domingo, abril 03, 2011

Libertad 1 - Zacande 2,


O municipal da Lanzada, vestia na tarde de onte as suas mellores galas, para recibir o Zacande, actual lider da categoria.
Ambientazo nas bancadas, onde se deron cita preto de dous centerares de siareiros.

O encontro, vital para os intereses dos de Meis, non decepcionaria.

Os visitantes, conscientes do que se xogaban, saltaron o terreo de xogo enchufados no partido, os primeiros compases foron exclusivamente de domino azulon, poñendo cerco a porteria de Cadornas.
Tras varios sustos, nunha desafortunada xogada, Rodri intenta despexar un balon, que se envenena despistando por completo a Cadornas, que nada puido facer para evitar o 0-1 cando ainda coria o min. 10 de partido.
O Zacande non conforme co marcador, quixo aproveitar o momento de desconcerto local, para tratar de sentenciar o partido e evitar posibles complicacions.Asi pois seguiu co asedio na area aurinegra, que por momentos vianse desbordados.
Nunha internada por banda, o extremo visitante, Edu, pon un centro con moito perigo, que desafortunadamente, Gandara, actuando de lateral, intrercepta coa man no borde do area, que o trencilla interpreta como penalti.
Os de Meis, non desaproveitarian este regalo, e colocan 0-2 no marcador cando apenas levabamos 20 min. de partido.
Parecia que o Zacande iao ter doado, pero nada mais lonxe da realidade.
O Libertad, tomáballe o pulso o encontro, e antes do descanso, Pedro estrenariase como goleador aurinegro, na saida dun corner, tras aprovetar o rexeite de Gandara, 1-2 e toda a segunda metade por diante

Tras a reanudacion, o mister decide efectuar os 5 trocos, dandolle un soplo de aire fresco o equipo.
O Zacande atenazado polos nervos e a incertidume do axustado resultado, esta moito mais impreciso e perde o dominio do esferico.
Pola contra, o Libertad, cunha defensa de tres, vai a polo empate.
Tirando de casta, e anque sin facer un xogo bonito, os aurinegros acheganse a meta visitante.
Seria mediada a segunda metade, cando a todo o Zacande porianselle de corbata, tras unha rapida subida por banda, Adrian pon un centro-chut que envenenase sorprendendo o porteiro, pero que finalmente bate na madeira.
De ahi o fianal do choque, o gol, puido caer en calquera das areas, pero o bo facer das defensas ou o desatino doas dianteiros, privaron o publico de ver mais goles.

Gran esforzo fisico dos nosos, que apiques estiveron de dar a campanada, pero finalmente volvemos a quedar sen premio.

Entrenos Xoves e Venres as 21:15 na Lanzada.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

pechugo estas como umha cabra

Anónimo dijo...

partidazo!! pudo gañar calquera dos dous equipos.. seguro que gañades a maioria dos partidos restantes

Anónimo dijo...

aer mona cal é a alineacion que nadie se entera...

Pechu dijo...

Gandara, si mo pides por favor poñocha, maleducado

Map IP Address
Powered byIP2Location.com