martes, noviembre 13, 2007

Campeleons 1 - Libertad 2.


Gran espectaculo, o que se puido ver o domingo no campo de cespede natural da Seca en Poio.
O encontro, entre dous equipos igualados na clasificacion, amosou todo o que un partido de futbol debe de ter, emocion,intensidade,choque,polemica...
O Libertad chegaba a Poio no seu propio microbus, ante a perplexidade dos locais.Ali recontrabamonos con ex-aurinegros miticos como Candi e Vieitez.
De cara saltaban o cespede;Maza baixo paus, Makaay,Cris,Naguelistro,e Charlie na zaga,Santi e Fer como extremos, no doble pivote o tadem do Ivan´s, e na punta do ataque o duo sacapuntos Migui e Anxo.Xogarian na segunda Gandara,Borja,Pechu,Cons e Pedro.
O encontro, que nunca tivo un dominador claro, iva e viña, con oportunidades moi claras para o Libertad, que nos saques de esquina empezou a meterlle o medo no corpo, a unha defensa local bastante descentrada.Sen embargo, alguns desaxustes a hora de replegar tamen propiciaban chegadas perigosas dos de Campelo.
Pero seria o Libertad, que facia moito dano polas bandas, o primeiro en marcar.Das botas de Migui, naceu ó 0-1.
Xa na segunda, o Campelo apreta, e ante un arbitraxe que deixou moito que desexar, regalalles un penati mais que dudoso, o empurrar Maza na saida o dianteiro, que xa por duas veces anteriores deixarase caer descaradamente ante a pasividade arbitral.
Os de Poio non desaproveitan a ocasion e igualan a contienda 1-1.Despois seria expulsado Vieitez,nese punto, o partido sube de temperatura e os nervios apoderanse dos xogadores, empeza una intercambio de oportunidades polos dous bandos, con mais corazon que cabeza.
Sen embargo o Libertad, volveu a sacar a casta e con todolos cabios sobre o cespede, chegaron oportunidades clarisimas.O Campelo tampouco entregaba a cuchara, pero entrou nunha dinamica de xogo barrulleiro, con pouca claridade practica.
A cinco do final, un pase entre liñas de Cons, e aproveitado por Borja para batir o meta local, colocando o marcador no definitivo 1-2.
Nos ultimos intres, alguns subense de voltas provocando unha tangana no campo, ante o cal, o ajudo arbitro decide irse para a caseta, despois de expulsar a un xogador por bando.Tras uns intres de tension e un par de chapadas, a normalidade volta e con ela o trencilla, que transcurrido o tempo regramentario sinlaria o pitido final, que nos daria una disputada e merecida victoria.
Os puntos Master, proximamente xentileza de Spreee Forever.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

poner vuestra lista de goleadores en la mirada critica para el recuento del pichichi.

enhorabuena!!

Anónimo dijo...

Pechu el primer gol fue de Santi, no de Migui

Anónimo dijo...

digo la lista total, en todos los partidos, que los partidos de fuera de pontevedra no aparecen en el diario y son imposibles de saber si no nos lo decís...

ponerlo aqui:

http://terceraregional.foroactivo.com/3-grupo-17-f1/pichichi-t42.htm

Anónimo dijo...

si fue mio macho, la expulsion creo que fue antes del empate sino me equivoco.saludos

Anónimo dijo...

mima kantos konocidos. pois o candi ese xogei eu un par de partidos kon el no sanxenxo e era bastante bo non sei ke tal estara aora.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com