Os poucos afeccionados que se desplazaron na intempestuosa tarde de onte ata o Municipal de Baltar poideron ver dous partidos polo prezo de un(e un dicir, porque non se cobrou entrada)O Libertad saltaba na primeira metade cun once plagado de importantes baixas (Rodri,Cristian,Jorge,Cons,Fox...) tratando de acoplarse o que habia, volvendo a unha defensa de 4, intentando sobretodo non encaixar goles e buscar balons en longo debido as malisimas condicions climatoloxicas de onte.
Pero nada mais lexos da realidade, o equipo non se atopaba comodo, con xente fora dos seus postos habituais, pareciamos polos sen cabeza correndo detras do balon, deixando un enorme espacio entre a zaga e o resto do equipo apelotonado no campo do Xil.
Por outro lado, e sen facer moitos esforzos os de Meaño dominaban o centro do campo, chegando as veces con perigo.
Mediada a primeira parte, o Xil aproveita unha xogada embarullada na frontal do area, para que Peteiro sen que nadie sexa capaz de despexala, aproveite para poñer o balon dentro do area o seu interior, que libre de marca bate a Maza, que pouco poido facer.
O Libertad, vense abaixo, e incapaz de reaccionar agarda a que o colexiado sinale o final da primeira metade.
No descanso, terrible bronca do adestrador, desolado pola actitude dos nosos, que fai mella no orgullo do equipo, o que decide sair a demostrar do que é capaz.
E asi foi, os nosos con mais corazon que cabeza, loitaban todolos balons sen perder tanto a posicion no medio,e asi pouco a pouco empezaronse a ver boas xogadas, e destelos de calidade.
O Xil, perde a iniciativa, e na segunda metade, apenas chegaria un par de veces a area local.
O Libertad ve o froito da sua entrega, o sinalar o colexiado un claro penalti sobre Fer, que sen embargo Gus, sen pegada durante todo o encontro, envia o balon fora da meta de Cadornas.
Pero o Libertad non se ven abaixo, e pouco despois, novamente Fer, peina un balon nunha falta botada por Migui, que entra mansamente no pau longo tras golpearse o porteiro co pau.
Igualada no marcador, e o Libertad botando o resto a polo partido.
Dominio absoluto dos aurinegros, que dispuxeron de claras ocasions, para levarse o encontro, sen embargo a fortuna estra vez mostrouse esquiva, e non quixo que o Libertad levarase o clasico.
Reparto de puntos,que non deixa contento a ningun dos dous equipos polo resultados, pero satisfeitos pola entrega e a actitude na segunda metade.
A seguir nesta liña ascendente, e para elo, o de sempre señores, a entrenar duro todo dios; mercores 21:00 Meaño, venres 21:45 Baltar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario