Derrota clara do conxunto aurinegro, que o intentou pero recibiu un castigo demasiado severo. Baixo un solaso de vran que se botaba de menos, saíron os equipos ó campo tras quentar ó son do rejjeton, arroupados os nosos por uns 25 siareiros, e dende o comezo se vía que algún dos nosos lle ía afectar demasiado o sol (que non se den por aludidos Fox e Cons...xa o digo eu). O Unión saiu con intención de tocala, mentras o Libertad agardaba coas liñas xuntas pra saír á contra; o equipo inicial foi: Maza na portería, Fer e Makaay laterais, Rodri e Cris centrales, Ivan e Jorge na medular, Fox e Migui polas bandas e Javi Cons e Gus arriba. A bola comezou sendo de dominio local, pero pouco a pouco vendo que non eran capaces de face-lo tiki-taka ante a repregada e ordeada defensa visitante, comezaron a buscar case sempre balóns longos pra os dianteiros...o mellor do Unión xunto cun Nacionalizado que tamén foi bastante maleducado; balóns que eran atrapados sen moitos problemas pola defensa ou por Maza, mentras o noso equipo creou nos primeiros 25 minutos 4 contras tradusidas en claras ocasións erradas. Así, cando mellor defendía o Libertad e máis perigo creaba e fallaba, o árbitro (aquel amigo de Jandro que lle metera 5 partidos por protestar en Romai) cambiou o signo do encontro ó sacarse un penalti da chisteira ó despexar Maza un balón raso e despois arrollar ó dianteiro (el mesmo reconoceu despois que non fora penalti). Penalti, amalela e 1-0. Seguinte xogada, recupera o balón o equipo local que busca en longo ó seu dianteiro e tras facer 3 controles sen que caese a pelota, sacase unha volea cruzada que se cola na portería pegada ó pau, un golazo. 2-0 e o Libertad que segue intentándoo, cun Gus e Migui voluntariosos pero pouco afortunados, Cons reventado, Fox acojonado...chégase así o descanso, no que Gerardo Duromar cambiaría a Cons por Emy (adiantando a Fer ó interior dereito) e Nagüel por Migui (cambio criticado pola afección pois se non ai ningúen intocable Fox non se merecía seguir no campo e Migui polo menos estáballe botando collóns). No minuto dous desta 2ª, escapada por banda por velocidade, e é que cómo corrían os condenados, nótase que entrenan duro, é o forte centro introdúceo Ministro pola mesma escadra ó intentar despexar. Aquí acabouse o partido, xa era moi complicado ainda que se intentou deixar unha boa imaxe, Fer errou un penalti e o seu rechace (frontal, só había que empuxalo e non controlalo), e acabaron caíndo dous goles máis. Tamén xogaron Nacho e Jandro que entraron por Fox e Iván.En resume, partido demasiado fácil pro Unión gracias a un arbitraxe caseiro (2-6 en tarxetas amarelas, o nº 9 debeu ver a 2ª amarela por 2 veces e pasou del, e ninguen se cortou a dar leña a medida que crecia a frustración dos aurinegros) e ós fallos dos nosos dianteiros co 0-0 no marcador, pero non ai máis que obxetar...simplemente aplaudirlle ó esforzo a todos, que seguro que se volve á coller unha nova racha con esta actitude.
Hay un equipo que vale un collón!!! LIBERTAD!















