martes, noviembre 21, 2006

Puntos Master del partido contra el Salnés

Como ben dixo o noso amigo Pechu, esperábase máis deste partido, pero a falta de Beni Pomares, a intervención de Xulián Muñón (que si que foi malo pra os dous, pero permitiu que os cambadeses xogasen máis coas mans que cos pes...de ai que máis de un acabase desquiciado), e o frío que tiña a grada (ata o pai de Fer case non gritou, hay que volver a facer que ferva o estadio rapaces) provocou un partido de moita tensión e pouco fútbol:

1.- Maza: 1 ... 1ª cagada da tempada...que á postre foi un empate pero ai que perdoarlle que xa nos ten salvado moitas.
2.- Emy: 1'5 ... Asfixiado o principio, foi collendo ó ritmo pra que Fox puidese subir e crear máis perigo. Acabou xogando de interior e púxolle un centro á cabeza de Jandro que a piques estivo de significar o 2-1.
3.- Pechu: 1'5 ... e o 0.5 pola rabona. Serio e seguro, se quere a titularidade terá que deixar de facer pechugadas (ou facelas coa música que aí si que se lle da ben).
4.- Cris: 1'5 ... Sufreu, coas embestidas do tonelete e a laska do árbitro, pero aguantou ben. Xa vale de penaltis eh.
5.- Rodri: 1 ... desquiciado, o que máis. Volvía dunha gripe e inda por riba o árbitro fixo que lle volvese a febre. Pero a súa presenza sempre é importante.
6.- Jorge: 2 ... Non sei si será un trípode pero se fora negro sería coma Makelele. Loita como nadie. Faltalle un pouco máis de cabeza pra sacar o balón, pero é un exemplo.
.7.- Iván: 1 ... fantástico pase a Anxo no gol. Non pode ser que Jorge corra todo por él, ten colocación e ten que aproveitalo.
8.- Makaay: 2 ... 1º gol de aurinegro (regalo de Anxo) pero loitou coma sempre. Mellor no lateral.
9 .- Fox: 2 ... Picado. Moi ben, axudou moito en defensa, e puxo máis centros que en toda a tempada (e parte da pasada). Pena que recibiu poucos balóns. A seguir así (senón po lateral jeje).
10.- Nagüel: 1'5 ... completo. Defendeu, foi de cabeza e sacou o balón con cabeza.
11.- Anxo: 2'5 ... Fixo un par de xogadas de quitarse o sombreiro (púxollo ó defensa, pena que esa xogada non acabase en gol). Regalou un gol e buscou o desmarque continuamente. A seguir así tamén.
-------------------------------------------------------------------------------

12.- Pedro: 1 ... pouco tempo pa facer nada, foi lateral pra que Emy puidese xogar de interior.
13.- Jandro: 1 ... que pena que non vaia ben de cabeza, errou unha en bandexa. Loitou coma sempre.

* Álvaro: 1'5 ... pena de debut, parece que está motivando a Fox e eso é bo. Ben defendidos os corners.

**Chema: ésta pa Chumi, si ves a entrenar ó xoves e venres no me jodas e vai o domingo que vas pa titular, non vendas así ó equipo.

lunes, noviembre 20, 2006

Libertad 1 - Salnes 1


Partido desputado no Municipal de Baltar, ante un 30 afeccioados, nunha boa tarde para desfrutar do futbol.
O encontro, non respondeu as espectativas creadas, a vista dos ultimos choques entre os dous equipos, e o resultado final non convenceu nin a uns nin a outros.

Non se cumpleu o dito de entrenador novo, victoria, e tubemonos que conformar cun empate no estreno de Alvaro como mister.

Rsepecto o encontro, destar as ausencias de Fer, Migue, Cons e Gus o que mermaba moito as nosas espectativas de cara o gol, e dando paso a unha dianteira inedita; Anxo e Angelito.
O Libertad seria o primeiro en adiantarse no marcador, mediada a primeira metade cando tras os primeiros empuxes do Salnes, empezabase a chegar con perigo, fruto dunha desas chegadas, Makaay xogando de interior dereito, estreabase como goleador aurinegro.Posteriormente Cristian comete penalti(por segunda vez consecutiva), pero que o Salnes non aproveita botando o balon fora.
Chegabase o descanso co 1-0, e o pouco da reanudacion, na primeira cagada da tempada de Maza, o balon introducese mansamente nas redes tras un remate de cabeza a balon parado(coma sempre) que fai unha gran parabola e entra axustadiñño o longueiro despois de tocarlle nas mans o porteiro.
Tras o gol o Libertad veuse abaixo, axudado tamen por unha ridicula actuacion arbitral, que sacou algun xogador da suas casillas.
Co paso do tempo fomonos metendo no encontro e nos ultimos 15 min, dispuxemos de tres claras ocasions, duas delas pegando no travesaño a mans de Fox e Jandro, pero o marcador non se moveria mais.

O final reparto de puntos, un excelente comportamento dos xogadores por ambos bandos, asi como tamen da afeccion(algo fria).Non podemos decir o mesmo do arbitro, que quixo ser protagonista motivado quizais polo consumo escesivo de algunha sustancia alcoholica, a dicir polo cheiro un viño dulce tipo Sanson ou Pacharan.

sábado, noviembre 18, 2006

Super-clásico en Baltar.

Este domingo a partires das 16:15, no municipal de Baltar, gran encontro entre o Libertad e o Salnes.
Este partido preveese de maximo risco pola Policia Municipal, xa que nos ultimos anos foise quentando ata convertirse nun clasico da categoria, con todolos ingredientes necesarios, goles, tension, emocion, espectaculo, piques entre afeccions e xogadores...
Esperemos que non defraude a ninguen, e que reine a paz e o fair play entre todos, pero sobretodo que sexa como sempre un gran espectaculo.

Acudide en masa a animar o voso equipo, e non deixedes de colaborar co clube, facendovos socios na mesma entrada do campo, agora mais que nunca necesitamos o voso apoio, total que son 10 euros,non?(para o dente de Gus)

miércoles, noviembre 15, 2006

SE BUSCA ENTRENADOR.

Buscase entrenador, con coñecementos basicos(toca y vete,abre en banda), ben parecido, formal e sen compromisos familiares, para posible relacion estable.

Queridos lilainos aurinegros, sinto ter que comunicarvos de xeito oficial a marcha de Gerardo Duro como adestrador do Libertad.
Por diversos problemas persoais,o actual adestrador, que ata o momento fixera evolucions importantisimas na plantilla lilaina, vese na obriga,e moi o seu pesar de abandoar a disciplina aurinegra.E xa que non cobrou un peso, gracias Gerardo.

Dende a directiva do clube estase a buscar algun sustituto de garantias, namentres posiblemente sexa algun home da casa(Nito ou Alvaro) quen tome o timon do equipo.

Estamos abertos a suxerencias, deixade mensaxes co nome do voso candidato preferido.
Os interesados en facerse co posto, envien o seu curriculum a libertadsporting@hotmail.com

lunes, noviembre 13, 2006

Puntos Master do partido contra o Rufiáns

Coa chegada do inverno e a tempada da NBA, voltan tamén os puntos Master. Pasemos a puntuar sobre o duro partido na esplanada á sombra de Rubians:
1.- Maza: 2 ... Foi con forza ás saídas pero estivo brando blocando o esférico. Ben coma sempre.
2.- Emy: 1 ... Por estar máis pendente de colocar a Pechu e escoitar a Miki, faltoulle rapidez ás veces.
3.- Pechu: 1'5 ... un pouco perdido, pero moi bo partido pa xogar fora de posición(polas baixas). Cobadazo e ollo morado.
4.- Cris: 2 ... Fabio, impresionante partido, cun único lunar que significou o gol da derrota.
5.- Makaay: 2 ... o mellor partido que se lle viu a Makaay, anticipouse moi ben e axudou en ataque con sentido.
6.- Jorge: 1'5 ... Pulmón. Peleou coma sempre pero díronlle duro e tivo q retirarse pronto.
7.- Jandro: 1 ... entregouse a tope ata que acabou sen folgos. A veces corre sen cabeza.
8.- Fer: 1 ... impreciso. Loitou todo o partido pero non leeu moi ben o xogo.
9 .- Migui: 1 ... non fixo o seu mellor partido pero sempre mete medo a defensa. Ten que xogar máis q entrena e anda fresco.
10.- Javi Cons: 0 ... ai q ir d cabeza a algunha...non estivo cómodo e inda porriba levou un tremendo balonaso na cara.
11.- Anxo: 1'5 ... o máis perigoso. Ten que buscar máis os ocos. Leva moita leña.

-------------------------------------------------------------------------------

12.- Nacho: 1 ... Blandiño, pero contra éstes case se lle perdoa
13.- Dani: 1 ... dianteiro pero axudou moito en defensa, fajouse no labor oscuro.
14.- Fox:1 ... que ben lle senta a suplencia. Serio e sacrificado (foi lateral)
15.- Angel:1 ... pouco tempo, cumpleu.
16.- Pedro: 1 ... sempre está ai. Ten que ser máis rápido.

* Miki: 1 ... Shhh... vamos a meditar. Non acertou cos cambios.

domingo, noviembre 12, 2006

Rufians 1 - Libertad 0


Partido disputado no solar de Rubians as cinco p.m., que nin o arbitro entendia como se xogaba tan tarde, vendo ademais a maravillosa iluminacion local.

O encontro non deu moito de si, o Libertad saia cun once circunstacial motivado polas baixas(Rodri:enfermo,Ivan:cajallón,Chema:pelexa nocturna,Gus:xa sabedes,Gerardo;ns/nc...) e formaba de inicio con Maza baixo paus, Emi e Makaay laterales, Cris e Pechu centrais, interiores Fer e Migue, na medular Jorgüe e Jandrito, e Anxo e Cons en punta.No banco quedaban Dani Camionifornia,Pedro,Angel,Fox e Nacho.
Durante a primeira metade o resultado non se moveu do 0-0 inicial, xa que niongun equipo fixose co dominio do balon e apenas inquietaron os porteiros.

Na segunda mais do mesmo, un econtro de moita loita e contacto, ainda que non se veu ningunha salvajada, e os 20 min. nunha desafortunada acción, Cristian comete un dubidoso penalti, golpeando primeiro o balon e despois arrolla o dianteiro.
Maza non pode facer nada esta vez, e o Rubians adiantase no marcador co que a postre seria o resultado final.
O Libertad non cambiou de actitude e seguiu pelexando, anque cada vez mais mermados fisicamente, dispuxose dalgunha ocasion, incluso anulouse un gol nun saque de esquina botado por Fox a perna cambiada, o entender o colexiado, que na sua traxectoria o balon sale fora.
Finalmente non poido ser, pero apesar do resultado, os xogadores siguen mostrando unha actitude moi loitadora, o que seguro acabara traendo bos resultados, porque o que nos queira gañar, moito, moito vai a ter que loitar(a non ser que axude o arbi claro)

Nada mais, a seguir asi, entrenando duro, e gracias tamen os incansables afeccioados que nos seguen, e que fan que parezca que xogamos na casa todolos domingos.
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN, LIBERTAD!!

sábado, noviembre 11, 2006

Novas de ultima hora.

En referencia o dente de Gustavo, podese dar por zanxado o problema, xa que finalmente o clube facendo un gran esforzo e co apoio dalgunha iniciativa privada farase cargo do montante da operacion que a mutualidade non cubre.

Noutro aspecto se cabe mais preocupante, fontes cercanas o adestrador Gerardo Duro, falan dunha posible saida do clube por problemas persoais, anque si ben non quedaria toalmente o marxe da disciplina aurinegra.De momento son rumores, asi que esatade pendientes do que aconteza nas proximas horas, manteremosvos informados.

Mencion aparte, este medio faise eco dun desagradable suceso, acontecido na tarde de hoxe, durante a disputa do encontro dos veteranos de Sanxenxo, onde desgraciadamente e tras un ataque o corazon, morria un xogador do Sanxenxo no terreo de xogo.Non coñecemos exactamente a identidade do mesmo pero dende aqui manifestamos todo o noso apoio a plantilla dos veteranos e o mais sincero pesame a sua familia.

viernes, noviembre 10, 2006

Todos con Gustavo.


O pasado domingo, no transcurso da primeira metade do encontro Libertad - Sobradelo, o ariete de Raxó era trasladado de urxencia o Centro Medico de Baltar donde era atentido dun profundo corte na barbilla e unha contusion cerebral, tras un terrible encontronazo fortuito, cun rival, o que lle propinou un forte rodillazo na mandibula inferior.
Tras o susto inicial ante os mareos e o sangrante corte do xogador, a situacion quedaba controlada tras a sutura da ferida e o control da glucosa no centro de saude.

Pero a sorpresa mais grande viria despois, cando Gustavo xa no vestiario preparabase para marchar este decatabase da rotura parcial dun dente por mor do choque.
Digo sorpresa, porque esta foi maiuscula, cando o Luns, Gustavo asistia a clinica dental da federacion, tendo que desplazarse ata a Coruña, e donde o facultativo advertia que o cambio da peza dental suporia un desenbolso de 600 euros dos cales a Federacion Galega solo asume o pago de 200 euros do total.

Esta situacion provoca un gran golpe na moral e no bolsillo de Gus,plantexandose abandoar o clube, polo que dende esta web queremos manifestar o noso apoio, e estamos abertos a calquera iniciativa para recaudar fondos, xa que actualmente nas arcas do clube tampouco existe a posibilidade de sufraxiar a operacion.

Asi que xa sabedes, a facerse socios se ainda non sodes, ou donar un euro ou a voluntad na entrada do campo.
Preveese ademais a apertura dunha conta en Caixa Nova para recibir os vosos donativos.

Animo Gustavo, a aficcion esta contigo, e si a merda da mutua da federacion non corre con todolos gastos, seguro que entre todos xuntamos cartos para que volvas canto antes a defender os colores do Libertad.

miércoles, noviembre 08, 2006

Parecidos razonables


Ahi o teñen, ainda que si o mister saira rindo serian cajadiños.
Deixade os vosos comentarios e tamen si sabedes dalgun outro parecido comentadeo para poder publicalo.

Outro parecido segun vos...

martes, noviembre 07, 2006

Libertad 6 - Sobradelo 1


Eu como non estuben non sei que pasou, que si Gus quedou sin dentes, que si Fer expulsado... a ver si o noso reporteiro Spree Forever podenos dar mais detalles.
O que si sei e que imos sextos e pouco a pouco imos collendo posicions importantes na taboa.
O proximo domingo visitamos a un rival directo, o Rubians no seu feudo onde faise forte, e a sua afeccion intimida a calquera, esperemos que viaxen un bo numero de siareiros aurinegros para cambiar ese factor.
Esta é a clasificación actual contando co Drakkar 2 - Armenteira 1, Unión Grobe B 6 - Beiramar 0, partidos aplazados e que se xogaron este mercores dia 1 de Novembro.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com