domingo, diciembre 18, 2005

Tarde de festa no municipal de Baltar de arriba.

Tarde de festa no campo do Libertad, que o fin conseguir rompe-lo malefio e gañarlle ó seu gran rival o Sporting Portonovo, levándose o encontro cun 2-0 final que aínda que reflexa o dominio local non foi sinxelo de conseguir.
Os problemas coa fixación da data do partido fixeron que deixase de acudir moita xente por parte do equipo visitante, pero aínda que a taquilla non puido ser todo o que se esperaba dun encontro tan atractivo as bancadas fixéronse escoitar polos numerosos siareiros do Libertad que animaron con forza ó noso equipo ata acabar con máis dunha afonía.
O encontro comezou coma un típico derby, con moita tensión e un xogo con pouco orden e moito corazón. Cun Sporting q saiu moi ben colocado, esperando atrás mentras o que o Libertad era dono do balón pero sen chegar a perfora-la portería de Damián nun par de claras ocasións, e intentando saír á contra con balóns largos que pouco superon aproveitar os dianteiros do Sporting.
Así chegouse ó descanso cun 0-0 que á reanudación continuaría a liña da 1ª metade. Pero tanta insintencia tiña que ter ó seu premio e arredor do minuto 25 da segunda metade chegou o 1º gol do Libertad: xogada a balón parado que Fox bota, ante as ordes que di recibir de Nito, e coloca perfectamente para a entrada de Fer que aboca o 1-0 e descorcha a 1ª botella de cava do día nas gradas.
Tra-lo gol o Sporting intentou virse arriba e entrouse nunha fase de toma e daca e bimba sinsán zás dalle parriba que acabou con Josetxu polo Sporting e Mario polo Libertad expulsados tras unha falta non sinalada a Mario e posterior debote do portonovés, fruto da tensión e os nervos e a impotencia visitante de batir a Maza. O Libertad tiña as ocasión máis claras á contra pero os visitantes chegaban cada vez con máis perigo, con moitas xogadas a balón parado, ben atalladas pola defensa local. Así na penúltima xogada do partido o Libertad rouba un balón por medio de Jou que dobla a Anxo e éste devólvella cunha espectacular asistencia para que Jou puxese o 2-0 no marcador levantando o esférico por enriba do porteiro visitante.
Así se chegou ó final do encontro, rompendose outro maleficio de equipo imbatido como lle ocorreu ó Dorrón non fai moito. Bo partido rapaces, e gracias á afección polo apoio incondicional.

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com