jueves, marzo 31, 2011

Colgaráse o cartel de "Non hai entradas".

Ante o trascendente choque deste domingo, Libertad - Zacande(17:00 na Lanzada),a direciva aurinegra prevee que de a venda de entradas estara rozando o cheo completo.

Na rolda de prensa de onte que tivo lugar Cidade Deportiva de Sanxenxo(esto foi o proxecto que nos venderon):

E esto é o que finalmente construiron:

Si vos fijades con detenimiento poderedes apreciar pequenas diferencias entre o proxecto e o resultado final, mais que Cidade Deportiva poderiase chamar Descampado Des-portivo, anque non hai mal que por ben non veña, estas novas instalacions albergaran as probas finais do prestixioso Campionato Mundial de Cachar Fentos e Toxos ou para os que son de fora "pañar valumada", onde somos considerados unha potencia mundial, a Seleccion Espanoña formada integramente por cachadores galegos, cunha notable presencia de deportistas da Armenteira parte como gran favorita aventaxando a Seleccion de Gales por 17 c.p/h(unidade de medida do campionato, siglas de "carros pañados por hora").

Voltando o tema, a directora de ventas e marketing do Libertad S.C., Dna. Loli Alarcón aseguraba onte, que a venda anticipada de entradas vai a un gran ritmo, superando as espectativas mais ambiciosas,(...)" de seguir asi, o domingo esperamos colgar o cartel de Non hai entradas. Ademais ofrecermos un gran espectaculo, temos preparado un sinfin de sorpresas que de seguro faran as delicias do respetable(...).
Ante estas declaracions foron moitos os afeccionados que se apresuraron por obter xa as suas entradas.
O caso mais singular foi o destes tres afeccionados do Zacande, que dende onte a tarde estan acampados nas inmediacions do campo da Lanzada, a espera de ser os primeiros en coller sitio ante a inminente apertura de taquillas prevista para o domingo as 16:00.
Enviados especiais desta redaccion, poideron falar coa moza rubia, Maria Jesus Fernandez, que afirma coñecer moi ben a varios xogadores do Libertad, especialmente a Makaay co que, sempre segundo a sua version, mantuvo unha relacion sentimental fruto do cal,naceu o rapaz que lle acompaña na imaxe, un neno moi desarrollado eso si, pero que tira por terra todolos rumores publicados recientemente en revistas do corazon sobre a posible homosexualidade do xogador de Lores..
Lamentablemente e moi o noso pesar, non poidemos profundizar na entrevista con Maria Jesus, xa que a eso das 23:30, chegou Elias e invitounos a abandonar as inmediacions do campo.
De todolos xeitos temos a un equipo de periodistas de investigacion, seguindo moi de cerca este escabroso caso, que afecta directamente o noso querido Makaay.

Para os mais fieis seguidores da Seleccion Galega de Cahadores de Fentos e Toxos, poñemos a vosa disposicion a nova camisola oficial por solo 25€, interesados poñerse en contacto con Pechu.

domingo, marzo 27, 2011

Amanecer 2 - Libertad 0.

Tarde anubrada nas Cachizas cun terreo de xogo extremadamente rapido.

O Libertad tratou de dar a sorpresa ante un dos firmes candidatos o ascenso, anque un tempraneiro gol dos de San Vicente, trastocarian o planteamento inicial do mister.
Cun once de contencion, tratando de buscar a velocidade de Beiro as espaldas da zaga meca, o Libertad trataba de asentar o novo dibuxo tactico.
Sen embargo, no saque dun corner cando corria o min.17 un grave erro na marca de Adrian, propiciaba o remate a pracer do seu interior, adiantandose no marcador.
Con este resultado iriase o descanso, tras un gran desgaste fisico.
Na reanudacion, e co 1-0 en contra o Libertad adiantou liñas, gozando de mellores oportunidades.
Un combativo Beiro, estivo a piques de cambiar o transcurso do partido, cando nun saque de curuncho, este remata de cabeza estrelando o balón na mesma escuadra para posteriormente botar na liña de gol.
O Amanecer entranlle os nervios, ante o peligro de este resultado, e alguns dos seus xogadores enzarzanse en qentes discusions entre eles mesmos dando unha pobre imaxe dun equipo que pelexa por gañar a liga.
Finalmente cando os nosos mais se achegaban a meta de Alejo, sobretodo en balons colgados polo noso especialista Dorado, chegaria o 2-0 nunha contra onde ata tres atacantes atopabanse en posicion ilegal, que o arbitro non sinala, e conseguen batir a pracer a meta de Cadornas.
Con ese marcador o Amanecer adicouse a administrar a renta, apesares de que o Libertad seguiu loitando con mais corazon que cabeza, nun gran esforzo fisico que finalmente quedou sen premio.

Esperanos a semana que ven outro gran duelo, contra o Zacande, que se estara xogando o ascenso directo e o que non llo imos a poñer nada facil.

Libertad:
Cadornas, Lemos, Rodri, Pechu(Basi m.79), Gainza, Suso(Papuchi m.73), Dorado, Adri(Fer m.46), Roxo(Makaay m.66), Bujy(Yerai m.46) e Beiro.

Entrenos martes, xoves e venres as 21:15 PUNTUALMENTE

viernes, marzo 25, 2011

Amanecer - Libertad, xuices do ascenso.

Este domingo as 17:00 no campo das Cachizas en Dena, moito mais que un partido de futbol, esta en xogo as opcions o ascenso do equipo meco.

Despois dunha dura derrota ante o seu rival mais directo, o Zacande, esta xornada o Amanecer tratará de recurtar distancias aproveitando a xornada de descanso dos de Meis.
Pero para elo tera que doblegar os animos e a moral dun Libertad crecido, de menos a mais neste tramo final de liga.

Ivan Lima, contará con todolos seus efectivos a escepcion de Lino por lesión e Pedro por sanción.

Para esta xornada, necesitamos mais que nunca o apoio de todos vos, siareiros aurinegros, xuntos podemos dar a campanada.

Hai un equipo que vale un collón!!
LIBERTAD!!!

lunes, marzo 21, 2011

Libertad 2 - Beiramar 1.

Tarde de veran no Municipal da Lanzada, onde se deron cita un bo numero de afeccionados aurinegros.

Lamentablemente o equipo non soubo responder con bo xogo ante tanta espectacion, pero si con emocion e intensidade ata o final.

Moi pronto os locais adiantabanse no marcador cuha boa maniobra de Roxo, revolvendose no area para empalar un duro disparo a media volta imparable para Alex.
O equipo relaxouse, e falto de intensidad veuse o peor Libertad no que vai de campaña, non foi quen de levar o control do partido ante un rival que apesares de non facer un futbol brilante puxolle moitas ganas.
Minutos antes do descanso, lesionase Lino, dando entrada o home revulsivo das ulltimas xornadas, Pechu.
Na reanudacion, a pelicula seguia sendo a mesma anque a tension aumentaba co paso dos minutos.
Mediada a segunda metade un gravisimo erro de Cadornas(que ata o momento estivera impecable), provocado pola falta riego sanguineo que lle produxo a axustada camisola na que estaba embutido(o final do partido tiveron que vir os bombeiros para excarcelalo), situaba a igualada no marcador 1-1.
O partido recobra intensidade e alguns perden os nervos incrementados por un arbitraxe penoso a mais non poder.Perdro e rigurosamente expulsado tras o gol, despois de darlle un balonazo a Juviño.
Tirando de casta, e cun home menos, o Libertad non se arruga e vai polo partido.
Faltando dez para o final, Dorado bota una falta dende a frontal que tras pasearse por encima da defensa local, nun primeiro lugar Beiro ,parece peinar levemente o esferico despistando o meta visitante para introducirse no fondo das mallas.Posteriormente e examinando rigurosamente as imaxes captadas por un videoafecionado, apreciase que Pechu, que tamen estaba involucrado na xogada, no seu salto chega a raspar coa punta do... pelo o balón.En calquera dos casos suporia o gol da victoria para o Libertad que soubo aguantar os envites fianis.

Libertad: Cadornas, Lemos, Pedro, Rodri, Gainza(Basi), Lino(Pechu), Dorado, Roxo, Fer(Adrian), Bujy(Yerai) e Beiro(Makaay.

Goles:Roxo e Beiro/Pechu/Dorado

Entrenos Martes, Xoves e Venres as 21:15 puntualmente.

martes, marzo 15, 2011

Entrenos da semana.

Esta semana entrenarase unicamente o martes e o venres, polo cal rogamos a asistencia de todolos xogadores puntualmente as 21:15, grazas.
A xogada favorita de Dorado, toca e vaite...durmir

Esta a foto original de Cadornas, como ben dice el, na de abaixo sale mais gordo, ainda que non sei si nesta estará ajuantando a respiracion!!!

domingo, marzo 13, 2011

Chispa 2 - Libertad 3.


Remontada con tintes epicos en Córon.

Tarde de ceos anubrados en Vilanova, pero un terreo de xogo en perfectas condicions para a practica do futbol, que por outro lado faise tremendamente estrano que coa crise actual, nunha parroquia pequena cun só equipo en terceira rexional sen futbol base sequera, conseguise que a Deputacion de Pontevedra fixera semellante desembolso, aljun amijiño de Louzán...

No eido plenamente deportivo, o Chispa, con lexanas opcions o ascenso, saia metido no partido, e xa no min. 2 adiantabase no marcador, ante unha defensa aurinegra que ainda estaba limpandose as lejañas.
Os primeiros trinta minutos foron de dominio local, xogo combinativo e moi ben plantados tacticamente.Nun latigazo de calidade, o nº 11 do Chispa, recibe co peito na frontal do area e sen deixala caer executa unha soberbia volea que se mete na escuadra de Cadornas que pouco poido facer.
Nembargantes o Libertad, nunca lle perdeu a cara o partido, Beiro e Roxo protagonizaron perigosisimas contras, que non acertaban a definir, incluso o pau impediu que Roxo acurtara distancias.
No fio do descanso producese a primeira xogada polemica, cando Beiro en velocidade encaraba porteria e derrubado por detras polo ultimo defensa que debeu ver cartón vermello e somentes lle amosaron amarelo.

Tras o descanso a pelicula foi ben distinta, coa salida de Pechu por un perdido Makaay, o equipo gañou en garra e intensidade, mentres que o Chispa parecia convencido de gañar sin despeinarse.
Nun saque de banda Roxo peina para Bujy dentro do area, que xusto cando empalaba o esferico leva unha patada que o desequlibra e o trencilla non duda en sinalar penalti.Seria un seguro Lino o encargado de materializar o 2-1 no electronico(de verdade que habia electronico!!!)
Pronto os locais verianlle os orellas o lobo, e adicaronse toda a segunda metade a parar o partido con faltas e perdendo todo o tempo do mundo con simuladas lesions.
Dende logo a mais de un aconsellamoslle encarecidamente que deixe o fútbol e se meta de cheo no mundo do teatro ou do cine, de seguro que nun futuro estaran recollendo algun Óscar, especialmente o seu capitán o nº9.

Apesar de non realizar un xogo moi vistoso o Libertad sobraronlle collóns, e cun solo, logrouse darlle a volta o partido.Corria o min. 85, e seria un Yerai moi activo o que aproveitase un despiste do meta local tras comerse un balon botado por Rodri dende a medular, que lle pasa por encima e bate no largeiro rexeitado, e que o Guaje acerta a rematar de cabeza o fondo das mallas 2-2.
O Chispa non daba credito, e derrepente entrabanlle as presas.
Completamente desquiciados pola reaccion aureinegra, vense algunas accions subidas de tono.
Sen embargo todavia quedaba o mellor, apelando a épica e xa no desconto nunha rapida contra levada novamente por Yerai, este é derrubado estepitosamente dentro do área ante unha defensa completamente pasada de voltas.Penalti claro e espulsion que o trencilla deixa en carton amarelo.Seria Dorado o encargado de executar a pena máxima, que superado polas circunstancias(cajou por el), falla estrepitosamente o penalti (e xa van dous, chaval, non tiras mais), afortunadamente Fer, que pasaba por ali, recolle o rexeite do porteiro e consegue facer o definitivo 2-3, levando o éxtasis os afeccionados que ata alo se desprazarón.

Onte si quedou demostrado que hai un equipo que vale un collón!!
E se vos gusta ver teatro do bo, recordade: gran actuacion os domingos en Corón.
E como dice "Pililas o Vilavedra" a bañarse a praia que fai bo dia.


Entrenos martes, xoves e venres as 21:15(puntualidade por favor)

sábado, marzo 05, 2011

Mañan domingo Libertad - Bamio.


A partires das 16:30 no municipal da Lanzada, Libertad - Bamio.
Sortearemos entre os asistentes unha camisola da Seleccion Española, asi como o noso abitual concurso do gol da xornada dende o medio campo.
E nestas datas de entroido, tamen premiaremos os siareiros que se acheguen disfrazados o estadio.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com