbitro se complicó la vida al final pitando desfasadamente casero, en balones que no se llegaron a rematar casi sobre la línea por un pelo; aunque viendo la jugada final en la que estando volcados arriba, y tras un despiste defensivo, Maza saca el balón bajo la linea chocando contra Cristian y llevandose un buen recuerdo en la ingle y rodilla, se podría decir que "puido ser peor" a lo que responderíamos: si jugáis como en la 1ª parte, sin collóns, podía ser un escándalo Pereiraaaaaaaaaaaa!!!

Maza.- 2'5... nada que hacer en los goles. Si estuviera más rápido no habría comido tal ostia.
Pechu.- 1... y por avisar del horario. La presión de los compañeros y sus nervios pusieron el 1-0.
Cris.- 1'5... irreconocible en la 1ª mitad, el delantero-grumo le dio muchos problemas, pero en la 2ª se lo comió.
Rodri.- 1'5... todavía falto de ritmo, como Cris descolocado en la 1ª pero sobrado en la 2ª.
Makaay.- 1'5... también puede dar más, aunq en defensa bien, en ataque no tuvo presencia.
Angel.- 2'5... buen partido, el único que movía al equipo en la 1ª, luego destacó menos pero jugó casi siempre con entrega y acierto.
Iván(Zivan).- 1'5... fatal y perdido en la 1ª, en la 2ª sacó buenos pases en corto y aumentó la intensidad defensiva.
Borja Dios.- 1'5... casi todo el peligro en la 1ª parte se creo por su banda, aunque sin suerte. Un poco más de sangre y garra no estaba mal.
Charly.- 1... aportó fuerza y potencia pero no andubo demasiao acertado, sobre todo en centros.
Santi.- 1'5... puede dar mucho más, demasiado impreciso con el balón, que se encontró delante marcar el 1º aurinegro.
Anxo.- 2'5... el mejor junto con Nagüel, creo peligro, bajó a recibir, desbordó, metió buenos pases... le faltó el gol de la victoria. Hasta que empezaron a zapatearlo no lo pararon.

------------------------------------

Fer.- 2... entró por Borja y le dió carácter y velocidad al juego.
Jandro.- 2... lo mismo, su entrega aumentó una marcha el ritmo del Libertad.
Javi Cons.- 1'5... no tuvo tiempo de participar en muchas jugadas pero creó un par de jugadas de peligro aunque no tuvo acierto.

sábado, octubre 13, 2007

ATENCION!! CAMBIO DE HORARIO!!

O partido entre o Pasarón e o Libertad S. C. Sanxenxo retrásase para as 18.15 horas debido ó concurrido do campo da Xunqueira.Agardamos que haia unha gran afluencia dos nosos seguidores, xa que coa nova hora da tempo a facela dixestión e dormir unha pequena sesta.
Saúdos!

viernes, octubre 12, 2007

Proximo encontro Pasaron-Libertad.

A segunda xornada ligueira do grupo 16, arranca este domingo a partires das 16:30, no Municpal da Xunqueira en Pontevedra.
Esta e a terceira vez nun mes, que o Libertad desplazase ata este feudo, co obxetivo, cando menos de repetir o resultado acadado no ultimo amistoso contra o Pasaron(1-3).
A afluencia os entenos esta semana foi masiva, chegando a contar con 18 xogadores, ainda que varios destes todavia non estan fichados.
Neste aspecto destacar catro posibles incorporacions, tras dous meses de duras negociacions Juan "Hellboy" e Alex "Perreo" contan coa baixa do Dorron e todo parece indicar que nos prximos dias asinaran o seu cotrato, xa que esta semana adestraronse co resto do grupo.Tamen estan a prova Ivan "Ucha" ex-xogador dos xuvenis do Sanxenxo, que pinta bastante ben e o venezolano Jose Ferreira compañeiro de este ultimo, en fin importantes reforzos que fan ainda mais competitiva esta plantilla.

domingo, octubre 07, 2007

PUNTOS MASTER (Contra o Sporting Portonovo)

Derbi algo falto de emocion , no que o Libertad puido meter 3 goles polo menos e o final acabamos sufrindo co 0-1. O importante ( aparte de jichar bastante) e que conseguimos tres puntos "fora" da casa e agora a pensar no Pasarón que hai que conseguir outros tres. Puntos:

Maza : 3, moi seguro (e resacoso)
Makaay: 2.5 un pouco toleiras por poñerlle un pero.
Pechu: 3 , fixoo ben sen nengunha "pechugada" e gañou en seguridade por arriba.
Iván Besada: 2.5 tamen bastante ben na defensa a pesar de non ser o seu posto natural.
Charly: 3 , un animal ( facian falta catro coma el polo menos)
Jorge: 2 , algo perdido , ben no corte pero pode dar moito mais.
Iván: 2 , se non fora pola expulsión levaria un 3 , coma Fer e Anxo, cando entra en xogo leva moito perigo.
Fer: 3 , foi traballar desde as 7 da maña e fixo un partidazo, estivo un pouco desatendido que si non...
Jandro: 3 segue sendo un pulmón e mostrouse moi activo.
Anxo: 3 , e o noso Messi particular.
Santi: 2.5 marcou .


Cristian*: 1.5 ... sen tempo
Borja*: 1.5, intentouno pero ten menos sangue cun carracho.
Cons*: 1.5 , este ten sangue de máis.
Rodri*: 1.5 inda medio lesionado segue a ser o Ministro.

E outro tres para o mister por aturar estoicamente a esta banda , tres tamén para a afección (bótase de menos ó sector mariñeiro) . E do árbitro mellor non direi nada...

sábado, octubre 06, 2007

Derbi á vista: Portonovo - Libertad S.C. Sanxenxo

Mañán domingo a partires das 16.30 horas terá lugar o primeiro derbi da tempada.
Exercerá como local o Sporting de Portonovo.O Libertad afronta o choque despois de perder frente ó favorito da categoría, o Atlético Estación.
Espérase unha gran afluencia de afeccionados a pesares da coincidencia do choque co partido Barça - Atlético.
Saúdos!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com