domingo, mayo 06, 2007

Umia 1 - Libertad 6.

Gran remate ligueiro para o Libertad, que pasara a historia por derrotar o Umia no partido inaugural do seu novo campo, por certo, pedazo de campo, mellor dito de estadio, como se nota a man de Louzan, e ademais en so catro meses.
No referente o deportivo, partido moi serio dos aurinegros, que ansiaban ofrecerlle a Tomas e a afeccion, unha gran victoria.
E asi foi, o equipo formado por Josiño na porta, Rodri e Ivan centrais, Pechu e Maka laterais, nos interiores Fer e Jandro, Jorge na zona de creacion con Anxo de enganche coa dianteira e Migui e Maza en punta.Quedaban no banco, Cristian, Anguel, Pedro, Gandara, e un recuperado Javi Cons.
O encontro non comenzaba nada ben para os nosos intereses, xa que na primeira chegada perigosa clavanos o 1-0.Pero o que parecia un paseo triunfal para o Umia tornouse nun inferno aurinegro, levados polo mismisimo Lucifer encarndo por Migui, que deu pe a unha gran remontada, e en consecuencia a un gran partido.
Hoxe era o dia, a hora e o lugar, para destapar o tarro das esencias, e deixar sair o bo fuchibol que levamos dentro.Migui encargouse de igualar o marcador batindo o porteiro por alto na sua saida(1-1), minutos despois, volvendolle a coller a espalda o seu par, desfacia as tablas con outra preciosa vaselina dende fora do area(1-2).O equipo ben asentado no campo, despois de espantar os pantasmas dos primeiros minutos, pasou como un rodillo por riba do Umia en todalas facetas, e volveria a ser un inspiradisimo Migue o que transoformara maxistralmente unha falta o borde do area, que nin o mismisimo Ronaldinho..., por toda a puta esquadra(1-3), e asi fomonos o descanso.
Na segunda metade lexos de baixar os brazos e amarrar o resultado como se fixo a semana pasada en Xil, o Libertad saiu a coller o toro polos cornos, e asi foi, con esa actitude como volvemonos a facer co dominio do xogo e a disfrutar e facer disfrutar cun futbol bonito e efectivo.
O pouco da reanudacion, Jorge dende case o medio do campo sentenciaba o partido cun gol algo estrano, que caia como unha losa na moral roxa(1-4).Pero o conto non acaba aqui, seria o pequeno pero ajudo dianteiro da Florida o que por cuarta vez na tarde fixese o 1-5.Mais tarde nunha gran xogada dende banda esquerda, Pedro asiste a Gandara que so empuxa o balon o fondo da rede no definitivo 1-6 a falta de 10 min. para o final.

En definitiva, gran victoria, tremendo baño o Umia, xogando con garra a un gran nivel e sobretodo rencontrandose co gol.Repitese o mesmo final de liga que o ano pasado, cando derrotamos o Drakkar polo mesmo resultado.
Punto final, a unha temporada non moi brilante, pero si con importantes cambios a nivel interno de clube e que esperemos continuar con esta liña na proxima tempada, e ademais o final adiantamos o Sporting Portonovo recuperando a 10 plaza.

Moitas gracias a todos o xogadores comprometidos co clube, que aguantamos ata o final dando a cara, e por suposto moitisimas gracias a mellor afeccion da categoria con diferencia, e claro esta, a Tomas por ter tanta paciencia, por ser tan bo tipo e por facernos ver o futbol doutra maneira,(a ver si somos capaces de convencelo para que siga a proxima campaña).Gracias a todos os que arrimaron o hombro sen esperar nada a cambio,e que deixaron ben claro que:
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLON, LIBERTAD!!!, ou non?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

xa era hora de que migui marcara un gol de falta despois de 200 intentos non esta mal marcar algun

Anónimo dijo...

UN GOL?TI NON LEICHES A CRÓNICA OU QUE?MARCOU 4!!!

Anónimo dijo...

marcou 4... e eso que estaba sancionado, manda carallo!!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com