lunes, enero 15, 2007

Deiro 1 - Libertad 0.

Excelente escenario, o novo campo do Deiro, ideal para rendir homenaxe a Alvaro, no seu ultimo encontro como adestrador aurinegro.
Pero a dura realidade, e a caprichosa fortuna,non quixo que fose asi.
Nembargantes, apesar de non facer un gran futbol, o equipo loitou todo o que pudo(ainda que fisicamente tampouco podemos loitar os 90 min.) e derreochou ganas e esforzo tratando de lavala imaxe dos ultimos encontros, e mais, sabendo que o novo adestrador estaba na grada tomando nota.

O once titular, dunha convocatoria completa(porfin), foi un pouco atipico; Maza, que volve tra-la lesion, na porteria, Makaay e Banana laterais, Rodri e Cris centrais, Jorge e Fer no doble pibote, Fox e Pechu interiores, e Migue e Anxo en punta(dianteira digna dos mellores pivots da NBA), no banco, e aqui veñen as sorpresas Gus e Ivan, ademais de Pedro,Nacho e Jandro.Quizais unha chamada de atencion na despedida do mister...

Respecto o encontro, destacar as primeiras acometidas do Deiro, que collian en bragas a defensa lilaina, a que saiu algo aturdida, ata o gol en propia porta do gran capitan Rodri semicurado.
A partir de ahi o equipo foise reaxustando e collendo solidez, dispoñendo dalgunha ocasion.
Na segunda metade entran de inicio Ivan e Gus, tratando de dar mais "peso" no ataque, e mais tarde os trocos restantes.
O Deiro chegaba con perigo e o Libertad trataba de sacar petroleo dalgunha xogada illada.
Finalmente o encontro non deu para mais, marchamonos coa cabeza alta polo esforzo realizado, ainda que jodidos por non poder levarnos un punto do campo do terceiro clasificado.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Quen e o novo adestrador? Fabio Capello, o tandem Padín e Ciscom, Penoucos.............

Anónimo dijo...

E certo que Rodri meteu un gol en propia, pero cantos evitou? Porque habia moitos que en vez de ir a xogar parecia que andaban de paseo e para estar por estar e mellor que queden na casa.

Map IP Address
Powered byIP2Location.com