lunes, octubre 29, 2007

Salcedo 2 - Libertad 1

como se di por ahí...xente de Marín...tropa do carayo, leñeros, rebotados e sobre todo, malos, moi malos, por iso a culpa da derrota foi únicamente do Libertad saír de novo o campo faltos de tensión e fora do partido (a pesar de ir 0-1 ó descanso e con Anxo como único dianteiro real) e por non xogar como realmente mellor resultado lle dou sempre.

Condicionados polas baixas, tivo que xogar Makaay en punta, fixo o que puido, pero o seu cometido era morder arriba e buscarlle a espalda ós defensas máis altos ca él, e non andivo moi listo nesas accións. Creo que o mellor foi Iván Berreco, sempre gardando a posición e seguro atrás, pois aínda que Rodri fixo un xogadón que acabou en asistencia perdeu demasiadas veces a posición. Isto, unido á falta de apoio en defensa de Nagüel, e á mala lectura dos mediocampistas (Jorge sempre entrando e perdendo a posición, debe aguantar máis pra arroupar ó equipo atras, e cun perdido arrastraba a Ivan a perder tamén a posición) provocaba continuos 2 contra 1 na banda de Cristian, que inda que non foi o seu mellor partido aguantou a 2ª parte lesionado. Arriba só Anxo creaba algo de perigo (Makaay tivo algunha oportunidade cando conseguía gañarlle a espalda ós defensas pero pouco máis), pero non só hai que chupar, hai que tirar a porta e por dentro, que é o maior déficit do Libertad.

Mellorando estes aspectos: saír a roer dende o principio, gardar a posición e aguantar ós atacantes pra non quedarse en inferioridade, e xogando o balón fácil e rápido (así tamén se farían mellores controles porque neste partido menos a Ziván ós demáis faltoulle chicle), e tirando a porta cando haia un oco, seguro que o salto de calidade será grande.

Así que vamos equipo, demostrade o que valedes, que o 1º está a só 6 puntos, e imos 5ºs a pesar do mal arranque.

Ánimo rapaces, a valer máis dun collón.

No hay comentarios:

Map IP Address
Powered byIP2Location.com