Emocionante partido, disputado na tarde do domingo en Barrantes, nun terreo de xogo en excelentes condicions ante unha treintena de afeccioados.O Libertad saltaba con Josiño na porteria(de momento non hai outro), unha liña de catro con Makaay e Charlie nos laterais e os dous Ivan´s no centro da zaga, por diante Santi na esquerda e Borja na dereita e no medio pivote Jandro e Naguel, en punta o duo sacapuntos Anxo e Migui.Quedabamos no banco por chegar tarde Rodri,Cristian,Maza,Fer e eu mesmo.
Arrancaba o encontro con aire de revancha, tras o doloroso 1-6 que lle endosamos na inauguracion do novo campo da Bouza, cun Umia centrado e con gañas, ante un Libertad empanado totalmente.Nuns cinco primeiros minutos de escandalo, o Umia poñiase 2-0, tras dous tremendos erros por parte de Josiño(era pa matalo) e Ivan.O Umia cheiraba sangue, e creia poder limpar a sua honra, pero nada mais lexos da realidade.Tras ese primeiro impás, e despois de un par de tremendos berros de Tomas, o equipo despertou daquel mal soño e empezou o recital.
O Libertad ben posicionado, empeza a mover con rapidez e critero o balon chegando peligrosamente o area local, e tras un par de avisos chegarian dous goles de Migui que igualaban a contienda.Toda a primera parte exceptuando os cinco primeiros e os cinco ultimos minutos foron unicamente do Libertad, que se gustaba asi mesmo e que desaproveitou clarisimas ocasions nas botas de Migui, Anxo e Borja para sacarlle novamente os colores a un Umia incapaz de crear xogo.Sen embargo a sua efectividade case do 100% facia que pouco antes do descanso conseguiran o 3-2, que a postre seria o definitivo.
Na segunda metade producense todolos cambios, de inicio, pero aquel xa era outro partido.
O Umia con ventaxa no marcador empeza a endurecer o xogo, e o Libertad como sempre , diluese como un azucarillo no cafe, perdendose en batallas personais e protestas o arbitro que no nos levan a ningures.
Unha segunda parte para olvidar, onde non se veu nada de futbol, quedando o marcador como estaba, que vendo as oportunidades e o bo xogo da primerira metade, antoxase inxusto.
Hai que aprender dos erros, e deixar de ser tan blandiños e protestons.
Incidencias:-Migui, expulsado, vermella directa(min 77´) por protestar.
-Pechu, rotura de fibras gemelo esquerdo, 2-3 semanas de baixa(que jran perda)
Entrenos lunes 21:30 Baltar, mercores e venres as 21:00 en Meaño.
Proximo encontro domingo 26 as 19:00 en Xil.

No hay comentarios:
Publicar un comentario