martes, enero 30, 2007

Resume da xornada


El Unión B golea al Beiramar y sigue líder.

En la vigésima jornada de Tercera Autonómica el fútbol volvió a ser protagonista, aunque en algunos campos los árbitros volvieron a ser insultados por su actuación, algo reprobable, pues los jugadores también cometen fallos.

En el tema estrictamente deportivo, el Unión B sigue al frente de la tabla como un líder sólido después de golear a domicilio al Beiramar, conjunto que había puesto en apuros al Dorrón la pasada jornada. Los "granates" continúan en la segunda plaza con un punto menos después de haber vencido al Bamio, también a domicilio, pero por la mínima. Los de Julio Vilas plantaron cara a los de Sanxenxo.

El Deiro se mantiene a la expectativa de los dos primeros clasificados y logró la victoria tras imponerse al Xil en As Lombas.

El Zacande también venció al Sobradelo por el mismo resultado de 3-1, mientras que el Umia goleó al Vilanova en Barrantes, a pesar de las bajas por sanción cautelar de la pasada jornada, aunque los vilanoveses también tuvieron ausencias relevantes.

En la zona media cabe destacar la victoria del Armenteira a domicilio sobre el Spórting Portonovo que se vio sorprendido, mientras que el bronco encuentro entre el Salnés y el Rubiáns finalizó con empate a un tanto y con quejas hacia el colegiado.

El Amanecer, cuyo entrenador está sancionado, perdió por la mínima en San Vicente, frente al Drakkar que se aúpa a la parte alta de la clasificación.

lunes, enero 29, 2007

Xornada 20, quentando motores.

Esta xornada foi de descanso para nos, e esperemos que sirva para coller forzas e carrerilla nesta segunda volta.
Os vindeiros encontros son vitais para nos, xa que apriori son rivais asequibles; Drakkar, Xil, Vilanova e Armenteira, e mais, eu diria que de obrigado cumprimento gañar.


Para elo temos que entrenar duro, pero cando digo temos que entrenar, digo todo dios, señores, son algo pesado, si, pero hai que ir a collons, sen escusas, temos un entrenador de puta madre, co que podemos aprender moito e mellorar, pero si vamos 6, malamente faremos nada.


Mercores 21:00 Meaño/Venres 21:45 Baltar.

sábado, enero 27, 2007

Para afectados polas bufandas.

En primeiro lugar, respondendo a un comentario da nova anterior, eu non son directivo, simplemente un xogador mais, que fai todo o que pode polo seu clube, porque criticar e moi facil, anque cada un esta no seu dereito de facelo, mais cando se é socio.

Pero si de verdade nos importa o Libertad, deberiamos axudar no que se pode, son moitas cousas que facer, pedir cartos, buscar patrocinadores, entrenador,material, xestionar fichas...

E si creedes que con 10 ou 20 euros cubrense todolos gastos dun clube en terceira rexional e ainda sobra para pagar bufandas ou cenas, estades moi enganados.Asi por riba casi chega os 6000 € en gastos(solo as fichas 2125€).

Os cartos dos socios son para axudar o clube, tedelo claro, si Jandro dixo que se farian bufandas, intentaranse facer, e si non son bufandas seran camisetas ou un chisqueiro, pero creo que Jandro contaba facer bastante mais socios dos que hai, porque con 30 socios non cheja nin pa un juante.


Creo que agora co novo adestrador estamos no bo camiño, e de cara a tempada que ven faranse cousas serias, seguro, asique intentemos apoiarnos para sacar isto adiante, e non ser chorons, por unhas bufandas.Algo farase sejuro, anque sea unha mirindola como a do outro dia.


E para calma-los animos, aqui deixovos a foto da afeccionada da semana:

Chamase Maria e vive na Barrosa, ainda que e da Vichona.Non se perde nin un so partido do Libertad na casa, e como vedes e moi entusiasta.Este foi o momento no que Gus certificaba a victoria o converte-lo penalti, e celebrabao con tanta ilusion que nun descoido AHIII! caeuselle un euro do bolsillo na entreperna de Padin que estaba o lado, cero que se deu conta, pero Tu fixose o avion.

XA sabedes, hai un equipo que vale un collon,Libertad!

E se ainda non o eres, faite socio, carallo! e bota unha man.

martes, enero 23, 2007

Gala Benefica.

Na tarde noite do pasado Sabado 20, celebrabase nas renovadas instalacions do Hotel Justo en Sanxenxo, a I Gala Benefica Pro-Damnificados sen Bufanda do Libertad Sporting.



Neste importante acto solidario, deronse cita xogadores, directivos, afeccionados e socios, asi como tamen importantes persoeiros da vila, que non deixaron pasar esta oportunidade de colaborar por esta nobre causa.
A Gala estivo envolta nun ambiente familiar e cordial entre os convidados, que deron boa conta dos manxares ali servidos.


Pero non todo foi papar. Para o fin de festa, o comite organizador tiña unha grata sorpresa, a actuacion en exclusiva do duo "Primavera en Suiza" que aproveitou para presentar o seu novo single "O dente de Porcelana China".



Observen na imaxe, a facilidade de Gus para meterse no bolsillo, o publico feminino, cordinando o mismo tempo sorrir, chisca-lo ollo e toca-la guitarra, que fenómeno.


A recadacion da gala, estara destinada a compra das bufandas, para elo, o vicepresidente Jandro Jorquera, ten previsto realizar un viaxe a Thailandia o proximo fin de semana, onde atopara a mellor relacion calidade-prezo, neste tipo de prendas, visitando a prestixiosa fabrica de roupa deportiva Obibas.

domingo, enero 21, 2007

Libertad 3 - Amanecer 2.


Importante victoria colletaida no debut de Tomas Abal como entrenador.
Entrega total e absoluta dos xogadores, que apesares de non relizar un vistoso futbol e de cometer importantes erros a hora de replegarse, sacaron o partido adiante.

O equipo, renovado tacticamente, formaba con Maza na porta, tres defensas Makaay e Pechu laterais e Rodri central; dous pibotes por diante, Cristian e Cons; dous interiores Migue e Anxo, Jorge no centro por detras dos dous dianteiros que foron Gus e Fox.No banco quedaban Ivan,Jandro,Pedro,Angel e D.Caballero.
Hai que dicir, que o once foi practicamente o mesmo que en Deiro, xa que era a unica referencia que tiña o mister.

O encontro, vibrante e tenso como todolos partidos contra o Amanecer, arrancou sen un dominador claro, os dous equipos alternabanse en xogadas de ataque pero sin crear opcions claras de gol.
O Libertad, trataba de acoplarse o novo sistema, e trataba de sacar o balon con criterio, obececendo as ordes do banquillo, pero que nalgunha ocasion, por non querer escachala, ocasionou certo perigo.
Por outro lado o Amanecer facia o seu futbol tratando de buscar a Peter Crouch, o dianteiro mais alto da categoria, bombeando balons arriba.
Chegando o descanso, nunha desafortunada accion dun defensa visitante, Gus faise cun rechace dentro do area, dribla o porteiro e introduce o balon no fondo das mallas, 1-0 e imonos o descanso.

Tra la reanudacion, os mecos saen a levarse o partido, e o Libertad nuns primeiros minutos de aturdimento, deixa facer o Amanecer.E nestes intres cando, tras unha falta o borde do area, maxistralmente executada polo Peter Crouch de San Vicente poñia a igualada no marcador 1-1, o que daba ainda mais moral o Amanecer.
Minutos mais tarde, nun desaxuste na zaga, novamente Peter Crouch tras galopar medio campo batia por segunda vez a Maza que quedaba a media saida, 1-2 e o Libertad que parecia tirar o partido pola borda.

Pero nada mais lexos da realidade, Tomas efectua tres trocos e o equipo que non agacha as orellas vai a por todas.Tras unha xogada pola banda, Gus centra a Fox que intenta rematar de cabeza rodeado de contrarios, coa mala fortuna (para o Amanecer) que pega nun defensor meco, o que introduce o esferico por toda a escuadra, imparable para o seu porteiro, 2-2.

Dende ese momento, chegan os minutos de mais tension, as cabeciñas dalguns empezanse a quentar demasiado, patadiñas por aqui, cajo´no arbitro por ali, e Jorge termina expulsado por dobre amonestacion tras lanzar o balon coa man a un contrario, co encontro detido.

Froito de todo ese barullo final, o arbitro sinala penalti o noso favor tras desviar o balon coa man, un defensa dentro do area, decision que crespa os animos dos de San Vicente, pero que Gus non desperdicia para poñer no marcador o definitivo 3-2.

O dato mais triste, foi o intento de agresion por parte do adestrador do Amanecer o colexiado o final do encontro, e o barullo que se formou na entrada os vestiarios, que non pasou a maiores, e tras o cal fixose efectiva a aparicion das forzas do lei e o orden(Poli Loca e Garda Civil), para calmar os animos.


En fin, importante inxeccion de moral para os nosos, e a entrenar todo cristo o mercores, que temos toda a segunda volta por diante.

Hai un equipo que vale un collon, Libertad!

PUNTOS MASTER ( Partido contra o Amanecer)

Ante todo felicitar e darlle a benvida ó novo mister, a ver si esto vai collendo outro rumbo. E sen mais miramentos vamos cos puntos :
- Maza: 1, un pouco inseguro nas saidas.
- Pechu: 2 , para ser el non o fixo mal de todo pero anda frouxo por arriba
- Rodri: 2, un seguro coma sempre pero fallou na saida do balon moito pelotazo.
- Makay: 1, non foi o seu mellor partido pode facelo moito mellor.-
- Cristian: 3, moi serio e contundente.
- Cons: 2, mellor na media que arriba, cortou moitos balons.
- Jorge: 2, correu loitou, pena de expulsión TIBURÓN!!!!
- Miguel: 2 incisivo.
- Anxo: 1, vale que lle deron moita leña pero parecia desganado.
- Gus: 3, bo partido; marcou correu e non chupou.
- Fox: 1 , brandiño-

-Pedro*: 1, apenas entrou en xogo.
- Iván*: 1, idem.
- Angel*: 1, idem.
- David*: 1, idem

sábado, enero 20, 2007

Jran mirindola

Este sabado as 20:00, gran merendola no Hotel JUSTO, para todolos xogadores e afeccionad@s.

Esperamosvos a todos, e que isto sirva para coller impulso nesta segunda volta, e demostrar que si queremos, somos un equipo a batir.

Polo demais, este domigo as 16:00 visitanos o Amanecer, e esperamos facer bo o dito de entrenador novo, victoria segura.

HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!!

jueves, enero 18, 2007

Primeira impresion.

Na noite de onte, produciase a toma de contacto entre o novo adestrador, Tomas Abal, e a plantilla.
A pesares de non facer moi boa noite, deronse cita 15 xogadores, que amosaronse ilusionados co novo proxecto.
Realizouse un entrenamento serio e completo, o que seguro algun ergueuse con maniotas("agujetas") esta mañan, anque non foi excesivamente fisico, pero estamos mal acostumados.

Como ben dixo o mister, na sua presentacion, el non ten ningunha variña maxica para cambiar isto da noite o dia, pero si vamos todos na mesma direccion asistindo os entrenamentos con gañas, algo podemos facer, a lo menos dar imaxe dun equipo solido.
A dicir verdade no entreno de onte xa pareciamos un clube de futbol.Esperemos que os resultados acompañen, empezando este domingo en Baltar ante o Amanacer.

Para os xogadores que non estiveron onte, entrenamos mañan vernes as 21:30(nove e media) en Baltar.
E para para todolos socios e xogadores recordovos que este sabado a partires das 20:00 estades todos convidados a una gran merendola no Hotel Justo(vinde comidos porque non vai ser de plato).

martes, enero 16, 2007

Acabaronse as tonterias.

Mañan mercores 17, no campo de Meaño as 21:00 h. en punto, farase a presentacion oficial do novo adestrador do Libertad Sporting Club.

O home elexido, para levar a cabo a dificil tarea de converter o noso clube nun equipo de futbol, serio e convincente é: Tomas Abal.
Natural de Vilalonga, emigrado en Suiza, leva toda a sua vida vinculado o deporte rei.
Como futbolista, chegou a xogar en Segunda B, e como adestrador, son moitos os equipos que dirixiu os seus 50 anos, entre eles o U.Dena ou o Anduriña militando en 1º Rexional ou o Vilalonga-J.
Tomás, un home serio e con caracter, que trata os seus xogadores de usted, decidiu coller o equipo nesta delicada situacion, tras moito esforzo por parte do clube aurinegro.
Aviso para navejantes, con este home acabaronse as miniñadas, para el o principal e que a xente veña a entrenar sen escusas, asi que mentalizadevos de que empeza unha nova etapa, algo totalmente distinto do que houbo hasta ahora, facede borron e conta nova, aqui estase a piques de escribir unha nova paxina na historia do Libertad.

Como todos sabedes, o entrenador non é o que xoga os domingos, asique si tanto se reclamaba un cambio, ahora temos a mellor oportunidade para demostrar que podemos facer ben as cousas, e solo se pide os xogadores con ficha que asisitan os entrenamentos, que son dous dias a semana nada mais.

De verdade, que temos unha oportunidade unica de lavala cara do noso clube.E moi dificil conseguir que un entrenador asi veña a entrenar a un equipo como nos, si todos arrimamos o hombro, seguro, segurisimo que empezaremos a facer as cousas ben e a parecer un equipo de futbol.

HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN,LIBERTAD!!

lunes, enero 15, 2007

Deiro 1 - Libertad 0.

Excelente escenario, o novo campo do Deiro, ideal para rendir homenaxe a Alvaro, no seu ultimo encontro como adestrador aurinegro.
Pero a dura realidade, e a caprichosa fortuna,non quixo que fose asi.
Nembargantes, apesar de non facer un gran futbol, o equipo loitou todo o que pudo(ainda que fisicamente tampouco podemos loitar os 90 min.) e derreochou ganas e esforzo tratando de lavala imaxe dos ultimos encontros, e mais, sabendo que o novo adestrador estaba na grada tomando nota.

O once titular, dunha convocatoria completa(porfin), foi un pouco atipico; Maza, que volve tra-la lesion, na porteria, Makaay e Banana laterais, Rodri e Cris centrais, Jorge e Fer no doble pibote, Fox e Pechu interiores, e Migue e Anxo en punta(dianteira digna dos mellores pivots da NBA), no banco, e aqui veñen as sorpresas Gus e Ivan, ademais de Pedro,Nacho e Jandro.Quizais unha chamada de atencion na despedida do mister...

Respecto o encontro, destacar as primeiras acometidas do Deiro, que collian en bragas a defensa lilaina, a que saiu algo aturdida, ata o gol en propia porta do gran capitan Rodri semicurado.
A partir de ahi o equipo foise reaxustando e collendo solidez, dispoñendo dalgunha ocasion.
Na segunda metade entran de inicio Ivan e Gus, tratando de dar mais "peso" no ataque, e mais tarde os trocos restantes.
O Deiro chegaba con perigo e o Libertad trataba de sacar petroleo dalgunha xogada illada.
Finalmente o encontro non deu para mais, marchamonos coa cabeza alta polo esforzo realizado, ainda que jodidos por non poder levarnos un punto do campo do terceiro clasificado.

Puntos Master, por Risto Mejode.

Hola a todos, a partir de agora vou ser eu quen poña os puntos master, de momento non vou a puntuar a ninguén ata o próximo partido porque pareceme que para poñer un 0 a todos e mellor non por nada (quizais faria algunha excepción pero poucas ). Así que nada , de momento e ata o proximo partido tranquilos.
Quero aproveitar para reclamar a directiva do club que faga xa as famosas bufandas dunha puta vez, que vai acabar a tempada e nada.

miércoles, enero 10, 2007

Cambio de adestramentos.

Mañan xoves, non habera entrenamento en Meaño, a partires desta semana pasaremos a entrenar dous dias, os mercores as 21:00 en Meaño, e os venres igual en Baltar as 22:30.
Asique quedamos para o venres as 22:30 en Baltar, todo Dios ali, porque aveciñanse cambios importantes.
Vamos a poñernos serios e facer as cousas ben, para elo necesitamos que cada un de nos poñamos algo da nosa parte, polo menos non faltar os entrenos.

Cheerleaders do Libertad.

lunes, enero 08, 2007

Nova incorporacion na redacción.

Tras varias semanas recibindo curriculums na nosa redaccion, para poder cubrir o posto de redactor dos Puntos MASTER, gratificanos comunicarvos, que xa temos novo reporteiro, ainda que non moi dicharachiro(e unha coña).

En primeiro lugar, amosar as gracias os centos de miles de persoas que fixeronos chegar o seu interese por cubrir a vacante, pero somente un podia ser elexido.

E sen mais preambulo, presentovos o novo redactor desta nosa web, el é...
Risto Mejide.
Supoño que a moitos farasevos familiar ou xa o coñecedes, efectivamente, Risto Mejode e o actual critico e xurado do famoso reality-chow Operacion Triunfo, programa polo cal saltou a fama, por eso, por ser un persoeiro mediatico, pero sobretodo pola sua acida critica(constructiva), decidimos incorporalo a nosa redaccion ocupando o oco deixado polo noso querido Spree, o cal seguira traballando pero noutras facetas.

Nunha entrevista concedida en exclusiva a este o seu novo medio, Risto amosase moi entusiasmado con este novo proxecto, e afirma, que ..."aunque no entiendo casi nada de futbol, os pudo decir que seré tan critico e imparcial como siempre, con mi objtividad como bandera, dando mi opinion pese a quien le pese, caiga quien caiga, y en el momento que esto no sea asi me ire con viento fresco...Y para ir abriendo boca, es que no me puedo aguantar, os dire que el peinado del 10 del Libertad un tal Jorge creo, esta totalmente desfasado, dando una imagen casposa al equipo con ese retro-look ordinario,creo que ya tenemos ortera en el equipo..."
Auguramos un excelente porvir, a esta nova incorporacion, esperando que a todos vos fagavos a misma ilusion ca nos, contar con este excelente critico na nosa web.
Benvido Risto, dende esta semana os Puntos Master son teus.

domingo, enero 07, 2007

Umia 4 - Libertad 0


Mal partido o que se puido ver na tarde do domingo no campo da Senra en Ribadumia, onde os lilainos amosaron a sua faciana mais feble, ante un ben plantado Umia, que sabia o que xogaba

O encontro non tivo moita historia, dous goles en cada parte, mentres que a dianteira aurinegra, escasa de efectivos apenas inquetou o porteiro local.
Polo Libertad xogaron, Penoucos(que reaparecia obligado ante a lesion de Maza), Pechu e Makaay de laterais, Rodri e Cristian de centrais, Jorge e Angel no centro do campo, asisitidos nas bandas por Jandro e Fox, e na punta do ataque Anxo e Dani Camion, no banco unicamente dous trocos Pedro e Banana que entraron no comenzo da segunda parte por Pechu e Dani.

En definitiva un mal dia e unha mala hora para os afeccionados que se desplazaron ata Ribadumia, onde o Libertad acabou pedido a hora e notouse demasiado a falta de entrenamentos durante estas duas semanas.
.
Esperemos que isto solo sexa un espexismo, e a xente comprometase a vir a entrenar, para comenzar a segunda volta con forza e intentar meterse entre os cinco primeiros da clasificacion, pero sobretodo para pasalo ben cada domingo e que os nosos afecionados sintanse orgullosos de pertencer a un clube como o Libertad.

Hai un equipo que vale un collón, Libertad!!
Entrenamentos:Mercores as 21:00 pavillon de Baltar/Xoves as 20:30 Meaño/Venres as 22:30 Baltar.

viernes, enero 05, 2007

Arrancamos de novo.

Este domingo, o balon volve a rodar polos campos de terceira rexional.
Polo que a nos respecta, veremonos as caras co Umia, un dos aspirantes o ascenso.
Este encontro, o derradeiro desta primeira volta, disputarase este domingo 7 de Xaneiro, a partires das 19:00 hs. no campo de herba natural da Senra en Ribadumia, xa que o habitual estadio da Bouza en Barrantes, esta pechado para a implantacion de cespede artificial.

Vemonos ali, e esperamos regalarlle os afeccionados a primeira victoria do ano.
Hai un equipo que vale un collón,Libertad!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com