lunes, septiembre 04, 2006

Libertad 1 - Deiro 3

Primeiro partido e primeira derrota, nunha tarde de sol rachador mais apropiada para ir a Bascuas que para xogar o futbol.
O partido arrancaba as cinco da tarde(so lle cabe na cabeza os da federacion ter que xogar a esa hora a comezos de setembro) co seguinte once: Maza, baixo paos; Luis, Millo, Ivan e Makaay na zaga; Rodri,Anxo e Migue na medular; Jandro e Fox de extremos e Cons en punta; esperaban a sua oportunidade no banco Chuma,Cris,Pituco e Nachito.
Nun principio os nosos costaballe traballo encontrar o sitio no campo, pero pouco a pouco ianse atopando mellor.O calor era tal que os 15 min. xa empezaba a dar mostras de cansancio nas facianas dos xogadores do Libertad, namentres que os do Deiro, mellor preparados fisicamente, souperon sacar proveito desta situacion e ianse con 0-1 o descanso despois de errar unha pena maxima cometida por Maza, que a postre seria o mellor xogador aurinegro.
Chegabase o descanso co equipo abatido polo calor, e dabase entrada a Chuma, Pituco e Nacho para refrescar os animos.
Saliase a segunda metade con gañas de remontar, e asi seria, cando os 20 min. Fox a pase de Nacho e cun espectacular chut dende a frontal logaraba batir o porteiro visitante.
O equipo viñase arriba pero o axfisiante calor mermaba cada vez mais o xogo dos nosos.Intres despois chega a xogada da polemica, un fora de xogo inexistente desbarata un man a man entre Migue e o porteiro o que podia supoñer o 2-1 no electronico.
Nada amis lonxe da realidade, Millo lesionado da entrada o ultimo troco, Cristian tamen con molestias, o Deiro intenta levarse o partido e apreta no ultimo cuarto de hora, Maza desbarata unha e outra vez peligrosisimos contraataques visitantes, ata que o final, o cansancio dos xogadores provoca desaxustes na zaga e permitese que o Deiro faga o 1-2 e nos ultimos intres apuntillaba o resultado co 1-3 final evideciando unha mellor preparacion fisica.

A seguir entrenando e esperar que se recuperen xogadores importantes como Gus, Fer, ou a incorporacions de Xaquin, Rai...

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com