domingo, enero 13, 2008

Puntos Master do Derbi contra o Sporting

Gran afluencia de afeccionados en Baltar de arriba (pois abaixo nada q o Portonovo non ten afición) pra ver un emocionante partido, marcado pola actuación do colexiado, que pitou o que lle dou a gana e, inda q o diga un siareiro, descaradamente a favor do Sporting.
O partido comezou coa expulsión de Javi Cons, literalmente, xa q tra-la 1ª xogada Andrés Bakerman dalle un empurrón por detrás e Javi respóndelle cun amago de patada que o árbitro si ve, cartón vermello. Na 1ª metade o Sporting en superioridade inténtao insistentemente inda q sen precisión, ante un libertad sen dianteira. Ó comezo da 2ª entran 3 trocos, polos 3 xogadores máis adiantados, e partido vólvese totalmente aurinegro, con multitude de ocasións a pesar do tan dispar raseiro co que medía o árbitro. Sería a balón parado, nun corner botado por Ministro que Borja gaña no salto ós defensores butaneiros para colar o esférico entre as mallas de Damián. A partir de aquí o noso equipo vai perdendo paulatinamente o control do partido axudado pola actuación colexial, cada vez máis descarada, pra rematar expulsando a Makaay e a Tomás por protestar xa que a crispación e impotencia era absoluta, e pintando un penalti inexistente (e ó desertor de Edu inda por riba) a favor do Sporting no minuto 88. Transfórmao Luis Lanas ben axustado ó pau dereito de Maza que nada pode facer. Solo faltaba que o metera o árbitro coa man, eu na miña vida vin cousa tan descarada e chulesca, pedazo de burro, e xa temos visto varias toupeiras por árbitro, pero este levou a palma (mencionar que en todo o partido sinalou 2 faltas a prol do Libertad). O final tivemos que chamar á polisía local, que mandou ós peixes gordos (nunca mellor dito, Celso e a Palomita) e a Jarda Sivil, pra que o levaran po caldeiro por ladrón e atracador, e porque tíñamos medo de que lle fixera algo ó rapaz que levou con él pro vestiario.
Unas risas por non chorar e todos pa casa, ahí van os puntos:

Maza.- 2'5... solo le faltó parar el penalti. Bien todo el partido a pesar de alguna salida acojonante.
Makaay.- 1... voluntarioso pero impreciso, inda que non tivo verdadeiros apuros.
Ministro.- 2... recuperando o nivel, xogou desde libre ata mediapunta.
Pechu.- 3... só 1 pechugada típica, que foi perigosa, pero o resto do partido impresionante, por alto, baixo, anticipándose...e de central!
Gándara.- 1,5... faltou que dira un pouca máis de saída o balón, pero ben en defensa.
Iván.- 2... dando presencia na media, subiu en varias ocasión con perigo.
Jandro.- 1,5... mentres aguantou botoulle ganas, inda que esta vez non tivo tanto acerto.
Alex.- 0... sen acerto, intensidade e collóns.
Santi.- 0... despois das navidades hai que poñerse a dieta.
Javi Cons.- 0... foille o trapo á Bakerman e non durou nin 2 minutos no campo.
Pedro.- 1... polo menos botoulle ganas inda q non supo aproveitarse dos erros dos defensas rivais.
-----------------------
Fernando.- 1,5...frescura e velocidade, inda que co balón nos pes non sempre escolleu a mellor opción, si estivo ben situado.
Cristian.- 1,5...sen problemas inda que o pasaron mal ó final co Sporting volcado.
Borja.- 2... Goleador, inda que egoísta noutras ocasións. Pode aportar moito se está ben.
Ziván.- 1... aportou control ó balón na media.

En definitiva séguese acusando máis definición, pero neste partido pouco máis se podía facer coa actitude do árbitro.
Ánimo rapaces que esta 2ª volta pinta ben, a seguir mellorando!!!
HAY UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

ultimas noticias de relevancia: fuentes bien informadas me han dicho que el árbitro es de Noalla, que pita en 1ª regional!!(como está el arbitraje) y que tal vez lo veamos pitando al Sanxenxo...
Abrígate amigo...no vaya ser que te coja el frío y te pongas malito...

Anónimo dijo...

de noalla??mas bien parecía de benitiño x lo casero que fué el muy capullo!!

Anónimo dijo...

jajajajaajajjja,bueno bueno,no nos deberiamos quejar tanto xk nos expulsamos nosotros mismos y nos dedicamos a protestar mas que a jugar y en algun momento lo unico k haciamos era correr detras de la pelota

Anónimo dijo...

Debería darle vergüenza al idiota que teneis por aficcionado que muy valientemente le escupió al arbitro al acabar el partido. A Javi Cons por autoexpulsarse (como si fuese cadete)y a los otros dos por listos. No se si os dais cuenta, pero el resultado del partido lo condiciona el propio Libertad desde que el entrenador decide poner a Javi Cons en el campo.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com