domingo, enero 16, 2011

Puente Arnelas 2 - Libertad 0.

O Puente Arnelas arranca unha victoria ante un combativo Libertad.
Desapacible tarde no campo das Chans en Puente Anelas onde o Libertad citabase duas horas antes do inicio do encontro para a sesion de charla e video.
A concentracion tivo lugar no Bar Arnelas sito o lado da gasolinera.Entre tapas de callos e magdalenas analizabase o rival, anque algun, quizais pecou de gula, sobre todo os que viñan con fame, Cadornas, Lino e Adrian que repetiron callos e treminou por pasarlles factura para mal de todos no vestiario, aquelo parecian os fuejos de San Amaro.

No meramente deportivo, o encontro condicionado pola intensa chuvia, desluciu un partido entre dous equipos que saben o que xogan.
O Libertad en plena semana blanca, perdia para este encontro a Pedro, Makaay e Fer, o que se suma Bujy por lesión, Suso con cajarria e Jacobo que quedou en Arra repartindo estampitas de San Amaro, tendo que facer reaxustes en todas liñas, pero tirando da canteira sacose un equipo moi competitivo.




Un gran esforzo fisico e orden tactico fixo que se fora o descanso co 0-0 inicial.
Na segunda, o Puente Arnelas inmerso na loita polos primeiros postos, viase obrigado a buscar a victoria e dar o 100% para intentar doblegar os aurinegros, isto, unido o gran desgaste fisico da primeira metade, propiciaron pequenos desaxustes defensivos, que os do Ajax de Arnelas souberon materializar con maestria.O primeiro gol chegaria no min. 70, precedido dun dubidoso fora de xogo e a puntilla viria no min. 84 cun duro disparo que se colou na escuadra de Cadornas o que pouco poido facer.



Primeira derrota do ano, despois de dous resultados positivos.
A pesar de perder, o equipo esta a encontrar unha regularidade no xogo e sobre todo unha maior intensidade, que fixo exprimirse o rival para poder levarse a victoria.A seguir asi que ainda queda moita liga.

Puente Arnelas: Martin, Miguel, Carlos(Pedro m.84), Roi, Isi, Victor(Isaac m.72), Falcon(Sergio m.77), Rafa, Suso, Gastón e Buceta.

Libertad: Cadornas, Lemos, Basi(Patillas m.86), Lino, Ministro, Nagüel(Vicen m.83), Dorado, Roxo(Pechu m.86), Adrian(Yerai m.79), Gainza e Beiro.

Goles: 1-0 Rafa m.71, 2-0 Suso m.84.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Veña que para a semana ganades!

Anónimo dijo...

quen galifou?

Map IP Address
Powered byIP2Location.com