domingo, marzo 11, 2007

Libertad 2 - Jrobe B 2

Gran partido, o que se viviu na soleada e apacible tarde de hoxe, onde o maximo aspirante o ascenso, so puido arrancar un puntiño ante un correoso Libertad.

Os aurinegros, con so 13 homes, afrontaban o duelo co seguinte once:Maza baixo paos, liña de catro con Banana e Makaay de laterais, e Rodri e Pechu centrais, por diante doble pivote con Jandro e Ivan(non confundir co de Raxó), extremos Migui e Fer, mediapunta Naguel e Fox de ariete.No banco so quedaban, Cris e Pedro.
O Libertad, plantea o encontro a defensiva, tratando de collerlle as espaldas na contra o Grobe, e asi foi, o dibuxo da tactico da pizarra, plasmase no campo.
Os mecos tratan de ter a iniciativa co balon nos pes, mentres que un laborioso Libertad en defensa, bota o traste unha tras outra as acometidas visitantes.Con moita entrega dende o porteiro ata o dianteiro, o equipo replega, e sae ben a contra, collendo en apuros a zaga azulona.
E nunha destas rapidas transicions, mediada a primeira metade, a que aproveita Migui o recibir sin marcaxe un balon servido dende a esquerda, que lle da tempo a controlar e colocar o disparo lonxe das mans do porteiro meco, 1-0 e moito partido por diante.
O Libertad non arruga coma os de Dorron, e metelle o medo no corpo o Grobe, con perigosisimas contras, a mais clamorosa a que desperdiciou Fox diante do porteiro.
Chegabase o descanso co 1-0, anulando o ataque meco e poidendo levar unha renta maior.

Na reanudacion, estaba claro que os mecos so lles valia gañar, e saldrian a por todas.Mentres o Libertad mantiña o mesmo debuxo, que tan bo resultado lle dou na primeira metade.
O Grobe apreta, e pronto consegue igualar a contienda, ante o estupor local, 1-1.Toda a segunda parte por diante, e os mecos xa teñen o partido donde querian.
Pero os lilainos, lexos de dar mostras de flaqueza, apretan os dentes e roen as pedras do campo, sen dar por perdido ni un solo balon, e asi buscanlle as espaldas a defensa visitante en cada balon recuperado.Dipoñense de claras ocasions para tomar ventaxa no marcador, Migue,Jandro nun man a man e como non Fox, pero seria o espigado Naguel o que materializase o 2-1.
Partido de cara para os nosos intereses de novo, a aguantar como leons e deixar correr o tempo.
Pero coma sempre e costume nesta casa, regalo para os mecos no saque dunha falta, que Maza non acerta a despexar o rechace, que bota mansamente no area pequena e é empuxada coa cabeza polo diantiero o fondo da rede deixando o marcador con empate a dous.
Lexos de desmoralizarse, o equipo cun afan de superacion e entrega pouco habitual, segue buscandolle as cosquillas o Grobe, e disponse de oportunidades para levarse o partido, a mais clara teria Fer, na que o porteiro visitante saca unha man vital para os mecos.

Finalmente o resultado non se moveria mais, reflexando un bo empate, pero que non fai xustiza a prol das oportunidades fallidas e o gran esforzo realizado.
Seguimos unha liña ascendente que hai que fraguar cada domingo no campo, e por suposto en cada entrenamento.Vamos a entrenar señores, todos! os de Raxo tamen!, mercores Meaño 21:00, venres Baltar 22:00.
E SABADO, cenuqui na de Fer!!
Hai un equipo que vale un collón,Libertad!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

ide preparando 15 € como no forno.

Anónimo dijo...

Hai que felicitar o equipo en xeral, polo esforzo e entrega amosados nos ultimos tempos, e darlle cabida neste proxecto a esa xente que non se sinte involucrada.Xa e tarde para tentar ascender, pero con esta actitude de sacrificio e de mellora podese lograr o proximo ano.Animo rapaces

Anónimo dijo...

pa comer ha de sobrar xente!e pa entrenar nin dios!!!

Spree dijo...

eu ós que non van entrenar poñíalle uns poucos frutos secos e pa casa

Map IP Address
Powered byIP2Location.com