lunes, septiembre 21, 2009

Campelo 1 - Libertad SC 1

Pouco premio se levou o Libertad do campo de A Seca este Domingo a tenor do xogo desplegado por ambos equipos. Os aurinegros chegaban coas baixas de Charli, Yerai, Juan Martín, Cristian e Paúl, todos con diversas molestias, e inda así saiu a por todas, dominando o xogo claramente durante 80 minutos, e evidenciando nos últimos 10 min. que ainda hai que mellorar físicamente.
Esta vez o tándem técnico optou por saír cun 4-4-2, variando o 4-3-3 que viña sendo habitual esta tempada. A alineación foi:
Velay na portería; na defensa Lemos lateral dereito, Makaay lateral esquerdo, Pedro e Ministro centrais; na media Victor e Iván de pivotes con Pechu pola dereita e Fernando pola esquerda; e finalmente en punta Pablo Beiro e Maza.
Ós 5 minutos de comezar un xogador local cae mal e sáeselle o cóbado do sitio, o que provocou un parón de 25 minutos ata que chegou a ambulancia e o puido atender.
Na 1ª metade o Campelo apenas inquedou a portería de Velay, tan só chegou en contragolpes logrados tras presión, coa que provocaron algún erro visitante, pero á hora de achegarse á portería aurinegra o perigo desvanecíase, moita culpa pola boa labor defensiva.
En fronte o Libertad tiña as ocasións mais claras, moitas con balóns á espalda da defensa, e mérito tamén do bo partido realizado por Fernando, Beiro e Maza arriba que se compaxinaron moi ben, aínda que, como soe pasar, o gol non daba chegado, ben por sobrar un último regate en vez de pegarlle ou ben por non afinar a puntería.
Na 2ª metade entraron Jorge por Maza, Gus por Fernando e Ziván por Pechu. Tras un par de boas ocasións, a mais clara unha de cabeza que Jorge non chega a rematar por centímetros, él mesmo, ós 10 minutos de estar no campo, mete o gol aurinegro no seu 1º remate a porta. Na seguinte xogada, recuperación do Libertad e un defensa rival tírase enriba de Jorge, o árbitro non sinala falta e o noso dianteiro acaba lesionado no nocello, tendo que ser sustituido nese mesmo momento por Tafá.
A medida que iba transcorrendo o tempo o cansancio iba facendo mella no Libertad, que pouco a pouco foi retrasando liñas, pero o Campelo tampouco era capaz de crear perigo (gran labor de destrucción de Victor durante todo o partido, que amosou o xenio dun líder no campo), aumentando a súa crispación, que se traduciu en babosadas en protestas absurdas ás que os xogadores e banquillo aurinegros aguantaron pra non entrar ó trapo. Finalmente nos últimos 10 minutos o campelo fíxose coa posesión do balón debido ó cansancio visitante, pois nin os cambios deron a frescura necesaria, e a pesar de non dar moita sensación de perigo, nun rebote que a defensa lilaina non acerta a despexar o balón quédalle franco ó dianteiro Campeludo pra materializar o empate sen que Velay puidese facer nada.
Decir que o arbitraxe, coma sempre nesta catergoría, caseiro, que aínda sen xogadas moi polémicas (único a lesión de Jorge nucha xogada semellante a varias pitadas en contra do Libertad) , e do Campelo que seguen a ser un equipo que perde a cabeza facilmente, incluso o novo adestrador, pra seguir na mesma liña, encarándose co noso banquillo tras meter o empate. Polo noso lado, felicitar ós xogadores por non entrarlle ó trapo, tanto coas babosadas rivais como co raseiro do árbitro, deixando claro que se está sendo serio e a etiqueta de folloneros xa non casa no nome do Libertad; hai que seguir así, dando exemplo, ainda que a veces nos ferva o sangue.
Unha pena eses dous puntos que nos manterían na loita por asaltar o liderato, pero iso non foi o peor xa que polo xogo despregado teñen que quedar boas sensacions (pódese decir que foi o mellor partido xunto co amistoso co Dorrón), estase na boa liña, só falta conseguir máis pegada. O peor de todo foron as lesións de Jorge, xa comentada, e a de Rodri, que tras un mal golpeo ó final do encontro empezou a ter molestias no xeonllo. Esperemos que sean leves e os dous se recuperen pronto.

Próximo encontro, en Noalla fronte ó Gondar, outro partido a priori máis complicado, pero seguro que seguindo nesta liña e cun pouco máis de sorte pronto caerá unha cena gratis por cortesía do mister. Ánimo rapaces.
Hai un equipo que vale un collón!!! L i b e r t a d !!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Veña chavaleees! un empate que ben merecia ser unha victoria...
Non nos relaxamos e a loitar contra o Gondar a loitar polo lideratoo! e esperando que pinche o monteporreiro.. este ano sí!

Map IP Address
Powered byIP2Location.com