Sairon titulares polo Libertad(premiouse ós que máis entrenaron): Velay na portería; Lemos lateral dereito e Makaay esquerdo, con Pechu e Cristian de centrais; Victor mediocentro, Fernando pola dereita e Saky como interior esquerdo, e Migui de mediapunta; arriba Beiro e Maza.
A primeira metade foi de dominio absoluto lo Libertad, que perdeu algunha vez continuidade no xogo por culpa de non estar acostumados a amplitude do campo, aínda que ambos equipos saíron con ganas pra correr o que fixese falta e máis (e tirarse pola herbiña tamén). O 1º gol aurinegro chega sobre o min. 10 nun saque de falta de Migui que lle pega tipo CristianoR9 e a Isma elle imposible atallalo. O 2º chegaría mediado o 1º tempo e de novo participa Migui, que tras unha boa combinación de toque por banda recibe o balón e pon o centro ó 2º pau pra que Maza, de novo de cabeza, poña o 0-2. Puido ser unha goleada de escándalo se non fose porque Pechu, que exercía como capitán, errou o lanzamento dunha clara pena máxima cometida polo porteiro jatiño sobre Maza preto do descanso que sería o 0-3 e case seguroa rendición dos locais.
Entraron no descanso: Yerai por Beiro, Tafá por Maza e Iván por Migui. Logo entrarían Borja por Fer e Juan por Pechu.
Na 2ª parte o Sporting sae con máis rabia mentras que o Libertad confíase e así ós poucos minutos de comezar, nun erro defensivo do capitán, chega unha contra mortal que pon o 1-2 e anima o encontro. A partir de ahí o Libertad vólvese a volcar ó ataque pra cerrar o partido, pero como ven sendo habitual sempre falla o último pase, o último desmarque ou a pegada a porta. Así habería que esperar ata a media hora pra que chegara o gol que mataba o partido, esta vez tras unha xogada de toque moi ben elaborada por banda esquerda na que Iván acaba asistindo a Saky que cun gran disparo pegado ó pau bate a Isma por última vez. Xa rematando, Xiri engana ó arbitro tras agarrar a Cristian e tirarse no área, conseguindo que lle sinalasen penalti, o cal transformaría Luis Lanas cun disparo arriba, poñendo o definitivo 2-3 no marcador na festa do fútbol local.
Destacar a gran actuación de Makaay, que formou unha gran banda esquerda con Saky, tamén sobresaínte e rematando a súa actuación cun golazo, e que dicir de Migui, meteu un chicharro e dou a asistencia do 2º.
Deixovos o vídeo dos goles do encontro por cortesía do Sporting:
Ogallá vexamos máis partidos así de entretidos, e se pode ser neste mesmo estadio moito mellor.
Agora a pola racha de 3 seguidos rapaces!!!
HAI UN EQUIPO QUE VALE UN COLLÓN!!!
¡¡¡LIBERTAD!!!

