lunes, julio 16, 2007

Traspasos.

Dende a secretaria tecnica do Libertad, chegounos esta mañan un burofax certificando o traspaso de dous dos seus xogadores. Estes son David Caballero fichado por unha temporada polo U.D.Formentera de 1ª rexional e Gustavo Moldes transferido o Dinamo de Zagreb, que milita na liga croata.
Con estes movementos o Libertad alixeira unha abultada plantilla ademais de facer unha boa caixa, percibira polas duas operacions un total de 20 euros, co que hai mais que de sobra para pagar a clausula de rescision de Charly e Cadornas.

Pero donde o clube pode sacar petroleo, e nunca mellor dito, seria na venda do veterano xogador da Florida Javi Cons.
Segundo poido saber esta redaccion, o jeque Hamad bin Tamer, primo do emir de Qatar acaba de facer unha proposta millonaria para que Cons remate a sua carreira futbolistica no Al-Ahili de Doha en Qatar onde xa estiveron compañeiros da sua talla como Pep Guardiola ou Fernando Hierro.
O jeque que se encontra estos dias varado no seu magnifico iate en Sanxenxo, desfixose en eloxios hacia o dianteiro aurinegro, e esta disposto a botar a casa pola ventana.
O xogador todavia non fixo ningun tipo de declaracion o respecto e sigue escoitando ofertas como a que chegou a semana pasada dos veteranos da Cervrceria Azor, pero sen dubida recoñece que esta e unha gran oportunidade de retirarse como un xogador da sua talla(un 44) merecese, ademais tamen axuda que este jeque posua o 53% das accions de Radio Salil.
En fin en breve sabremos o desenlace, do que poderia ser un pelotazo a altura dos de Roca en Marbella

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com