lunes, agosto 28, 2006

Mediocre actuacion en Dorron.

Na tarde de onte, celebrabase no campo do Cruceiro o triangular entre o Libertad, Xil e Dorron.
Xogaronse un total de tres mini encontros disputados a 45 min cada un.

O primeiro deles enfrentaba o Xil co Libertad sobre as 18:00 da tarde.
O equipo aurinegro afrontaba o seu unico partido de pretemporada,con importantes baixas e con so un entrenamento previo.
Asi pois, coa principal novidade de Xurxo Xusto na porteria por mor da lesion de Maza, e contando soamente con dous das novas incorporacions, Pedro e Makay o Libertad con 14 efectivos trataba de facer frente a un Xil moito mais rodado e mellor situado no campo.
Foi en duas xogadas a balon parado(coma sempre) donde os de Meaño tomaban unha importante vantaxa no marcador(2-0) ante unha defensa excesivamente xenerosa co rival neste tipo de lances.A faltade 20 min. para o final o Libertad recortaba distancias nun saque de esquina botado por Fer e rematado por Rodri.Finalmente non se poido facer mais a pesar de dispoñer de algunha clara ocasion a mans de Javi Cons, quedando o marcador final 2-1 para o Xil, evidenciando unha pauperrima preparacion fisica dos nosos.

O seguinte encontro enfrontaba o Dorron co Libertad.Con so un cambio para este encontro e a incorporacion de Josiño Cabesuki na porteria, as espectativas non eran moi boas.
O dorron con case 2 equipos saltaba o campo moito mais fresco e con gañas de levarse o seu trofeo a vitrina(chea de telarañas).
O Libertad saltaba o campo con 12 xogadores pero o intrepido arbitro deuse conta e desbaratounos a estratexia.Anectodas a parte os aurinegros cerceronse e xogando cada un o seu aire tuteou o rival, que decidiu esplotar o patadon como mellor tactica de ataque.
Seria o Dorron o que se adelantaria no marcador, pero intres despois nuna bonita xogada(creo que foi a unica) o Libertad triangulaba ben por banda,chegandolle o balon a Xurxo Xusto os pes o borde do area,o que sacudiu un bo disparo cercano o pau esquerdo de Losada, que in-extremis conseguia despexar, caendolle o balos os pes de Miguelito que non perdoaba, e que situaba o marcador 1-1, resultado que xa non se moveria a pesar dun bonito disparo "a colocar" do panzer Cons.
Na tanda de penaltis, Ministro erraba o seu lanzamento, dandolle a ventaxa o Dorron no caso de que empatasen co Xil.

O ultimo encontro foi Dorrón-Xil pero non sei como quedaron.

O dato mais reseñable foi a presentacion a plantilla do novo adestrador, Gerardo "Duromar", a pesar que non exerceu en ningun encontro.
Asi pois, o novo mister, pretende poñer dous dias para entrenar, o seu parecer os martes e xoves, pendiente por confirmar a localizacion dos martes.
Con esta incorporacion pretendese dotar de seriedade e traballo a unha plantilla mal acostumada.
Esperemos que asi sexa,e que a xente comprometase a vir a entrenar, a seis dias de que escomence a liga.

1 comentario:

Anónimo dijo...

pobre gerardo o que lle espera¡¡¡¡
en octubre o deixa...xa veras.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com