
Importante victoria colletaida no debut de Tomas Abal como entrenador.
Entrega total e absoluta dos xogadores, que apesares de non relizar un vistoso futbol e de cometer importantes erros a hora de replegarse, sacaron o partido adiante.
O equipo, renovado tacticamente, formaba con Maza na porta, tres defensas Makaay e Pechu laterais e Rodri central; dous pibotes por diante, Cristian e Cons; dous interiores Migue e Anxo, Jorge no centro por detras dos dous dianteiros que foron Gus e Fox.No banco quedaban Ivan,Jandro,Pedro,Angel e D.Caballero.
Hai que dicir, que o once foi practicamente o mesmo que en Deiro, xa que era a unica referencia que tiña o mister.
O encontro, vibrante e tenso como todolos partidos contra o Amanecer, arrancou sen un dominador claro, os dous equipos alternabanse en xogadas de ataque pero sin crear opcions claras de gol.
O Libertad, trataba de acoplarse o novo sistema, e trataba de sacar o balon con criterio, obececendo as ordes do banquillo, pero que nalgunha ocasion, por non querer escachala, ocasionou certo perigo.
Por outro lado o Amanecer facia o seu futbol tratando de buscar a Peter Crouch, o dianteiro mais alto da categoria, bombeando balons arriba.
Chegando o descanso, nunha desafortunada accion dun defensa visitante, Gus faise cun rechace dentro do area, dribla o porteiro e introduce o balon no fondo das mallas, 1-0 e imonos o descanso.

Tra la reanudacion, os mecos saen a levarse o partido, e o Libertad nuns primeiros minutos de aturdimento, deixa facer o Amanecer.E nestes intres cando, tras unha falta o borde do area, maxistralmente executada polo Peter Crouch de San Vicente poñia a igualada no marcador 1-1, o que daba ainda mais moral o Amanecer.
Minutos mais tarde, nun desaxuste na zaga, novamente Peter Crouch tras galopar medio campo batia por segunda vez a Maza que quedaba a media saida, 1-2 e o Libertad que parecia tirar o partido pola borda.
Pero nada mais lexos da realidade,
Tomas efectua tres trocos e o equipo que non agacha as orellas vai a por todas.Tras unha xogada pola banda,
Gus centra a
Fox que intenta rematar de cabeza rodeado de contrarios, coa mala fortuna (para o
Amanecer) que pega nun defensor meco, o que introduce o esferico por toda a escuadra, imparable para o seu porteiro,
2-2.Dende ese momento, chegan os minutos de mais tension, as cabeciñas dalguns empezanse a quentar demasiado, patadiñas por aqui, cajo´no arbitro por ali, e Jorge termina expulsado por dobre amonestacion tras lanzar o balon coa man a un contrario, co encontro detido.
Froito de todo ese barullo final, o arbitro sinala penalti o noso favor tras desviar o balon coa man, un defensa dentro do area, decision que crespa os animos dos de San Vicente, pero que Gus non desperdicia para poñer no marcador o definitivo 3-2.
O dato mais triste, foi o intento de agresion por parte do adestrador do Amanecer o colexiado o final do encontro, e o barullo que se formou na entrada os vestiarios, que non pasou a maiores, e tras o cal fixose efectiva a aparicion das forzas do lei e o orden(Poli Loca e Garda Civil), para calmar os animos.

En fin, importante inxeccion de moral para os nosos, e a entrenar todo cristo o mercores, que temos toda a segunda volta por diante.
Hai un equipo que vale un collon, Libertad!